DECEMBRO 2011

28/12/2011

 

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
Catro rapaces das Escolas de Balonmán Xiria convocados nas diferentes seleccións galegas.

Juan Carlos Rodríguez Ortiz, coa selección infantil, e Iván Campos Varela, coa cadete, viaxarán a Murcia, lugar onde se disputará, entre o 2 e o 7 de xaneiro, o torneo nesas dúas categorías, mentres que David García Pichel e Miguel Suárez-Pumariega Ortiz acudirán coa selección xuvenil a Granada onde se desenvolverá o torneo xuvenil entre o 3 e o 8 de xaneiro.

Salientar tamén a participación de outros dous carballeses nos campionatos de Murcia, a responsable deportiva do Balonmán Xallas, Jessica Posse, axudante do seleccionador infantil feminino, e o delegado provincial na Coruña da FGBM, Bruno López, que será o xefe da expedición galega.

 

28/12/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE

 
23/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA XUVENIL

David García e Miguel Suárez-Pumariega foron covocados para formara parte da Selección Galega Xuvenil que disputará na localidade portuguesa de Fafe o "Torneo Internacional Cidade de Fafe" entre os días 28 e 30 de decembro.

 

22/12/2011

 

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL
O xoves 22 e venres 23 o Ifecgás Pereira Xiria xogará os partidos que ten aprazados pertencentes ás xornadas 3 e 7. O xoves o equipo carballés enfróntase a domicilio, ás 20.15 h no Pav. Mpal. do Porriño, ao Balonmano Porriño, mentres que o venres recibe, ás 18.00 h no Vila de Noia, a visita do Hidromiño Atl. Novás. De conseguir alomenos tres dos catro puntos en xogo o equipo carballés garantiría irse ao parón do Nadal como líder en solitario e único equipo invicto da categoría, á espera de enfrontarse á S.D. Teucro, actual líder e un dos principais favoritos ao título, unha vez que se reanude a competición a mediados de xaneiro na xornada que pechará a primeira volta da liga.

 

22/12/2011

 

CADETE, INFANTIL E ALEVÍN. PARTIDOS AMIGABLES EN SANTA COMBA
O xoves 22, en xornada de tarde, haberá varios partidos amigables nas categorías cadete, infantil e alevín estre os equipos das Escolas de Balonmán Xiria, Balonmán Xallas e Selección de Ourense. Os partidos terán lugar nos pavillóns de Fontenla en santa Comba e de Traba en Castriz.

 

21/12/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE

 

21/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETE

Iván Campos foi seleccionado para formar parte da Selección Galega Cedete Masculino  que realizará unha concentración de preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais do día 28 ata ao 30 de decembro na Residencia da ”Cidade Infantil Principe Felipe” en Pontevedra.

21/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Juan Carlos Rodríguez seleccionado para formar parte da Selección Galega Infantil Masculino  que realizará unha concentración do 22 ao 24 de decembro na Residencia da ”Cidade Infantil Principe Felipe” en Pontevedra con vistas á preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais.

20/12/2011

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 13

 17/12/2011     CALVO XIRIA 38 – BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 25

Calvo Xiria 38 (19+19): Iago[p], Ramón (2), Alex García (2), David (3) Dubra (5), Jesús (1), Manuel (1) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Pablo (14, 3 de 7 metros), Sergio (4), Miguel (4), Ángel (1), Alex Zas (1).

Bm. Camariñas Conservas Boya 25 (11+14):  Víctor [p], Borja (8, 2 de 7 metros), Moncho (1), José Ramón (2), Fari (1), Catalán (7, 2 de 7 metros), Xavi -equipo inicial- Cristian [p], Perón (2), Pombo, Damián (1), Felipe (2), Cristian Antelo, Alan (1).

Colexiados: Fernando e Pedro Eiras Abalde do colexio galego. Excluíron aos locais Ramón (13´), Alex Zas (24´ e 34´), Alex García (27´), Jesús (34´), Manuel (40´), Ángel (49´) e tamén aos xogadores visitantes José Ramón (18´ e 23´), Fari (27´), Perón (31´, 44´ e no 44´ cartón vermello), Catalán (42´), Alan (51´)

Marcador: 3-2, 7-3, 8-3, 12-6, 15-9, 19-11(descanso); 21-14, 26-17, 28-20, 31-20, 34-23, 38-25 (final).

7 metros:  Calvo Xiria: 3 / 4     ###    Bm Camariñas Conservas Boya: 4 / 5

Rematou a primeira volta da liga de 1ª Estatal co derbi entre o Calvo Xiria e o Conservas Boya, que se disputou no Pavillón Vila de Noia de Carballo. Os dous puntos caeron do lado local, logo de conseguir un resultado favorable de 38 – 25, xa no descanso a balanza inclinábase a prol dos carballeses por un claro 19-11.

 

Os primeiros cinco minutos foron de contacto entre os dous equipos, neses intres non se sabía quen ía marcar o ritmo do partido. Pouco a pouco o Calvo asentouse na pista e chegaban os primeiros contraataques, pero sen mandar no partido do xeito que máis lle conviña. Tal foi así que no minuto 23 solicitou o técnico local tempo morto, xa que logo de ter unha diferenza de sete goles (13-6) o Camariñas recuperou tres goles nun intre para deixar o marcador sinalando un 13-9 que abría o partido totalmente. A reacción do Xiria foi instantánea e con moita seriedade e traballo en todas as liñas foise ao descanso cunha vantaxe de nove goles (parcial de 6 – 2 en menos de 7 minutos). O partido semellaba encarrilado para os intereses carballeses.

 

A segunda metade foi un calco da primeira, quince minutos sen que ningún equipo tomase o mando do encontro: o Calvo Xiria e o Camariñas repartían acertos e erros. Logo de quedarse na pista o Conservas Boya cun home menos durante catro minutos pola doble exclusión a Perón (as dúas por protestas aos colexiados), o Calvo apretou un pouco máis na defensa e correu o contraataque para deixar ao final do encontro o marcador de 38 – 25.

 

Agora a competición parase ata o 14 de Xaneiro no que se disputará na Coruña outro derbi provincial, desta volta ante o OAR e no Pavillón San Francisco Xabier.

 

16/12/2011

 

PREVIA DA XORNADA

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Décimo terceira xornada de liga na 1ª División Estatal, derradeira da primeira volta da competición. Partido histórico o que se disputará o sábado a partir das 18.30 h no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo entre o Calvo Xiria e o Bm. Camariñas Conservas Boya. Impartirán xustiza os colexiados Fernando e Pedro Eiras Abalde, pertencentes á Federación Territorial de Galicia.

 

Está de noraboa o balonmán de Bergantiños e Costa da Morte coa disputa do primeiro derbi entre Calvo Xiria e Bm. Camariñas na 1ª División Estatal, 3ª categoría en importancia do balonmán español. Máis aínda tendo en conta que entre os dous planteis tan só hai un xogador que non é da zona. A plantilla do Xiria está integramente formada por xogadores carballeses saídos das súas categorías de base, mentres que no cadro camariñán agás os carballeses Pombo e Victor, o pontecesán José Ramón (os tres formados na base do Xiria) e o dezano Salva, o resto dos seus compoñentes son orixinarios da localidade palilleira.

 

No cadro que adestra José Juan Estévez “Jota”, ademais dos xogadores citados anteriormente podemos destacar a xogadores como Cristian, Fabián, Felipe, Catalán, Xabi e o ex-Xiria Borja. O equipo camariñán situase na 12ª posición da táboa, con un punto de vantaxe sobre a S.A.R. que ocupa posto de descenso, polo que puntuar en Carballo sería importantísimo para irse ao parón do Nadal con unha pequena marxe de vantaxe sobre o perigo.

 

Pero non menos importante é este encontro para o equipo carballés. O Calvo Xiria, 5º clasificado, precisa obter a vitoria se non quere ver como se lle escapan os catro primeiros clasificados. No cadro carballés é dúbida o concurso de Jesús e Marcos Rodríguez non poderá contar cos mancados Chimpo, Brais e Cuco. As boas novas chegan por parte deste último xa que a súa lesión de xeonllo quedouse nunha escordadura e estará dispoñible para o comezo da segunda volta.

 

Agárdase unha excelente presenza de afeccionados na Zona Escolar, na que os Xiriareiros volverán a ser unha parte fundamental para tentar acadar un novo trunfo por parte dos de Carballo.

 

No último precedente entre estes dous equipos, o pasado 20 de agosto en partido pertencente á 1ª eliminatoria da Copa Galicia, o Calvo Xiria conseguía a vitoria por 36-26. 

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria viaxa a Pontevedra para enfrontarse, en partido pertencente á décima xornada, ao Club Cisne de Balonmán. Os carballeses, que aínda non coñecen a derrota son terceiros na táboa a dous puntos do liderato, pero con dous encontros menos disputados que os dous primeiros clasificados, mentras que os do Lérez están na novena posición. O encontro dispútase o sábado ás 12.30 h no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase a domicilio, na décima xornada de liga, sábado ás 11.15 h no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia, ao Club Cisne de Balonmán. Os carballeses son quintos na clasificación, aínda que a bastante distancia de puntos dos catro primeiros, e os pontevedreses, que aínda non puntuaron, pechan a táboa.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Décimo segunda xornada de liga para un Garaysa Xiria que recibe nun derbi provincial, domingo ás 12.00 h no Polideportivo Mpal. Carballo Calero, a visita do Novacaixagalicia O.A.R. Coruña. Os de Carballo marchan na sexta posición mentres que os herculinos son penúltimos.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL

Segunda xornada na fase de grupos da liga provincial na categoría infantil. Os dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria diputan o sábado os seus encontros como locatarios. O Marmolería José Rey Xiria xoga ás 10.30 h no Polideportivo Mpal. Carballo Calero fronte á Escola Mpal. De Camariñas mentres que o E.B. Xiria enfróntase, ás 12.30 h no Pavillón do C.E.I.P. Fogar, ao Balonmán Ártabro “B”.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN

Cuarta xornada na competición provincial en categoría Alevín. Dispútanse tres partidos na mañá do sábado, todos eles no Pavillón do C.E.I.P. Fogar: LK XIRIA – CONFIRO CONSTRUCCIONES XIRIA, MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA – C.E.I.P. FOGAR e LK XIRIA – C.E.I.P. FOGAR.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN

Tamén se disputa, na mañá do sábado no Pavillón do CE.I.P. Fogar, a cuarta xornada na competición provincial benxamín cos seguintes partidos: AFRICLIBER XIRIA – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA, PUNTA DEL ESTE XIRIA  – C.E.I.P. FOGAR e C.E.I.P. FOGAR – AFRICLIBER XIRIA.

 

15/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA XUVENIL

David García e Miguel Suárez-Pumariega convocados para unha sesión de adestramento o domingo 18 no Pavillón Mpal. de Chapela.

15/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETE

Iván Campos convocado para unha sesión de adestramento o domingo 18 no Pavillón Lalín Arena.

15/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Juan Carlos Rodríguez convocado para unha sesión de adestramento o domingo 18 no Pavillón Municipal de Chapela.

