SEGUNDA DIVISIÓN CADETE MASCULINA
 

2ª FASE - Postos 1º - 8º


XORNADA 14

22/05/2010     TIRSO DE MOLINA 45 - PROCASA XIRIA 25

Tirso de Molina: 45 (22+23): Nacho, Diego, Jose (4), Pablo (1), Rufino, Rafael (9), Adrián (5), Alejandro (4), Jaime (11), Carlos (7), Enrique (8).

Procasa Xiria: 25 (14+11): Martín, Calvete (5), Damián (5), Mario (1), Luís Iglesias (1) , Jose A., Rubén (4), Ricardo (5), Julián (4).          

Colexiados: Rafael Núñez.

O Procasa Xiria afrontaba a derradeira xornada de liga, e facíao visitando a cancha do Tirso, en Ferrol, nun partido no que os de Carballo non tiñan nada en xogo, xa que ao ganarlle a Porriño na pasada xornada aseguraban a 5ª praza. Pola contra o Tirso que comezaba a xornada como 4º clasificado, buscaba unha vitoria que lle podería dar o ascenso e o subcampionato.

A expedición carballesa só puido desplazar 9 xogadores, debido ás numerosas baixas por lesión ou enfermidade. Algo que, coa calor que facía, non tardou en pasar factura aos rapaces do Procasa, que con só 2 trocos acusaron moito o cansancio. Dende o comezo, o Tirso impuxo o seu ritmo de xogo, o Xiria non estaba acertado de cara ao gol e a velocidade nas circulacións non era a de sempre. Pouco a pouco, os ferroláns foron poñendo terra de por medio e xa ao descanso o partido estaba claramente decantado a prol dos locais.

Pese a todo, só nos queda felicitar a tódos os nosos xogadores polo esforzo feito durante toda a tempada, onde amosaron ser un auténtico equipo, tentando sempre facer o mellor balonmán, incluso ante bos equipos coma o Rasoeiro, o Porriño ou o propio Tirso. A melloría ao longo do ano é patente, e todo gracias ó voso traballo e esforzo. Noraboa.


XORNADA 13

15/05/2010     PROCASA XIRIA 33 - BM PORRIÑO 32

Procasa Xiria: 33 (18+15): Martín, Chouciño, Joaquín (5), Luís García (3), Calvete (3), Damián, Mario, Jose A. (1), Rubén (5), Ricardo (5), Julián (11).

Bm Porriño: 32 (16+16): Romero (8), Manuel (3), Israel, Hugo (5), Lucas (2), Jorge (5), Brais (1), Miguel, Xoán, Sergio, Carlos (8), Gonzalo, Matthiou.

Colexiados: David García Pichel e Iago Lavandeira.

O Procasa Xiria recibía, na penúltima xornada da fase polo título na 2ª División Cadete, ao 2º clasificado na loita polo título, o Bm Porriño, que necesitaba facer o mesmo resultado que o Rasoeiro para ter opcións ao título na derradeira xornada na que tiñan un enfrontamento directo na pista porriñesa. A vitoria do Procasa unida á do Rasoeiro sobre o Teucro deixaba ao Porriño sen opcións obtendo así o título o equipo do Grove. O partido era o último desta tempada como local e tiña, polo tanto, un certo sabor a despedida pero sobre todo respirábanse as ganas de deixar un bo recordo.

O encontro comezou tarde debido á ausencia dos colexiados, os dous equipos acordaron non suspender o partido e que foran dous rapaces da base do Xiria, o cadete David García e o xuvenil Iago Lavandeira, os que arbitraran, que pese aos nervios e ás protestas do público actuaron moi correctamente.

O Procasa Xiria comezaba moi concentrado en defensa con un 5-1 moi plano con Joaquín ou Rubén Anes facendo de home avanzado. En tarefas ofensivas os locais andaban un pouco máis atascados contra a 6-0 do Porriño, pero a determinación e a forza de Julián (7 goles na primeira metade) bastaban para atopar ocos que aproveitar na defensa. Pouco a pouco fóiselle collendo a medida e a fluidez nas circulacións de balón axudaba a atopar boas situacións de lanzamento. A defensa tamén estaba a funcionar, con un Luís García, como case sempre, maxistral no centro da 5-1 e con Martín acertadísimo baixo os paos.  Así chegouse ao descanso cunha vantaxe de 2 goles que deixaba aínda todo en xogo para a segunda metade.

