26/02/2010PARTIDO DE 1ª ESTATAL SUSPENDIDOO partido que debía disputar o Calvo Xiria fronte a El Canario Catering, que debía disputarse mañá sabado, ás 17.00 h, pertencente á 21ª xornada de liga na 1ª División Estatal, queda suspendido.O Concello de Carballo ven de informar de que o sábado 27 de febreiro, a partires das 14.00 h, permanecerán pechadas todas as instalacións deportivas do municipio, suspendéndose calquera actividade prevista. O motivo é a comunicación por parte da Dirección Xeral de Emerxencias de Galicia da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento o sábado pola tarde que supón a activación da alerta vermella.A alerta de nivel vermello significa que existe un risco extremo, neste caso a causa da presenza dun ciclón que podería provocar refachos de vento de compoñente sur que poderían superar os rexistros de 140 quilómetros por hora. Na provincia da Coruña, o nivel de alerta máxima está previsto a partires das 15.00 horas e durante toda a tarde, de aí que as instalacións pechen cando finaliza o seu horario de mañá, ás 14.00 h.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILSeguindo as recomendacións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia por mor das inclemencias do tempo e ante a alerta vermella decretada, a Federación Galega de Balonmán decidiu a SUSPENSIÓN TOTAL da vindeira xornada (27 e 28 de febreiro), de todas as súas competicións territoriais e provinciais en todas as súas categorías.
|
23/02/2010 |
|
XORNADA 20 |
20/02/2010 BM BASE OVIEDO 32 - CALVO XIRIA 24 |
|
Bm Base Oviedo 32 (13+19): Benigno, Víctor (15, 7 de 7 m), Ignacio (3), Veleda (2), Alejandro (2), José (2), Rubén (1) -equipo incial- Daniel, Pablo (1), Diego (1), Borja (4), Rodríguez, Mon (1) e Ramos. |
|
Calvo Xiria 24 (12+12): Quique, Cuco (2), Chimpo (2), Alberto (12, 7 de 7 m), Pablo (2), Iván (1) e Dubra -equipo inicial- Iago, Jesús (2), Manuel (1), Ángel, Ramón, Christophe e Zas (2). |
|
Colexiados: Srs. Reyes e Reinoso (colexio Castela e León) |
Parciais: 2-3, 5-6, 6-8, 8-10, 11-11, 13-12, 17-13, 20-14, 22-17, 23-18, 28-21, 32-24. |
Non foi quen o Calvo Xiria de estrear o casilleiro de vitorias na segunda volta da liga, desta volta caeu ante un Bm Base Oviedo que xogou o partido que mais lle conviña mentres que o equipo carballés non se soubo desenvolver.No descanso a vantaxe era mínima para os locais, pero á volta dos vestiarios as forzas desniveláronse claramente a prol do Base que foi ampliando o parcial favorable ata o definitivo 32 – 24.O conxunto local puxo un alto nivel na súa defensa, moitas das veces por encima do permitido polo reglamento e non sempre sancionado polos colexiados, unha defensa que se lle atragantou ao Calvo. Non foron quen os carballeses de marcar o ritmo de xogo necesario para o partido nin foron capaces de tirar nada positivo das situacións de superioridade numérica que tivo, froito dunha defensa moi pouco activa e que estivo no contrapunto do Oviedo sendo en exceso blanda.Pola contra o ataque ovetense non tivo, sobre todo durante o segundo tempo, problemas para acadar unha e outra vez situacións de lanzamento cómodas de máis, incluso estando catro xogadores contra seis. Os despistes do Xiria no apartado defensivo en desigualdade numérica foron innumerables e acabounos pagando cunha derrota ante un conxunto que xogou como máis lle conviña. |
|
19/02/2010 PREVIA DA XORNADA1ª ESTATALO Calvo Xiria enfróntase ao Bm Base Oviedo, sábado ás 18.15 h no Pavillón de Vallobín, Oviedo, en partido pertencente á 20ª xornada de liga na 1ª División Estatal. O encontro será dirixido polos colexiados vallisoletanos José María Reyes Incinillas e Carlos Ángel Reinoso Castro.Regresa o Calvo Xiria a unha pista que lle trae gratos recordos pois foi alí onde, hai case dous anos, o equipo carballés conseguía o ascenso á 1ª Estatal fronte, precisamente, ao Bm Base Oviedo, ante preto dun centenar de seareiros carballeses que se desprazaron ata a capital asturiana.O equipo asturiano, ascendido esta campaña, mudou moito con respecto a aquel conxunto do ano 2008. Está dirixido por José Antonio García e conta con xogadores importantes como os porteiros Dani e Nacho, os primeiras liñas Iván García e Veleda, os pivotes Álex e Toño ou extremo Huerta. O Base Oviedo ocupa a 4ª posición na táboa con 22 puntos.Para o Calvo Xiria volta a ser un importante partido para manter ou, incluso aumentar, a distancia coa zona de descenso. Co Grupo Covadonga xa descendido matematicamente xa só queda por dilucidar que será o outro equipo que perda a categoría. Nestes momento esa praza está ocupada polo Bueu que se atopa seis puntos por debaixo dun grupo de catro equipos que están con 16 puntos, entres os que está o Calvo Xiria.Marcos Rodríguez disporá de todos os seus efectivos, agás Borja e Álex, xa que poderá contar co concurso do lateral Christophe, que non puido disputar o encontro fronte ao Cafés Toscaf por motivos persoais.No encontro da 1ª volta os carballeses fixéranse coa vitoria por 30-23.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, na 17ª xornada na División de Honra Xuvenil, ao Cisne de Pontevedra. O partido dispútase o domingo ás 12.00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Os carballeses, logo da vitoria en Cangas, están xa a 8 puntos da zona de descenso mentres que o Cisne é 2ª e está a loitar polo título.DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Vipecon Xiria aprazaou o encontro que o debía enfrontar ao equipo pontevedrés do Cisne ao non poder contar con David García, que se atopa concentrado coa selección española promesas.2º DIVISIÓN CADETEO Procasa Xiria comeza a segunda fase da competición no grupo dos 8 mellores que lotarán polo título. O primeiro compromiso dos carballeses será o sábado, ás 12.30 h, no Pavillón Canide de Mera, fronte ao Balonmán Ártabro.DIVISIÓN DE HONRA INFANTILO Garaysa Xiria enfróntase, na 18ª xornada na División de Honra Infantil, á SD Teucro Norbrok. O encontro dispútase o sábado ás 10.30 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Dificil partido o que terán os carballeses fronte a un dos equipos máis potentes da categoría e que está a loitar polas prazas de honra.CAMPIONATOS PROVINCIAIS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍNNova xornada nas competicións provinciais infantil, alevín e benxamín. Os tres encontros que disputan os equipos de Xiria debían xogarse na Coruña pero, debido a que non se pode garantir a súa celebración na cidade herculina por mor da folga que manteñen os empregados das instalacións deportivas, finalmente disputaranse en Carballo no Pavillón do CEIP Fogar, onde se estrenarán os novos graderíos móbiles adquiridos polas Escolas de Balonmán Xiria.Os encontros para esta xornada son os seguintes:- Infantil: OAR - Calvo Xiria, sábado ás 12.00 h, Pavillón do CEIP Fogar- Alevín: OAR - Lista Granit, sábado ás 11.00 h, Pavillón do CEIP FogarDescansan: Punta del Este Xiria e Sermani Xiria- Benxamín: OAR - Africliber Xiria, sábado ás 11.00 h, Pavillón do CEIP FogarDescansan: Caixanova Xiria e Asesoría Sueiro Xiria |
|
