

XORNADA 13 |
28/01/2012 ACADEMIA OCTAVIO 39 - DECORACIONES J. BELLO XIRIA 30 |
|
Academia Octavio: 39 (18+21): Oliveira, Antón (4), Rogelio (7), Dani (2), León (8), Rubén (10 ),Xurxo (2) -equipo inicial- Andrés, Iglesias, Álex(2), Pedro, Veiga, Adrián (3), Núñez (1). |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 30 (15+15): Buño, Iván (3), Óscar (2), Diego (3), Dani (2), Enrique (3), Alberto (5) -equipo inicial- Miguel (1), Julián (6), Lolo (5), Gabriel, Jorge. |
|
Colexiados: Iago García e Aarón Sestay. |
|
O Decoraciones José Bello Xiria segue a demostrar partido a partido e xornada a xornada a súa gran melloría. Dende que o equipo empezara a adestrar, aló polo mes de xullo e iniciara a competición de Copa no mes de Setembro, os xogadores carballeses están a mostrar un camiño claramente ascendente, tanto no apartado colectivo como no individual. No partido que o enfrontou ao Academia Octavio de Vigo, equipo que actualmente ocupa a segunda praza da táboa clasificatoria con tan só unha derrota, os bergantiñáns deron unha mostra máis da progresión deste conxunto. Os números falan pos si sós: . No partido de copa disputado en Vigo no mes de Setembro o resultado foi 45-28 (27-14 no descanso) para o equipo olívico. . Na segunda xornada de liga, no mes de outubro, o resultado tamén favoreceu os vigueses, desta volta por 21-33 (12-27 no descanso). . Nesta xornada que nos ocupa, os de Xiria mantiveron a igualdade durante toda a primeira parte con alternativas no marcador para irse ao descanso cunha pequena desvantaxe que mantiña as espadas por todo o alto cara á reanudación, 18-15. Na segunda metade os locais apertaron o acelerador. A intensidade defensiva e os lanzamentos dende lonxe da súa primeira liña facían estragos na retagarda dos carballeses para abrir brecha cun 4-1 de parcial nos primeiros compases e 8-2 algo máis tarde. Cando todo parecía visto para sentencia, os de J. Bello respondían cun empuxe de orgullo e perforaban a portería olívica con suma facilidade, tanto no ataque posicional como nos contraataque en segunda oleada. A saída en tromba do Octavio na segunda parte foi definitiva e xa non houbo tempo para máis. O 39-30 do remate mostra con orgullo o bo facer dos carballeses contra un equipo practicamente de segundo ano na súa totalidade. A vindeira fin de semana o J.Bello dobrará xornada e enfrontarase o venres, ás 17.15 h no Vila de Noia, ao Teucro (partido suspendido no seu día) e o domingo pola mañá ao Bm. Porriño. |
XORNADA 12 |
22/01/2012 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 27 - NCG O.A.R. CORUÑA 38 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 27 (18+9): Manuel, José, Julián (6), Alberto (6), Dani (1), Enrique (8), Raul (2) -equipo inicial- Miguel, Óscar (2), Gabriel, Calvo (1), Fran (1). |
|
NCG O.A.R. Coruña: 38(20+18): Núñez, Martínez (9), Martín (6), Santo (4), López (5), Bermúdez (4) García (4) -equipo inicial- Vidal, Casal (1), Vázquez (1), Salvador (2), Rábade, De Blas (1), Puga (1). |
|
Colexiados: Julio Villanueva e Sergio Vázquez. |
|
Ata catro xogadores infantís xogaron o pasado domingo cos cadetes de Xiria e demostraron a súa competitividade para poder facelo nunha categoría máis e ante un rival tan complexo como e o O.A.R. da Coruña. A progresión de este equipo é moi notable e a pesar de contar con cinco baixas souberon competir contra un dos mellores equipos da categoría. A primeira parte foi moi igualada, case sempre comandada no electrónico polo equipo visitante, aínda que con mínimas diferenzas. Os locais mostrábanse combativos, pero en ocasións irregulares no seu xogo, alternando momentos excepcionais con algúns erros e perdas de balón. Os dous equipos retirábanse os vestiarios cun resultado parcial de 18-20. A segunda metade comezou da mesma maneira, pero, sobrepasado o meridiano da reanudación, os herculinos distanciábanse de ata cinco goles e foi aquí onde o J. Bello Xiria baixou a súa intensidade, feito que provocou a diferenza final no marcador, que non foi tal na pista. A vindeira fin de semana os de Carballo viaxan a Vigo para enfrontarse ao segundo clasificado, un equipo tan potente como é o Academia Octavio. O encontro disputarase o sábado 28 na pista do Frontón ás 11.00 h. |
