29/02/20081ª AUTONÓMICAO Calvo Xiria enfróntase este sábado, ás 17:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Suso Fernández Ribeiro, en encontro pertencente á vixésimo primeira xornada de liga en Primeira División Autonómica.O Calvo Xiria ten unha inmellorable ocasión para seguir coa súa boa racha de resultados e sumar o sétimo trunfo consecutivo fronte ao Suso Fernández Ribeiro. O conxunto de Ribadavia ocupa actualmente a décima posición na tabla clasificatoria e só conta con dous puntos de vantaxe sobre o At. Novás, que ocupa postos de promoción de descenso. Un feito que pode convertelo nun perigoso rival, se ben o Calvo Xiria parece ter todas as de gañar neste choque. O Pavillón Municipal da Zona Escolar segue a ser territorio case inexpugnable para os conxuntos da Primeira Autonómica e só a SAR foi quen de levarse os dous puntos de Carballo. Ademáis, os de Marcos Rodríguez gozan dun excelente momento de forma e resultados que fai moi difícil pensar que poda ter un tropezo ante a súa afición.O adestrador carballés non poderá contar para este partido con Roberto, aqueixado dun proceso febril por unha infeción de gorxa. Ademáis, Dubra segue a ser baixa. O extremo segue en fase de recuperación da súa rotura de fibras nun xemelgo e aínda non comezou a adestrar. Para colmo de males, o xogador carballés terá que someterse a diferentes probas para ver se ten dañado o tendón, ante a tardanza na súa recuperación. Unha mala nova que, de confirmarse, prolongaría aínda máis o seu proceso de recuperación.O Calvo Xiria xa foi quen de dobregar na primeira volta ao Suso Fernández Ribeiro, nun partido que se decidiu nos últimos minutos. Aquel choque estivo marcado, precisamente, pola lesión de Roberto quen, cun forte golpe na cabeza, tivo que ser trasladado ao hospital de Ourense. Confiemos en que non haxa que lamentar ninguna lesión no partido desta segunda volta, que ten no Calvo Xiria ao principal favorito. A velocidade e altas prestacións na faceta anotadora volverán ser as armas coas que tente lograr, o conxunto carballés, a súa sétima victoria consecutiva. E logo, a agardar un tropezo do Seis do Nadal.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo, Manuel, Jesús, Chimpo, Alex e Bruno.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 17:00 h, no Pavillón da Fieiteira, ao Grupo Deportivo Riveira, en encontro pertencente á décimo oitava xornada de liga en Segunda División Autonómica. O Ifecgás Pereira Xiria busca seguir na boa liña das últimas xornadas, tras conseguir gañar e empatar fronte aos dous primeiros clasificados. Defende o conxunto adestrado por Juan Manuel Rodríguez a terceira praza da clasificación, fronte a un equipo moi irregular ao que xa derrtou na primeira volta en Carballo (31-27). O Grupo Deportivo Riveira é antepenúltimo na tabla clasificatoria, situación que debe aproveitar o Xiria para sumar dous novos puntos e seguir, unha semana máis, nos postos de honra da Segunda Autonómica.XUVENIL MASCULINOO Garaysa Xiria enfróntase este sábado, ás 19:00 h. no Pavillón Municipal da Zona Escolar, á EM Camariñas, en partido correspondente á oitava xornada de liga. Recibe o conxunto de Marcos Rodríguez ao líder da competición, co obxectivo de sumar un trunfo que revirta na debilitada moral dos carballeses. As últimas derrotas, incluida a de Camariñas na primeira volta, restaron moitas posibilidades de alzarse co campionato ao Garaysa Xiria. Non lles vale outro resultado aos carballeses que non sexa a vitoria no derbi, cando menos para manter a segunda praza da clasificación.CADETE MASCULINOO Oak English Centre Xiria enfróntase este domingo, ás 12:00 h. no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Bm Narón, en partido correspondente á décimo segunda xornada de liga. Partido asequible para o OAK English Centre Xiria, que na primeira volta xa foi quen de doblegar ao seu rival a domicilio con facilidade (24-39). Non pode fallar na casa o equipo de Juan Manuel Rodríguez, se quere seguir á estela do OAR e Oleiros na clasificación. Coruñeses e carballeses son primeiros e segundos, con só un punto de diferenza entre ambos, e Oleiros terceiro cos mesmos puntos que os de Carballo pero con un partido menos.INFANTIL MASCULINOO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este domingo, ás 10:30 h., no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Bm Narón, en encontró pertencente á décimo segunda xornada do Campionato Provincial. O outro equipo en competición, o Procasa Xiria, enfróntase o sábado, ás 12:30 h, no Pavillón Municipal de Camariñas, ao Camariñas. O Ifecgás Pereira Xiria non debería pasar problemas para sumar un novo triunfo en liga e manterse na cabeza da táboa fronte ao Narón, un equipo ao que xa derrotou una primeira volta por un contundente 10-48. Máis complicacións, a bo seguro, terá o Procasa Xiria no derbi que lle enfronta ao Camariñas. Na primeira volta, os rapaces de Fernando Vázquez foron quen de derrotar ao seu rival en Carballo por un axustado 31-29.ALEVÍN E BENXAMÍNA xornada para os equipos do Xiria complétase coa disputa, o sábado, da quinta xornada do Campionaro Comarcal Alevín e Benxamín Mixto no Pavillón Municipal da Zona Escolar. A xornada comezará ás 10,00 h. En categoría alevín, participan o Caixanova Xiria A, B e C, ademáis do CEIP Bergantiños, CEIP Razo e CEIP Fogar. En categoría benxamín, ademáis dos equipos do Caixanova Xiria A, B e C, xogarán o CEIP Bergantiños, CEIP Cristina e CEIP Razo. |
24/02/2008 ARTAI POIO 21 – CALVO XIRIA 31 |
| Artai Poio (10+11) 21: Félix, Víctor (7), Ignacio, Adrián (2), Miguel (2), Serafín (2) e Anxo (5) -equipo inicial- Ángel, Alejandro (1), Alexis, Enrique (2), Luis Alberto, Juan Antonio e Iago. |
| Calvo Xiria (17+14) 31: Quique, Cuco (2), Bruno (3), Roberto (7), Chimpo (3), Pablo (4) e Fernando Vázquez (4) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Sebastián (3), Cristophe (2), Pombo, Manuel (1) e Jesús (1). |
| Árbitros: Marcelo del Río e Tatiana González. Irregulares nun partido sen complicacións. |
|
O Calvo Xiria conseguiu o seu sexto trunfo consecutivo en liga e afiánzase na terceira praza da clasificación logo da derrota do Rasoeiro. Non tivo ningún tipo de problema o equipo de Marcos Rodríguez para dobregar a un Artai Poio que amosou o porqué da súa situación na tabla. Xa dende o primeiro minuto de partido se podía comprobar a enorme diferenza de potencial entre ambos conxuntos. Sen forzar a máquina, o Calvo Xiria era quen de anotar con relativa comodidade ante a frouxa defensa local, mentres que o Artai Poio alternaba perdas de balón e ataques moi prolongados que morrían ao fío do pasivo con lanzamentos precipitados. Os pontevedreses só eran quen de inquedar á defensa visitante coa mobilidade de Anxo no pivote, mentres que o Calvo Xiria aproveitaba o seu maior acerto en ataque para abrir xa ben pronto unha renda considerable (4-10). O Artai Poio foi quen de reaccionar cun parcial de 3-0, se ben os carballeses (seguramente en garda polo partido contra o Tirso en Ferrol) cortáronlle as ás e souberon recuperar o acerto en ataque para irse ao descanso cunha cómoda renda (10-17). A imaxe amosada por ambos conxuntos na primeira media hora de partido auguraba poucas esperanzas de reacción por parte dos locais. O Calvo Xiria encargouse, cun parcial de 0-3 de saída, de curtar calquer atisbo de remontada por parte dos locais e, con dez goles de diferenza, todo foi coser e cantar na reanudación. Marcos aproveitou para dar minutos a todos os xogadores convocados e todos, salvo Pombo, foron quen de marcar algún gol. O central carballés só durou dez minutos na pista, logo de ver o cartón vermello directo por un conato de agresión a un rival, a quen lle deu co balón nas costas. Fóra deste caso illado, o partido foi moi deportivo e o Artai Poio non foi quen de aproveitar as seis exclusións que tivo o Calvo Xiria por tan só unha na súa contra. A arbitraxe, que non tivo ningunha complicación, estivo marcada por algunha que outra decisión bastante rigorosa e un criterio pouco definido entre os dous colexiados. Sexa como fora, o Calvo Xiria adicouse a manter a renda conseguida nos primeiros minutos da reanudación e consigue sumar dous puntos importantes que o manteñen a cinco do Seis do Nadal. Roberto, que alternou no lateral e no extremo dereito, foi o xogador máis sobranceiro en ataque dos carballeses, que seguen a crecer na competición a medida que avanzan os partidos. O Calvo Xiria está a conseguir un plus de madurez que o ten que achegar, xa moi pronto, a marcarse obxectivos máis ambiciosos na liga. |