14/12/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE

 
10/12/2011 

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 12

10/12/2011          CAFES TOSCAF 27 - CALVO XIRIA 26

Cafés Toscaf 27 (13+14): Sergio [p], Avelino (6, 3 de 7 metros), Israel, Conlledo (3), Ricardo (3, 1 de 7 metros),  Jorge  (2), Agundo (2) -equipo inicial-  Fernández [p], Veleda, Rubén (1), Adrián (6), Silverio (1), González, David Prieto (3).

Calvo Xiria 26 (13+13): Iago[p], Ramón, Alex García (1), Jesús, Sergio (2),  Manuel (3), Alex Zas (1) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Miguel (2), Dubra (2), Pablo (9, 3 de 7 metros), David (5).

Colexiados: Jesús Álvarez e Jesús García do colexio asturiano. Excluíron aos locais: Daniel (23´) e Avelino (29´, por protestas), a Israel amosáronlle cartón vermello no 15´, aos xogadores visitantes: Ramón (8´, 31´, 34´), Sergio (35´), Miguel (42´), Alex Zas (46´) e Alex García (47´e 58´), tamén ao adestrador Marcos Rodríguez (48´).

Marcador:  1-1, 3-4, 5-6, 6-8, 9-11, 13-13 (descanso);  13-15, 17-18, 18-20, 21-23, 24-26, 26-27 (final).

7 metros:  E: 4/ 8     ###    Calvo Xiria: 3/ 4

Non acaba de atopar a regularidade o Calvo Xiria nesta tempada de 1ª Nacional e no partido que disputou ante o Cafés Toscaf no Pavillón “La Magdalena” de Avilés caeu derrotado por un axustado 27 – 26.

 

Principiou o partido cos dous equipos totalmente descentrados e as perdas por unha e outra banda era a constante de xogo. A defensa carballesa non aparecía por parte algunha e só a actuación de Iago, ao longo dos sesenta minutos, fixo que o Toscaf non puido coller diferenzas no marcador.  O ataque carballés amosábase pouco preciso e a defensa non funcionaba ao nivel desexado. No minuto 15´ os colexiados amosaron cartón vermello directo a Israel por un fortísimo golpe na faciana de Álex Zas que tiña que pasar polo vestiario para ser tratado e poder seguir xogando no segundo tempo.  Así e todo o Calvo conseguiu as primeiras diferenzas, e o que era máis importante, pouco a pouco impoñía no partido o ritmo de xogo que lle interesaba. Os avilesinos non permitiron que en ningún momento a diferenza crecese demasiado e nunha nova serie de desatinos na defensa carballesa permitiron que ao remate do primeiro período o marcador sinalase un empate a 13 goles que deixaba en todo o alto as espadas par ao segundo tempo.

 

O Calvo Xiria foi quen de mandar ata o minuto 55, pero pagando un alto prezo. O desgaste físico dos xogadores carballeses no segundo tempo foi enorme, e nos derradeiros cinco minutos pasou factura, xa que non foi quen de elixir as mellores opcións nos ataques dos que dispuxo. O desgaste debiuse a ter que xogar OITO VECES CUN XOGADOR MENOS (POR NINGUNHA DO SEU RIVAL). O arbitraxe permitiu aos xogadores avilesinos unha dureza que nin por asoma se permitía na outra área, e pouco a pouco fóronse achegando ao Calvo para dar o golpe que resultaba definitivo a falta de dez segundos para rematar o partido (como non, en superioridade numérica).

 

A primeira volta desta liga péchase para o Calvo Xiria a vindeira xornada. Será no Vila de Noia nun novo derbi provincial, desta volta ante equipo do Conservas Boya.

 

09/12/2011

 

PREVIA DA XORNADA

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Dispútase a décimo segunda xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria viaxa a Asturias para medirse ao Café Toscaf de Avilés, sábado ás 18.00 h no Pavillón Mpal. de La Magdalena. O partido será dirixido polos colexiados Jesús Álvarez Menéndez e Jesús García Gavilán pertencentes á Federación Territorial do Principado de Asturias.

 

Visita o Calvo Xiria a pista dun histórico na categoría, unha cancha que historicamente non se lles deu especialmente ben aos de Carballo, pero que nas dúas últimas campañas parece que hai un cambio de tendencia, cun empate hai dúas tempadas e unha vitoria do Xiria o curso pasado.

 

O conxunto de Avilés, décimo clasificado con 10 puntos, 4 menos que o Xiria, é un equipo moi potente no plano defensivo, actualmente a cuarta mellor defensa do campionato, tan só superada polas do Calvo Xiria, Chapela e O.A.R.. O cadro avilesino, con varias baixas importantes respecto á pasada campaña e varios dos seus efectivos lesionados nas primeiras xornadas, tivo un comezo titubeante da competición pero parece que lle vai tomando o pulso segúndo avanzan as xornadas. O plantel que dirixe Juanín García, está formado por unha mestura entre xogadores veteranos e con experiencia en categorías superiores e os xoves valores da prolífica canteira asturiana. Podemos destacar nomes como o de Avelino Solís, Israel, Camilo, David Prieto, Jorge García, Veleda, Conlledo ou os xoves Adrián, Rubén e Abel.

 

O técnico da Avilesina declaraba o seguinte sobre o cadro carballés o pasado xoves no diario asturiano “El Comercio”: «Personalmente es uno de los equipos en el que creo que deberíamos de mirarnos un poco todos los clubes. La temporada que hicieron el año pasado fue excepcional, todos los años pierden jugadores, pero siempre están ahí peleando por meterse arriba. Es un equipo digno de elogio que mima la cantera. Saben perfectamente lo que tienen que hacer y es muy complicado vencerles»..

 

Pola súa banda, o equipo de Carballo continua coas importantes baixas de Chimpo, Brais e Cuco e o xuvenil Miguel, tras o excelente partido que realizou ante o Ademar, é dúbida por motivos de estudos. Marcos Rodríguez recupera para este encontro ao xuvenil David e ao meta Kike, que non diputaron o choque fronte aos leoneses. O Calvo Xiria deberá sacar a relucir as súa virtudes se quere traer un resultado positivo da dificil pista asturiana. Para os carballeses sería un paso moi importante sumar dúas vitorias nas dúas xornadas que quedan da primeira volta, fronte a dous rivais que non llo porán nada doado, primeiro en Avilés e despois na zona escolar no derbi fronte ao Camariñas, para marcharse ao parón navideño coa satisfacción de ter realizada unha excelente primeira metade da competición, a pesar das continxencias en forma de lesións, e continuar enganchados aos primeiros postos da táboa clasificatoria.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria recibe, en partido pertencente á novena xornada, ao Balonmán Rasoeiro, penúltimo clasificado, co obxectivo de conseguir unha nova vitoria que os manteña imbatidos na competición. O partido dispútase o domingo ás 12.15 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

Na novena xornada de liga, O Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase, domingo ás 10.45 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, ao Balonmán Pabellón Ourense. Os carballeses situánse na zona media da táboa mentres que os ourensáns marchan na penúltima posición.

 

08/12/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE

 
07/12/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE

Iván Campos convocado para disputar coa Selección Galega Cadete o "XI Torneo de Seleccións Territoriais Comunidad de Madird" que se disputa entre os días 8 e 10 de decembro. Os rivais do combinado galego  serán as seleccións de Asturias, Valencia e Madrid.

07/12/2011

 

CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Juan Carlos Rodríguez convocado para disputar coa Selección Galega Infantil o "XI Torneo de Seleccións Territoriais Comunidad de Madird" que se disputa entre os días 8 e 10 de decembro. Os rivais de Galicia serán as seleccións de Asturias, Valencia e Madrid.

05/12/2011

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 11

03/12/2011     CALVO XIRIA 33 –  ULE ADEMAR 28

Calvo Xiria 33 (15+18): Iago[p], Ramón, Alex García, Ángel, Dubra (2), Jesús (2), Manuel (5) -equipo inicial- Naya[p], Pablo (15, 6 de 7 metros), Sergio (3), Miguel (4), Alex Zas (2).

ULE Ademar 28 (12+16): Jacob, Alberto (5, 1 de 7 metros), Piñeiro (7, 3 de 7 metros), Andoni (2), Iñigo (6), Jadim (3), Borja Trujillo (1) -equipo inicial- Iván [p], Daniel, Diego, Adrián, Borja Villarroel (2), Goñi (1), Mario (1).

Colexiados: Sergio Rodríguez Estevez e Andrés Rosendo López. Excluíron ao locais Sergio (15´),  Ramón (35´e 44´), Pablo (39´) e Manuel (51´), tamén aos xogadores visitantes Piñeiro (21´), Alberto   (36´), Borja Trujillo (52´) e Jadim (25´).

Marcador: 3-1, 4-3, 7-6, 11-8, 13-10, 15-12 (descanso); 17-12, 21-14, 22-16, 27-19, 30-23, 33-28 (final).

7 metros:  Calvo Xiria: 6 / 6     ###    ULE Ademar: 4 / 7

Calvo Xiria e ULE Ademar de León disputaron no Pavillón Vila de Noia o encontro correspondente á décimo primeira xornada da liga de 1ª Estatal Masculina. Xiria chegaba con moitas baixas, xa que ás xa coñecidas de Cuco, Chimpo e Brais uníanse a derradeira hora Kike e David, co cal a convocatoria dos carballeses era de tan só doce xogadores que lles tocaría lidiar co ata esta xornada segundo clasificado.

 

Dende o pitido inicial o Calvo foi quen mandou no marcador, impoñendo o ritmo de xogo que máis lle interesou, apoiándose para elo na faceta defensiva. En cincuenta minutos de xogo só encaixou 19 goles e unicamente a relaxación no tramo final fixo que o Ademar arranxase un pouco os números do partido. Soubo a zaga carballesa adaptarse tanto ao ataque con tres primeria liñas co que iniciou o encontro o seu rival, coma ao xogo con dous pivotes que propuxeron os leoneses como variante ao longo de moitos minutos. Co paso dos minutos a portería carballesa fíxose cada vez máis pequena para os lanzadores rivais, cunha sobresainte actuación de Iago que ata chegou a deter tres lanzamentos de 7 metros.

 

Na faceta ofensiva non perdeu balóns o Xiria, e foi así que os leoneses -expertos no contraataque- non tiveron prácticamente ao longo dos sesenta minutos opcións de correr. Os carballeses traballaron cada ataque ata atopar a situación óptima de lanzamento, superando todas as variantes defensivas que puxo o cadro visitante sobre a pista do Vila de Noia.

 

A vindeira xornada, penúltima da primeira volta, levará ao Calvo Xiria a Avilés para xogar ante un rival, o Cafés Toscaf, que crece moito no seu xogo cando se viste de local. Non vai ser doado puntuar no Pavillón Municipal “La Magdalena”, mais agardamos unha boa actuación dos carballeses para seguir cerca da parte alta da táboa clasificatoria.

 

02/12/2011

 

PREVIA DA XORNADA 

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Décimo primeira xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria recibe a visita do Universidad de León Ademar. O partido xógase o sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo e será dirixido polos colexiados Andrés Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez.