XORNADA 11 |
14/01/2012 IFECGÁS PEREIRA XIRIA – S.D. TEUCRO NORBROK (APRAZADO) |
Por motivos do mal estado do parqué do Vila de Noia provocado pola humidade e xiada caída durante a noite decidíase aprazar o partido da liga de División de Honra Cadete que debían disputar o Decoraciones J. Bello Xiria e a S.D. Teucro.Na vindeira xornada o Decoraciones J. Bello Xiria, recibe, domingo ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, ao Novacaixagalicia OAR Coruña. |
XORNADA 10 |
17/12/2011 CLUB CISNE DE BALONMÁN 40 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 46 |
|
Club Cisne de Balonmán:40 (22+18): Mario, Barreiro (3), Iago (5), Diego (1), Aaron (16), Torres (4), Roval (3) - equipo inicial- Ricardo, Javi (4), Ángel, Sergio, Pablo (2), David (2). |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 46 (26+20): Manuel, Enrique (9), José (4), Iván (8), Cristian (4), Alberto (3), Dani (4)-equipo inicial- Óscar (1), Lolo (1), Miguel, Julián (12), Gabriel, Calvo |
|
Colexiados: Manuel Currás e Francisco Soliño. |
|
O Decoraciones J.Bello Xiria conseguiu o pasado sábado dous novos puntos que o deixan na quinta posición da táboa clasificatoria antes do parón polas festas do Nadal. O encontro comezou cun Xiria errático na súa retagarda, pero, por contra, moi efectivo cara á portería contraria. O envite estaba a ser de dominio visitante, aínda que con vantaxes que non daban lugar a relaxación. O J. Bello Xiria mandaba no marcador e gozaba de diferenzas non avultadas pero si cómodas, que se movían entre os tres e catro goles. Non existían as defensas en ningún dos dous conxuntos, de aí a cantidade de goles conseguidos por ambos equipos tanto na primeira parte como no global do encontro. O 22-26 do descanso parecía máis ben un resultado final que do remate da primeira parte. A reanudación transcorreu polos mesmos derroteiros. O J. Bello mantíñase en diferenzas de entre catro e cinco goles, apoiándose na súa labor de ataque e contraataque, o que lle permitía acadar un rexistro goleador de record. A pesar dos goles encaixados, o porteiro do Xiria, o infantil Manuel Rodríguez tivo unha aceptable actuación no seu debut co equipo cadete, sobre todo na segunda metade, pero non foi acompañado no día de hoxe pola imprecisa e pouco contundente defensa dos visitantes. Con estes dous puntos, os xogadores de Xiria afrontan o parón no quinto posto da clasificación. A competición reanudarase a mediados do mes de Xaneiro. |
XORNADA 9 |
11/12/2011 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 47- BM. PABELLÓN OURENSE 26 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 47 (21+26): Buño, Iván (9), Julián (6), Diego (1), Alberto (5), Enrique (8), Dani (3) -equipo inicial- Cristian (2), Raúl(3), Jorge, Gabriel, Lolo (4), Iván Calvo, José (6). |
|
Bm. Pabellón Ourense: 26 (13+13): Roberto, José (3), Mateo (2), Diego (1), Alberto (14), Pedro (2 ), Álvaro (1) -equipo inicial- Guillermo(3), Luis, Brais. |
|
Colexiados: Abel Juncal e Farruco Soliño. |
|
A pesar de non facer o seu mellor partido, o J. Bello Xiria impúxose con moita claridade e contundencia ao Balonmán Pabellón Ourense. Dende o inicio, o dominio foi local, tanto no xogo como no electrónico, e pronto as distancias comezaban a ser avultadas. As perdas de balón e os erros cometidos no día de hoxe non facían perigar o resultado final, xa que a distancia entre os dous equipos era moita, sempre a favor dos de Xiria. O 21-13 do descanso deixaba o partido visto para sentencia e antollábase unha segunda parte pracida para os carballeses. A reanudación no tivo máis historia. Todos os rapaces de Carballo puideron ter minutos de xogo e participar dun partido cómodo, sen lugar a sobresaltos. A defensa bergantiñán respondía solidaria aos ataques dos ourensáns e ampliaba a distancia no electrónico cos seus contragolpes letais. No ataque posicional, o movemento rápido de balón desbarataba a defensa visitante e tanto os lanzamentos lonxanos como as penetracións dos extremos perforaban unha e outra vez a portería contraria. Esta vitoria sitúa aos de Carballo nunha cómoda quinta posición na táboa clasificatoria, a falia de un partido antes do parón do Nadal. A próxima fin de semana o Decoraciones J. Bello Xiria viaxará a Pontevedra para enfrontarse ao último clasificado, o Cisne. |