XORNADA 19 |
13/02/2010 CALVO XIRIA 31 – CAFES TOSCAF 31 |
|
Calvo Xiria (14+17): Quique, Cuco (5), Chimpo (5), Alberto (7), Pablo (8), Iván (1) e Dubra (2) -equipo inicial- Iago, Jesús (1), Manuel (2), Ángel, Ramón e Zas. |
|
Cafés Toscaf (13+18): Carlos, Francisco (4), Alejandro (8), José (10), Javier (3), Iván (2), Pablo (1) – equipo inicial – García, Conlledo (1), Jorge, Isaac, Camilo (1) e David (1). |
|
Colexiados: Srs. Sánchez (colexio navarro) e Martínez (colexio rioxano). |
Parciais: 5-1, 7-3, 8-5, 11-7, 13-10, 14-13, 18-14, 21-19, 22-21, 25-22, 27-27, 31-31. |
|
Primeiro punto acadado polo Calvo Xiria na segunda volta da liga de 1ª estatal o que conseguiu fronte ao Cafés Toscaf no Pavillón da Zona Escolar de Carballo o pasado sábado. De novo amosou a súa irregularidade o equipo local que tivo a posibilidade de deixar prácticamente sentenciado o encontro durante os primeiros quince minutos de partido, ante un rival que parecía disposto a devolverlle o favor que fixeron os carballeses no desprazamento a Avilés na primeira volta, xa que non eran capaces de chegar a lanzar a portería debido ás numerosas perdas de balón. Pero o Calvo non foi quen de tirar proveito desta situación, conseguiu unha renda nos primeiros cinco minutos de catro goles pero que non medrou. De novo as perdas de balón en situacións claras de xogo lastraron o desenvolvemento do partido. O rival sen facer demasiados alardes no seu xogo -un equipo que normalmente é moito máis creativo e agresivo que o que amosou este sábado- foi recurtando diferenzas no marcador ata chegar con un parcial de 14 – 13 ao descanso. A segunda metade foi máis do mesmo. Mentres os locais mantiveron o colectivo coma eixo do seu xogo conseguiron mandar no marcador pero cando caeron -como xa ven tamén sendo negativamente habitual- nas individualidades cometeron moitos erros que aproveitou o Cafés Toscaf para meterse no marcador e estar a punto de levarse os dous puntos. Ainda así tivo o Calvo unha derradeira ocasión para conseguir a súa primeira vitoria desta segunda volta pero non foi quen de tirar nada positivo dun balón con doce segundos por diante para xogarse. |
16/02/2010 |
|
16/02/2010 CONCENTRACIÓN SELECCIÓN ESPAÑOLA PROMESASDavid García Pichel, xogador do Vipecón Xiria cadete, atópase dende o luns concentrado na localidade madrileña de Xetafe coa Selección Española Promesas. A concentración durará ata o vindeiro domingo día 21 e constará de dúas sesións de adestramentos diarias. Salientar que dos 16 convocados 4 son galegos.
|
|
14/02/2010 2º DIVISIÓN CADETEO Procasa Xiria clasificouse, ao finalizar na 4ª posición do seu grupo, para a fase polo título na 2ª División Cadete. Os 8 mellores equipos, 4 de cada grupo, xogarán unha liga a dobre volta que determinará quen é o campión da categoría e que equipos ascenden á División de Honra. Os equipos que xogarán polo título son Rasoeiro Bm, Tirso de Molina, José Enseñat Cangas, Procasa Xiria, Bm Chapela, Bm Porriño, SD Teucro e Bm Ártabro. O Procasa debutará nesta fase fronte ao Bm Ártabro a domicilio a vindeira fin de semana. |
|
12/02/2010 PREVIA DA XORNADA1ª ESTATALO Calvo Xiria enfróntase ao Cafés Toscaf de Avilés, sábado ás 19.00 h no Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo, en partido pertencente á 19ª xornada de liga na 1ª División Estatal. O encontro será dirixido polos árbitros Miguel Ángel Sánchez Díez de Ulzurrun, do colexio navarro, e Emilio Martínez Sanz, do colexio rioxano.Regresa o Calvo Xiria á pista carballesa da Zona Escolar logo de disputar tres encontros consecutivos a domicilio. Un preiplo que non foi nada bo para os de Carballo, que non conseguiron puntuar en ningún dos tres e ademais fronte a rivais directos na loita por salvar a categoría. O Xiria tamén perdeu a golaveraxe particular con SAR, quen xa gañara en Carballo na primeira volta, e Gijón. O único positivo foi salvar ester factor fronte ao Bm Puerto Cruz.O equipo de Avilés, un clásico da categoría, conta con 2 puntos máis que o Calvo Xiria e situase na sétima posición da táboa. No plantel que dirixe Juan Muñiz destacan xogadores como o porteiro De las Heras, os primeiras liñas Fidalgo, Silverio e Camilo, o central Rivas, o pivote Fisas ou o extremo Hernández, este último foi o mellor do equipo, xunto co porteiro De las Heras, no partido da 1ª volta no que os asturianos venceran por 31-26.O Calvo Xiria precisa unha vitoria para reverter unha mala racha que dura xa case dous meses, o último partido no que os carballeses obtiveron a vitoria foi a mediados de decembro, cando se impuxeron ao Bueu no derradeiro partido da 1ª volta polo que levan sen puntuar 5 xornadas.Marcos Rodríguez agarda recuperar para este choque ao zurdo Iván Amarelle, que non puido disputar os dous últimos partidos por mor dunha escordadura nun nocello. O resto do plantel estará a disposición do adestrador carballés, agás os mancados Álex e Borja que continuan coa rehabilitación das súas respectivas lesións de xeonllo.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, na 16ª xornada na División de Honra Xuvenil, ao Promalar Cangas. O partido dispútase o domingo ás 12.00 h no pavillón cangués do Gatañal. Importante partido na loita por salvar a categoría xa que entre o Xiria, que é sétimo con 10 puntos, e a zona de descenso tan só hai catro puntos e os do Morrazo atópanse con 6 puntos, aínda que non ocupan praza de descenso.DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Vipecon Xiria enfróntase, na 16ª xornada na División de Honra Cadete, sábado ás 20.30 h no Pavillón Mpal. de Bueu, ao Bueu Atlético. O Vipecón visita a pista do penúltimo clasificado coa obriga de conseguir dous puntos que manteñan aos de Carballo na segunda posición e eviten que o OAR se escape definitivamente.2º DIVISIÓN CADETEO Procasa Xiria conseguiu meterse na 2ª fase da competición na que estarán os oito equipos máis fortes. Os de Carballo caían fronte ao líder Rasoeiro na derradeira xornada e dese xeito dependían do resultado da SAR que tampouco foi quen de gañar, polo que o Procasa conseguía esa clasificación. Esta fin de semana non haberá competición. O primeiro partido do Procasa nesta segunda fase será fronte ao Balonmán Ártabro a domicilio o día 20.DIVISIÓN DE HONRA INFANTILO Garaysa Xiria disputa unha dobre xornada nos vindeiros días. Primeiro viaxará a Moaña para medirse, sábado ás 12.30 h no Pavillón do Rosal, ao Bm Moaña A, equipo que se atopa sexto con tres puntos máis que os de Carballo que son oitavos.O luns xogarase o partido aprazado da anterios xornada que enfrontará, ás 17.30 h na pista carballesa da Zona Escolar, ao Garaysa Xiria co Bm Lalín, un dos galos da competición.CAMPIONATOS PROVINCIAIS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍNNova xornada nas competicións provinciais infantil, alevín e benxamín.Os encontros para esta xornada son os seguintes:- Infantil: O Calvo Xiria descansa.- Alevín: Lista Granit Xiria – Punta del Este Xiria, sábado ás 11.30 h, Pavillón do CEIP FogarSermani Xiria – CEIP Fogar, sábado ás 11.30 h, Pavillón do CEIP Fogar- Benxamín: Caixanova Xiria – Santa Comba, sábado ás 10.30 h, Pavillón do CEIP FogarAsesoría Sueiro Xiria – CEIP Fogar, sábado ás 10.30 h, Pavillón do CEIP FogarDescansa o Africliber Xiria. |