22/02/20081ª AUTONÓMICAO Calvo Xiria enfróntase este domingo, ás 12:00 h, no Pavillón da Seca, ao Artai Poio, en encontro pertencente á vixésima xornada de liga en Primeira Autonómica.O conxunto carballés tentará prolongar a súa magnífica racha do último mes de competición e acadar a súa sexta vitoria consecutiva en liga. O Artai Poio, penúltimo clasificado, antóxase como un bo rival para que o Calvo Xiria poda seguir sumando e consolidando a súa terceira praza na clasificación. De todas as formas, non debería confiarse o equipo de Marcos Rodríguez: o Artao Poio aínda conta con posibilidades de eludir as prazas de promoción de descenso e, ademais, o partido disputarase nun horario pouco habitual para os carballeses. O Calvo Xiria deberá exprimir as virtudes que o levaron a gañar os últimos cinco choques e evitar calquera síntoma de relaxación. O exemplo do Tirso de Ferrol, que apretou moitísimo aos verdibrancos hai dúas semanas, ten que valer de experiencia para evitar un final apretado de partido. O adestrador do Calvo Xiria, Marcos Rodríguez, non poderán contar para este choque con Dubra, aínda con molestias no xemelgo. O resto do plantel está en condicións de xogar o partido, polo que o técnico repetirá as últimas convocatorias de liga. O bo momento anímico e deportivo do Calvo Xiria debería servir para sumar un novo triunfo en liga. A velocidade no xogo volverá ser a arma principal do conxunto de Marcos Rodríguez, que está a ofrecer moi boas sensacións desde a súa última derrota fronte á SAR. Só lle vale o triunfo aos xogadores carballeses, que seguirán a esperar un tropezo do Seis do Nadal para seguir optando á segunda posición da tabla, que dá dereito a xogar a fase de promoción de ascenso. CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo, Chimpo, Roberto, Alex, Bruno, Jesús e Manuel.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 17:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Bm Pontedeume.es, en encontro pertencente á décimo sétima xornada de liga en Segunda División Autonómica. Logo de sorprender ao líder a domicilio a pasada xornada, o Ifecgás Pereira Xiria tentará seguir na boa liña no partido que lle enfronta ao Pontedeume, segundo clasificado. Só dous puntos separan a ambos conxuntos na tabla clasificataria, polo que os de Juan Manuel Rodríguez poderían encaramarse á segunda praza de gañar o choque. A vitoria da pasada semana engade un extra de moral aos locais, que terán un duro oso que roer no Pontedeume. De feito, na primeira volta os visitantes lograron dobregar ao Ifecgás Pereira Xiria por un contundente 35-26.XUVENIL MASCULINOO Garaysa Xiria enfróntase este sábado, ás 16:30 h, no Pavillón San Francisco Xabier da Coruña, ao Caixanova OAR, en encontro pertencente sétima xornada do Campionato Territorial. O conxunto de Marcos Rodríguez non pode fallar no partido contra os coruñeses, se quere manter as opcións intactas para conseguir o título de liga. O tropezo fronte a Camariñas non deixa marxe para o erro e o conxunto carballés ten a obriga de gañar a un rival ao que xa derrotou na primeira volta en Carballo por un claro 32-21.CADETE MASCULINOO OAK English Centre Xiria enfróntase este sábado, ás 10:00 h. no Pavillón de Tirso en Ferrol, ao Tirso de Molina, en partido correspondente á décimo primeira xornada de liga. Non debería pasar problemas o Oak English Centre Xiria fronte a un rival ao que xa derrotou na primeira volta por 37-22. Todo o que non sexa gañar sería un paso atrás nas aspiracións do equipo de facerse co título de liga.CADETE FEMININOO Punta del Este Xiria enfróntase este domigo, ás 12,00 horas no Pavillón Municipal da Zona Escolar, á EM Camariñas, en encontro pertencente á quintaa xornada do Campionato Territorial. O equipo carballés parte como favorito ao triunfo no derbi, fronte a un rival ao que xa derrotou a domicilio na primeira volta. Boa ocasión para levarse unha alegría nunha competición dominada claramente polo Narón.INFANTIL MASCULINOO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 11:30 h. no Pavillón de Tirso en Ferrol, ao Tirso de Molina, en partido correspondente á décimo primeira xornada do Campionato Provincial. O outro equipo en competición, o Procasa Xiria, enfróntase o sábado, ás 12:30 h. no Pavillón Valle Inclán de Perillo, ao Bm Oleiros. Nova xornada asequible para os dous conxuntos do Xiria en categoría infantil, que xa derrotaron aos seus rivais na primeira volta do campionato. O Ifecgás Pereira Xiria é líder en solitario da tabla e o Procasa Xiria é terceiro.INFANTIL FEMININOO Asesoría Sueiro Xiria enfróntase este domingo, ás 10,30 horas no Pavillón Muncipal da Zona Escolar, á EM Camariñas en partido correspondente á quinta xornada de liga. O conxunto carballés intentará sumar a súa primeira vitoria en liga fronte a un Camariñas co que xa empatou na primeira volta.ALEVÍN E BENXAMÍNA xornada para os equipos do Xiria complétase coa disputa, o sábado, da cuarta xornada do Campionaro Comarcal Alevín e Benxamín Mixto no Pavillón Municipal da Zona Escolar. A xornada comezará ás 10,00 h. En categoría alevín, participan o Caixanova Xiria A, B e C, ademáis do CEIP Bergantiños, CEIP Razo e CEIP Fogar. En categoría benxamín, ademáis dos equipos do Caixanova Xiria A, B e C, xogarán o CEIP Bergantiños, CEIP Cristina e CEIP Razo. |
16/02/2008 CALVO XIRIA 35 – RASOEIRO BM 34 |
| Calvo Xiria (19+16) 35: Quique, Pablo (7), Cuco (5), Roberto (1), Fernando Vázquez (7), Cristophe (1) e Chimpo (6) –equipo inicial- Iago, Sebastián (4), Pombo, Álex (1), Bruno (3), Jesús e Manuel. |
| Rasoeiro Bm (17+17) 34: Diego, Abel (2), Bruno (5), Juan (11), Jaime (3), Borja (6) e Alexio (3) -equipo inicial- Martín, Carlos, Silva (1), Brais, Manuel (3) e Daniel. |
| Árbitros: Miguel A. Jimeno e José A. Rodríguez. Mal. |
|
Quinto triunfo consecutivo dun Calvo Xiria que soubo sufrir para derrotar ao Rasoeiro e pasa a comandar en solitario a terceira praza da clasificación en Primeira Autonómica. Os dous equipos chegaban a Carballo empatados a puntos e a igualdade que se presupoñía ao principio foi a tónica dominante ao longo de todo o partido. Comezou mellor o Calvo Xiria que, grazas ao acerto anotador de Fernando Vázquez dende o exterior, conseguía abrir unha pequena diferenza nos primeiros trece minutos de partido (10-6). Un par de exclusións consecutivas do Calvo Xiria permitiron a reacción do Rasoeiro que, nun abrir e pechar de ollos, endosou aos locais un parcial de 0-5 para poñerse por diante mediado o primeiro acto (10-11). A partir de entón, a emoción e igualdade estiveron sempre presentes nun partido no que ambos equipos alternaron a iniciativa no marcador. O xogo veloz exposto por ambos conxuntos superaba a unhas defensas débiles e, grazas a un par de contraataques nos últimos segundos, o Calvo Xiria era quen de chegar ao descanso con vantaxe no marcador (19-17). O lanzamento de Fernando Vázquez foi clave nunha primeira parte na que os porteiros de ambos equipos estiveron bastante atinados. De feito, o visitante Diego chegou a desesperar aos extremos e pivotes do Xiria, con moitísimo acerto a lanzamentos desde a liña de seis metros. Non cambiou a tónica do partido no segundo acto e a igualdade seguiu sendo a nota predominante no xogo. A soberbia actuación de Diego na portería visitante non daba opción a que o Calvo Xiria conseguira romper o partido. Ademais, os contraataques finalizados polo visitante Juan facían que o Rasoeiro presionara a un Xiria que, pese a todo, sempre foi por diante no marcador. A dirección de Pablo nos momentos claves volveu resultar decisiva nunha fase de partido na que os visitantes, cunha defensa máis aberta, impedían os lanzamentos cómodos de Fernando Vázquez no exterior. Chimpo, que non tivo un día especialmente afortunado dende o extremo, botouse o equipo ás costas nos últimos minutos e, cun par de accións individuais, permitiu ao Calvo Xiria afrontar con un pouco máis de tranquilidade os últimos minutos. Pese a todo, o Rasoeiro tivo a opción de empatar a falta de pouco máis dun minuto cando Juan se quedaba so fronte a Iago. O porteiro carballés sacou unha man prodixiosa que permitiu aos locais lanzar o contraatque e conseguir unha renda de dous tantos que sería decisiva. O Rasoeiro dispuxo dunha última bola para empatar o partido pero a boa defensa de Álex e Fernando impediu que, nin tan sequera, puideran lanzar os visitantes. O Calvo Xiria segue a madurar no seu xogo e soubo resolver un complicado partido fronte a un correoso equipo e unha arbitraxe que, en determinadas fases do xogo, deixou moito que desexar.