XORNADA 4 |
04/12/2011 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 32 - LAS CINCO JOTAS LAVADORES 33 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 32 (14+18): Buño, Iván (5), Julián (10), Diego(3), Alberto (3), Enrique (2), Dani (6) -equipo inicial- Miguel, Lolo (3), Raúl, Jorge,Cristian. |
|
Las Cinco Jotas Lavadores: 33(16+17): Mario, Borja (12), Aarón (6), Raul (5), Jorge (5), Noel (3 ),Iván (2) -equipo inicial- David,Sergio,Fernando,Cristobal,Pablo,Fernández,Carlos. |
|
Colexiados: Ana Correa e Soraya Abelenda. |
|
Partido aprazado no seu día e correspondente á cuarta xornada da liga na División de Honra en categoría cadete masculino. O equipo J. Bello Xiria, segue a demostrar a súa progresión semana trás semana e neste caso estivo a punto de conseguir algo positivo contra un rival potente como e o Lavadores de Vigo. A concentración no xogo mellorou moito con respecto o anterior partido en Lalín e este feito, entre outros, fixo posible que os de Xiria completaran o seu mellor encontro ata o momento e fixeran unha boa labor en todas as facetas do xogo, facendo un balonmán atractivo que namorou os moitos seareiros que se deron cita no Vila de Noia. De calquera forma, o inicio dos de casa foi errático e titubeante, ata tal punto que o entrenador bergantiñán tivo que pedir tempo morto a pouco de comezar o envite, xa que o marcador sinalaba un preocupante 0-4. A partir dese momento, o J. Bello comezou a crecer no seu xogo pouco a pouco, a defensa comezaba a ser intensa, con moitas axudas e a portería respondía en colaboración. Na transición defensa-ataque os do Xiria eran letais e as distancias acurtábanse na retirada aos vestiarios (14-16). Na segunda metade, os locais saíron como un ciclón, mostrando moito máis dinamismo e rapidez no xogo que no acto anterior. Isto propiciaba que aos poucos minutos xa comandaran o marcador e, aínda que con distancias curtas, asomaran a cachola por diante do equipo olívico. Nesta igualdade, foron os paus ante lanzamentos claros dos de Carballo os que desequilibraron a balanza a prol dos de Vigo (32-33), feito que non pode empañar o bo encontro efectuado polo J. Bello Xiria. A semana que ven o Decoraciones J. Bello Xiria xogará de novo no Vila de Noia carballés contra o Balonmnán Pabellón de Ourense. O partido comezará as 10:45 h o domingo 11. |
XORNADA 8 |
26/11/2011 PORTADEZA LALÍN 38 - DECORACIONES J. BELLO XIRIA 23 |
|
Portadeza Lalín: 38 (19+19): Dani, Moreta (6), Duarte (6), Pedreira (5), Jorge (5), David (5), Arón (2) -equipo inicial- Javi (1), Xoan (1), Brian (3), Marcos (3), Fabián (1). |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 23 (13+10): Buño, Iván (8), Julián (3), Diego, Alberto (5), Enrique (1), Dani (2) -equipo inicial- Miguel, Lolo (2), Raúl(1), Jorge, Cristian(1) |
|
Colexiado: Ignacio Obenza. |
|
A pesar de saír coma un ciclón e de comandar o partido nos primeiros instantes, 1-3, o J. Bello Xiria non foi quen de aguantar as embestidas dun dos equipos chamados a liderar a clasificación o remate da liga, o Portadeza Lalín. Nos primeiros compases, os de Carballo facíanse donos do encontro baseándose na súa retagarda, na boa actuación do seu porteiro e nos rápidos contragolpes que acostumaban rematar dentro das mallas do conxunto local. O Portadeza Lalín, que empezara o choque confiado pero sen ritmo, pouco a pouco aumentaba a intensidade e no meridiano desta primeira parte o envite convertíase nun toma e daca. Primeiro achegábanse os locais ata o empate cun parcial de 4-0 e despois seguían impoñendo o seu ritmo e calidade para afastarse dos carballeses por ata catro goles de diferenza. A continuación o Xiria respondía e conseguía empatar de novo o encontro. Repetíase o proceso nunha ocasión máis e os de Lalín distanciábanse de tres goles para volver a igualarr de novo os de Xiria. Foi nos últimos minutos desta primeira metade cando os bergantiñáns perderon algúns balóns de forma continuada e dalgunha maneira todo o traballo feito ata o momento, xa que o Portadeza convertía os “regalos” en contragolpes individuais e remataban a primeira parte con seis goles a favor, 19-13. O comezo da segunda parte transcorreu con un absoluto dominio do equipo lalinés, impoñendo a súa calidade en todas as accións do xogo. O trunfo final caía do lado do equipo do Deza que sumaba dous puntos máis e continua invicto neste campionato. O vindeiro domingo, 4 de decembro, o Decoraciones J.Bello Xiria recibe no Vila de Noia a un dos equipos máis potentes da competición, o Lavadores vigués. O partido xogarase ás 10.30 h. |