 

Chega á “Zona Escolar” un dos máximos aspirantes ao título ligueiro. Un Universidad de León Ademar que a pasada campaña militou na División de Honra Prata e que é filial de un dos mellores equipos do país.

 

O conxunto leonés, que prepara Diego Dorado, conta con un plantel moi xoven no que a maioría dos seus compoñentes foron e son internacionais coas seleccións españolas de categoría de base. Varios deles son habituais do primeiro equipo polo que é posible que algún deles non sexa convocado e viaxe a Belgrado para disputar o domingo o encontro de Liga da Campións entre o RK Partizan Beograd e o Reale Ademar.

 

Lembremos a boa relación que manteñen os dous clubs e que desembocou na sinatura dun convenio colaboración para a promoción dos xoves talentos no balonmán.

 

Dentro dun plantel con unha gran calidade en todos os seus compoñentes podemos destacar a xogadores como Iosu Goñi, Jaime, Cabanas, Molina e ao galego Piñeiro, habitual xunto co carballés David García nos combinados nacionais promesas e xuvenil. O conxunto ademarista chega a Carballo como terceiro clasificado, a un punto do líder Zamora e con tres máis que os carballeses que son quintos. A bagaxe dos leoneses é de seis vitorias, tres empates e tan só unha derrota, na pista do Cangas na sexta xornada.

 

Complicado partido para un Calvo Xiria, quinto clasificado con 12 puntos, que de facerse cos dous puntos daría un paso importante na loita polos primeiros postos xa que vencería ao terceiro clasificado e ademais a xornada tamén depara un choque entre os dous primeiros, Zamora e Porriño.

 

No equipo de Marcos Rodríguez continuan sendo baixas Chimpo, a quen xa lle retiraron as muletas, Brais, que deberá alomenos gardar repouso outras dúas semanas, e Cuco, a quen lle realizaron o xoves unha resonancia no seu xeonllo mancado e está á espera de coñecer o diagnóstico definitivo. O meta Kike tamén causa baixa para este encontro ao atoparse de viaxe. Jesús e Dubra arrastran molestias de tipo muscular que non lles impedirán ser da partida. O resto do plantel atópase en óptimas condicións.

 

De novo volverá a xogar un papel importantisimo a fiel hinchada carballesa que a bo seguro encherá de novo a “Zona Escolar”.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria recibe, en partido aprazado pertencente á cuarta xornada, ao Las Cinco Jotas Lavadores, outro dos conxuntos chamados a pelexar polo título de liga. Os carballeses, que levan catro vitorias e un empate, aínda non coñecen a derrota e tentarán minimizar o punto perdido no derradeiro segundo do partido ante o Lalín da pasada xornada. Ochoque dispútase o domingo ás 12.15 no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase ao Las Cinco Jotas Lavadores, en encontro aprazado da cuarta xornada de liga. O partido xógase o domingo ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Décimo primeira xornada de liga para un Garaysa Xiria que volve a xogar a domicilio. Nesta ocasión os carballeses visitan Ourense para enfrontarse, o sábado ás 13.00 h no Pavillón dos Remedios, penúltimo clasificado, o sábado ás 13.00 h.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL

Comeza a liga provincial na categoría infantil, na que as Escolas de Balonmán Xiria contarán con dous equipos. Nesta primeira xornada o E.B. Xiria recibe ao Alcampo C.D. Conxo, sábado ás 11.30 h no Vila de Noia,  e o Marmolería José Rey Xiria visita a pista do Bm. Ártabro “B”, sábado ás 12.30 h no Pavillón Novo Mesoiro.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN

Terceira xornada na competición provincial en categoría Alevín. Dispútanse catro partidos na mañá do sábado, todos eles no Pavillón do C.E.I.P. Fogar: BALONMÁN XALLAS – MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA, LK XIRIA – ALCAMPO C.D. CONXO, ALCAMPO C.D. CONXO – BALONMÁN XALLAS, C.E.I.P. FOGAR – CONFIRO CONSTRUCCIONES XIRIA

 

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN

Tamén se disputa, na mañá do sábado no Pavillón do CE.I.P. Fogar, a terceira xornada na competición provincial benxamín cos seguintes partidos: ALCAMPO C.D. CONXO – PUNTA DEL ESTE XIRIA, AFRICLIBER XIRIA – BALONMÁN XALLAS, BALONMÁN XALLAS – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA, ALCAMPO C.D. CONXO – C.E.I.P. FOGAR.

 

01/12/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA XUVENIL

David García e Miguel Suárez-Pumariega convocados para unha sesión de adestramento o domingo 4 no Pavillón Municipal de Chapela.

01/12/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE

Enrique Pena e Iván Campos convocados para unha sesión de adestramento o domingo 4 no Pavillón Restollal (Santiago de Compostela).

01/12/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Juan Carlos Rodríguez convocado para unha sesión de adestramento o domingo 4 no Pavillón Municipal de Chapela.

NOVEMBRO 2011

29/11/2011

 

28/11/2011

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 10

  26/11/2011     S.A.R. PLASTIC OMNIUM 16 - CALVO XIRIA 39

SAR Plastic Omnium 16 (8+8): Marcos [p], Pazos (5), Lago (4), Carlos (4), Amoedo (1), Gómez, González -equipo inicial- Rodríguez, Orge (2), Couñago, Pazos, Ferreira, Pereira, López.

Calvo Xiria 39 (19+20): Iago[p], Pablo (13, 5 de sete metros), Alex García (2), Jesús (3), Manuel (1), David (6), Dubra (4) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Ángel (3), Miguel (1), Alex Zas (3), Ramón, Sergio (3).

Colexiados: Jonathan García e Andrés Bellido do colexio catalán. Excluíron aos locais Gómez (16´ e 45´), González (27´), Orge (53 ´), tamén aos xogadores visitantes Alex García (15´e 39´), Ramón (26´e 52´) e Miguel (54´).

Marcador:  3-3, 5-7, 6-10, 7-14, 7-17, 8-19 (descanso); 9-24, 10-27, 10-30, 12-33, 14-37, 16-39 (final).

7 metros:  S.A.R. Plastic Omnium: 2/ 3     ###    Calvo Xiria: 5 / 5

Partido no que se enfrontaban o S.A.R. Plastic Omnium  e o Calvo Xiria correspondente á 10ª xornada da liga de 1ª Estatal e que se xogou na Bombonera de Redondela, no que os carballeses colleitaron dous puntos logo dun partido sen historia dende o minuto vinte. O marcador no descanso: 8-19 favorable ao conxunto carballés.

 

Durou a resistencia da SAR os primeiros quince minutos, o que tardaron os xogadores do Calvo en axustar a defensa sobre os xogadores redondelanos. Logo dunha serie consecutiva de defensas e contras dos carballeses levaron o marcador a un resultado momentáneo de 6 a 13, nese intre o adestrador do equipo local solicitou tempo morto, pero nada cambiaría no transcorrer do partido e a diferenza non faría máis que medrar ata os once goles cos que se ía de vantaxe para o vestiario o Calvo.

 

So quedaba por ver que pasaría na reanudación, ¿sería capaz o SAR de atopar novos folgos e tratar de levantar un partido moi costa arriba, ou pola contra o Xiria seguiría dominando o ritmo de xogo e o resultado? Bastaron cinco minutos para desvelar a resposta, non era o día para o conxunto de Redondela, ao que nada lle saía nin en ataque nin en defensa. Pola contra o Calvo seguiu centrado para evitar unha desagradable sorpresa logo do parcial dos primeiros trinta minutos. Sen variar un ápice o seu guión de xogo logrou unha vitoria por unha amplísima diferenza que o sitúa quinto na táboa clasificatoria.

 

A vindeira xornada será no Vila de Noia ante o potente ULE Ademar, terceiro clasificado a un so punto do líder, o sábado 03 de decembro ás 18:30 horas.

 

24/11/2011

 

PREVIA DA XORNADA 

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Décima xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria desprázase ata Redondela para medirise ao S.A.R. Plastic Omnium. O partido dispútase o sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal de Redondela. O encontro será dirixido polos árbitros Jonathan García Gálvez e Andrés Bellido Sánchez.

 

O Calvo Xiria rende visita ao penúltimo clasificado, un equipo que está a loitar por sair das prazas de descenso, salvación que agora mesmo ten a tan só un punto. O equipo de Redondela, que prepara Pablo Muíños, leva conseguidas dúas vitorias, ambas no seu feudo, e un punto que acadou a domicilio na pista de Camiriñas. O cadro redondelán conta no seu plantel cunha mestura de xogadores experimentados na primeira estatal como o meta Marcos, Luís Ron (que é baixa ao estarse recuperando dunha lesión), Guta, Carlos Rey, Damián, Tito e Fabián con outros xoves valores da canteira redondelana.

 

No Calvo Xiria, continúan as malas novas, a enfermería sigue chea. Chimpo, Brais e Cuco non serán da partida. Chimpo evoluciona favorablemente da sua lesión no nocello e continua co seu proceso recuperación e Brais ten problemas nun xeonllo que xa lle impediron disputar os últimos encontros. A eles súmase agora Cuco, que recibía nun xeonllo un golpe de xeito furtuito na primeira xogada do encontro da pasada xornada. O pivote carballés está á espera de que lle realicen unha resonancia para coñecer o alcance dos danos, pero na mellor das previsións perderase o que resta da primeira volta da competición. Outro duro golpe para os de Marcos Rodríguez que tentarán volver á senda do trunfo tras a derrota sufrida ante o Porriño. Ademais das referidas baixas é dúbida para disputar este encontro o capitán Adrián Dubra cun problema muscular. 

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria visita, na oitava xornada de liga, a pista do Clínica Deza Balonmán Lalín, sábado ás 20.00 h no Lalín Arena, co obxectivo de sumar a súa quinta vitoria noutros tantos encontros disputados e continuar invicto na competición.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase a domicilio, na oitava xornada de liga, sábado ás 16.15 h no Lalín Arena, ao Portadeza Lalín, un dos favoritos ao título de liga. Os de Carballo viaxan coa ilusión de plantarlle cara aos dezanos logo da importante vitoria e bo xogo amosado na pasada xornada ante o Ártabro.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Décima xornada de liga para un Garaysa Xiria que viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao Club Cisne de Balonmán, logo de acadar dous importantes puntos no derbi provincial fronte ao Ártabro. O partido dispútase o sábado ás 12.30 h no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN

Segunda xornada na competición provincial en categoría Alevín. Os tres equipos das Escolas de Balonmán Xiria enfróntanse entre si na mañá do sábado no Pavillón do C.E.I.P. Fogar. Os enfrontamentos son: Marmolería José Rey Xiria – LK Xiria e Confiro Construcciones Xiria – LK Xiria. 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN

Tamén se disputa a segunda xornada na competición provincial benxamín cos seguintes partidos: OAK English Centre Xiria – Punta del Este Xiria e Punta del Este Xiria – Aflicliber Xiria. Ambos encontros xóganse o sábado pola mañá no Pavillón do C.E.I.P. Fogar de Carballo.