08/02/2010 |
|
XORNADA 18 |
06/02/2010 BM PUERTO CRUZ 39 - CALVO XIRIA 35 |
|
Bm. Puerto Cruz (18+21): Angel, Juan (6), Alby (13), Morawe (4), Tarek (5), Rubén (3), Nicolás (3) -equipo inicial – Leandro (2), López (1), Jiménez, Antonio, Marco, Rafael e Javier (2). |
|
Calvo Xiria (13+22): Quique, Cuco (5), Chimpo (3), Alberto (7), Pablo (9), Christophe e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Jesús, Manuel (6), Ángel, Zas, Iván e Ramón (2). |
|
Colexiados: Srs. Coello e Villar (colexio canario) |
Parciais: 5-1, 6-3, 9-6, 10-9, 14-12, 18-13, 21-17, 23-18, 25-23, 28-29, 32-31, 39-35 |
|
Non puido traer nada positivo do desprazamento a Canarias o Calvo Xiria e segue sen conseguir puntuar no que vai de segunda volta. Xa no descanso mandaba o conxunto do Puerto Cruz por 18 goles a 13, que se convertiu nun marcador definitivo de 39 a 35 logo dunha segunda metade xogada a un altísimo ritmo por parte dos dous conxuntos. Comezou o partido con unha importante diferenza para os locais que no minuto sete xa ganaban por seis goles de renda, baseándose, sobre todo, nas perdas de balón no contraataque carballés e na gran actuación do porteiro local. Pouco a pouco limou a desventaxa o Xiria que chegou a empatar a dez goles, pero dúas exclusións nos derradeiros cinco minutos aproveitounas á perfección o Puerto Curz para chegar ao tempo de lecer cunha renda de cinco goles. De novo a falta de continuidade no xogo do Calvo durante os primeiros trinta minutos foi un lastre contra o que tivo que loitar durante toda a segunda metade. Pola contra Alby e Morawe non tiñan ningún problema para ir acadando goles que subían no marcador a prol dos porteños. A segunda metade disputouse a un ritmo altísimo e o equipo que estivo máis atinado nos minutos finais levouse os puntos. Logo de ir recurtando as diferenzas e chegar a porse por diante, 28-29 no minuto cincuenta, a ansiedade e falta de concentración impediron que os carballeses completaran a remontada e se levasen algo positivo. O Calvo Xiria necesita disputar un partido coa mesma intensidade do segundo tempo en Redondela ou en Canarias durante os sesenta minutos para voltar a atoparse coas sensacións positivas que tiña durante a primeira volta da liga, e de seguro que deste xeito voltarán os bos resultados. |
|
06/02/2010 PREVIA DA XORNADA1ª ESTATALO Calvo Xiria enfróntase ao Bm Puerto Cruz, sábado ás 18.30 hora insular, no Pavillón Miguel A. Díaz Molina da localidade tinerfeña de Puerto de la Cruz, en partido pertencente á 18ª xornada de liga na 1ª División Estatal. O encontro será dirixido polos árbitros do colexio canario Juan José Coello Fernández Trujillo e Félix Villar García.Último dos tres partidos que de xeito consecutivo disputa o Calvo Xiria lonxe do seu feudo. Visita terras canarias o equipo carballés, algo que non se lle deu historicamente demasiado ben, aínda que a pasada campaña os de Marcos Rodríguez conseguiron sacar 1 punto neste mesmo escenario, que lles deu a salvación matemática na penúltima xornada de liga.Un complicado rival para os de Carballo, posto que o equipo porteño soe facerse forte no seu feudo, onde conseguiu 12 dos 14 puntos cos que conta. O partido é moi importante para os dous equipos posto que tras os últimos resultados estase apretando a clasificación da metade para abaixo, existindo tan só 3 puntos de diferenza entre as posicións 6ª e 12ª. Carballeses e canarios atópanse, respectivamente, a 4 e 5 puntos do Bueu, que marca a zona de descenso.O Bm Puerto Cruz conta con un experimentado plantel, que dirixe, Toño Gorrín, e no que destacan, entre outros, o porteiro Blas, os primeiras liñas Morawe, Leandro, Juanmi e Edgar, o pivote Nico e o extremo Alby, un dos máximos realizadores da liga a pasada campaña.No Calvo Xiria, Marcos Rodríguez non coñecerá ata o último momento se poderá dispor de Iván Amarelle e Cuco, que non puideron disputar o último partido, o primeiro por unha escordadura nun nocello e o segundo con problemas nas costas. Remátase así o periplo carballés lonxe da Zona Escolar que levou ao Xiria a disputar 3 encontros consecutivos a domicilio en tan só 10 días e con tan só 12 xogadores dispoñibles, polo que o cansancio podería facer mella no equipo de Carballo.No encontro da primeira volta o Calvo Xiria impúxose por 33-25.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, na 15ª xornada na División de Honra Xuvenil, ao equipo vigués do DCR Seis do Nadal Coia. O partido dispútase o sábado ás 11.30 h no Pavillón de Coia. Dificil tarefa traer algo positivo de Coia para os do Ifecgás fronte a un dos equipos máis potentes da liga.DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Vipecon Xiria enfróntase, na 15ª xornada na División de Honra Cadete, ao Seis do Nadal Coia. O partido dispútase o sábado ás 10.00 h no Pavillón de Coia, Vigo. O Vipecón visita a pista de un dos equipos da zona media coa necesidade de conseguir os dous puntos para seguir mantendo a 2ª posición en solitario.2º DIVISIÓN CADETE14ª e derradeira xornada na 1ª fase da 2ª División Cadete. O o Procasa Xiria recibe ao Bm Rasoeiro, domingo ás 10.45 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. O Procasa xógase a súa clasificación para a segunda fase dos 8 mellores neste dificil encontro, posto que o Rasoeiro é o líder destacado e gañou todos os partidos que disputou. O equipo carballés debe conseguir a vitoria para non depender de outros resultados.DIVISIÓN DE HONRA INFANTILGaraysa Xiria e Bm Lalín acordaron aprazar o encontro que debían disputar esta fin de semana pertencente á 16ª xornada de liga na División de Honra Infantil. Este encontro disputarase o luns 15 de febreiro.CAMPIONATOS PROVINCIAIS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍNNova xornada nas competicións provinciais infantil, alevín e benxamín.Os encontros para este sábado son os seguintes:- Infantil: O Calvo Xiria descansa esta xornada.- Alevín: Lista Granit Xiria – CEIP Fogar, sábado ás 11.30 h, Pavillón do CEIP FogarSermani Xiria – Camariñas, sábado ás 11.00 h, Pavillón Mpal. de Santa CombaPunta del Este Xiria – Bm Ártabro, sábado ás 12.00 h, Pavillón Mpal. de Santa Comba- Benxamín: Africliber Xiria – CEIP Fogar, sábado ás 12.00 h, Pavillón do CEIP FogarAsesoría Sueiro Xiria – Camariñas, sábado ás 12.00 h, Pavillón Mpal. de Santa CombaPunta del Este Xiria – Bm Ártabro, sábado ás 12.00 h, Pavillón Mpal. de Santa CombaAo Caixanova Xiria tócalle descansar |
03/02/2010RECEPCIÓN OFICIAL DO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE D. JOSÉ RAMÓN LETEHoxe mércores, 3 de febreiro, Ás 18:30 horas o Secretario Xeral para o Deporte D. José Ramón Lete Lasa recibirá oficialmente aos colexiados galegos, xogadores/as e corpo técnico das Seleccións Galegas Cadetes e Infantís Masculino e Feminino que participaron no Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrado en Almería no pasado mes de xaneiro, así como aos representante dos clubs.