|
15/02/20081ª AUTONÓMICAO Calvo Xiria enfróntase este sábado, ás 17:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Rasoeiro Bm, en encontro pertencente á décimo novena xornada de liga en Primeira División Autonómica.Di o refrán que non hai quinto malo. O Calvo Xiria buscará ante o Rasoeiro a súa quinta vitoria consecutiva en liga e, de paso, consolidarse como terceiro clasificado na competición. O conxunto do Grove chega a Carballo empatado a puntos co Calvo Xiria e co ánimo de ser, logo da SAR, o segundo conxunto capaz de levarse algo do Pavillón Municipal da Zona Escolar. Non o terán doado os visitantes fronte ao equipo de Marcos Rodríguez, un Xiria que parece terlle collido o truco á competición nestas últimas xornadas e que tentará prolongar esa magnífica racha do último mes de competición.O adestrador carballés, ademais, conta con toda a plantilla en perfectas condicións para recibir ao Rasoeiro, agás Dubra. O estremo segue en fase de recuperación da súa rotura de fibras nun xemelgo e aínda non comezou a adestrar.O Rasoeiro, que o ano pasado coqueteou cos postos perigosos da clasificación, é a revelación desta temporada en Primeira Autonómica. O conxunto do Grove xa conseguiu derrotar ao Calvo Xiria na primeira volta, por un axustado 33-32. Enfróntanse en Carballo dous equipos nun óptimo estado de moral e con gañas de reafirmarse na terceira plaza da clasificación. A velocidade no xogo de ataque volverá ser a principal arma dun Calvo Xiria que, ademais, deberá mellorar as prestacións defensivas amosadas o sábado pasado en Ferrol. O Rasoeiro visita o Pavillón Municipal da Zona Escolar logo de gañar os seus dous últimos partidos, fronte a Cangas e Cisne.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Roberto, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo, Manuel, Jesús, Chimpo, Alex e Bruno.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 19:30 h, no Pavillón Frigsa, ao Bm Lugo, en encontro pertencente á décimo sexta xornada de liga en Segunda División Autonómica. O Ifecgás Pereira Xiria tentará sorprender ao sólido líder da competición e manterse, así, nos postos de honra da clasificación. Non o terá doado o equipo de Juan Manuel Rodríguez fronte a un rival que xa conseguiu gañar en Carballo na primeira volta por cinco goles de diferenza. Ademais, o adestrador carballés non poderá contar con Manuel, convocado co equipo de Primeira Autonómica. Pese a todo, o potencial dos carballeses con xogadores como Javi Zas, Fernando ou Ángel pode ser suficiente para sorprender ao primeiro clasificado.CADETE MASCULINOO OAK English Centre Xiria enfróntase este sábado, ás 12:00 h. no Pavillón Bergantiños, á EM Camariñas, en partido correspondente á décima xornada de liga. Non lle vale outro resultado que non sexa a vitoria ao conxunto carballés, no derbi que se disputa en Carballo. O OAK English Centre Xiria ten a obriga de conseguir os dous puntos en xogo se quere seguir tendo aspiración de conseguir o título de liga. Na primeira volta, os carballeses xa doblegaron ao Camariñas a domicilio por un axustado 28-32.CADETE FEMININOO Punta del Este Xiria enfróntase este sábado, ás 12,15 horas no Pavillón da Gándara, ao Bm Narón, en encontro pertencente á cuarta xornada do Campionato Territorial. O equipo carballés rende visita ao líder da competición. O choque preséntase moi complicado para o Punta del Este Xiria, que xa perdeu en Carballo co Narón por 9-29.INFANTIL MASCULINOO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 10:30 h., no Pavillón Berganitiños, á EM de Camariñas, en encontró pertencente á décima xornada do Campionato Provincial. O outro equipo en competición, o Procasa Xiria, enfróntase o sábadoo, ás 10:30 h, no Pavillón da Casqueira, ao BM Pontedeume. Nova xornada asequible para os dous conxuntos do Xiria en categoría infantil, que xa derrotaron aos seus rivais na primeira volta do campionato moi cómodamente con diferenzas de en torno aos 30 goles.INFANTIL FEMININOO Asesoría Sueiro Xiria enfróntase este sábado, ás 10,30 horas no Pavillón da Gándara, ao Bm Narón en partido correspondente á cuarta xornada de liga. Complicadísimo enfrontamento para as carballesas, que xa viron como o Narón gañou na primeira volta en Carballo por un concluínte 9-23. O Narón é o principal candidato a levarse o título, logo de gañar os dous partidos da primeira volta con moita comodidade.ALEVÍN E BENXAMÍNA xornada para os equipos do Xiria complétase coa disputa, o sábado, da terceira xornada do Campionaro Comarcal Alevín e Benxamín Mixto no Pavillón Municipal da Zona Escolar. A xornada comezará ás 10,00 h. En categoría alevín, participan o Caixanova Xiria A, B e C, ademáis do CEIP Bergantiños, CEIP Razo e CEIP Fogar. En categoría benxamín, ademáis dos equipos do Caixanova Xiria A, B e C, xogarán o CEIP Bergantiños, CEIP Cristina e CEIP Razo. |
09/02/2008 TIRSO MOSTEIRO DE POIO 39 – CALVO XIRIA 42 |
|
Tirso Mosteiro de Poio (19+20) 39: Alejandro, Andrés (9), Álvaro (3), Camilo (12), Javier (1), Alfonso (9) e Rubén -equipo inicial- Diego, Loureiro, David (3), Pablo (1), Ángel (1), Jesús e Fran. |
|
Calvo Xiria (23+19) 42: Quique, Chimpo (10), Bruno (4), Cuco (4), Pablo (7), Fernando Vázquez (6) e Sebastián (9) –equipo inicial- Iago, Cristophe, Álex, Pombo, Roberto (1), Jesús (1) e Manuel . |
|
Árbitros: Daniel Lago e José Carlos Fernández. Mal |
|
O Calvo Xiria conseguiu a súa cuarta vitoria consecutiva ao dobregar ao Tirso Mosteiro de Poio en Ferrol. Non o tivo doado o conxunto de Marcos Rodríguez fronte a un rival moi motivado e ante uns colexiados excesivamente rigorosos, que sinalaron 22 exclusións (15 para o Xiria) nun partido de defensas inexistentes. Comezou ben o Calvo Xiria e pronto conseguiu marcar diferenzas claras ao seu favor, chegando a ser de 8 goles no ecuador da primeira parte (8-16). A velocidade nas accións de ataque e o acerto anotador de Chimpo permitían aos carballeses mandar comodamente no marcador, aproveitándose dos erros en ataque do seu rival. O conxunto ferrolá non se veu abaixo e soubo aproveitar unha páxara do Calvo Xiria no tramo final do primeiro acto para achegarse no luminoso. Un parcial de 10-4 posibilitaba aos locais volver a engancharse ao partido, logo de verse o Calvo Xiria moi mermado de efectivos polas numerosas exclusións que tivo nese momento do choque. Dous goles nos últimos segundos permitían aos carballeses enderezar o partido e marchar aos vestiarios cunha vantaxe de catro goles (19-23) Tivo o Calvo Xiria que lidiar na reanudación coa laboura arbitral, que permitiu ao Tirso manterse no partido xogando moitos minutos cun xogador máis en pista. Outro parcial de 10-4 permitía aos locais poñerse cunha vantaxe de dous goles (29-27) e deixar contra as cordas a un Calvo Xiria que, a pesar da arbitraxe, non facía nada en defensa por evitar o bo facer de Alfonso no pivote e de Camilo dende o extremo. Os dous xogadores locais, coa colaboración de Andrés na primeira liña, bastábanse para meter o medo no corpo aos carballeses e facer perigar unha vitoria que, na primeira metade, parecía clara. Soubo repoñerese o equipo de Marcos Rodríguez ás adversidades e, máis por accións individuais que por xogo de conxunto, conseguiu chegar aos últimos minutos co marcador igualado (35-36). Sebastián, Cuco e Chimpo xogaron un papel determinante neses instantes e o seu acerto anotador permitiu ao Calvo Xiria coller unha pequena vantaxe ante a que xa non se puido repoñer o Tirso. O desgaste físico da remontade pasoulle factura aos locais no tramo final, que aproveitou un máis inspirado Calvo Xiria para gañar o partido e, ademais, recurtar dous puntos co segundo clasificado, Seis do Nadal. |