Este segundo tempo foi moi igualado durante os 30 minutos, con pequenas alternancias no marcador que non chegaron a decantar o partido en ningún momento. O Xiria aguantaba ben as embestidas do Porriño que baseou máis o seu xogo en accións individuais, a miúdo, ben interpretadas polos xogadores locais.  En defensa o Porriño tamén probou varios sistemas que non lle deron resultado, nin o cambio fugaz a 5-1 nin as defensas mixtas sobre os primeiras liñas do Xiria.

Ao final victoria pola mínima nun partido moi complicado contra un gran rival e que lle da ao Procasa Xiria a seguridade de acadar a 5ª praza do Campionato, por debaixo do Tirso de Ferrol, 4º clasificado e próximo rival, no que será a última xornada ligueira. Moita sorte na vosa despedida.


XORNADA 12

08/05/2010     PROCASA XIRIA 24 – JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 32 

Procasa Xiria: 24 (15+9): Martín, Rubén (4), Chouciño, Joaquín (2), Luís García (3), Calvete (2), Mario (1), Damián (2), Jose A. (1), Ricardo (3), Luís Iglesias.

José Enseñat : 32 (14+18): Alberto, Brais, Cristian (2), Abel (5), J. Ángel (2), Darío García (3), Andre (11), Rubén (2), David, Fernando, César, Miguel, Alejandro (6) e  Darío Nerga (1).

Colexiados:  Andrés Sanjurjo y David Rodríguez.

O Procasa Xiria recibía, na 12ª xornada da fase polo título na 2ª División Cadete, ao José Enseñat Cangas, equipo ao que os carballeses venceran por un só gol de diferenza no partido da 1ª volta desta fase.

O encontro comezaba, como moitos outros, con un Xiria ao que lle costaba coller bo ritmo de xogo, deste xeito o Procasa comezou cedendo unha vantaxe de ata 4 goles alá polo minuto 5. Pero, pouco a pouco, foi recurtando esa distancia, sen chegar a facer tampouco un gran xogo, xa que os despistes en defensa eran demasiados e moi claros e o ritmo das transicións e a velocidade de balón non chegaban ao que nos ten afeitos. Iso mantivo ao Cangas metido no partido ata chegarse ao intermedio con un 15-14 a prol dos de Carballo. Unha vantaxe escasa que non decantaba a balanza para ningún equipo cara á segunda metade.

Dende a reanudación todo foi un quero e non podo, a falta de concentración ía a máis a medida que o partido se ía complicando. Demasiados despistes en defensa que adoitaban rematar en goles doados para os visitantes, tamén moitos erros de lanzamento, de pase… En definitiva, unha segunda metade para o olvido que nos ten que servir de exemplo do que non ten que volver a pasar.

Dos erros sempre se aprende e se sae máis forte, seguramente o Xiria demostrará como sabe xogar e desplegará todo o seu potencial no seu último partido desta tempada como local, será a vindeira xornada fronte ao Bm Porriño. Esperamos ver por alí aos seareiros carballeses para despedir ao equipo e agradecer o seu esforzo que, pese a estes baches sufridos, vai dando os seus froitos.


XORNADA 11

01/05/2010     BM CHAPELA 25 - PROCASA XIRIA 40

Bm Chapela: 25 (12+13): Jose Mª., Jesús (2), Andre (2), Enrique (4), Rodrigo, Joel (3), Erick, David (2), Prado (3), Ismael, Iván, Adriano (5), Víctor (3), José (1).

Procasa Xiria: 40 (14+26): Daniel, Joaquín (8), Luís García (7), Calvete (5), Damián (1), Jose A. (4), Rubén (5), Luís Iglesias (2), Julián (5), Martín (p.s.), Chouciño (3).        

Colexiados: Alberto Fernández Costa e David Pérez Fernández

O Procasa Xiria visitaba, na 11ª xornada de liga da fase polo título da 2ª División Cadete, a pista do Balonmán Chapela. Os de Carballo chegaban a este encontro coa necesidade dunha vitoria balsámica que lles axudara a pasar páxina logo de varias derrotas pola mínima nas últimas xornadas disputadas.

O partido comezou con pouco ritmo por parte dos dous equipos, o Chapela saíu cunha defensa 6-0 con poucas saídas que se lle atragantou ao Xiria. Ata foi necesario un tempo morto no minuto 10 de partido para aclarar as ideas: máis lanzamento exterior e máis velocidade de balón nas circulacións, onde Calvete tiña que axudar no pivote con bloqueos para entorpecer as basculacións defensivas e con pantallas para favorecer o lanzamento dende 9 metros. O equipo comezou a traballar sobre esas ideas e foille dando a volta ao marcador, ían 2 abaixo no tempo morto e chegábase con 2 arriba ao descanso, 12-14.