|
03/02/2010 |
01/02/2010CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA PROMESASDavid García Pichel, xogador cadete do Vipecón Xiria, foi convocado para participar nunha concentración coa selección nacional promesas.Os rapaces que prepara Juan Antonio García Herrero concentraranse do 15 ao 21 de febreiro na localidade madrileña de Xetafe, onde realizarán varias sesións de adestramento en xornada de mañá e tarde.O xogador carballés xa participou na anterior convocatoria, no pasado mes de outubro, na que o combinado español xogou dous encontros amigables fronte a Portugal así como na concentración nacional cadete que tivo lugar en Soria no mes de xullo.
|
|
XORNADA 17 |
30/01/2010 PEGUFORM S.A.R. 34 - CALVO XIRIA 33 |
|
Peguform S.A.R. 34 (18+16): Yuri (p, 11 paradas), Eduardo (12/ 7 de 7m), Antón, Escudero (4), Luis Ron (8), Gustavo (3), Eloy (3) -equipo inicial- Daniel (p), Polaco, Brais, Agustín (2), José (1), Manuel (1) e Hugo. |
|
Calvo Xiria 33 (10+23): Kike (p, 7 paradas), Ramón (2), Chimpo (5), Pablo (8), Christophe (1), Alberto (6/ 1 de 7m), Jesús –equipo inicial- Iago (p, 6 paradas), Ángel (1), Manu, Dubra (6 ) e Álex Zas (4 ). |
|
Colexiados: Mohammed El Honrani e Sergio Escobedo Fernández (Colexio andaluz). Excluíron a Agustín (min. 6), Gustavo (min. 58), José (min.9 e 56), Eloy (min. 29), Ron (min 45) e Antón (min. 34) polos locais e a Ramón (min.13 e 57), Alberto (min. 21) e Ángel (min. 42 e 51) polos visitantes. |
Parciais: 3-1, 6-4, 8-5, 11-6, 15-8, 18-10, (Descanso) 20-13, 24-17, 26-21, 27-25, 30-29, 34-33 (Final).Primeiro tempo: 1-0 (Eloy), 2-0 (Ron), 3-0 (Escudero), 3-1 (Chimpo), 4-1 (Escudero), 5-1 (Ron), 5-2 (Chimpo), 5-3 (Christophe), 6-3 (Eduardo/ de 7m), 6-4 (Pablo), 7-4 (Eduardo), 7-5 (Alberto), 8-5 (Escudero), 9-5 (Gustavo), 9-6 (Ángel), 10-6 (Gustavo), 11-6 (Eduardo/ de 7m), 12-6 (Eloy), 13-6 (Ron), 14-6 (Gustavo), 14-7 (Álex), 14-8 (Ramón), 15-8 (Manuel), 15-9 (Álex), 16-9 (Ron), 17-9 (Ron), 18-9 (Eduardo), 18-10 (Alberto/ de 7 m).Segundo tempo: 18-11 (Chimpo), 19-11 (Eduardo), 19-12 (Ramón), 20-12 (Eduardo/ de 7m), 20-13 (Pablo), 20-14 (Pablo), 21-14 (Eloy), 21-15 (Alberto), 22-15 (Ron), 22-16 (Alberto), 23-16 (Eduardo), 23-17 (Dubra), 24-17 (Eduardo/ de 7m), 25-17 (Ron), 25-18 (Pablo), 25-19 (Dubra), 25-20 (Alberto), 26-20 (Eduardo/ de 7m), 26-21 (Pablo), 27-21 (Eduardo), 27-22 (Dubra), 27-23 (Dubra), 27-24 (Alberto), 27-25 (Dubra), 27-26 (Dubra), 28-26 (Ron), 29-26 (Eduardo/ de 7 m), 29-27 (Álex), 29-28 (Chimpo), 29-29 (Álex), 30-29 (Eduardo/ de 7m), 31-29 (José), 31-30 (Pablo), 32-30 (Escudero), 32-31 (Pablo), 33-31 (Agustín), 33-32 (Pablo), 34-32 (Pablo), 34-33 (Chimpo). |
7 Metros: Peguform S.A.R. 8 / 7 /// Calvo Xiria: 1 / 1 |
|
Partido pertencente á 17ª xornada de Liga en Primeira División Estatal celebrado no Pavillón Municipal de Redondela, popularmente coñecido como “a Bombonera”, no que o Calvo Xiria tras realizar unha segunda parte encomiable a piques estivo de rachar coa súa mala xeira de resultados. Despois de ir perdendo por 18-10 no descanso, conseguiu chegar a nivelar o marcador, aínda que finalmente non puido materializar a milagre e caeu derrotado ante o equipo local da Peguform S.A.R. por un único gol de diferenza.