08/02/20081ª AUTONÓMICAO Calvo Xiria enfróntase este sábado, ás 18:30 h, no Pavillón do Colexio Tirso en Ferrol, ao Tirso de Molina Mosteiro de Poio, en encontro pertencente á décimo oitava xornada de liga en Primeira División Autonómica.O Calvo Xiria buscará en Ferrol o seu cuarto triunfo consecutivo en liga, á espera dun posible tropezo do Seis do Nadal que lle permita achegarse á segunda praza da clasificación. A ocasión parece propicia para que o equipo de Marcos Rodríguez sume una nova vitoria, xa que diante terá ao colista da clasificación. O Tirso Mosteiro de Poio só conta con seis puntos no que vai de campionato e ten prácticamente imposible salvarse de forma directa. Aínda así, mantén ao Artai poio e Camariñas a tres e catro puntos respectivamente, polo que buscará un triunfo que lle permita achegarse aos postos de promoción. Na primeira volta, o Calvo Xiria impúxose en Carballo ao Tirso por un cómodo 35-28.A principal novidade na convocatoria de Marcos Rodríguez será a volta de Roberto, logo de perderse o partido contra o Lalín por mor dunha infección. A única dúbida que mantén o adestrador carballés e a presenza de Pombo, aqueixado nas últimas horas dunha gastrointerite que lle impediu adestrar o xoves. O resto do plantel estará a disposición de Marcos, agás Dubra, que afronta xa a parte final da súa recuperación logo da rotura de fibras que sufriu nun xemelgo.O Calvo Xiria deberá aproveitar o bo momento de xogo que está a vivir para encadenar un novo triunfo e seguir soñando con dar caza, cando menos, ao Seis do Nadal. Pese a que son sete os puntos que o separan da segunda praza, o conxunto carballés non pode baixar a guardia e deberá seguir loitando por medrar na competición e, se pode, recurtar distancias co conxunto olívico antes do seu choque directo en Carballo. A velocidade en ataque e a anticipación en defensa volverán a ser as armas a utilizar polo Calvo Xiria para traerse os dous puntos de Ferrol.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo (dúbida), Manuel, Jesús, Chimpo, Roberto, Alex e Bruno.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este domingo, ás 12:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Grupo Mar Culleredo, en encontro pertencente á décimo quinta xornada de liga en Segunda División Autonómica. Logo da derrota fronte ao Viveiro a pasada semana, o conxunto de Juan Manuel Rodríguez non se pode permitir un tropezo na casa. O conxunto carballés defende a cuarta posición fronte a un Grupo Mar Culleredo que, pese a estar a tres puntos do Ifecgás Pereira Xiria, xa deu conta dos de Carballo na primeira volta (32-28). O Xiria non pode fallar se non quere verse apeado das catro primeiras prazas da clasificación.XUVENILO Garaysa Xiria enfróntase este domingo, ás 10:30 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Tirso Mosteiro de Poio, en encontro pertencente á quinta xornada do Campionato Territorial. O equipo que adestra Marcos Rodríguez non pode fallar máis na liga se quere repetir campionato tras gañar a Copa. A derrota fronte a Camariñas hai dúas semanas deixa pouca marxe de error a un conxunto que evidenciou síntomas de recuperación a semana pasada fronte ao Oleiros, cunha clara vitoria por 24-35. Non se pode fiar o Garaysa Xiria fronte a un Tirso Mosteiro de Poio que foi o único equipo capaz de gañar aos carballeses no campionato de Copa.CADETEO Oak English Centre Xiria enfróntase este sábado, ás 11:15 h., no Pavillón da Casqueira, ao Bm Pontedeume, en encontró pertencente á novena xornada do Campionato Territorial. Logo do empate e derrota colleitados nos seus dous últimos partidos, o conxunto carballés ten a obriga de gañar para seguir tendo opción de conseguir o título de liga. Non debería ter problemas para sumar os dous puntos o Oak English Centre fronte a un Pontedeume ao que xa dobregou na primeira volta por un contundente 64-15.INFANTILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 10:00 h., no Pavillón da Casqueira, ao Bm Pontedeume, en encontró pertencente á novena xornada do Campionato Provincial. O outro equipo en competición, o Procasa Xiria, enfróntase o domingo, ás 12:00 h, no Pavillón da Grela, ao Bm Narón. Asequibles partidos para os dous conxuntos do Xiria en categoría infantil, que xa derrotaron aos seus rivais na primeira volta do campionato.ALEVÍN E BENXAMÍNA xornada para os equipos do Xiria complétase coa disputa, o sábado, da segunda xornada do Campionato Comarcal Alevín e Benxamín Mixto. Terá lugar no Pavillón Municipal da Zona Escolar, a partir das 10,00 horas. En categoría alevín enfróntanse Caixanova Xiria B e CEIP Bergantiños, CEIP Fogar e CEIP Razo e Caixanova Xiria C e Caixanova Xiria A. En categoría benxamín os enfrontamentos son os de Caixanova Xiria B e CEIP Bergantiños, CEIP A Cristina e CEIP Fogar, e Caixanova Xiria C e Caixanova Xiria A.. Ademáis, o sábado, dende as 16,00 horas, haberá unha nova xornada para os máis cativos nas instalacións do CEIP Fogar. |
02/02/2008 CALVO XIRIA 44 – PORTADEZA LALÍN 22 |
|
Calvo Xiria (22+22) 44: Quique, Pombo (4), Álex (5), Bruno (7), Fernando Vázquez (4), Sebastián (5) e Chimpo (6) –equipo inicial- Iago, Cristophe (2), Pablo (5), Cuco (4) Jesús (1) e Manuel (1). |
|
Portadeza Lalín (11+11) 22: Iago, Adrián (2), José Antonio (3), Hugo (4), Jesús, Manuel (2) e Miguel (6) -equipo inicial- Bruno (2), Nicolás (2), Carlos, Cristian, Julián e Santiago (1). |
|
Árbitros: José María García e Iván Meijide. Sen complicacións. |
|
O Calvo Xiria conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva ao arrollar ao Lalín en Carballo por un contundente 44-22. Non tivo problemas o equipo de Marcos Rodríguez ante un rival que só aguantou no partido os primeiros dez minutos (7-4). A anticipación en defensa e as rápidas transicións foron as armas esgrimidas polo Xiria a partir de entón para, pouco a pouco, ir marcando claras diferenzas que deixaban o partido sentenciado xa no minuto 20 (15-5). O adestrador carballés optou de inicio por un sete pouco habitual e saiulle redondo. Pombo era quen de mover o equipo ao seu antollo en ataque e as conexións con Álex e os extremos esnaquizaban unha e outra vez a defensa visitante. Ademais, o acerto de Sebastián no lanzamento exterior contribuía a engrandecer o resultado. O Lalín sufría moito para acabar con éxito os seus ataques e as numerosas perdas de balón favorecían os contraataques dun Calvo Xiria que non tivo piedade do seu rival. Ao descanso, o conxunto carballés xa dobraba aos do Deza no marcador (22-11). A segunda metade foi exactamente igual que a primeira. Ata no marcador parcial finalizou co mesmo resultado que no primeiro acto. O Lalín deambulou pola cancha carballesa mentres que o Calvo Xiria seguía a recuperar moitos balóns en defensa e a seguir incrementando as diferenzas con rápidos contraataques. Marcos Rodríguez aproveitou a reanudación para dar minutos ao resto de xogadores que non disputaran a primeira metade e o Calvo Xiria soubo manter a intensidade para chegar ao remate do partido cun espectacular marcador de 44-22. Todos os xogadores locais tiveron protagonismo en ataque e ninguén se quedou sen marcar. E o resultado podería ter sido moito máis abultado de non ser pola actuación do meta Iago na portería do Lalín. O porteiro visitante foi, de largo, o xogador máis destacado dos seus e, con case quince paradas, salvou ao seu equipo dunha maior debacle. Quique e Iago, na portería do Calvo Xiria, tamén volveron a evidenciar o seu bo estado de forma.