 

23/11/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE

Enrique Pena e Iván Campos convocados para unha sesión de adestramento o domingo 27 no Pavillón Lalín Arena.

 

23/11/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Juan Carlos Rodríguez convocado para unha sesión de adestramento o domingo 27 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

23/11/2011

 

21/11/2011

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 9

19/11/2011     CALVO XIRIA 27 – BALONMANO PORRIÑO 33

Calvo Xiria 27 (11+16): Iago[p], Cuco, Alex García, David (2), Miguel (1), Jesús (2), Manuel (5) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (11, 3 de 7 metros), Ramón, Sergio, Dubra, Ángel, Alex Zas (6).

Bm Porriño 33 (13+20): Antón [p], Martín (8, 4 de 7 metros), Moncho (5), Carrera (5), Adri (1), Isma (5, 3 de 7 metros), Aitor (6, 1 de 7 metros) -equipo inicial- Anxo [p], Esteban (1), Diego, Celso (1), Alves (1), Alberto, Sebas.

Colexiados: Alonso Herrero e Rodríguez Sánchez do colexio madrileño. Excluíron aos locais Ángel (38´), Alex García (51´), Ramón (51´) e David (58´) e tamén aos xogadores visitantes Martín (14´), Carrera (46´) e Isma (52´).

Marcador: 2-2, 4-4, 5-8, 6-9, 8-12, 11-13(descanso); 13-15, 15-18, 18-22, 21-26, 24-29, 27-33 (final).

7 metros:  Calvo Xiria: 3 / 3     ###    Bm Porriño: 8 / 9

Segunda derrota no Vila de Noia do Calvo Xiria no partido que o enfrontou ao Bm Porriño na novena xornada na liga de 1ª estatal masculina. No descanso o marcador indicaba un 11 – 13 favorable aos visitantes.

 

Partido dominado dende o minuto dez polo equipo porriñés que impuxo a súa forma de xogo. Foi quen de darlle ao partido o ritmo que máis lle interesaba, facendo ataques longuísimos, apurando en moitos casos ate que os colexiados indicaban aviso de pasivo (non chegaron a sinalar ningún na área carballesa) para finalmente acadar posicións de lanzamento cómodas. Non foi o día da defensa carballesa, pero tampouco do seu ataque que viu coma unha e outra vez as intervencións de Antón na portería porriñesa impedían subir tantos ao marcador en lanzamentos dende a liña de 6 metros.

 

As presas nos derradeiros quince minutos remataron con exclusións para o Calvo Xiria e cun Porriño que pouco a pouco foi conseguindo que medrase a diferenza no marcador para rematar levándose os dous puntos en xogo.

 

Na vindeira xornada o Calvo Xiria despázase a Redondela para medirse á S.A.R. Plastic Omnium. O encontro disputarase o sábado ás 18.30 h na “Bombonera”.

 

18/11/2011

 

PREVIA DA XORNADA

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL 

Novena xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria recibe a visita do Balonmano Porriño. O partido dispútase o sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo e será dirixido polos colexiados Carlos Rodríguez Sánchez e Samuel Alonso Herrera pertencentes á Federación Territorial da Comunidade de Madrid.

 

Chega á Zona Escolar de Carballo un dos equipos que está a loitar polas primeiras prazas. Os do Porriño, nas últimas tempadas, soen comezar moi en forma e moi fortes a competición. O equipo graniteiro situase na cuarta posición, dúas por encima do Calvo Xiria e con un punto máis que os carballeses. A escadra que prepara Luís Montes conta cun plantel moi competitivo no que podemos destacar a xogadores como o meta Antón, os primeiras liñas Celso, Isma, Martín (fichado esta campaña do Bm. Lalín) e o ex-Xiria Sebas, os extremos Carrera e Moncho e os irmáns Freiría, Aitor e Adrián.

 

O obxectivo do equipo carballés, que leva catro vitorias consecutivas, é o de facerse con dous importantes puntos que lle permitirían subir, como mínino, dous postos na táboa clasificatoria e seguir na pelexa polas primeiras prazas. Parte importante para acadar unha nova vitoria volveran ser os “Xiriareiros” carballeses que a bo seguro volverán encher a “Zona Escolar” e non deixarán de apoiar aos verdes durante todo o encontro.

 

Marcos Rodríguez continúa cos problemas físicos no plantel. Ademais de Chimpo e Javi Zas, é baixa Brais, que non puido adestrar en toda a semana por problemas nun xeonllo. Son dúbidas o capitán Dubra, que sufría un pinchazo no adestramento do xoves e probablemente se perda o encontro, e o xuvenil Miguel, que non adestrou durante a semana ao sufrir un proceso fébril.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria recibe, na sétima xornada de liga, a visita do Hidromiño Atl. Novás. Os carballeses parten co obxectivo de sumar a súa quinta vitoria noutros tantos encontros e continuar invicto na competición. O encontro dispútase o domingo ás 12.00 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase, nun derbi provincial, na sétima xornada de liga, ao Bm Ártabro Oleiros JCA. Carballeses e ártabros situanse na zona media da táboa. O partido xógase o sábado ás 12.15 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Novena xornada de liga para un Garaysa Xiria que recibe nun derbi provincial a visita do Bm. Ártabro Oleiros JCA. O partido dispútase o sábado ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia.

 

Os púpilos de Fernando Vázquez tamén disputarán na tarde do sábado, 16.45 h no Pavillón do C.E.I.P. Fogar, un partido amigable fornte ao Balonmán Xallas.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN

Comeza a competición oficial na categoría Alevín. As Escolasde Balonmán Xiria contarán con tres equipos, Marmolería José Rey Xiria e LK Xiria, que competirán no grupo Oeste cos equipos do C.E.I.P. Fogar, Balonmán Xallas, Escola Municipal de Camariñas e Alcampo C.D. Conxo. Os partidos desta primeira xornada dispútanse na mañá do sábado no Pavillón do C.E.I.P. Fogar de Carballo.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN

Tamén comeza a competición para os máis cativos. Os tres equipos benxamíns, Africliber Xiria, OAK English Centre Xiria e Punta del Este Xiria, inician o Campionato Provincial. Os equipos carballeses competirán, dentro do grupo Oeste, con C.E.I.P. Fogar, Balonmán Xallas, Escola Municipal de Camariñas e Alcampo C.D. Conxo. Os partidos da primeira xornada dispútanse na mañá do sábado no Pavillón do C.E.I.P. Fogar de Carballo.

 

18/11/2011

 

3ª DIVISIÓN AUTONÓMICA. DEBUT DO EQUIPO DE VETERANOS

O novo equipo de veteranos Bm. Xiria Carballo debutou o pasado domingo coa disputa da 2ª xornada de liga na 3ª División Autonómica (categoría reservada a maiores de 35 anos). Os carballeses caeron derrotados por 24-14 (12-5 ao descanso) na pista do Bueu Atl. Balonmán. No equipo de Carballo formaron: Carlos Gómez e José Facal (porteiros) e Juan Ramón, Fran del Valle, Toni García, Luciano Fernández, Alfonso Paradelo, Orlando Fariña, Alfonso Blanco, Javi Teixeira, Carlos Cambón, Roberto Puga, Ángel Puñal e Sergio Antelo, como xogadores de campo. Antón García e Marcos Trigo non puideron disputar o encontro.

 

O vindeiro compromiso do Xiria será na fin de semana do 26-27 de novembro cando os carballeses reciban a visita do ADC Descubirendo Lugo.

 

18/11/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA XUVENL

David García e Miguel Suárez-Pumariega convocados para unha sesión de adestramento o domingo 20 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

17/11/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Juan Carlos Rodríguez convocado para unha sesión de adestramento o domingo 20 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

15/11/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE

14/11/2011

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 8

13/11/2011     EXP. MINEIRAS DO MORRAZO BM. CANGAS 26 - CALVO XIRIA 27

Exp. Mineiras do Morrazo Bm. Cangas 26 (12+14): David Lagoa [p], Adrián Pumar (6), Pepe Camiña, Adrián Menduiña (1), Hugo, Manuel Cordeiro (3), David Barreiro (1) -equipo inicial- David Villar [p], César Núñez (3), Moisés (5, 5 de 7 metros), Eloy (1), Rubén Soliño (3), Fabián (2), Veloso (1).

Calvo Xiria 27 (12+15): Iago[p], Ramón, Álex García, Jesús (4), Manu (2), David (8), Dubra (2) -equipo inicial- Kike[p], Cuco, Ángel, Miguel, Álex Zas (3), Pablo (6), Sergio (2).

Colexiados: José Manuel Iniesta Castillo e do colexio valenciano. Excluíron aos locais Pepe Camiña (4´) Adrián Pumar (13´), César (23´ e 28´), Manuel (57´), tamén aos xogadores visitantes Manuel (19´), Jesús (20´), Kike (26´), Pablo (28´, 52´ e 59´), Cuco (38´).

Marcador:  1-2, 2-6, 5-8, 6-10, 10-10, 12-12 (descanso);  13-15, 16-18, 19-21, 20-23, 24-24, 26-27 (final).

7 metros:  EMM Bm Cangas: 6/ 6     ###    Calvo Xiria: - / -

Encadeou a terceira vitoria consecutiva o Calvo Xiria logo de acadar os dous puntos na súa visita a Cangas, nun partido que non se decidiu ata o derradeiro suspiro. Xa no descanso o marcardor de empate a 12 goles indicaba ben ás claras a igualdade no encontro que se disputaba no Gatañal.

 

Partido moi emocionante e con situacións incribles, cun arbitraxe que por momentos desconcertou a un e outro equipo. Un gol co pé (de chilena), ningún sete metros indicado a favor do equipo visitante, rechaces recollidos polos xogadores do Calvo dentro da súa área defensiva sen que se pite nada, un gol no derradeiro segundo...

 

A igualdade nos primeiros cinco minutos deu paso a vantaxes que chegaron aos catros goles para os carballeses, baseándose na defensa e nas transicións rápidas. Mais non foi quen o Xiria de manter o nivel do seu xogo e a insistencia canguesa deu os seus froitos. David Lagoa tivo moito que ver na recuperación do seu equipo, xa que o porteiro local fixo moitas intervencións de mérito ante os lanzadores carballeses -so nos primeiros trinta minutos detivo sete balóns claros dende os seis metros aos xogadores visitantes-. O punto culminante da primeira metade foi un gol conseguido co pé polo pivote do Bm. Cangas e concedido como válido polos colexiados que sacou aos carballeses do encontro, o que aproveitaron so xogadores cangueses para acadar o empate e amosar as súas credencias para levarse os dous puntos.

 

O guión do segundo tempo foi idéntico ao primeiro. O Xiria vaise no marcador, comenza a cometer erros, ou Cangas a forzalos. A falta de cinco minutos o marcador reflicte un 24 – 24, para pouco despois poñerse os locais por primeira vez por diante. A partir de aí moitos erros polas duas partes e un Calvo que atina un pouco máis que o seu rival. A falta de trinta segundos novo empate no marcador  e balón para os carballeses. Tempo morto a falta de once segundos e clara situación de gol na mán de Manu que os árbitros converten en pasos precedidos de falta. A desesperación nas protestas dos carballeses rematan ca sanción de dous minutos a Pablo e o tempo párase no 59´ 57´´. O balón vai a David e marca no derradeiro segundo.