Mal comezaron as cousas para o Calvo Xiria que non puido contar con Cuco e Iván, lesionados no adestramento do venres. O primeiro cunha escordadura nun nocello e o outro con molestias no lombo, non conseguiron recuperarse a tempo e tiveron que conformarse con ver o partido desde a grada. Os locais comezaron gañando de tres e dispuxeron dun par de balóns máis antes de que Chimpo conseguise o primeiro tanto carballés que chegou no minuto catro e medio (3-1). O Xiria foi aguantando esta diferenza ata o minuto once (7-5) pero semellaba aletargado e sen visos de mellora no seu xogo. Así, co ecuador desta primeira metade superado, os locais xa tiñan incrementado a súa vantaxe nun gol máis (9-6). A inédita defensa 6/0 que Marcos tivo que improvisar colocando a Ramón e Christophe no centro facía o que podía, pero en ataque continuaban os erros dos partidos anteriores e perdíanse moitos balóns destacando especialmente as malas seleccións no lanzamento. Así as cousas, a S.A.R. consegue asinar un parcial de 5-0 e no minuto vinte e tres manda xa por un contundente 14-6. A pesar da frescura que supuxo a incorporación do xuvenil Álex Zas nas entradas polo extremo, pouco antes do descanso os de Redondela selan unha nova tacada de tres tantos e alcanzan a máxima diferenza do encontro (18-9). Un lanzamento de sete metros transformado por Alberto deixou o marcador en 18-10 co que os xogadores se retiran a vestiarios, aínda que a S.A.R. dispuxo sobre a bucina dunha clarísima ocasión que desbaratou o gardameta Kike.
A situación despois do intermedio deu un xiro de cento oitenta graos. O Calvo Xiria, moi ben dirixido por Pablo, saíu sumamente motivado e xa era quen de xogar de igual a igual. Os de Redondela conseguiron aguantar o ritmo e a vantaxe ata o minuto 11 cando Luis Ron establecía o 25-17 no electrónico. A partir de aquí a falta de osíxeno comezou a facer mella no equipo de Carlos Rey e cunha defensa moi presionante por todo o campo o Calvo Xiria comezou a acurtar distancias. Un gol de Pablo pouco antes de cumprirse o minuto 45 deixa o marcador en 26-21. Con gran esforzo a SAR consegue, por mediación de Eduardo, aumentar a vantaxe a seis (27-21); pero en cinco minutos máxicos, con catro tantos de Dubra e un de Alberto, o Xiria consegue un parcial de 0-5 e colócase a un gol (27-26). Os carballeses movían o balón con gran rapidez sen dar tempo a que todos os xogadores da SAR chegasen para defender e no minuto cincuenta e catro Álex Zas nivela o taboleiro de marcas (29-29). Eduardo marca desde os sete metros e Yuri consegue deter o lanzamento do Xiria. No seguinte ataque Ron lanza á base do poste e o balón sae de banda. Nunha polémica decisión os árbitros conceden a posesión aos da SAR que aproveitan para irse de dous. En tres ocasións Pablo contrarrestou o goles locais e colocaba ao Xiria a un. Así faltando 45 segundos gañaban os da casa 33-32. Nos instantes finais marca a SAR e case sobre a bucina Chimpo establece o definitivo 34-33. |
30/01/2010PREVIA DA XORNADA1ª ESTATALO Calvo Xiria enfróntase ao Peguform SAR, sábado ás 18.30 h no Pavillón Municipal de Redondela “Bombonera”, en partido pertencente á 17ª xornada de liga na 1ª División Estatal. O encontro será dirixido polos árbitros do colexio andaluz Mohammed El Homrani e Sergio Escobedo Fernández.Segundo dos tres partidos que de xeito consecutivo debe disputar o Calvo Xiria lonxe do seu feudo, e nunha cancha na que, a pesar de obter a vitoria a pasada campaña, non se lle deu moi ben aos carballeses nas últimas tempadas.Os dous equipos chegan a este encontro coa necesidade de facerse cos dous puntos xa que dende o 8º posto, que ocupan os carballeses con 15 puntos, ata o 13º, no que está o Bueu en praza de descenso, tan só hai 5 puntos de distancia. Os de Redondela ocupan a 12ª posición con 12, e no medio están Gijón, Puerto Cruz e Porriño con 14.Á SAR, que xa obtivo a vitoria no encontro da 1ª volta en Carballo por 24-30, conta con un plantel moi compensado, con experiencia e calidade. No grupo que dirixe dende o banco Carlos Rey podemos nomear a importantes e coñecidos xogadores como o porteiro Yuri, David Escudero, Luís Ron, Dito, Tito, Damián, Polaco, Oliver, Manu ou AntónNo Calvo Xiria, Marcos Rodríguez poderá contar coa totalidade da súa plantilla, agás Borja e Álex. O adestrador carballés recupera para este encontro a Álex Zas e Christophe que non puideron estar no partido do mércores en Xixón, onde o capitán Dubra xa dispuxo dos seus primeiros minutos tras recuperarse da súa lesión muscular. Será fundamental para os carballeses recuperarse fisicamente do esforzo do mércores e animicamente da derrota, ademais da adaptación polo cambio da rútina de adestramentos semanais por mor dese partido en Xixón.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, na 14ª xornada na División de Honra Xuvenil, ao Bm Pabellón Ourense. O partido dispútase o domingo ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños de Carballo. Decisivo partido para os carballeses, posto que no caso de obter a vitoria asentaríanse na zona tranquila da táboa deixando aos ourensáns a 8 puntos na zona de descenso.DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Vipecon Xiria enfróntase, na 14ª xornada na División de Honra Cadete, ao Bm Pabellón Ourense. O partido dispútase o domingo ás 12.15 h no Pavillón Bergantiños de Carballo. Os carballeses deberían facerse cos dous puntos fronte ao pechacancelas e continuar así na 2ª posición, praza que da acceso a xogar o Campionato de España.2º DIVISIÓN CADETE13ª xornada para o equipo cadete B. Penúltima xornada da 1ª fase para o Procasa Xiria que se despraza ata Ferrol para enfrontarse, sábado ás 11.45 h no Pavillón do Tirso, ao Tirso de Molina. Penúltima xornada da 1ª fase da liga. Dificil partido para os rapaces de Pablo Filgueira fronte ao 2º clasificado. Os carballeses poderían certificar a falta da última xornada a súa clasificación para a loita polo título da categoría.DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL15ª xornada de liga na División de Honra Infantil, na que o Garaysa Xiria se despraza ata A Coruña para medirse, nun dos derbis provinciais ao Caixanova OAR. O partido dispútase o domingo ás 10.15 h no Pavillón de San Francisco Xabier. Complicado partido para os rapaces de Alberto Salgado, ante un OAR que está na 5ª posición.CAMPIONATOS PROVINCIAIS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍNNova xornada nas competicións provinciais infantil, alevín e benxamín.Os encontros para esta xornada son os seguintes:- Infantil: Camariñas – Calvo Xiria, 12.00 h- Alevín: Camariñas – Lista Granit Xiria, 11.00 h- Benxamín: Camariñas – Africliber Xiria, 11.00 hTodos os encontros dispútanse o sábado no Pavillón Municipal de Camariñas.Ao Punta del Este Xiria e Sermani Xiria, alevíns, tócalles xornada de descanso, ao igual que aos benxamíns do Caixanova Xiria e Asesoría Sueiro Xiria . |