|
01/02/20081ª AUTONÓMICAO Calvo Xiria enfróntase este sábado, ás 19:30 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Portadeza Lalín, en encontro pertencente á décimo sétima xornada de liga en Primeira División Autonómica.Logo das dúas últimas victorias consecutivas, frente a Cangas e Lavadores, o Calvo Xiria espera seguir a súa boa racha e firmar un novo triunfo fronte ao irregular Lalín. A solidez amosada no Pavillón Municipal da Zona Escolar, onde só a SAR foi quen de gañar, debe servirlle ao equipo de Marcos Rodríguez para conseguir o triunfo e seguir mantendo opcións (aunque mínimas) de dar caza ao Seis do Nadal na segunda posición. Os moitos partidos que teñen que disputar os equipos do Xiria esta longa fin de semana provocaron que o partido se teña que xogar nun horario pouco habitual, ás 19:30 h.Marcos Rodríguez non poderá contar para o choque deste sábado con Dubra, aínda en fase de recuperación da súa rotura de fibras, e Roberto. O ex, precisamente, do Lalín, non poderá medirse ao seu antigo equipo por mor dunha infección que o manterá no dique seco unha semana. O resto do plantel estará a disposición de Marcos Rodríguez, que convocará aos trece xogadores cos que conta nestes momentos. Fernando Vázquez poderá xogar, pese ao golpe que recibía nas costelas no último partido fronte a Lavadores.O Lalín foi un dos equipos que conseguiu derrotar ao Calvo Xiria este ano, por un axustado 29-27. O conxunto carballés tentará vingar a derrota da primeira volta fronte a un rival capaz do mellor e do peor nesta competición. De feito, os do Deza son o único equipo da categoría que pode presumir de gañarlle ao líder SAR este ano. Pese a todo, a traxectoria dos locais en casa e a irregularidade amosoada polo Lalín durante todo o ano fan pensar que os dous puntos teñen que quedar no Pavillón Municipal da Zona Escolar. O Calvo Xiria, mentres as matemáticas non digan o contrario, ten que seguir sumando de dous en dous á espera dun tropezo do Seis do Nadal que o manteña con opcións de promoción de ascenso.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo, Manuel, Jesús, Chimpo, Alex e Bruno.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 17:00 h, no Pavillón Municipal de Viveiro, ao Fishing Work Viveiro, en encontro pertencente á décimo cuarta xornada de liga en Segunda División Autonómica. Importantísimo partido o que o equipo de Juan Manuel Rodríguez afronta en Viveiro. Os locais están situados quintos na tabla clasificatoria, a tan só dous puntos dos carballeses. O Ifecgás Pereira Xiria tentará repetir a victoria colleitada en Carballo na primeira volta (28-24) frente a un conxunto perigoso e adestrado por un vello coñecido como Juan Fernández. De gañar, o Xiria daría un paso importante de cara a conservar unha das catro primeiras prazas da clasificación.XUVENILO Garaysa Xiria enfróntase este sábado, ás 17:00 h, no Pavillón Valle Inclán de Perillo, ao BM Oleiros, en encontro pertencente á cuarta xornada do Campionato Territorial. Logo do tropezo de hai sete días fronte ao Camariñas, non lle vale outro resultado que non sexa a victoria ao equipo adestrado por Marcos Rodríguez, se quere repetir título. O Garaysa Xiria non debería pasar problemas fronte a un Oleiros ao que xa derrotou de forma contundente nos dous partidos do campionato de Copa.CADETE MASCULINOO OAK English Centre Xiria afronta unha dobre xornada no Campionato Territorial. O conxunto carballés xoga o sábado ás 17:00 h., no Pavillón San Francisco Xabier da Coruña, fronte ao Caixanova OAR, en partido correspondente á sétima xornada de liga. O martes, o OAK English Centre Xiria recibe, no Pavillón Municipal da Zona Escolar ás 18:30 h., ao BM Oleiros, en partido aprazado da sexta xornada. O equipo cadete masculino tentará sumar unha dobre victoria que o destaque ao frente da clasificación do Campionato Territorial. De gañar os dous partidos, o conxunto carballés pecharía a primeira volta da competición con pleno de victorias e grandes posibilidades de acadar o título de campión.CADETE FEMININODebuta o Punta del Este Xiria na competición de liga, cunha dobre xornada. O equipo carballés xogará o seu primeiro partido o sábado, ás 10:30 h., no Pavillón Municipal de Camariñas fronte á EM Camariñas, correspondente á segunda xornada de liga. O luns, a partir das 12,00 h. no Pavillón Municipal da Zona Escolar, o Punta del Este Xiria recibe ao BM. Narón, partido aprazado da primeira xornada. As rapazas carballeses tentarán comezar a competición con dúas vitorias que achegarían o título, xa que son só estes tres equipos os que disputan a competición.INFANTIL MASCULINODobre e triple xornada as que teñen tamén os equipos infantís en categoría masculina. O Ifecgás Pereira Xiria visita o sábado o Pavillón San Francisco Xabier da Coruña, ás 10:30 h., para medirse ao Caixanova OAR. O domingo, Ifecgás Pereira Xiria e Procasa Xiria enfróntase enrte si, ás 12:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar. O luns e martes, o Procasa Xiria recibe no Pavillón Municipal da Zona Escolar a Caixanova OAR e BM. Oleiros respectivamente. O partido do luns comezará ás 17,30 h. e o do martes ás 17,00 h. Ifecgás Pereira Xiria e OAR xogaranse o liderato do grupo no partido que lles enfrenta en A Coruña, o máis atractivo da fin de semana. Ambos conxuntos chegan ao partido sen saber o que é a derrota. Logo deste choque, o domingo, repetirá o conxunto carballés fronte ao Procasa Xiria, no que estes últimos se tentarán vengar da derrota da primeira volta. O Procasa Xiria disputará dous partidos máis, fronte a OAR e Oleiros, choques nos que intentará sumar puntos para seguir crecendo na tabla clasificatoria.INFANTIL FEMININODebut tamén do Asesoría Sueiro Xiria na liga provincial, cunha dobre xornada. O conxunto carballés visita o sábado o Pavillón Municipal de Camariñas, ás 12:00 h., para enfrontarse á EM Camariñas en partido correspondente á segunda xornada de liga. O luns, o Asesoría Sueiro Xiria recibe ao BM NArón no Pavillón Municipal da Zona Escolar, a partir das 10:30 h., en partido aprazado da primeira xornada de liga. Ao igual que o equipo cadete, o Asesoría Sueiro Xiria calibrará o nivel da competición fronte aos seus dous únicos rivais.ALEVÍN E BENXAMÍNA xornada para os equipos do Xiria complétase coa disputa, o sábado, da primeira xornada do Campionaro Comarcal Alevín e Benxamín Mixto no Pavillón Municipal da Zona Escolar. A xornada comezará ás 10,00 h. En categoría alevín, participan o Caixanova Xiria A, B e C, ademáis do CEIP Bergantiños, CEIP Razo e CEIP Fogar. En categoría benxamín, ademáis dos equipos do Caixanova Xiria A, B e C, xogarán o CEIP Bergantiños, CEIP A Cristina e CEIP Razo. |
30/01/2008Esta fin de semana comeza a competición nas categorías Alevín Mixta e Benxamín Mixta, competición na que Carballo, coa organización das Escolas de Balonmán Xiria, será un dos tres ou catro focos provinciais oficiais onde se desenvolva a competición (os outros lugares son a area da Coruña e de Ferrol (falta por coñecer se Camariñas organizará competición na súa zona).A fase carballesa se desenvolverase, nas dúas categorías, dende o 2 de febreiro ata o 10 de maio, en xornadas que terán lugar na mañá dos sábados no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.Participarán na categoría alevín mixta seis equipos, os tres equipos da Escolas de Balonmán Caixanova Xiria: Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B e Caixanova Xiria C, CEIP Fogar, CEIP Bergantiños e CEIP Razo.Na categoría benxamín tomarán parte os mesmos equipos agás o CEIP Razo, no seu lugar estará o CEIP A Cristina.Cos equipos das Escolas de Balonmán Caixanova Xiria traballarán os técnicos Marcos Rodríguez, Bruno López e Juan M. Rodríguez, no CEIP Bergantiños Fernando Vázquez, no CEIP Fogar Juana Garrochena, no CEIP Razo Bruno López e no CEIP A Cristina José Luís Fraga “Pi”. |
26/01/2008 CALFONCAL LAVADORES 31 – CALVO XIRIA 35 |
| Calfoncal Lavadores (15+16) 31: Dani, Mario (8), Diego, Fran (1), Borja (3), Pablo (6) e Celso -equipo inicial- Chori, Juanma, Bruno (1), Luis, Suso, Isaac e Veiga (12). |