 

De novo a moeda caeu do lado carballés, pero se o Calvo Xiria quere estar na parte alta da táboa non debería de deixar para o derradeiro suspiro a consecución dos puntos.  A seguinte xornada será no Pavillón Vila de Noia e enfrontará ao Calvo Xiria co Bm. Porriño o sábado ás 18.30 h.

 

11/11/2011

 

PREVIA DA XORNADA 

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Oitava xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria visita a pista do Explotaciones Mineras del Morrazo Bm. Cangas, domingo ás 12.00 h, no Pavillón Municipal do Gatañal, Cangas do Morrazo. Dirixirán o encontro os colexiados José Manuel Iniesta Soriano e Miguel Martín Soria Fabián á Federación Territorial da Comunidade Valenciana.

Visita o cadro carballés O Gatañal, pista de gratos recordos para o Xiria posto que foi alí onde, na derradeira xornada de liga da campaña 2007-2008, conseguía a clasificación para disputar a fase de ascenso a 1ª Estatal, fase que á postre lle daría o ascenso.

 

O filial do Frigoríficos do Morrazo Cangas está dirixido dende o banco polo xoven técnico (28 anos) Marcos Otero. Trátase dun equipo que combina algo de veteranía con xuventude. No seu plantel podemos atopar xogadores como o veterano César Núñez, fichado recentemente, os metas Lagoa e Villar, o lateral Barreiro e os xoves valores da canteira canguesa Rubén Soliño, Krook, Hugo, Camiña, Pumar e Fabián, xogadores que xa debutaron no Frigoríficos e varios deles son habituais nas convocatorias de Pillo. Os do Morrazo son un equipo que aumenta moito o seu rendemento nos encontros como local, ao poder contar cos rapaces que alternan os dous equipos.  

 

O Calvo Xiria, tras as dúas últimas vitorias tentará continuar, a pesar do pouco habitual do día e horario do partido, coa súa racha ascendente para non perder comba cos primeiros clasificados. Marcos Rodríguez, ademais das baixas de Chimpo e Javi Zas, terá as dubidas de Brais, recuperándose dunhas molestias nun xeonllo, e Cuco, cun golpe no empeine sufrido no partido contra Chapela e que lle impedíu rematar dito partido. Manu, quen non puido adestrar os primeiros días da semana, ao ter un dedo inmobilizado por un golpe, parece completamente recuperado e poderá ser da partida.

 

LIGA DE 3ª DIVISIÓN AUTONÓMICA (VETERANOS)

Segunda xornada de liga e primeiro partido para o Bm. Xiria Carballo que se despraza a Bueu para medirse ao Bueu Atl. Balonmán. O encontro dispútase o domingo ás 11.00 h no Pavillón Mpal. de Bueu. Esta categoría está reservada a xogadores maiores de 35 anos e competirán nela 5 equipos, ademáis dos citados anteriormente participan o Bm. Lalín, ADC Descubirendo Lugo e Bm. Sergave Ourense.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria visita o Pavillón Mpal. de Bueu, sábado ás 12.30 h, para medirse na 6ª xornada de Liga ao Bueu Atl Bm., coa intención de manter a racha de vitorias que levan no campionato. Os de Fernando Vázquez levan gañados os 3 encontros que disputaron ata o momento.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria viaxa ata a pista do Bm. Moaña coa intención de sumar un resultado positivo e escalar posicións na táboa, logo do punto perdido no seu feudo na pasada xornada ante o Sedona. O enconto dispútase o domingo na pista moañesa do Rosal ás 12.00 h.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Oitava xornada de liga para un Garaysa Xiria que ven de caer pola mínima, nos derradeiros minutos de partido, co Teucro, un dos equipos máis fortes da categoría. Os de Pablo Filgueira visitan a pista de outro dos grandes candidatos ao título, o La Rosaleda 1997 Bm. Lalín. O encontro xógase o sábado ás 12.00 h no Municipal de Lalín.

 

INFANTIL PROVINCIAL, ALEVÍN E BENXAMÍN

Os dous equipos infantís provinciais (Marmolería José Rey Xiria e LK Xiria) os tres equipos alevíns (Construcciones Confiro Xiria, LK Xiria e Marmolería José Rey Xiria) e os tres equipos benxamíns (Africliber Xiria, OAK English Centre Xiria e Punta del Este Xiria) desprázaranse na mañá do sábado a Santiago de Compostela para disputar encontros amigables cos distintos conxuntos do C.D. Conxo e Balonmán Xallas. A xornada comezará ás 10.00 h, os infantís no Pavillón Quiroga Palacios e alevíns e benxamíns en Santa Isabel.

 

09/11/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

José Pereira e Juan Carlos Rodríguez convocados para unha sesión de adestramento o domingo 13 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

09/11/2011

 

CRÓNICAS DE BASE

07/11/2011

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 7

05/11/2011     CALVO XIRIA 34 – PARAXE CONSTUCCIONES 33

Calvo Xiria 34 (15+19): Iago[p], Cuco (1), Álex García (2), David (8), Dubra (4), Jesús (3), Manu (2) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (8, 2 de 7 metros), Ramón (2), Sergio (2), Miguel (2), Ángel, Álex Zas.

Paraxe Construcciones 33 (19+14): David[p], Chema (6, 4 de 7 metros), Rubén (3), Ángel (3), Roberto (7), Pablo (10), Decu (1)-equipo inicial- Celti [p], Fran, Cuadrado (3), Anxo, Ramón, Adrián, Sergio.

Colexiados: Fernando e Pedro Eiras Abalde Excluíron ao local Alex García (19´, 58´), tamén aos xogadores visitantes Decu (23´), Ángel (34´, 40´ e 59´) e Rubén (44´).

Marcador: 2-2, 4-7, 6-10, 9-14, 11-17, 15-19(descanso); 21-22, 24-24, 30-25, 31-29, 32-31, 34-33 (final).

7 metros:  Calvo Xiria: 2 / 3     ###    Paraxe Construcciones: 4 / 4

Emocionante encontro o disputado o sábado no Pavillón Vila de Noia entre o Calvo Xiria e o Paraxe, e que se decidiu nos derradeiros segundos, nos que os carballeses marcaron para deixar o marcador no definitivo 34 – 33.

 

Logo de cinco minutos de tanteo entre os dous equipos o Paraxe tomou a iniciativa e comezou a marcar diferenzas que chegaron a ser de sete goles (10-17 no minuto 22 de partido) baseándose na capacidade de lanzamento de Pablo e no traballo na línea de seis metros de Rubén e Cuadrado.  Foron minutos nos que os carballeses non atopaban solucións na súa defensa. Pola contra os xogadores de Chapela facían da súa parecela defensiva un fortín, aproveitando a permisividade arbitral nos contactos, moitas  veces máis alá do regulamentario. So unha pequena reacción en superioridade numérica permitiu que a diferenza no descanso se recutarse ata os catro goles que deixaban aberto o partido.

 

Á volta dos vestiarios o Calvo pareceu tomar nota de que só elevando o nivel defensivo ata o listón que puxeron os colexiados tería opcións de tirar algo positivo deste encontro. Cunha defensa moito máis agresiva e coa mesma dureza que a do Paraxe foi limando a desvantaxe no marcador. Uniuse un bache dos chapeleiros que non foron quen de seguir o ritmo durante os primeiros quince minutos da segunda parte que se pechou cun parcial de 15 – 5.

 

Mais non rematara aínda o partido, unha serie de erros no ataque carballés devolveu a vida ao Paraxe que chegou a empatar o encontro. Os derradeiro dez minutos foron das defensas (só sete goles entre os dous equipos) e non estaba claro cara onde caerían os puntos. Faltando pouco máis dun minuto, cun 33-32 no marcador, o Calvo sufre a exclusión de Álex García e o ataque do Paraxe remata en gol. Con pouco máis de trinta segundos por xogar o marcador  de 33-33 tiña en vilo ao numeroso público presente no Vila de Noia. Unha exclusión ao cadro de Chapela deixaba a igualdade na pista e dez segundos para dilucidar que pasaría. Logo dun tempo morto o balón foi ás mans de David, quen foi capaz de marcar no 59´55´´, quedando os puntos en Carballo.

 

A vindeira xornada o Calvo Xiria viaxa o domingo a Cangas para xogar a 8ª xornada dunha liga que está a presentarse moi igualada e entretida.

 

06/11/2011

 

PRESENTACIÓN EQUIPOS

04/11/2011

 

PREVIA DA XORNADA 

PRESENTACIÓN OFICIAL DOS EQUIPOS DO CLUB

Antes do encontro de 1ª División Estatal levaremos a cabo o tradicional acto de presentación de todos os equipos das Escolas de Balonmán Xiria. Será o sábado no Pavillón Municipal Vila de Noia e comezará ás 16.30 h.

 

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Sétima xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria recibe a visita do Paraxe Construcciones Bm. Chapela, un dos equipos máis potentes da categoría. O partido dispútase o sábado ás 18.30 h no Pavillón Municipal Vila de Noia. Dirixirán o encontró os colexiados Fernando e Pedro Eiras Abalde pertencentes á Federación Territorial de Galicia.

 

Chega á Zona Escolar un dos favoritos ao título e a ocupar una das dúas prazas de promoción de ascenso. Os de Chapela marchan na segunda posición da táboa, con 9 puntos, 3 máis que o Calvo Xiria e a tan só un do líder Zamora. A súa bagaxe é de una derrota fronte a Porriño a domicilio, 4 vitorias, ante SAR, Cangas e Avilesina no seu feudo e ante Camariñas a domicilio, e un empate na complicada pista do Ademar. O equipo que prepara Fran Teixeira sufriu as sensibles baixas para esta campaña de homes como Kustov, Abilleira, Herranz ou Pablo Casal. Pola contra reforzouse como xogadores máis significativos co veterano meta Docampo, Sergio Cid e Rafa Gestido, aínda que este último perderase gran parte da competición por lesión. Continúan da pasada campaña no cadro de Chapela importantes efectivos como o ex-Xiria Ángel, Pablo Vidal, Iago Cuadrado, Chema Cid ou o romanés Decu.

 

O Calvo Xiria, logo da importante e contundente vitoria en Lalín, recargou as pilas e tentarán ofrecerlle á súa afición, que a bo seguro volverá a encher o pavillón para dar azos aos seus, una vitoria logo do último tropezó na casa fronte ao Cisne. Para iso os carballeses deberán esgrimir de novo as súas habituais armas, contundente defensa, mobilidade e velocidade, ante un conxunto que tamén conta cunha contundente defensa e con excelentes individualidades.