|
XORNADA 15 |
27/01/2010 MEDICENTRO GIJÓN 26 - CALVO XIRIA 18 |
|
Medicentro Gijón (11+15): Emilio, Sergio (5), Fernando (8), Abel (2), Ángel (3), Miguel (3), Francisco (2) -equipo inicial- Juan, David (1), Luis, Jesús (1), Juan (1), Manuel e Raul. |
|
Calvo Xiria (8+10): Quique, Cuco (3), Chimpo (1), Alberto (4), Pablo (3), Iván (1) e Jesús (1) -equipo inicial- Iago, Dubra(1), Manu (1), Ángel (2) e Ramón (1). |
|
Colexiados: Juan Carlos González Mazorra e David Andrés Mier |
Parciais: 1-1, 3-2, 6-3, 8-4, 8-7, 11-8, 14-9, 16-13, 20-13, 22-14, 25-15, 26-18. |
Partido aprazado corresponde á xornada 15 da liga de 1ª Nacional masculino e que se disputou en Xixón o mércores por mor da convocatoria de Ángel Paraja coa selección nacional xúnior. A RFEBM concedeu o aprazamento e isto provocou que se xogase durante a semana impedindo que se desprazase a totalidade da plantilla do Calvo Xiria que só puido presentar doce xogadores.O encontro comezou cos dous equipos moi espesos no ataque e impoñendo o ritmo as defensas e os gardametas, pero, pouco a pouco, o cadro local foi adquirindo vantaxes no marcador aproveitando as numerosas exclusións do cadro visitante, nove en total, chegando a estar tres xogadores e porteiro na pista, o que foi aproveitado á perfección polo Medicentro para romper o partido neses intres. O Calvo non foi quen en ningún momento de encontrar o ritmo de ataque necesario para acadar situacións para finalizar de maneira sinxela e nas veces que o conseguiu Emilio foi un valladar para o seu equipoA situación non variou nada despois do descanso, con boas defensas por parte dos dous equipos, pero os locais seguiron aproveitanto as superioridades para marcharese de forma definitiva no marcador, mentres que o Xiria caeu unha e outra vez en numerosas perdas infantís de balón e en accións individuais que non lle valeron máis que para dar ventaxes innumerables ao conxunto xixonés que non desaproveitou os innumerables agasallos dos carballeses para acadar dous puntos que deberían de ter sido moito máis disputados se o Calvo Xiria xogase dun xeito máis colectivo.O sábado desprazase de novo o conxunto carballés, desta volta a Redondela. Se o Xiria pretende tirar algo positivo deste encontro moito ten que cambiar o xogo carballés, sobre todo no eido ofensivo, retomando a colectividade como punto de partida para a inflexión que precisa o equipo. |
27/01/2010PARTIDO MEDICENTRO GIJÓN - CALVO XIRIAPódese ir seguindo o resultado do partido dende o twiter do Medicentro Gijón:http://twitter.com/medicentrogijon |
27/01/2010PREVIA DO MEDICENTRO GIJÓN - CALVO XIRIA1ª ESTATALO Calvo Xiria enfróntase ao Medicentro Gijón, mércores ás 20.45 h no C. Dep. Moreda-Natahoyo de Xixón, en partido pertencente á 15ª xornada de liga na 1ª División Estatal. Este partido debería terse xogado o pasado 16 de xaneiro pero foi aprazado polo Comité de Competición da RFEBM, a pedimento do club asturiano, por mor da convocatoria nesas datas de un dos seus xogadores coa selección española xúnior. O encontro será dirixido polos árbitros do colexio cántabro Juan Carlos González Mazorra e David Andrés Mier.O Medicentro Gijón, club que se creou esta campaña, nutriuse dun conxunto de xogadores que, en moitos dos casos militaron noutros conxuntos asturianos da División de Plata e da 1ª Estatal. Destacan no seu plantel xogadores como os porteiros Emilio e Gamallo, os primeiras liñas Chechu, Abel, Vallejo, Gulín ou o veterano De la Puente, fichado recentemente, os extremos Río, o veterano Ferni e Sergio ou o pivote Ángel Paraja, internacional coa selección española xúnior. O cadro asturiano está dirixido dende o banco por Alberto Suárez, técnico da selección española xuvenil.O equipo xixonés, ao que lle está costando collerlle o pulso á categoría, atópase situado na 11ª posición con 12 puntos, a 3 puntos dos de Carballo que son oitavos, polo que este partido se antolla moi importante para os dous conxuntos, no caso do Calvo Xiria para tentar continuar na zona media da clasificación e non verse implicado na loita polo descenso e no caso do Medicentro para distanciarse do Bueu, equipo que marca o descenso e que está a tan só dous puntos dos de Xixón.O Calvo Xiria comeza así o seu complicado periplo lonxe da Zona Escolar posto que debe disputar tres partidos consecutivos a domicilio. Despois deste encontro ante o Medicentro os de Carballo teñen que viaxar a Redondela o vindeiro sábado e á localidade tinerfeña de Puerto de la Cruz dentro de dez días.Para o encontro de Xixón, Marcos Rodríguez, voverá a incluir na convocatoria ao extremo Dubra, que xa estivo no banco no partido fronte ao Novás pero que non chegou a xogar. O capitán carballés podería dispoñer dos seus primeiros minutos logo de estar varios meses afastado das pistas por mor dunha lesión muscular. Na parte das ausencias, ás de longa duración de Borja e Álex, engádense para este partido as de Álex Zas e Christophe, ambos por motivos de estudos. |
26/01/2010 |
|
XORNADA 16 |
23/01/2010 CALVO XIRIA 22 - MECALIA ATL. NOVÁS 30 |
|
Calvo Xiria 22 (14+8): Kike (p, 4 paradas); Cuco, Chimpo (5), Pablo (1), Alberto (6/2 de 7m), Iván (3), Jesús –equipo inicial– Iago (p, 3 paradas), Ángel (1), Ramón (1), Manu (2) e Álex Zas (3). |
|
Mecalia Atl. Novás 30 (17+13): Esteban (p, 12 paradas); Víctor Armán (2/1 de 7m), Herbello (5/1 de 7m), Pousa (1), Coello (1), Dani Cerqueira (4), Ramón Martínez (9/4 de 7m) –equipo inicial- Santi Fernández (p), Gestido (1), Pope (1), Roberto Rodríguez (5), Germán e Lechuga (1). |
|
Colexiados: Martín Rodríguez e Daniel Portela (galegos). Excluíron a Ramón (min. 18) e Iván (min. 9 e 31) polos locais e a Cerqueira (min. 27), Armán (min. 18 e 41) e a Herbello (min. 52 e 56) polos visitantes. |