| Calvo Xiria (18+17) 35: Quique, Cuco (2), Bruno (1), Roberto (5), Cristophe (4), Pablo (12) e Fernando Vázquez (2) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Sebastián (3), Chimpo (4), Pombo, Manuel e Jesús (1). |
| Árbitros: Rafael García e Fernando Eiras. Excesivamente rigorosos en varias fases do partido. Non influíron no marcador final. |
O Calvo Xiria conseguiu o seu terceiro trunfo a domicilio da temporada ao impoñerse ao Calfoncal Lavadores en Vigo por 31 a 35.O partido tivo un ritmo trepidante entre dous equipos aos que lles gusta correr e, de non ser pola gran actuación de Dani e Quique en ambas porterías, o marcador podería ter sido moito máis abultado. O equipo de Marcos Rodríguez foi mandando no marcador dende o primeiro minuto, con vantaxes de dous e tres goles que lle daban un plus de tranquilidade e confianza fronte a un rival sempre incómodo. Mediada a primeira metade vivíase unha das imaxes máis duras das últimas temporadas, coa grave lesión do local Celso. O xuvenil de Lavadores, logo de intentar un lanzamento, caía mal e fracturábase tibia e peroné, ademáis de romper a base do peroné e os dous ligamentos. Imaxes terribles as que se viviron no Pavillón de Lavadores e moi mala sorte para Celso, que deberá afrontar agora un longo período de recuperación. O xogo tivo que estar parado durante varios minutos e reanudouse en medio da desolación do pavillón olívico. Logo do xerro de auga fría que supuxo a lesión do xogador local, os dous equipos retomaron o xogo e seguiron a imprimir un elevado ritmo. No intercambio de golpes, o Calvo Xiria soubo aguantar os intentos de achegarse no marcador do Lavadores e chegou ao descanso cunha renda de tres goles (15-18).O partido seguiu polos mesmos derroteiros na reanudación, sempre co Calvo Xiria mandando no electrónico. Así foi ate o ecuador do segundo acto no que o Lavadores, aproveitando un par de exclusións do Calvo Xiria, chegou a empatar o partido. O equipo de Marcos Rodríguez soubo manter a cabeza fría e non tardou en retomar o mando para, nos últimos minutos, manter unha cómoda renda que lle fixo acreedor á victoria final. No bando carballés, Pablo fixo pleno de lanzamentos desde os sete metros (7 de 7) e, con doce goles, erixiuse na figura do Xiria na faceta atacante. No bando visitante, o lateral Veiga foi quen tamén de anotar 12 goles, aínda que resultarían insuficientes para os intereses do Lavadores. As numerosas exclusións que se sinalizaron no partido (9 para cada equipo) engadiron un plus de emoción ao mesmo, se ben moitas delas foron excesivamente rigorosas. A victoria do Calvo Xiria, unido ao empate do Rasoeiro, pérmítelle ao conxunto carballés encaramarse á terceira praza da clasificación. As diferenzas cos dous primeiros clasificados, pese a todo, mantéñense en 7 e 10 puntos.Dende o club carballés desexámoslle a Celso unha pronta e satisfactoria recuperación. |
25/01/20081ª AUTONÓMICAO Calvo Xiria enfróntase este sábado, ás 19:00 h, no Pavillón de Lavadores en Vigo, ao Calfoncal Lavadores, en encontro pertencente á décimo sexta xornada de liga en Primeira División Autonómica.Logo da victoria fronte ao Cangas, en partido xogado entre semana, o Calvo Xiria defende a cuarta posición da táboa clasificatoria fronte ao Lavadores en Vigo. Partido complicado para os de Marcos Rodríguez, que seguen a ter moitos problemas para puntuar lonxe do Pavillón Municipal da Zona Escolar. Aínda así, parece una boa ocasión para tentar sacar algo positivo no desprazamento, xa que o conxunto olívico está a ter moitos problemas esta temporada e xa cedeu sete puntos na súa casa no que vai de campionato. Pola contra, as tres últimas victorias conseguidas de forma consecutiva polo Lavadores convérteno nun rival complicado e que, a bo seguro, non lle porá as cousas doadas aos de Carballo.Marcos Rodríguez mantén a baixa de Dubra para este partido e parece que xa recupera ao resto de efectivos para medirse ao Lavadores. Cuco xa xogou o pasado mércores contra o Cangas e, pese a non estar totalmente recuperado do proceso gripal que atravesa, formará parte da expedición. Igual é o caso de Fernando, que ven padecendo problemas grastrointestinais durante esta semana. Outro dos que tamén entra na convocatoria é Bruno, que xa disputou uns minutos fronte ao Cangas logo da escordedura que sufría nun dedo da súa man dereita.Coas dúas primeiras posicións xa moi lonxe, o Calvo Xiria debe aproveitar o que resta de temporada para seguir crecendo e confeccionando ese equipo de futuro que, pouco a pouco, comeza a ter forma. A pista do Lavadores, sempre complicada, será una boa pedra de toque para o conxunto carballés. A priori, promete ser un partido igualado, aberto e con dous equipos aos que lle gusta correr e darlle un ritmo elevado. De gañar, o Calvo Xiria conseguiría a súa terceira vitoria a domicilio da temporada, escasa bagaxe cando xa se disputaron dúas xornadas da segunda volta.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo, Manuel, Jesús, Chimpo, Roberto, Alex e Bruno.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este domingo, ás 12:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Bm Muralla, en encontro pertencente á décimo terceira xornada de liga en Segunda División Autonómica. Non debería pasar problemas o equipo de Juan Manuel Rodríguez para sumar dous puntos máis en liga, fronte a un conxunto ao que xa derrotou na primeira volta do campionato a domicilio (22-25). O Ifecgás Pereira Xiria non debe deixar pasar a ocasión de seguir marcando diferenzas nas primeiras posicións da tabla clasificatoria e o encontró ante o Bm Muralla preséntase idóneo para tal fin.XUVENILO Garaysa Xiria enfróntase este sábado, ás 16:30 h, no Pavillón Municipal de Camariñas, á EM Camariñas, en encontro pertencente á terceira xornada do Campionato Territorial. O equipo que adestra Marcos Rodríguez tentará derrotar de novo ao Camariñas no derbi, como xa fixo nos dous encontros que disputou en Copa. Como en todos os partidos de rivalidade, prevese un encontro moi igualado e sen un favorito claro. Nos dous partidos precedentes, o Garaysa Xiria impúxose por idéntico marcador de 29-27.INFANTILO Procasa Xiria enfróntase este domingo, ás 11:00 h, no Pavillón do colexio Tirso de Ferrol, ao Tirso de Molina, en encontro pertencente á sétima xornada de liga do Campionato Provincial. Difícil compromiso para os rapaces do Procasa Xiria, que se miden a un conxunto que está deixando boas sensacións nesta primeira volta do campionato. O conxunto ferrolá, ao igual que o carballés, está situado nas posicións altas da tabla clasificatoria.ALEVÍN E BENXAMÍNA xornada para os equipos do Xiria complétase coa disputa, o sábado, do Campionato Local Alevín e Benxamín. Terá lugar no Pavillón Municipal da Zona Escolar, a partir das 10,00 horas, coa participación dos equipos da Escola de Balonmán Caixanova Xiria e dos Colexios de Carballo. Ademáis, o sábado, desde as 16,00 horas, haberá unha nova xornada para os máis cativos nas instalación do CEIP Fogar. |
24/01/2008 CALVO XIRIA 41 – EXPL. MINEIRAS CANGAS 23 |
| Calvo Xiria (18+23) 41: Quique, Alex, Jesús (4), Bruno (3), Cristophe (2), Roberto (7) e Pablo (6) -equipo inicial- Iago, Cuco (9), Sebastián (2), Pombo (3), Chimpo (4), Manuel (1) e Fernando Vázquez. |
| Expl. Mineiras Cangas (11+12) 23: Cayetano, Durán (2), David (2), Serafín (5), Eduardo (5), Rubén (6) e Cristóbal -equipo inicial- Manuel, Dacosta (1), Adrián (1), Edgar (1) e Francisco. |
|
Árbitros: José Ignacio Pereira e Vicente Pérez. Complicáronse en exceso nun partido moi tranquilo. |
|