XORNADA 7 |
19/11/2011 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 38 - BM. ÁRTABRO OLEIROS JCA 33 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 38 (19+19): Buño, Iván (11), Julián (7), Diego, Alberto (3), Enrique (5), Dani (4) -equipo inicial- Miguel, Óscar(2) , Lolo (3), Raúl, Jorge,Cristian(3) |
|
Bm. Artabro Oleiros JCA: 24 (14+19): Castellanos, Ferreiro (7), Rubén (10), Caribia (5), Veiga (3), España (2 ),Rodríguez (2) -equipo inicial- Varela(1), Jimeno, Longueira,Trigo(2),Otero(1). |
|
Colexiados: Sergio Vázquez e Rubén Gómez. |
|
O equipo do Decoraciones J. Bello Xiria segue a demostrar a súa progresión semana tras semana e, neste caso, consegíu unha importantísima vitoria nun dos derbis provinciais. A concentración no xogo mellorou moito con respecto a partidos anteriores, clave para impoñerse a un gran equipo como é o Balonmán Ártabro Oleiros. Non cabe a menor dubida que os de Xiria completaron o seu mellor encontro ata o momento e fixeron unha boa laboura en todas as facetas do xogo, facendo un balonmán atractivo que namorou aos moitos seareiros que se deron cita no Vila de Noia. Dende o inicio os locais puxéronse por diante no marcador, privilexio que xa non ían abandonar ao longo dos sesenta minutos. A defensa era intensa, con moitas axudas e a portería respondía cunha gran actuación. Na transición defensa-ataque os de J. Bello eran letais e o adestrador visitante tiña que solicitar tempo morto mediado o primeiro acto para rearmar ao seu equipo. Nada surtíu efecto e os bergantiñáns seguían a ampliar a súa vantaxe, ben no contraataque, ben no ataque posicional con rápidos movementos de balón. No remate deste primeiro tempo, o J. Bello impoñía a súa superioridade no día de hoxe e retirábase ao vestiario con un cómodo 19-14. Na segunda metade, os do Xiria, lonxe de confiarse, saíron como un ciclón, e mostrando o mesmo dinamismo e rapidez no xogo que no acto anterior, conseguían unha vantaxe de ata nove goles que parecía insalvable para os ártabros. Tan só un baixón defensivo e unhas perdas de balón non forzadas, permitían ao Bm. Ártabro achegarse ata os dous goles nos instantes finais, pero os de Xiria, que non perderon a calma e seguían a estar moi concentrados, arranxaron o pequeno desaguisado con un par de defensas para establecer o marcador final de 38-33. Na vindeira xornadada o Decoraciones J. Bello Xiria xogará no Lalín Arena contra un dos firmes candidatos a conquistar o campionato, o Balonmán Lalín. O partido dispútase o sábado 26 ás 16:15 h. |
XORNADA 6 |
13/11/2011 BM. MOAÑA 33 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 40 |
|
Bm. Moaña: 33 (20+13): Ángel, Carlos (3), Xesús, Victor (1), Álex (10), Abel (5), Karl (1) -equipo inicial-Borja (6), Sergio (1), Héctor, Rial (4), A. Rodríguez, Juan, Dani (2). |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 40 (25+15): Jorge, Enrique (3), Julián (10), Iván (5), Diego (1), Alberto (7), Raúl (2) -equipo inicial- Óscar, Lolo (6), Miguel (1), Dani (5). |
|
Colexiado: Sergio Vázquez. |
|