Parciais: 2-2, 4-4, 5-8, 9-10, 12-15, 14-17 (Descanso) 14-18, 15-19, 15-22, 15-26, 19-27, 22-30 (Final).Primeiro tempo: 1-0 (Chimpo), 1-1 (R. Martínez/de 7 m), 2-1 (Iván), 2-2 (Gestido), 2-3 (R. Martínez), 3-3 (Pablo), 4-3 (Alberto), 4-4 (Herbello), 4-5 (R. Martínez), 4-6 (Armán), 4-7 (Pousa), 4-8 (R. Martínez/ de 7m), 5-8 (Alberto), 5-9 (Coello), 6-9 (Iván), 7-9 (Alberto/de 7 m), 7-10 (R. Martínez), 8-10 (Chimpo), 9-10 (Chimpo), 9-11 (Cerqueira), 9-12 (Cerqueira), 10-12 (Iván), 10-13 (R. Martínez), 10-14 (R. Martínez/ de 7m), 11-14 (Chimpo), 11-15 (R. Martínez), 12-15 (Manu), 12-16 (Pombal), 13-16 (Alberto), 13-17 (Cerqueira), 14-17 (Chimpo).Segundo tempo: 14-18 (R. Martínez), 15-18 (Ramón), 15-19 (Herbello), 15-20 (R. Rodríguez),15-21 (Herbello), 15-22 (Lechuga), 15-23 (R. Rodríguez), 15-24 (R. Rodríguez), 15-25 (Cerqueira), 15-26 (Herbello/de 7m), 16-26 (Manu), 16-27 (Herbello), 17-27 (Ángel), 18-27 (Alex Zas), 19-27 (Alberto/ de 7m), 19-28 (R. Rodríguez), 20-28 (Álex Zas), 20-29 (Armán/de 7m), 21-29 (Álex Zas), 22-29 (Alberto), 22-30 (R. Rodríguez). |
7 Metros: Calvo Xiria: 2/2 ### Mecalia Atl. Novás: 7/6 |
|
Despois de pouco máis dun mes sen disputar compromisos oficiais, o Calvo Xiria non puido estrear o ano con bo pé e en encontro pertencente a 16ª xornada da Primeira División Estatal caeu por 22-30 no Pavillón da zona escolar ante o Mecalia Atl. Novás. Ambos equipos comezaron un chisco acelerados e desperdiciaron un par de ataques. Co minuto dous xa superado Chimpo conseguiu inaugurar o taboleiro de marcas pero os visitantes nivelaron axiña cun lanzamento de sete metros. Unha perfecta abertura cara o extremo permitiu a Iván anotar o 2-1, pero os do Rosal cerrábanse moi ben no centro, defendendo con gran intensidade e impedindo así aos atacantes do Xiria lanzar con comodidade. Deste xeito, o meta visitante conseguiu realizar dúas paradas consecutivas que permitiron ao seu equipo adiantarse por vez primeira (2-3). Con moito traballo os locais retoman o mando e chegan ao minuto sete cun 4-3 favorable que se puido aumentar nun gol máis grazas a un tremendo lanzamento de Chimpo que infelizmente saíu lixeiramente desviado. A exclusión de Iván fixo cambiar as cousas e o Xiria empeza a deixar ocos en defensa e non é quen de culminar as accións ofensivas. Os rosaleiros conseguen un parcial de 0-5 e chegan ao minuto trece con vantaxe de catro goies (4-8). Coa entrada de Manu o equipo consegue reaccionar e Iván e o incombustible Chimpo ven porta con máis facilidade, así o Xiria consegue aproximarse no electrónico e cando ían transcorridos dezanove minutos de partido chega a poñerse a un gol (9-10). O oficio dos visitantes, moi ben dirixidos por Pablo Herbello, permitiulles abrir unha nova brecha de catro goles e chegan ao minuto vintecatro cun 11-15 a seu favor. Nos últimos minutos desta primeira metade o Atl. Novás baixa un pouco o ritmo e dedícase a administrar a vantaxe, asi cando os xogadores se retiran a vestiarios o luminoso sinalaba un 14-17 favorable para os do Rosal. A segunda parte comeza cunha nova exclusión de Iván e gol desde os sete metros (14-18) de Ramón Martínez, ao cabo máximo realizador do evento. Os dous equipos marran un par de ataques ata que no minuto trinta e cinco e medio, o xogador local Ramón marca nunha contra (15-18) e consegue así o seu primeiro gol da temporada. A partir de aquí o Calvo Xiria vai botar un cuarto de hora sen ser quen de superar á defensa rosaleira na que destacou especialmente o inconmensurable labor de Dani Cerqueira e Jorge Pousa, perfectamente resgardados por Esteban Pedrosa na portería. Deste xeito a escuadra adestrada por Abel González consegue facer un parcial de 0/8 e chega ao minuto corenta e nove cunha vantaxe de once goles (15-26), máxima diferenza do partido. No derradeiro tramo o Calvo Xiria seguiu loitando contra corrente e aínda que conseguiu reducir algo as distancias, o resultado final de 22-30 non deixa de ser moi avultado. |
22/01/2010PREVIA DA XORNADA1ª ESTATALO Calvo Xiria enfróntase ao Mecalia Atl. Novás, sábado ás 17.00 h no Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo, en partido pertencente á 16ª xornada de liga na 1ª División Estatal. O encontro será dirixido polos árbitros do colexio galego Martín Rodríguez Mondelo e Daniel Portela Fernández.Regresa o Calvo Xiria á competición logo de un mes de descanso, tras o parón do nadal e o aprazamento do partido da pasada fin de semana fronte ao Medicentro Gijón, partido que finalmente se xogará o vindeiro mércores en Xixón ás 20.45 h. Os carballeses deberán afrontar unha complicada semana con 3 partidos en 7 días, Novás na casa e Xixón e SAR a domicilio.O equipo do Rosal chega a Carballo como 2º clasificado, a 1 punto do líder Chapela e con 3 de vantaxe sobre o Cisne que é 3ª. ocupando así unha das dúas prazas que da dereito á xogar a fase de ascenso. O cadro rosaleiro, que dirixe Abel González, conta con un dos mellores planteis da categoría, un equipo moi compensado con varios homes de contrastada calidade por posto. Destacan xogadores como o porteiro Esteban, os primeiras liñas Herbello, Gestido, o ex-Xiria David López e Coello, os extremos Ramón e Lechu ou os polivalentes Armán e Pombal “Pope”.No bando carballés, Marcos Rodríguez, poderá contar con todos os xogadores que veñen sendo habituais. Os lesionados evolucionan de maneira positiva, Álex continúa coa rehabilitación do seu xeonllo, Borja, tras operarse do xeonllo o pasado día 30, vai cumprindo cos prazos establecidos polos servizos médicos. A novidade podería ser a presenza do extremo Dubra, quen dependendo do adestramento do venres e de unha derradeira proba antes do partido podería entrar na convocatoria logo de varios meses alonxado das pista por mor dunha lesión muscular.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, na 13ª xornada na División de Honra Xuvenil, ao Atl. Novás Mecalia do Rosal. O partido dispútase o sábado ás 11.15 h no Pavillón Municipal do Rosal. O equipo carballés tomou algo de osixeno tras as últimas vitorias acadadas e atópase nunha cómoda sétima posición a 6 puntos da zona de descenso. O Novás é, precisamente, quen precede aos de Carballo na táboa con 4 puntos máis que os de Fernando Vázquez.DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Vipecon Xiria enfróntase, na 13ª xornada na División de Honra Cadete, ao Atl. Novás Mecalia. O partido dispútase o sábado ás 10.00 h no Pavillón Municipal do Rosal. Os carballeses continuan a realizar unha extraordinaria campaña, ocupando a segunda posición a 4 puntos dolíde OAR e con 2 puntos de vantaxe sobre o Ocatvio que é 3ª. O Novás, a pesar de estar na 8ª posición é un perigoso rival, sobre todo na súa cancha.2º DIVISIÓN CADETE12ª xornada para o equipo cadete B. O Procasa Xiria enfróntase, sábado ás 12.00 h no Pavillón Bergantiños de Carballo, ao AC Ribeiro de Ribadavia. Os de Carballo son