 

Marcos Rodríguez poderá contar con todos os efectivos que se desprazaron a Lalín e recupera ao pivote Álex García que non se puido desprazar a terras do Deza. As baixas son as xa coñecidas de Chimpo e Javi Zas e Brais, a quen lle están a realizar probas no seu xeonllo mancado.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria disputa o encontró pertencente á 5ª xornada de liga. Aos carballeses aínda lle quedan pendentes por disputar dous encontros aprazados, pero a sensacións e bagaxe que está a deixar este equipo non pode ser mellor xa que nos dous encontros que disputaron conseguiron derrotar a OAR e Octavio, outros dos conxuntos candidatos ao título. Nesta xornada os de Fernando Vázquez reciben ao Seis do Nadal vigués, domingo ás 12.15 h no Pavillón Mpal. Carballo Calero. 

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria disputa, domingo ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Carballo Calero, ante o Seis do Nadal o encontró pertencente á 5ª xornada de liga. O equipo carballés, fomado na súa mayoría por xogadores de primeiro ano, estalle tomando pouco a pouco o pulso á categoría e en cada partido van ofrecendo mellores sensacións.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Sétima xornada de liga para o Garaysa Xiria que recibe, sábado ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia, á S.D. Teucro Cover. Os de Pablo Filgueira reciben a un dos conxuntos que aspiran a ocupar as primeiras posición ao remate da competición

 

INFANTIL TERRITORIAL

Os dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria, Marmolería José Rey Xiria e E.B. Xiria desprazanse a Castriz, no municipio de Santa Comba, para xogar encontros amigables cos conxuntos do Balonmán Xallas e C.D. Conxo. Esta xornada terá lugar o sábado no Pavillón do CEIP Pepe de Xan Baña e dará comezo ás 10.00 h.

 

ALEVÍN E BENXAMÍN

Os seis equipos, tres alevíns (Confiro Construcciones Xiria, Marmolería José Rey Xiria e LK Xiria) e tres benxamíns (OAK English Centre Xiria, Punta del Este Xiria e Africliber Xiria) viaxan á localidade de Santa Comba para xogar partidos amigables fronte aos equipos do Balonmán Xallas e C.D. Conxo. A xornada terá lugar no Pavillón da Fontenla e comezará ás 10.00 h.

 

04/11/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

José Pereira e Juan Carlos Rodríguez convocados para unha sesión de adestramento o domingo 6 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

02/11/2011

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 6

29/10/2011     EMBUTIDOS LALINENSE – BM LALIN 24 - CALVO XIRIA 34

Embutidos Lalinense – Bm Lalín 24 (15+9): Durán [p], Gus (1), Rubén Martínez (4), Marco (1), Roberto Granja (3, 1 de 7 metros), Pincjho (8, 1 de 7 metros), Ramón (2)-equipo inicial-  Pablo[p], Bruno, Adrián (3), Roberto Álvarez (1), Canario, Lesón (1), Óscar.

Calvo Xiria 34 (15+19): Iago[p], Ramón, Cuco (5), Jesús (1), Manuel (3), David (4), Dubra (2) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p] , Ángel, Miguel (4), Alex Zas (5), Pablo (8, 4 de 7 metros), Sergio (2).

Colexiados: Julián Cereceda González e José Frieira Cavada do colexio asturiano. Excluíron aos locais Canario (30´e 44´), Roberto Granja (44´e 48´) e Roberto Álvarez (47´), tamén aos xogadores visitantes  Cuco (19´e 27´), Ángel (39´), Ramón (41´e 59´) e Miguel (50´).

Marcador: 3-3, 5-5, 8-6, 12-9, 13-12, 15-15 (descanso); 15-18, 17-22, 19-26, 19-30, 21-31, 24-34 (final).

7 metros:  Embutidos Lalinense-Bm Lalín: 2/ 3     ###    Calvo Xiria: 4 / 4

Na visitia que rendiu o Calvo Xiria ao Bm Lalín acadaou a súa primeira vitoria a domicilio  na liga de 1ª Estatal Masculina, dous puntos que logo dos resultados do resto da sexta xornada fai que os carballeses se sitúen sétimos a catro puntos do líder, Bm. Zamora.

 

Con moitas folgos comezaron os locais o partido, deixando claro dende o inicio que ían poñer todas as súas armas para acadar os puntos en xogo no Pavillón Municipal de Lalín, a pista na que o Bm Lalín acadou os maiores logros deportivos da súa historia.  Baseándose na fortaleza física de Rubén e Pincho acadaron rápidamente vantaxe no marcador. Pola contra o Calvo tiña que traballar a reo para acadar situacións de gol e cando o facía atopábase con Durán na meta, que xunto con Pablo, o outro gardamallas dos dezanos, foron os mellores xogadores do Balonmán Lalín. Así as cousas no minuto dezaseis e cunha desvantaxe de catro goles o equipo carballés solicitaba tempo morto. Pouco a pouco, e baséandose na defensa e no contragolpe o Calvo foi limando as diferenzas ata acadar o empate antes de iniciarse o tempo de lecer.

 

Logo do paso polos vestiarios o guión que seguiu o encontro cambiou radicalmente,  a defensa carballesa, axudada pola actuación na portería de Kike, impúxose dun xeito claro ao ataque do Bm. Lalín (catro goles en vinte minutos), e permitiu tirar proveito do contraataque. Na faceta ofensiva o xogo carballés adquiriu unha maior fluídez e pouco a pouco medrou a diferenza ata ser de once goles no minuto cincuenta. A partir de ah o Calvo agardou que rematase o encontro mentres a aportación de Pablo na portería lalinense e a intensidade dos derradeiros dez minutos dos máis xóvenes do Embutidos impediron un marcador aínda máis avultado.

 

Na vindeira xornada o Calvo Xiria enfróntase ao Paraxe Construcciones Bm. Chapela no Pavillón Vila de Noia, o sábado ás 18.30 h, nun novo e de seguro durísimo partido para os carballeses.

 

02/11/2011

 

CRÓNICAS DE BASE

 


OUTUBRO 2011

29/10/2011

 

PREVIA DA XORNADA

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Sexta xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria visita a pista do Embutidos Lalinense-Bm. Lalín, sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal de Lalín. O partido nun principio estaba previsto que se dispútase no Lalín Arena pero ao atoparse ocupado cun torneo de tenis de mesa o Balonmán Lalín viuse na obriga de trasladalo ao municipal dezano. Impartirán xustiza os colexiados Julián Francisco Cereceda González e José Carlos Friera Cavada pertencentes á Federación Territorial de Asturias.

 

Enfróntanse dous conxuntos que están a ter un inicio de liga bastante irregular. Ambos con 4 puntos nas sétima e oitava posición da táboa. Os de Lalín levan dúas vitorias, gañaron a Cangas en Lalín e á SAR a domicilio, e tres derrotas, Porriño e Ademar na casa e Avilesina fora. O Xiria tamén conta con dúas vitorias, ambas na zona escolar, polo que o obxectivo non pode ser outro que conseguir o primeiro resultado positivo a domicilio.

 

A principal novidade do equipo lalinés esta campaña radica no seu banquillo, posto que o asturiano Alfredo Fernández substituiu na dirección do equipo a Alberto Miguélez. Tamén é de destacar as importantes baixas de varios clásicos do conxunto dezano como Martín (Bm. Porriño), Porto (S.D. Teucro) e Josiño. Aínda así manteñen un bloque moi competivo con xogadores como Pincho, Rubén, Bruno, o ex-Xiria Roberto Álvarez “Bombillas”, Granja e os metas Pablo e Durán. Subliñar que o equipo lalinés, ao igual que o Xiria, está composto na súa totalidade por xogadores dezanos. 

 

No Calvo Xiria, que agarda colleitar o seu primeiro trunfo a domicilio, ás baixas de Javi Zas e Chimpo, esta xornada hai que engadir a do pivote Álex García, un dos baluartes defensivos do equipo, por motivos persoais, mentres que Brais, que non puido disputar o encontro fronte ao Cisne, será dubida por problemas nun xeonllo. Pola conta Marcos Rodríguez recupera a David García, ausente nas dúas últimas xornadas por atoparse coa seleccion española xuvenil disputando un torneo en Dinamarca.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria xoga o martes, ás 12.15 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, fronte ao Academia Octavio o encontro da segunda xornada de liga que fora aprazado no seu día. Un dos encontros máis atractivos que se poden ver na categoría entre dous conxuntos que aspiran a estar entre os mellores.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O Decoraciones J. Bello Xiria disputa ante o Academia Octavio o partido aprazado pertencente á segunda xornada de liga. O partido xógase o martes, ás 10.30 h no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo. Dificil compromiso para os carballeses fronte a un dos aspirantes ao título.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Sexta xornada de liga para o Garysa Xiria que se despraza ata a pista do Bueu Atl. Bm. para disputar un atractivo encontro entre dous conxuntos que iniciaron de forma excelente a campaña. O encontro xógase o domingo, ás 11.30 h, no Pavillón Municipal de Bueu.

 

INFANTIL TERRITORIAL, ALEVÍN E BENXAMÍN

Nestas tres categorías, o sábado, de 10.00 h a 11.00 h no Pavillón Vila de Noia e de 10.00 h a 13.00 h no Pavillón do CEIP Fogar, teremos partidos amigables entre os distintos equipos das Escolas de Balonmán Xiria, C.D. Conxo de Santiago e Balonmán Xallas de Santa Comba. Os equipos que as Escolas de Balonmán Xiria nestas categorías para esta campaña serán:

-          Infantil: Marmolería José Rey Xiria

-          Alevín: Confiro Construcciones Xiria, Marmolería José Rey Xiria e LK Xiria

-          Benxamín: OAK English Centre Xiria, Punta del Este Xiria e Africliber Xiria

Traballarán como adestradores con estes equipos: Marcos Rodríguez, Fernando Vázquez,  Pablo Filgueira, Adrián Dubra, Jesús Varela e Hugo Rodríguez “Chimpo”.

 

28/10/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Iván Calvo, José Pereira, Juan Carlos Rodríguez e Carlos Vilanova convocados para unha sesión de adestramento o domingo 30 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

27/10/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA XUVENL

David García e Miguel Suárez-Pumariega convocados para unha sesión de adestramento o domingo 30 no Pavillón Municipal de Chapela.

 

26/10/2011

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 5

22/10/2011     CALVO XIRIA 23 – CISNE BM. 24

Calvo Xiria 23 (16+7): Kike[p], Pablo (4, 2 de 7 metros), Ángel (2), Dubra (7), Jesús (3), Manuel (3), Cuco (2) -equipo inicial- Iago[p], Naya [p], Ramón, Sergio (1), Miguel (1), Alex García, Alex Zas.

Cisne Bm. 24 (12+12): Lafuente[p], Pablo (8, 3 de 7 metros), Eduardo (4), Alexandre (1), Alberto (4), Casal (1), Lorenzo (1) -equipo inicial- Galán[p], David (1), Abilleira, Chan, Sánchez, Xosé (2), Picallo (2).

Colexiados:  Soriano Gil e Axanciuc, do colexio mdrileño. Excluíron aos locais Alex García ( 14 e 56), Cuco (27 3 44), tamén aos xogadores visitantes Xosé (23), Pablo (37) e David (48)

Marcador: 3-1, 7-3, 11-5, 13-7, 15-10, 16-12 (descanso); 18-15, 20-17, 21-20, 22-21, 22-22, 23-24. (final).