O Decoraciones J. Bello Xiria consguíu o seu segundo trunfo na liga de División de Honra ao derrotar a domicilio ao Balonmán Moaña. A primeira metade comezou moi igualada, pero a partir do minuto dez o envite foi de dominio visitante, aínda que con vantaxes que non daban lugar a relaxación. O Xiria despegábase no marcador e gozaba de diferenzas non avultadas pero si cómodas, que se movían entre os tres e os catro goles. Os dous equipos estaban moi imprecisos no día de hoxe e os erros de lanzamento así como os balóns perdidos facían pensar que as tornas podían cambiar en calquera momento. A zaga do Decoraciones J. Bello traballaba lixeiramente mellor que a dos locais, feito que fixo posible que se marcaran as diferenzas entre un e outro equipo. Na retirada aos vestiarios ao remate do primeiro acto, o electrónico sinalaba un avultado 20-25 a prol dos bergantiñáns. A segunda parte transcurreu polos mesmos derroteiros. Un J. Bello que aumentaba a diferenza apoiandose na súa labor defensiva, o cal lle permitiu sair rápido ao contaataque. A defensa presionante e individual por todo o campo, imposta polo entrenador local, non deu resultado e fixo posible que a diferenza dos de Carballo aumentara ata os dez goles. Un exceso de relaxación nos últimos catro minutos propiciou que o Moaña se acercara a tan só catro goles, aínda que foi tan só un mal soño momentáneo que se solventou rapidamente para deixar o electrónico nese 33-40 que lles da dous puntos de ouro aos de Xiria. Na próxima fin de semana, os de J. Bello disputarán un derbi provincial fronte ao Balonmán Ártabro, o sábado ás 12.15 h na Zona Escolar de Carballo. |
XORNADA 5 |
06/11/2011 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 24 - SEIS DO NADAL-COIA 24 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 24 (11+13): Buño, Iván (3), Julián (7), Diego (4), Alberto (1), Enrique (5), Lolo (2) -equipo inicial- Miguel, Óscar , Dani (1), Raúl(1), Jorge. |
|
Seis Do Nadal: 24 (12+12): Alexandre, Anxo (4), Miguel (8), Oscar (5), Otero (4), Martín (2 ),David (2) -equipo inicial- Gonzalo, Angel, Costas,Santiago. |
|
Colexiado: Daniel Portela e Martín Rodríguez. |
|
Pobre partido demostrado polos dous equipos que se enfrontaron NA PISTA do Carballo Calero da capital bergantiñá o pasado domingo. O estrés competitivo marcou en demasía o saber facer dos carballeses que non tiveron o seu mellor día fronte a un equipo inferior. A primeira metade foi de dominio local no electrónico, pero o xogo era espeso e con pouco ritmo. A vantaxe moveuse durante todo o tempo nos tres tantos de diferenza a prol dos de Xiria, pero as perdas de balón e os erros cometidos nos lanzamentos dende seis metros non deixaban que estes ampliaran unha diferenza que podía ser definitiva. Tanto xogar con lume e os locais queimáronse no último segundo da primeira parte, cando nunha perda de balón, os de Vigo transformaban un contraataque para poñerse por diante no marcador por primeira vez no encontro. Na segunda parte, a tensión de verse por detrás do electrónico non favoreceu precisamente aos rapaces de Carballo que foron un manoxo de nervios durante os trinta minutos de esta segunda metade. Agora era o Sedona o que comandaba no partido con guarismos que case sempre se movían nos tres tantos de diferenza, máis polos erros dos locais que polos acertos de eles. A falta de pouco mais de un minuto para o final e co partido empatado, a exclusión de un xogador do equipo olívico poñía as cousas moi ben para o J. Bello Xiria, pero unha vez máis os erros non forzados foron determinantes para que o encontro rematara tal e como estaba. A falta de oito segundos o equipo carballés recuperaba balón e subía o contraataque con un xogador máis, pero a mala selección de lanzamento dende moi lonxe, propiciaba unha última acción de un xogador visitante que ía solo cara a portería e marcaba gol. Por sorte os colexiados estimaron que o balón entrara na portería de Xiria cando a chicharra xa tocara. Ao remate un 24-24 que permite ao Xiria seguir sumando aínda que coa sensación de poder ter conseguido un mellor resultado dada a superioridade dos bergantiñáns. Na vindeira xornada o Decoraciones J. Bello Xiria visita a pista do Bm. Moaña, nun encontro que se disputará o domingo 13 ás 12.00 h. |
XORNADA 2 |
01/11/2011 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 21-ACADEMIA OCTAVIO 33 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 25 (12+13): Buño, Iván (1), Julián (2), Diego (1), Dani (6), Enrique (3), Cristian (1) -equipo inicial- Miguel, Óscar (1), Lolo (6), Raúl, Jorge. |
|
Academia Octavio: 45(27+18): Oliveira, Antón (8), Rogelio (6), Dani (5), León (2), Rubén (9 ),Xurxo (2) -equipo inicial- Andrés, Iglesias, Alex, Pedro, Veiga,Adrián,Núñez. |