cuartos e non deberían deixar escapar estes dous puntos se queren pelexar por meterse entre os catro primeiros, mentres que os do Ribeiro son os colistas con tan só unha vitoria.DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL14ª xornada de liga na División de Honra Infantil, na que o Garaysa Xiria recibe, sábado ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños de Carballo, a visita do Bm Ourense IES As Lagoas. Os carballeses, que melloraron no segundo treito da primeira volta, xa son oitavos e sobrepasaron ao Bm Ártabro, o seu rival por evitar a promoción na provincia coruñesa.CAMPIONATOS PROVINCIAIS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍNComezaron a pasada fin de semana os campionatos provinciais nas categorías Infantil, Alevín e Benxamín. O Xiria volve a ser, un ano máis, o club que presenta máis equipos e un maior número de deportistas. O club carballés participa con sete equipos, 1 equipo infantil, o Calvo Xiria, composto por rapaces alevíns dos anos 97 e 98, 3 equipos alevíns, Lista Granit Xiria, Punta del Este Xiria e Sermani Xiria, e 3 equipos benxamíns, Africliber Xiria, Caixanova Xiria e Asesoría Sueiro Xiria. Na categoría infantil participan un total de 6 equipos, na alevín 9 e na benxamín 7. Nestas dúas últimas categorías tamén compite un equipo do CEIP Fogar en cada unha delas.Na categoría Infantil ao Calvo Xiria tócalle descansar nesta xornada.Na categoría Alevín os enfrontamentos son Lista Granit Xiria – Sermani Xiria e Punta del Este Xiria – Pontedeume, encontros que se disputan o sábado no Pavillón do CEIP Fogar ás 11.00 h e 12.00 respectivamente.Na categoría Benxamín os partidos son Africliber Xiria – Asesoría Sueiro Xiria e Caixanova Xiria – Pontedeume, ambos no Pavillón do CEIP Fogar ás 10.00 h e 11.000 h respectivamente. |
21/01/2010PARTIDO MEDICENTRO GIJÓN - CALVO XIRIAO encontro Medicentro Gijón - Calvo Xiria, pertencente á 14ª xornada de liga na 1ª División Estatal de Balonmán, que debía disputarse a pasada fin de semana e que foi aprazado polo Comité de Competición por estar un xogador do cadro asturiano convocado coa selección española xúnior, disputarase, finalmente, o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, ás 20.45 h no C. Dep. Moreda-Matahoyo de Xixón. |
19/01/2010RECEPCIÓN NO CONCELLO AOS CAMPIÓNS DE ESPAÑAMañá, mércores, ás 18.00 h, na Casa do Concello de Carballo, David García Pichel e Miguel Suárez-Pumariega Ortiz serán recibidos polas autoridades locais nun acto de homenaxe polo recente título de campións de España que acadaron coa selección galega cadete de balonmán. |
19/01/2010 |
15/01/2010PREVIA DA XORNADA1ª ESTATALO partido que debía enfrontar a Medicentro Gijón e Calvo Xiria a vindeira fin de semana, pertencente á 15ª xornada de liga na 1ª División Estatal de Balonmán, foi aprazado polo Comité de Competición da RFEBM a pedimento do club xixonés, xa que o pivote asturiano Ángel Paraja foi convocado para disputar nesas datas un torneo en Alemaña coa selección española xúnior.Ambos clubs xa se puxeran de acordo para xogar o encontro o día 2 de marzo pero a Federación obriga a xogalo antes do comezo do mes de marzo polo que os clubs deben buscar outra data.DIVISIÓN DE HONRA XUVENILComeza a segunta volta da competición e o Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, na 12ª xornada na División de Honra Xuvenil, ao Rasoeiro Bm do Grove. O partido dispútase o sábado ás 19.00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Importante partido para os carballeses fronte a outro dos equipos que loitan por sair da zona perigosa. Os carballeses son sétimos con 8 puntos mentres que os mecos son décimos con 4 puntos e un encontro menos. No partido da primeira volta o Xiria conseguira a vitoria no Grove por un gol de renda.DIVISIÓN DE HONRA CADETEDobre xornada para o Vipecón Xiria na División de Honra Cadete.O Vipecon Xiria enfróntase, na 12ª xornada na División de Honra Cadete, primeira da segunda volta, ao Balonmán Tui. O partido dispútase o sábado ás 17.00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Partido que non debería presentar demasiada complicación para os carballeses posto que os tudenses son os colistas da clasificación e aínda non puntuaron. No encontro da primeira volta os de Carballo xa gañaran por 18 goles de diferenza.O segundo dos compromisos para o Vipecón Xiria será o domingo, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo ás 12.15, fronte ao Bueu At. En partido pertencente á 5ª xornada e que fora aprazado.2º DIVISIÓN CADETE11ª xornada para o equipo cadete B. O Procasa Xiria enfróntase, domingo ás 10.30 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, ao Seis do Nadal Coia de Vigo. Os de Carballo son cuartos e non deberían deixar escapar estes dous puntos se queren pelexar por meterse entre os catro primeiros. No encontro da primeira volta os carballeses impuxéronse por 19-28.DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL13ª xornada de liga na División de Honra Infantil, na que o Garaysa Xiria recibe, sábado ás 10.30 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, a visita do Bm Cisne. Os carballeses marchan na 9ª posición con 9 puntos, 3 máis que os pontevedreses que son undécimos. |
13/01/20101ª ESTATAL. APRAZAMENTO DO ENCONTRO MEDICENTRO GIJÓN – CALVO XIRIA.O partido que debía enfrontar a Medicentro Gijón e Calvo Xiria a vindeira fin de semana, pertencente á 15ª xornada de liga na 1ª División Estatal de Balonmán, foi aprazado polo Comité de Competición da RFEBM a pedimento do club xixonés, xa que o pivote asturiano Ángel Paraja foi convocado para disputar nesas datas un torneo en Alemaña coa selección española xúnior.Ambos clubs xa se puxeron de acordo, xa que do contrario sería o Comité quen fixaría a nova data, e o encontro disputarase o día 2 de marzo. |
11/01/2010CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN CATEGORÍA CADETE MASCULINA
|
09/01/2010CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN CATEGORÍA CADETE MASCULINA
|
04/01/2010CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN CATEGORÍA CADETE MASCULINA
|
|
03/01/2010 CONVOCATORIAS SELECCIÓNS GALEGASCADETE: Campionato de España de Seleccións Autonómicas, do 4 ao 10 de xaneiro, Almería.- David García Pichel (Vipecón Xiria)- Miguel Suárez-Pumariega Ortiz (Vipecón Xiria) |
|
02/01/2010 CONVOCATORIAS SELECCIÓNS GALEGASCADETE: Adestramento, 3 de xaneiro ás 17.00 h, Pav. de Carballal.- David García Pichel (Vipecón Xiria)- Miguel Suárez-Pumariega Ortiz (Vipecón Xiria) |