 7 metros:  Calvo Xiria: 2 / 3     ###    Cisne BM.: 3 / 3

Derrota pola mínima do Calvo Xiria na 5ª xornada de liga na 1ª Estatal ante un dos equipos máis potentes da categoría. Tras esta derrota os de Carballo alónxanse dos primeiros postos, situándose na sétima posición a 4 puntos da segunda praza.

 

Comezou o encontro cun Calvo moi enchufado, con moita contundencia e intensidade defensiva e con rápidez e velocidade no ataque, o que propiciu que pronto abrise unha brecha de 4 goles que mantería ata o remate da primeira metade. A boa defensa, unida á actuación de Kike na meta, propiciaba recuperacións de balón que eran convertidas en goles, tanto nos contraataques como no ataque estático. Ao descanso chegábase cun 16-12, 4 goles de renda a prol dos de Carballo que aínda puideron ser máis se non fose por algún que outro contragolpe errado polos de Carballo.

 

Ata mediada a segunda metade, o encontro seguiu polos mesmos derroteiros, manexando o equipo de Carballo vantaxes de entre 2 e 3 goles, a defensa e a portería seguía funcionando pero o ataque comezaba a tornarse espeso e xurdía o cansancio e apagábanse as ideas, ao contar tan só tres xogadores da primeira liña dispoñibles para todo o encontro, comezaron as perdas de balón e os lanzamentos mal seleccionados o que motivoou a remontada dos pontevedreses que finalmente se levaban o partido, aínda así o Calvo tivo uns segundos a derradeira posesión do encontro que se saldou cun golpe franco a tempo cumplido bastante alonxado e escorado.

 

O vindeiro compromiso dos de Carballo será o sábado ás 18.30 h ante o Embutidos Lalinense-Bm. Lalín. O encontro disputarase no municipal da capital dezana ao atoparse o Lalín Arena ocupado toda a fin de semana con un torneo de tenis de mesa.

 

25/10/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍA DE BASE

 

21/10/2011

 

PREVIA DA XORNADA

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Quinta xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria recibe, sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia (Zona Escolar) de Carballo, ao Cisne Bm. de Pontevedra. O encontro será dirixido polos colexiados Gheoghe Axanciuc e David Soriano Gil pertencentes á Federación Territorial de Madrid.

 

Novo choque entre dous equipos que manteñen unha sana e gran rivalidade deportiva dende finais da decada dos 90.

 

Chega a Carballo un Cisne moi renovado respecto á anterior campaña e cun gran plantel co que aspiran a estar entre os mellores da categoría. No equipo que prepara Emilio Pintos “Milucho” continuan da pasada tempada xogadores de calidade contrastada como os metas Toño Lafuente e Galán, o extremo Pablo Domínguez, os primeiras liñas Pachi, Eloy López, Alberto Casares e o carballés, ex-Xiria, Iván Amarelle, que non poderá xogar ao estar recuperandose dunha lesión de xeonllo. Ademais incorporáronse ao equipo grandes xogadores como os ex-Xiria Xosé Canedo e David “Amor”, Polaco (ex-SAR), Edu Domínguez (da saga dos Domínguez) e Iván Abilleira (procedente do Chapela). O Cisne, logo de colleitar 3 vitorias, ante Porriño, SAR e Avilesina, e unha soa derrota, na pista do líder invicto Ademar, marcha na táboa na cuarta posición con 6 puntos, 2 máis que o Xiria que é sexto.

 

No Calvo Xiria continuan os problemas coas baixas, especialmente na primeira liña. Ás baixas de longa duración, Chimpo e Javi Zas, hai que engadir a de David, en Dinamarca disputando o torneo Scandibérico coa selección española xuvenil, e a dúbida de Brais, con molestias nun xeonllo. Se se confirma a baixa de Brais, Marcos Rodríguez só poderá contar con tres efectivos para a primeira liña, Pablo, Manu e Ángel. De novo o equipo carballés deberá de basear o seu xogo na velocidade e mobilidade no ataque e na contundencia e intensidade defensiva para tentar conseguir un resultado positivo diante dos seus seareiros. Como ven sendo habitual agardase unha gran afluencia de “Xiriareiros” que cos seus ánimos e apoio axuden ao equipo a levarse os dous puntos.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Ifecgás Pereira Xiria aprazaou o encontro que debía disputar na pista do Balonmano Porriño debido por mor da convocatoria de David García, que se atopa coa selección nacional xuvenil disputando un torneo en Dinamarca.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

Terceira xornada de liga na que o Decoraciones J. Bello Xiria xoga, domingo ás 10.30 h, no Pavillón Municipal do Porriño, ante o Balonmano Porriño co obxectivo de sumar os seus primeiros puntos, logo de caer derrotado na pista do OAR na primeira xornada e aprazar o seu encontro da segunda xornada. 

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Quinta xornada de liga para un Garysa Xiria que suma 3 vitorias e unha soa derrota, ante o líder Cangas. O equipo carballés recibe, sábado ás 12.00 h, no Mpal. Vila de Noia ao S.A.R. “A” de Redondela. Os carballeses tentarán sumar unha nova vitoria que lle permita continuar nos postos altos da clasificación.

 

19/10/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Convocados 4 rapaces do Garaysa Xiria para unha sesión de adestramento o domingo 23 no Pavillón Municipal de Chapela. Os convocados son: Iván Calvo, Juan Carlos Rodríguez, Carlos Vilanova e José Pereira.

 

18/10/2011

 

CRÓNICAS CATEGORÍA DE BASE

 

17/10/2011

1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 04

15/10/2011     LAS CINCO JOTAS LAVADORES 30 - CALVO XIRIA 28

Las Cinco Jotas Lavadores 30 (13+17): Daniel [p], Mario (9, 3 de 7 metros), Yago (4), Fernando (3), Nicolás, Rubén (4), José (2) -equipo inicial- David [p], Celso (1), Joaquín, Marcos, Edgar (1), Iván (6), Óscar.

Calvo Xiria 28 (14+14): Kike [p], Dubra, Jesús (5), Manu (7), Ángel (1), Cuco (2), Pablo (4, 1 de 7 metros) -equipo inicial- Iago [p], Ramón, Miguel (1), Álex García , Álex Zas (4), Sergio (4), Brais.

Colexiados: Srs. Parra López e Parra Sánchez, do colexio de Castilla La Mancha. Excluíron aos locais Fernando (35 e 50), Marcos (39 e 45), José (47) e Mario (57), tamén aos xogadores visitantes Cuco (11, 32 e 46, polo que viu o cartón vermello no minuto 46), Miguel (25), e Dubra (40).

Marcador: 3-2, 5-6, 7-7, 9-9, 11-12, 13-14 (descanso); 17-15, 20-17, 21-19, 23-21, 27-25, 30-28 (final).

7 metros: Las Cinco Jotas Lavadores: 3 / 3   ###   Calvo Xiria: 1 / 4

Segundo partido que disputaba o Calvo Xiria como visitante na liga de 1ª Estatal e segunda derrota dos carballeses. Os dous puntos quedaron en Lavadores, os primeiros que consegue o conxunto vigués na presente tempada.

 

Repetiuse o mesmo guión que hai dúas semanas en Zamora, un Calvo Xiria con pouco acerto defensivo. Nos segundos trinta minutos o feito de non ser capaz de atallar os ataques locais cando tiña un xogador menos o Lavadores (neses trinta minutos tres exclusións carballesas por seis dos vigueses), sentenciaron o encontro a favor do conxunto olívico que soubo manexar a renda de cinco goles que chegou a acadar no minuto 42 de xogo, non permitindo que en ningún momento o equipo carballés puidese levar a iniciativa no electrónico.

 

As dúas caras tan diferentes que está a presentar o Calvo Xiria no inicio da liga está a ser un lastre enorme para acadar máis puntos para achegarse de inicio á parte alta da táboa: por unha parte está o conxunto que basea o seu xogo na faceta defensiva e no xogo colectivo ofensivo como amosou nos partidos nos que exerceu de local, ante OAR e Seis do Nadal, e por outra banda o conxunto ao que lle falta intensidade na defensa e dinamismo no ataque cando xoga lonxe da Zona Escolar.

 

O próximo capítulo escribirase no Pavillón carballés Vila de Noia o próximo sábado ás 18:30 horas ante o equipo pontevedrés do Cisne Bm.

 

14/10/2011

 

PREVIA DA XORNADA

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL

Cuarta xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria desprázase a Vigo para medirse, sábado ás 19.00 h, no Pavillón de Lavadores, ao Las Cinco Jotas Lavadores. O encontro será dirixido polos colexiados Francisco J. Parra López e José V. Parra Sánchez de la Blanca pertencentes á Federación Territorial de Castilla La Mancha.

 

Partido entre o segundo, Xiria, e terceiro, Lavadores, clasificados da campaña pasada.

 

O equipo vigués que prepara o ex-seleccionador galego xuvenil Juan Costas está a ter un mal inicio de campionato e leva colleitadas tres derrotas noutras tantas xornadas. A marcha de dous dos seus homes importantes, Chapela e Moreira para o Teucro, así como as baixas nestas primeiras xornadas dos irmáns Álex e Serguei Tsyvanev están a pasar factura ao conxunto olívico que pecha a clasificación xunto co Cangas. Un equipo que foi a revelación a tempada pasada e colleulle a medida ao Calvo Xiria ao que conseguiu derrotar nos dous encontros, 34-30 en Vigo e 30-33 na Zona Escolar.

 

O Xiria, despois da vitoria ante o potente Seis do Nadal, viaxa co obxectivo de conseguir dous puntos que lle permitan manterse nas primeiras posicións da táboa. Pero non será doado, posto que á resistencia que ofrecerá o equipo vigués, hai que engadir as baixas coas que contará Marcos Rodríguez. Acumulánselle os problemas ao técnico carballés posto que ás ausencias xa coñecidas de Chimpo e Javi Zas, engádese á de David García, convocado coa selección española xuvenil, polo que só poderá contar con catro xogadores da primeira liña (Pablo, Manu, Ángel e Brais) para este encontro.

 

LIGAS DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL E CADETE

O Ifecgás Pereira Xiria e Decoraciones J. Bello Xiria aprazaron os encontros que os enfrontaba co Academia Octavio por mor da convocatoria de David García coa selección nacional xuvenil para unha concentración e un torneo en Dinamarca.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Cuarta xornada de liga para o Garysa Xiria que, ven de colleitar a súa primeira derrota ante o Balonmán Cangas, líder da competición. Os rapaces de Pablo Filgueira viaxan ata O Porriño para enfrontarse ao Balonmano Porriño. O partido dispútase o sábado ás

12.45 h no municipal porriñés.

 

13/10/2011

 

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

Convocados 4 rapaces do Garaysa Xiria para unha sesión de adestramento o domingo 16 no Pavillón Municipal de Chapela. Os convocados son: Iván Calvo, Juan Carlos Rodríguez, Carlos Vilanova e José Pereira.