|
Colexiado: Lucas Crespo e Pablo Álvarez. |
|
Gran melloría demostrou o Decoraciones José Bello Xiria no partido que o enfrontou ao Academia Octavio de Vigo. A progresión deste equipo é moi notable comparado co mesmo enfrontamento que tiveron os dous clubes hai escasamente un mes. Naquel entonces, os de Carballo caían na Copa Federación por un contundente 28-45 e desta volta os nosos foron moito máis solventes e demostraron unha progresión no seu balonmán moi a ter en conta. A calidade do equipo visitante está fora de toda dúbida, é un equipo formado na súa maior parte por xogadores un ano maiores que os de Xiria e chamados a loitar polo título da liga sen ningún tipo de dúbidas. A primeira parte foi claramente de dominio visitante, controlando de forma moi clara todos os aspectos do xogo. Os locais, lonxe de desesperarse ante a superioridade mostrada polo equipo olívico, mostrábanse combativos aínda que irregulares no seu xogo, alternando momentos excepcionais con erros absurdos. Estes erros non forzados eran os que sentenciaban aos carballeses que se ían o vestiario no descanso cun resultado en contra de 9-18. Na segunda parte foi totalmente diferente e aínda que os de Vigo seguían a impoñer a súa calidade, os de Carballo non lle ían a zaga e melloraban claramente nas tarefas defensivas e no ataque posicional. Se a isto engadimos que as perdas de balón foron moito menores, temos a explicación de ese 12-15, parcial que reflectía o electrónico nestes segundos trinta minutos. No remate do encontro, o 21-33 deixa moi boas sensacións para os carballeses e mostra unha melloría ilusionante cara a futuros encontros. |
XORNADA 3 |
23/10/2011 BM. PORRIÑO 26 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 36 |
|
Bm.Porriño: 26 (10+16): Tadeo, Samuel (7), Alex, David, Roberto (8), Adrián, Dani (3) -equipo inicial- Abdelhadi (1), Gonzalo (5), Ambrosio, Dieguez, Sergio (2), Diego,Oscar |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 36 (17+19): Buño, Raúl, Julián (8), Cristian (5), Diego (2), Enrique (3), Dani (4) -equipo inicial- Iván (5), Óscar (3), Lolo (6), Miguel, Jorge |
|
Colexiado: Manuel Currás e Farruco Soliño. |
|
O Decoraciones J. Bello Xiria conseguiu o pasado Domingo a súa primeira vitoria na liga de División de Honra cadete masculino. O encontro correspondía a terceira xornada de liga, aínda que para os bergantiñáns era o seu segundo partido, xa que o encontro da xornada anterior aprazouse por mor da selección nacional xuvenil. A primeira parte foi claramente de dominio visitante e o 2-0 inicial tan só foi un espellismo para os seareiros locais que se deron cita nas bancadas. A partir dese momento, os xogadores do Xiria comezaron a funcionar e a plasmar sobre o parqué porriñés o seu ritmo, mostrando unha absoluta superioridade tanto en tarefas atacantes como defensivas. A zaga do Vipecón impúñase unha e outra vez ao ataque dos locais, matando o partido no contraataque e desplegando un balonmán rápido, dinámico e atractivo cara o espectador. A diferenza coa que os visitantes se retiraban ao vestiario xa era ampla e complexa para que puideran remontar os locais, 10-17. A segunda metade non tivo historia, xa que o Vipecón saíu de novo moi seguro das súas posibilidades e non deu opción en ningún momento aos do Porriño para que se achegaran no marcador. Pouco a pouco foron ampliando a diferenza no electrónico para deixar un marcador no remate do encontro de 26-36. O próximo partido a disputar polo J. Bello Xiria será o 01/11/11. Partido aprazado no seu día e correspondente a segunda xornada de liga. O encontro disputarase as 10:30 no Vila de Noia carballés e enfrontará aos nosos contra o potente Academia Octavio vigués, un dos equipos chamados a loitar polos primeiros postos da clasificación. |
XORNADA 1 |
09/10/2011 NOVACAIXAGALICIA OAR 30 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 25 |
|
Novacaixagalicia OAR: 30 (10+20): Adrián, Fran (4), Carlos (6), Miguel (4), Diego (4), Manu (3), Iago (2) -equipo inicial- Jairo (3), Nacho (1), Jorge (2), Dani (1), Gonzalo, Mario, Angel. |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 25 (12+13): Buño, Alberto (1), Julián (6), Diego (3), Dani (2), Enrique (5), Cristian (3) -equipo inicial- Miguel, Óscar (2), Lolo (2), Iván, Raúl (1), Jorge. |