Foi, sen lugar a dúbidas, o partido máis sinxelo que tivo o Calvo Xiria nas últimas temporadas. Xa dende o primeiro minuto se vía que o Cangas non viaxara a Carballo con intención de, nin tan sequera, disputar o partido. O feito de xogarse en mércores pola noite fixo que os visitantes chegaran moi mermados de efectivos ao Pavillón Municipal da Zona Escolar. Só durante os primeiros minutos aguantou o conxunto visitante no marcador, ata que o Calvo Xiria -sen facer ningún tipo de alarde- comezou a adquirir rendas de tres e catro goles que supoñían o inicio do fin para o Cangas. A aportación de Quique na portería local contribuiu a que os pontevedreses non tiveran opcións de remontada e terminou de minar a moral dun conxunto que arroxou a toalla demasiado pronto. As continuas imprecisións dos visitantes en ataque, con numerosas perdas de balón produto da falta de concentración, facilitaron o traballo a un Calvo Xiria que se foi ao descanso con sete goles de renda (18-11) e a sensación de que o partido estaba visto para sentenza. O único borrón da primeira parte foi a rigorosa expulsión de Alex, nun partido que só os árbitros quixeron complicar ata ese nivel. Ademais, e para colmo de males dos visitantes, o único porteiro do Cangas lesionábase na derradeira xogada do primeiro acto, situación que provocaba que un xogador de campo se tivera que poñer baixo os paos da portería visitante na reanudación. Este feito, unido á desidia amosada polo Cangas na segunda parte, provocou que os segundos trinta minutos foran un paseo para o Calvo Xiria. Marcos Rodríguez aproveitou o partido para dar entrada a xogadores menos habituais nos últimos partidos e estes non desperdiciaron a oportunidade. Con rápidas transicións e un porteiro moi vulnerable, o Calvo Xiria comezou a abrir grandes diferenzas no marcador, aproveitándose do mal partido do seu rival. Un goteo constante de goles que se traduciu, ao remate do partido, con ese concluínte 41-23. Dazaoito goles de diferenza que falan ben ás claras de qué equipo saliu disposto a gañar o partido. Cuco, unha vez máis, volveu a ser o máximo goleador dos carballeses, con nove goles. O pivote carballés está a atravesar un momento moi doce e, ademais do seu liderazgo na parcela defensiva, está a ser determinante no capítulo ofensivo. |
22/01/2008O Calvo Xiria enfróntase este mércores, ás 21:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ó Expl. Mineiras do Morrazo Cangas, en encontro pertencente á décimo terceira xornada de liga en Primeira División Autonómica qure fora aprazado no seu día.Día e horario pouco habitual para o balonmán en Carballo, aínda que con atractivos máis que suficientes para gozar dun bo espectáculo. Calvo Xiria e Cangas dilucidan o encontro aprazado correspondente á última xornada da primeira volta do campionato en Primeira Autonómica. Os de Marcos Rodríguez chegan ao partido logo de perder en cancha do líder, a SAR, dilapidando moitas opcións de poder achegarse na tabla aos dous primeiros postos. O irregular Cangas, pola súa parte, preséntase en Carballo tras derrotar con comodidade ao Lalín a pasada fin de semana. Dúas traxectorias distintas que non deberían influir no desenvolvemento do choque, xa que o Calvo Xiria está a amosar un bo nivel como local e o Cangas moitas dificultades, sobre todo, nos seus desprazamentos.Marcos Rodríguez mantén a baixa de Dubra para este partido, ademáis das dúbidas de Bruno, Fernando Vázquez e Cuco. O primeiro aínda arrastra molestias no pulgar da súa man dereita, que lle impediron xogar contra a SAR. Fernando non pudo adestrar onte por mor dunha gastrointerite, se ben hoxe xa estaba mellor. No caso de Cuco, non puido adestrar esta semana ao atravesar un proceso gripal. De causar baixa, o concunto carballés vería mermado o seu potencial, sobre todo na parcela defensiva.O obxectivo do Calvo Xiria debe ser sumar os dous puntos en xogo para, cando menos, recuperar a cuarta praza e chegar en igualdade de puntos co Lavadores ao choque que enfronta a ambos en Vigo a próxima fin de semana. Ademais, serviría para recuperar o nivel anímico do equipo, tocado logo da derrota de hai tres días en Redondela, que prácticamente o afasta da loita polos postos de promoción de ascenso. O Cangas, que camiña en terra de ningures, loitará por un triunfo que o alonxe da zona baixa e o achegue un pouco máis á zona noble da clasificación. Con pouco en xogo, os dous equipos poden ofrecer un bonito partido de balonmán en Carballo.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco (dúbida), Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez (dúbida), Cristophe, Pombo, Manuel, Jesús, Chimpo, Roberto, Alex e Bruno (dúbida). |
21/01/2008 PEGUFORM SAR 34 – CALVO XIRIA 29 |
| Peguform SAR (21+13) 34: Yuri, Dito (2), Tito (2), Guta (5), Gus (1), Escudero (5) e Oli (9) -equipo inicial – Poli, Polaco (5), Damián (4), Iñaki, San (1), e Carlos Areses. |
| Calvo Xiria (14+15) 29: Quique, Cuco (5), Roberto (5), Cristophe (4), Pablo (2), Jesús e Fernando Vázquez (3) -equipo inicial- Iago, Alex (2), Sebastián (3), Chimpo (4), Manuel (1), Pombo e Bruno. |
| Árbitros: Marcos Pérez e Francisco Soliño. Moi mal. |
|
O Calvo Xiria non foi quen de sorprender ao líder en Redondela e sumou unha nova derrota que o alonxa dos postos de privilexio da tabla clasificatoria. O equipo de Marcos Rodríguez sucumbiu ao poderío da SAR, que só perdeu un partido no que vai de temporada e que se perfila como gran favorito para revalidar o título na categoría. O Seis do Nadal tampouco fallou esta fin de semana e alónxase un pouco máis do Xiria na clasificación. O conxunto carballés deberá gañar este mércores en Carballo o seu partido aprazado co Cangas para, cando menos, manterse a sete e dez puntos dos dous primeiros clasificados. Non comezou mal o Calvo Xiria o seu partido fronte á SAR e, logo dun primeiro distanciamento dos locais (5-2), conseguiu remontar e pasar a dominar o marcador nos quince primeiros minutos de partido. O traballo de Cuco no pivote, o acerto inicial de Fernando dende os nove metros e a valentía de Cristophe permitían aos de Carballo meter o medo no corpo á SAR. Pero só foi un espellismo. Os locais, amparados no lanzamento exterior de Escudero, o acerto anotador de Oli e a sempre incómoda presenza de Guta no pivote, foron quen de apretar os dentes en defensa e manter o acerto en ataque para, nun abrir e pechar de ollos, coller unha renda de cinco goles que xa sería definitiva (19-14). A SAR aproveitouse do desconcerto xerado nas filas visitantes para engordar a diferenza e irse ao descanso con sete goles de vantaxe, unha renda insalvable para calquera conxunto que se enfronte aos de Redondela. Intentou a reacción o Calvo Xiria ao inicio da reanudación e, grazas a un par de exclusións no bando local e ao acerto de Iago na potería, foi quen de colocarse a tres goles dos locais. Por desgraza para os de Carballo, o intento de remontada non tivo continuidade e a SAR soubo repoñerse para, pouco a pouco, pasar a dominar o tempo do partido e ir incrementando unha diferenza que chegou a estar nos oito goles (33-25). Só Cristophe se salvou da queima e foi o xogador máis destacado dun Calvo Xiria que ten xa moi difícil o poder disputar unha das dúas primeiras prazas da clasificación. Mención aparte merece o capítulo dos penaltis. Mentres a SAR marcaba todos os seus lanzamentos de sete metros, o Calvo Xiria só era quen de anotar dous dos sete lanzamentos dos que dispuxo. Demasiada vantaxe para un equipo como o de Redondela. E o peor de todo e que Yuri só tivo que parar un penalti, xa que os outros catro toparon coa madeira. Da arbitraxe mellor non dicir nada. Ou case nada. Simplemente foi malísima, para un e outro conxunto. |
20/01/2008O Concello de Carballo rendeu unha homenaxe aos xogadores carballeses Álex Zas, Oak English Xiria, subcampión de España coa selección galega cadete masculina, Miguel Suárez-Pumariega e David García, Ifecgás Pereira Xiria, subcampións de España coa selección galega infantil masculina, e Sheila Lavandeira e Cristina Gende, Bm Narón aínda que formadas na canteira do Xiria coa que continuan adestrando, terceiras clasificadas no campionato de España coa selección galega xuvenil feminina, así como ao seleccionador infantil masculino Eduardo Patiño, ex-adestrador de Xiria e home ligado laboralmente á vila de Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro de deportes, Marcos Trigo e a delegada provincial de Cultura e Deportes, Milagres Lantes, entregaron uns agasallos e recordos aos homenaxeados.