 

12/10/2011

 

CRÓNICAS DE BASE

 

10/10/2011

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 3

08/10/2011     CALVO XIRIA 34 – MAGOPE SEIS DO NADAL–COIA 25

Calvo Xiria 34 (15+19): Kike [p], Dubra (3), David (7), Álex García (1), Cuco (3), Jesús (1), Manu –equipo inicial- Iago [p], Pablo (16 / 8 de 7 m.), Ángel (1), Ramón, Álex Zas (1), Sergio (1), Brais.

Magope Seis do Nadal-Coia 25 (12+13): Suso [p], Guille (1), Nacho (7, 3p), Antón (6, 3p), Benaches (2), Pablo Casal (3, 1p), Denís (2) –equipo inicial- Bolly [p], Roberto, Manu Rey, Álex (2), Víctor (2), Antón Rey, Escudero.

Colexiados: Fernando Iñán e José Manuel García. Excluíron polo Xiria a Cuco (min. 15 e 44), Jesús (min.16), Ángel (min. 22), Pablo (min. 22), Sergio (min. 32) e Ramón (min. 44). O meta Kike foi expulsado con tarxeta vermella no min. 17. Por parte do Sedona foron excluídos Benaches (min. 4), Guille (min. 10), Antón (min. 11 e 26), Manu Rey (min. 26 e 55) e Álex (min. 56).

7 metros: Calvo Xiria 8/10    //    Magope Seis do Nadal-Coia 7/13

Marcador: 2 – 2, 3 – 4, 7 – 8, 10 – 10, 12 – 12, 16 - 13 (descanso); 17 – 15, 21 – 18, 23 – 18, 26 – 20, 30 – 23, 34 – 25 (final).

Segunda vitoria do Calvo Xiria nas tres xornadas ligueiras que se levan disputado. O equipo carballés impúxose ao Seis do Nadal, un dos equipos chamados a pelexar na zona noble da clasificación, por 34-25, o que coloca aos de Marcos Rodríguez na 3ª posición da táboa con 4 putos tras Ademar e Zamora.

O Calvo Xiria espertou despois do mal sabor de boca do fin de seman pasado en Zamora. Os “hombrecillos verdes” saíron a pista con moita fame e demostraron que cando fan o seu xogo son imparables. 

O partido comenzou con un Sedona forte, cunha contundente defensa, e opoñendo resistencia ata o minuto 15 da primeira parte (7-8), con Dani Benaches demostrando que ainda lle queda corda para isto do balonmán. 

Pero, a partir dese momento, o Xiria apretou o acelerador. Ben asentados na defensa e cun ataque espectacular, conseguen darlle a volta para chegar ao descanso con 16-13 no marcador. No minuto 17, o porteiro local Kique, que estaba a realizar un bo encontro, foi expulsado por provocar unha falta nun contraataque do equipo vigués, obrigando a que o Xiria só puidera dipoñer de Iago, que fixo un partido espectacular, durante o resto do choque. 

A segunda metade foi un furacán por parte do Xiria. Todo o equipo defendendo con moita intensidade deixaba poucas opcions ao un Seis do Nadal que non era quen de chegar a posicións claras de lanzamento e, cando o facían, atopábanse cun Iago inmenso, que varias veces fixo levantar aos “Xiriareiros” dos bancadas coas suas intervencións.

Defendendo así e correndo e atacando como sabe este equipo, as diferenzas non tardaron en aumentar. O éxtase chegou cando, nunha doble inferioridade, o equipo local marcou dous goles e, defendendo catro, os de Coia non conseguían lanzar. O furacán non parou e ao final a “Morea Verde” que enchía o pavillón dedicou unha ovación a este equipo, que de seguro dará moitas alegrías este ano.

Despois desta victoria, Xiria colócase terceiro na clasificación e na próxima xornada visita ao Lavadores de Vigo, o sábado as 19:00 horas.

 

09/10/2011

 

CONVOCATORIAS PRESELECCIÓNS GALEGAS

Convocados 5 rapaces das Escolas de Balonmán Xiria para sesións de adestramento o domingo 9 coas distintas seleccións galegas:

 

- Xuvenil: David García e Miguel Suárez-Pumariega

- Infantil: Iván Calvo, Juan Carlos Rodríguez, Gabriel Castiñeiras e José Pereira.

 

06/10/2011

 

PREVIA DA XORNADA

1ª DIVISIÓN ESTATAL

Terceira xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria recibe, sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia (Zona Escolar), a visita do Magope Seis do Nadal – Coia. O encontro será dirixido polos colexiados Fernando Iñán Arias e José Manuel García Olavarrieta pertencentes á Federación Territorial de Cantabria.

 

Partido no que se enfrontan dous dos, a priori, equipos chamados a loitar polos postos altos da clasificación.

 

O equipo vigués que prepara José Ramón Muñoz “Jota” parte como un dos favoritos esta campaña. Os olívicos que contan cunha ampla plantilla con xogadores como o veterano primeira liña Escudero, o meta Soliño, o central Antón Rey, ou os extremos Denís e Antón. Ademáis refozáronse para esta tempada con varios rapaces que suben do equipo xuvenil, campión galego e 3º de España (tras Elxe e Barça) no pasado curso, e con importantes e coñecidas caras como o lateral ex-Xiria Pablo Casal (procedente do Chapela), o meta Bolly (ex do Zamora), o extremo Chamorro (da canteira do Ademar) e os pivotes Couso (Bueu) e Benaches (ex-Asobal, procedente do Teucro). Os de Coia contan na clasificación, ao igual que os carballeses, con dous puntos logo de caer derrotados pola mínima na pista do Ademar e imporse no seu feudo á Avilesina.   

 

O Calvo Xiria, logo da derrota pola mínima na cancha do Zamora, debe mellorar as súas prestacións defensivas e volver ao seu característico xogo de conxunto, con gran mobilidade e velocidade no ataque, se quere sacar un resultado positivo fronte ao Sedona. Marcos Rodríguez non poderá contar co concurso de Chimpo, que se perderá toda a primeira volta da competición por unha lesión nun nocello, nin co de Javi Zas, que causa baixa de xeito indefinido por motivos laborais. Tamén está no aire a participación de Cuco quen, cunha escordadura nun nocello xa non puido ser da partida en Zamora, e non se coñecerá ata última hora se pode participar no encontro, ao igual que o xuvenil Miguel, con un golpe nun nocello. Quen si estará será Sergio, logo de non poder actuar a pasada xornada por motivos persoais.

De novo agardase unha gran afluencia de “Xiriareiros” que de novo terán un papel fundamental para levar en volandas aos seus cara unha nova vitoria no seu feudo e facer un fortín da Zona Escolar.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Logo dunha irregular primeira fase da Copa, na que o Ifecgás Pereira Xiria tivo a dous complicados rivais no seu grupo e non conseguiu a clasificación para as semifinais, comeza o verdadeiramente importante, a competición de Liga. Nesta primeira xornada os rapaces de Fernando Vázquez teñen un complicado partido, un derbi provincial, fronte a outro dos equipos chamados a loitar pola zona de honra da clasificación, o O.A.R. Coruña. O partido dispútase o domingo, ás 12.15 h na pista coruñesa do San Francisco Xabier.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE

Comeza a liga para o actual campión galego cadete, o Decoraciones J. Bello Xiria. O equipo carballés que prepará Fernando Vázquez desprázase á Coruña, domingo ás 10.45 h, para medirse, nun derbi provincial, ao O.A.R. no Pavillón de San Frnacisco Xabier.

 

LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Segunda xornada de liga para o Garysa Xiria que, logo de derrotar ao Octavio na xornada inaugural, debe viaxar ata a localidade pontevedresa de Moaña para medirse ao Bm. Moaña. O partido dipútase o sábado ás 11 na pista moañesa do Rosal.

 

04/10/2011

 

JAVI ZAS, BAIXA NO CALVO XIRIA

Javi Zas causa baixa de forma indefinida no equipo. Motivos laborais levan ao xogador carballés a ter que ausentarse da comunidade galega por tempo indefinido.

O central carballés continuará adestrandose con algún equipo da zona á que foi destinado para reincorporarse ao equipo no momento da súa volta.

 

04/10/2011

 

01/10/2011

 LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 2

02/10/2011     BM. INZAMAC ZAMORA 38 - CALVO XIRIA 37

Bm. Inzamac Zamora 38(20+18): Pérez[p], Ruiz (3), Cano (3), Magadán (14, 3 de 7 metros), Vivas (1), Cordero (3), Nieto (2) -equipo inicial-  Del Barrio[p], García (2), Fernández, Gómez, García (4), Prieto (1), Camino (5, 1 de 7 metros).

Calvo Xiria 37 (18+19): Kike[p], Pablo (5, 2 de 7 metros) Ramón (1), Alex Zas (4), Jesús (5), Manu (4), David (6) -equipo inicial- Iago[p], Naya [p], Javi Zas, Ángel (1), Dubra (6), Alex García (5), Brais.

Colexiados: Javier Arroyo Casero e José Domingo Vega Gemio do colexio extremeño. Excluíron aos locais Ruiz (37´), Vivas (25´), Cordero (41´, 50´ e 59´), Gómez (56´), García (33) e Camino (cartón vermello no 59´), tamén aos xogadores visitantes Alex García (35´), Manuel (48´) e Ramón (55´)

Marcador: 3-3, 7-6, 10-10, 15-12, 16-14, 20-18 (descanso); 22-21, 24-23, 28-27, 32-30, 36-32, 38-37 (final).

7 metros:  Bm. Inzamac Zamora: 5 / 4     ###    Calvo Xiria: 2 / 2

Segunda xornada da Liga de 1ª División Estatal masculina na que se enfrontaron os equipos Inzamac Zamora e Calvo Xiria e no que os dous puntos quedaron na casa do equipo local logo de gañar por 38 goles a 37, no tempo de lecer o electrónico reflectía un 20-18 favorable aos zamoranos.

 

Os dous equipos comparecían con dous puntos no seu casilleiro logo de sendas vitorias obtidas na primeira xornada. Resultou un partido entretido, sobre todo para a grada que vía como os goles subían a un e outro casilleiro de xeito continuado, e competido ata o pitido final.

 

Non foi o día da defensa carballesa que viu coma unha e outra vez os xogadores do Inzamac acadaban cómodas situacións para lanzar, como dato cabe sinalar que só se sufriron tres exclusión ao longo dos sesenta minutos. Especialmente Magadán foi un pesadelo para a, no día de hoxe, feble defensa do Calvo. Ainda así de agradecer, para que o marcador non fose de escándalo,  a labor dos porteiros do Xiria, ao igual que os seus compañeiros hoxe de fatigas do Zamora.

 

Con este escenario e un rival que aínda con algo máis de intensidade defensiva, pouco maior acerto, o equipo que aproveitara mellor os lanzamentos de seis metros ía levarse o gato a auga. Así foi e os casteláns acadan a segunda vitoria noutras tantas xornadas e seguen no grupo que encabeza a táboa clasificatoria.

 

A seguinte parada, no Pavillón Vila de Noia ante un reforzado e renovado Seis do Nadal, o sábado 08 de outubro ás 18:30 horas.

 


Pax. Anterior                                                                                            Pax. Seguinte