|
Colexiado: Fernando Eiras e Andrés Rosendo. |
|
Partido con pouco ritmo e moitos nervios o que se disputou o pasado domingo no pavillón coruñés de San Francisco Xabier. Tensión propia dun derbi e dun inicio de liga cadete no que o representante carballés, con un equipo case que por completo de primeiro ano, vai ter un longo traballo para poder posicionarse o máis arriba posible na táboa clasificatoria cando remate o curso ligueiro. Dende o inicio, os xogadores bergantiñáns saíron moi decididos a polos dous puntos e puxeron algo máis de intensidade e xogo no envite. Non era un bo partido por parte de ningún dos dous equipos e a igualdade reinou durante os primeiros trinta minutos, eso si, case sempre con pequenas vantaxes dos visitantes, mellor asentados en defensa e no ataque posicional. Remataba a primeira parte con un meritorio 10-12 a prol dos visitantes. Na segunda metade, a igualdade seguía a ser a tónica predominante, pero os de Decoraciones J. Bello disfrutaban de distancias aínda máis cómodas que rondaban os tres e ata catro goles. Non estaba a supoñer un problema batir a meta oarista, así como tampouco se pasaban moitos apuros na retagarda. Con este contexto e tres goles de vantaxe para os de Xiria, entrábase nos últimos doce minutos de partido. Nada podía facer pensar a os seareiros alí presentes que os de Carballos ían sufrir unha desconexión total e absoluta nestes últimos intres, despois de ir comandando tanto o marcador como o xogo durante todo o encontro. O equipo coruñés non estivo en ningún momento por diante no electrónico no que se levaba de encontro pero foi a falta de 5 minutos para o final, no momento máis crucial, cando conseguiron darlle a volta ao marcador. Os locais non fixeron nada en especial, de feito o seu balonmán seguía sendo lento e previsible, sen continuidade no ataque posicional e deixando moitos espazos en defensa. Sen embargo, foron os de Carballo os que comezaron a ter erros non forzados de malos pases ou recepcións defectuosas que poñían en bandexa sinxelos contaataques para os locais. Primeiro partido de liga e boa lección para aprender cara ao futuro inmediato. De nada serve dominar o encontro durante cincuenta minutos, se nos últimos dez a atención e a intensidade baixa de tal maneira que o equipo contrario e capaz de facerche un parcial de oito goles de diferenza. Estes rapaces teñen a capacidade de mellorar neste senso. Un bonito ano de traballo por diante, no que con toda seguridade o Decoraciones J. Bello terá unha progresión excelente e dará moitas satisfacións aos seguidores do Xiria. |
DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINA
COPA FEDERACIÓN
|
XORNADA 3 |
11/10/2011 BM. MOAÑA 19 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 28 |
|
Bm. Moaña: 19 (11+8): Ángel, Carlos (5), Xesús (2), Víctor (2), Álex (3), Abel (1), Karl (1) -equipo inicial- Borja (1), Sergio (2), Piñeiro (1), Héctor, Rial (1), A. Rodríguez, Fernando. |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 28 (16+12): Buño, Enrique (5), Julián (8), Dani (5), Raúl, Diego, Alberto (5) -equipo inicial-Cristian (5), Iván, Óscar, Lolo, Miguel, Jorge. |
|
Colexiado: Andrés Bacelar e Abel Juncal. |
|
O Descoraciones J. Bello Xiria conseguiu o seu primeiro triunfo na Copa Federación ao vencer ao Bm. Moaña, na terceira e derradeira xornada da fase de grupos, por 19 – 28. A primeira metade comezou moi igualada, pero, a partir do minuto dez, o envite foi claramente de dominio visitante. O Xiria despegábase no marcador e gozaba de diferenzas non moi avultadas pero si cómodas, que se movían entre os catro e cinco goles. A superioridade dos de Carballo no día de hoxe era notable, tanto en tarefas atacantes como defensivas. A zaga do J. Bello impúxose con claridade ao ataque dos locais, o que fixo posible que se marcaran as diferenzas entre un e outro equipo. Na retirada ao vestiario tras o primeiro acto, o electrónico xa sinalaba un 11-16 a prol dos bergantiñáns. A segunda parte transcorreu polos mesmos derroteiros. Un J. Bello que aumentaba a diferenza no parcial da reanudación, apoiandose na súa labor defensiva, igual que fixera no primeiro tempo. O marcador ao remate do encontro deixaba un cómodo 19-28 para os de Xiria que saían moi satisfeitos do parqué de Moaña.. A próxima fin de semana, os de Xiria disputarán o primeiro partido de liga nun sempre apaixoante derbi contra o OAR en terras coruñesas. |