* Máis fotos na sección "Galería" |
18/01/2008O Calvo Xiria enfróntase este sábado, ás 18:45 h, no Pavillón Municipal de Redondela, á SAR, en encontro pertencente á décimo quinta xornada de liga en Primeira Autonómica.Difícilisimo e trascendente choque para o Calvo Xiria este sábado na cancha do líder da Primeira Autonómica. O equipo de Marcos Rodríguez tentará dar a sorpresa nun pavillón, de momento, inexpugnable para todos os equipos que o visitaron. De feito, o a SAR de Redondela só cedeu unha derrota no que vai de competición, na pista do Lalín, e por un axustado 31-30. Con estes precedentes, a tarefa do Calvo Xiria parece case imposible, e máis coñecendo o rendimento dos carballeses lonxe do Pavillón Municipal da Zona Escolar. Aínda así, o Calvo Xiria deberá agarrarse á grande primeira metade que xogou contra a SAR na primeira volta en Carballo. Cun xogo alegre e veloz, os carballeses pasaron por enriba dos de Redondela e chegaron ao descanso cunha renda de seis goles. A segunda parte sería outro cantar e a SAR, moi experta nestas lides, foi quen de remontar exprimindo á perfección as súas virtudes, tanto en ataque como en defensa.O adestrador do Calvo Xiria, Marcos Rodríguez, non poderá contar con Dubra para este partido, aínda aqueixado da rotura de fibras nun xemelgo que se producía no partido fronte ao Seis do Nadal. Ademáis, o técnico carballés manterá ata última hora a dúbida de Bruno, que non puido adestrar durante toda a semana por mor da escordedura que sufría no pulgar da man dereita no partido fronte ao Cisne. De confirmarse a baixa, o Calvo Xiria contaría co problema engadido de apenas contar con extremos puros para o partido da SAR. Por fortuna para o adestrador, Jesús, Roberto e Chimpo poden suplir con garantías esa posición. O resto dos xogadores están en perfectas condicións para disputar o choque.O partido contra a SAR antóllase fundamental para un Calvo Xiria que deberá sumar os dous puntos se non quere ver mermadas as súas posibilidades de achegarse aos dous primeiros postos na tabla clasificatoria. Os carballeses deberán ter coidado co xogo en seis metros dos locais, expertos en xogar con doble pivote, ademáis de con Eduardo e Damián, dous rápidos extremos que soen render a un gran nivel contra o Xiria. Os verdibrancos tentarán mellorar as súas prestacións defensivas e impoñer un ritmo elevado de xogo que poda esgotar físicamente á SAR.CONVOCATORIA: Quique, Iago, Cuco, Pablo, Sebastián, Fernando Vázquez, Cristophe, Pombo, Chimpo, Roberto, Alex, Bruno, Jesús e Manuel.2ª AUTONÓMICAO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 19:00 h, no Pavillón Valle Inclán de Perillo, ao BM Oleiros B, en encontro pertencente á décimo segunda xornada de liga en Segunda Autonómica.Non debería ter problemas o equipo de Juan Manuel Rodríguez para sumar unha nova victoria no comezo da segunda volta da liga, fronte a un Oleiros B que está afundido na tabla e que non foi quen de sumar ningún punto no que vai de competición. Na primeira volta, os carballeses xa doblegaron aos de Oleiros por un concluínte 26-19. O Ifecgás Pereira Xiria, logo da última derrota fronte ao OAR, ten a obriga de gañar se quere manterse nos postos altos da clasificación. O adestrador carballés só conta coa dúbida de Aitor para a disputa deste partido.XUVENILO Garaysa Xiria enfróntase este domingo, ás 12:00 h, no Pavillón Municipal da Zona Escolar, ao Caixanova OAR, en encontro pertencente á segunda xornada do Campionato Territorial.O Garaysa Xirtia inicia a competición de liga, logo de descansar na primeira xornada do campionato. O equipo de Marcos Rodríguez, tras conseguir o torneo de Copa con autoridade, é o claro favorito desta competición, que abre en Carballo fronte ao OAR. Na última visita ao Pavillón Municipal da Zona Escolar, os coruñeses caían derrotado por un abultado 25-15.INFANTILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase este sábado, ás 10:30 h, no Pavillón Bergantiños, ao BM Oleiros, en encontro pertencente á sexta xornada de liga do Campionato Provincial.O conxunto carballés tentará seguir invicto na competición fronte a un rival que se desclogou desde un principio da zona alta da clasificación. O Ifecgás Pereira Xiria non debería ter problemas para seguir ampliando as diferenzas cos seus perseguidores. |
17/01/2008Este venres, día 18 de xaneiro, o Concello de Carballo homenaxeará os cinco balonmanistas carballeses que tan brilantemente acadaron os subcampionatos e a terceira praza coas seleccións galegas de base ofrecéndolles unha recepción oficial que terá lugar na casa do concello ás 18.00 h.Lémbremos que Álex Zas do Oak English Centre Xiria proclamouse subcampión de España coa selección galega cadete masculina e David García e Miguel Suárez.Pumariega do Ifecgás Pereira Xiria acadaron o mesmo resultado coa selección galega infantil masculina. Ademais as tamén carballesas Sheila Lavandeira e Cristina Gende que militan no Bm Narón, aínda que se formaron na canteira do Xiria e continuan adestrando coas categorías de base do club de Carballo, acadaron a terceira posición coa selección galega xuvanil feminina. * Zas, Miguel e David coas súas medallas de prata |
14/01/2008O pasado sábado reuniuse toda a familia balonmánistica do Xiria para realizar a presentación oficial de todos os equipos do club. Presentáronse un total de 15 equipos: dous equipos sénior masculinos Calvo Xiria de 1ª División Autonómica e Ifecgás Pereira Xiria de 2ª División Autonómica, Garaysa Xiria de categoría xuvenil masculina, Oak English Centre Xiria cadete masculino, Punta del Este Xiria cadete feminino, Ifecgás Pereira Xiria e Procasa Xiria infantís masculinos, Asesoría Sueiro Xiria infantil feminino e os sete equipos das Escolas de Balonmán Caixanova Xiria (tres equipos alevíns mixtos, tres equipos benxamíns mixtos e un prebenxamín). Ao acto asitiron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e os dous pricipais patrocinadores do club Chano Calvo de Conservas Calvo e Carlos Pereira de Ifecgás Pereira.No menú "Galería" hai subidas máis fotos deste acto. |
12/01/2008 CALVO XIRIA 27 – BM CISNE GRUPO PIRSA 21 |
| Calvo Xiria (14+13) 27: Quique, Pombo, Cuco (7), Roberto (5), Fernando Vázquez (3), Bruno (2) e Alex (2) –equipo inicial- Iago, Cristophe (2), Chimpo, Sebastián (2), Jesús (2), Pablo (2) e Manuel. |
| Cisne (9+12) 21: Eduardo (1), Víctor (4), Héctor (2), Quintáns (1), Guillermo (4), Tsybanev (2) e Parcero -equipo inicial- Galán, Borja, Víctor García, Pablo (4), David, Rubén (2) e Nicolás (1). |
| Árbitros: Patricia del Río e Marcelo del Río. Ben. Sen complicacións. |
|
O Calvo Xiria sumou unha nova vitoria en liga ao derrotar ao Cisne no Pavillón Muncipal da Zona Escolar por un concluínte 27-21. Non xogou un bo partido o conxunto carballés a quen, o exceso de relaxación, houbo de costarlle un desgusto na segunda metade. O partido comezou moi igualado e ambos conxuntos intercambiaban golpes nun comezo no que Quique e Eduardo, nas dúas porterías, se erixían como protagonistas do choque. Tardou o Calvo Xiria en entrar no partido e só no último tercio da primeira metade foi quen de meterlle man a un Cisne que non deixou unha boa imaxe en Carballo. O acerto goleador de Cuco en ataque e a gran actuación de Quique na portería bastábanlle aos carballeses para irse ao descanso cunha cómoda renda de cinco goles (14-9). O Cisne acusaba a lesión do seu mellor xogador, Eduardo, mentres que o Xiria tamén vía como Bruno se tiña que retirar por mor dunha escordedura no pulso. O mal día en ataque dos extremos locais privou ao Calvo Xiria de irse aos vestiarios cunha renda máis ampla. A segunda metade comezou ben para un Xiria que, cun parcial de 3-1, lograba a máxima renda do encontro nos primeiros minutos (17-10). A boa defensa e a saída en rápidos contraataques facía prever un encontro cómodo para os locais pero, a partir dese momento, os carballeses relaxáronse moito e deron vida a un Cisne que non desaproveitou a oportunidade de meterlle o medo no corpo ao Calvo Xiria. Un parcial de 1-7 en apenas sete minutos achegaba aos visitantes a tan só un gol dos de Carballo mediado o segundo tempo (18-17). O Calvo Xiria soubo entón manter a calma e rapidamente colleu unha renda de tres goles (21-18) que fixo máis cómoda a disputa da recta final do encontro. A gran actuación de Quique na portería local impediu claquera intento de achegamento dos pontevedreses, que tiveron que renderse nos últimos minutos á superioridade que demostrara o Xiria ao longo de case todo o encontro. Ademais do importante papel de Quique, é xusto salientar a actuación de Cuco e Alex no centro da defensa carballesa e na finalización de varios ataques, nun día que non estaba para os extremos nin a primeira liña. A vitoria ten que dar un extra de moral e confianza para afrontar o decisivo choque dentro de sete días en pista do líder, a SAR de Redondela. |