|
XORNADA 2 |
30/09/2011 DECORACIONES J. BELLO XIRIA 31 – SD. TEUCRO 44 |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 31 (13+18): Buño, Iván (11), Enrique (1), Julián (7), Diego (3), Alberto (2), Dan i(2) -equipo inicial- Jorge, Óscar (1), Raúl (1), Lolo, Cristian (3), Miguel. |
|
S.D. Teucro: 44 (19+25): Santi, José (18), Miguel, Ameijeiras (5), Domínguez (3), Matías (3), Andrés (7) -equipo inicial- Martín (3), Felipe, Aitor, Rubén (5), Adrian. |
|
Colexiado: J.María García. |
|
O Decoraciones J. Bello Xiria, xogou o pasado venres a segunda xornada de Copa Federación contra o Teucro de Pontevedra, xornada que fora aplazada no seu día por petición do equipo visitante. Os de Xiria comenzaban moi centrados e metidos no partido e con un ritmo moi alto de xogo, o que os levou levou a comandar o marcador ata o meridiano da primeira metade. A diferenza que chegou a conseguir o equipo local foi incluso de catro goles (9-5), pero, así que foi aparecendo a fatiga, os bergantiñáns non puideron continuar coa misma intensidade nin co xogo rápido que os levara o éxito ata ese momento. A partir do meridiano dessta parte, o Teucro impuxo a sua calidade para facer un parcial contundente e marchar aos vestiarios cunha vantaxe certamente cómoda (13-19). Na segunda parte, as cousas non melloraron para os de Carballo. Notábase o equipo moi cansado e isto supuxo un lastre co que tiveron que loitar os trinta minutos da reanudación.A pouca defensa e o moito barullo, fixo que o xogo non fora vistoso neste tempo, máis ben un correrrúas que rematou cun parcial de 18-25. Ao remate do encontro, o resultado de 31-44 a prol dos de Pontevedra e un Xiria co que hai que ter paciencia,xa que a maioría son xogadores de primeiro ano e teñen unha marxe moi ampla de mellora. |
|
XORNADA 1 |
18/09/2011 ACADEMIA OCTAVIO 45 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 28 |
|
Academia Octavio: 45(27+18): Conde, Beiro (4), Hermida (6), Veiga (5), León (5), Gregorio (5), Cruz (5) -equipo inicial- Giráldez (5), Iglesias, Oliveira (5), Ogando (5), Rojas, Figueirido. |
|
Decoraciones J. Bello Xiria: 28( 14+14): Buño, Enrique (6), Iván (6), Julián (5), Diego (3), Lolo (3), Dani (4) -equipo inicial- Alberto (2), Miguel, Raúl (1), Jorge. |
|
Colexiados: Pedro Eiras e Alberto Fdez . |
|
Comezaba a tempada oficial para o Decoraciones J. Bello Xiria coa disputa da primeira xornada da Copa Federación e facíao ante un dos ravais máis complicados cos que se pode atopar neste novo curso deportivo, o Octavio vigués, un dos equipos, xunto co Balonmán Lalín, que parte como favoritos para acadar o campionato ligueiro. O partido iniciouse cun equipo carballés descoñecido, que non amosaba a súa habitual rapídez no contraataque e no seu xogo, tal e como nos ten acostumados, lonxe diso, convertíase nun equipo lento e previsible que daba máis facilidades a un equipo local que xa de por si se amosaba superior. A maior antropometría dos locais facía o resto, notándose unha diferenza moi notable en canto á evolución nas capacidades físicas básicas, sobre todo no referente a forza. O marcador, que reflectía un 27-14 para os locais no descanso, deixaba claro que os visitantes estaban descoñecidos no seu xogo e poñía de manifesto unha clara superioridade dos olívicos. A segunda metade foi máis igualada. Os bergantiñáns saíron decididos a loitar, lonxe de sentirse inferiores e aínda sen alcanzar o seu mellor momento de xogo, comezaban a correr. Os trinta minutos transcurriron da mesma maneira e o Xiria era quen de subírselles ás barbas ao poderoso equipo vigués, tanto que o resultado final era de 45-28, é dicir que na segunda parte o equipo de Carballo conseguía un meritorio parcial de 18-14 e deixaba unha imaxe e unha evolución moito máis satisfactoria. |