A segunda metada nada tivo que ver coa primeira, o Chapela cambiou a súa defensa a unha 4-2 moi aberta e a partir de aí o Xiria foi unha auténtica apisoadora, a facilidade goleadora aflorou e non tardou o equipo carballés en coller unha boa renda de goles que decantaba claramente o encontro ao seu favor. A partir de aí o partido foi un auténtico correrrúas no que o Xiria saíu moi beneficiado. Como indicativo o parcial da segunda metade, 13-26, que amosa a clara superioridade do Procasa nestes últimos 30 minutos.

A vindeira semana o Procasa Xiria recibe en Carballo ao seu perseguidor na táboa clasificatoria, o Bm Cangas, partido importante para distanciarse máis do seu rival e asegurarse a 5ª plaza.


XORNADA 10

24/04/2010     PROCASA XIRIA 25 - RASOEIRO BM 27

Procasa Xiria: 25 (12+13): Martín, Joaquín (2), Luís García (3), Calvete (5), Ricardo (5), Jose A. (1), Rubén (4), Luís Iglesias (2), Daniel (p.s.), Julián (3), Crístian

Rasoeiro Bm: 27 (12+15): Daniel Prol, Daniel G. (3), David (2), Guillermo, Alejandro (2), Adrián, Jose L. (8), Diego (7), Ernesto, Aarón (5), Miguel y Adrián Besada.

Colexiados:  Jose Pérez.

Partido correspondente á 10ª xornada do Campionato Cadete de 2ª División, disputado no Pavillón da Zona Escolar de Carballo ante un dos principais candidatos ao ascenso, o Balonmán Rasoeiro.

O encontro comezou bastante igualado con pequenas alternancias no marcador durante toda a primeira metade. O Rasoeiro baseaba o seu ataque en accións individuais dos seus primeiras liñas, moi fortes fisicamente e con gran calidade técnica. Mentres, o Xiria resolvía os seus ataques con longas circulacións de balón que adoitaban rematar en mans de Calvete, no pivote, ou eran finalizadas por algún extremo. Os dous equipos plantexaron unha defensa 5-1, no caso do Xiria cun avanzado moi pegado a 9m que entorpecera as accións de lanzamento exterior dos primeiras liñas do Rasoeiro e non permitira, en ningún caso, o xogo de balón ás súas costas. Salvo varios despistes ao longo deste primeiro tempo, a defensa do Xiria creáballe moitos problemas aos atacantes rivais, isto sumado á gran tarde de Martín baixo os paos fixo que a gran capacidade anotadora dos visitantes se quedara en 12 goles ao finalizar o primeiro acto.

A segunda metade comezaba con empate no marcador, aínda que non tardou o Rasoeiro en poñer terra de por medio e, axudado pola relaxación dos locais, colleu unha distancia de varios goles que poñía o encontro bastante costa arriba para o Procasa. Pero os de Carballo non ían deixar escapar o partido así e foron quen de reaccionar. A falta de 8-10 minutos e 5 goles abaixo Martín realizou unha parada incrible en explosión que facilitou o contraataque local, que rematou en gol, o seguinte ataque do Rasoeiro tamén o errou e o Xiria non fallou. Xa estaba no partido de novo, nos seguintes minutos chegou a poñer en serios apuros a un Rasoeiro que tirando de accións individuais puido manter a vantaxe ata chegar ao 25-27 final.

Outros dous puntos que se escapan tras un final agónico, como moitos dos que estamos a vivir este ano. Debemos de dominar máis nestes finais de partido e comezar a sacar algo positivo destes encontros tan igualados. Agora temos por diante a viaxe a Chapela e o Cangas en Carballo, dous encontros que deben servir para amosar todo o traballo que se está a facer e deixar patente a melloría do equipo. Moita sorte.


XORNADA 9

18/04/2010     SD TEUCRO 27 – PROCASA XIRIA 25

SD Teucro: 27 (15+13): Carmelo, Marcos (3), Rodrigo (1), Jose C. (7), Carlos (6), Miguel (2), Manuel, Santiago (4), Tomás, Miguel A., David C. (1), Jacobo (1), David T. (3), Andrés

Procasa Xiria: 25 (15+10): Martín, Luís García (3), Calvete (3), Mario (1), Jose A., Rubén (3), Daniel (p.s.), Ricardo (7), Luís Iglesias.                

Colexiados: Marcos Pérez

O Procasa Xiria disputaba a 9ª xornada da fase polo título na 2ª División Cadete enfrontándose, a domicilio, ao Teucro, segundo clasificado a un punto do Rasoeiro e un dos favoritos para facerse co título. O Xiria chegaba como 5º clasificado perseguindo de preto ao Tirso, 4º.

O partido presentábase duro, debido ao potencial do equipo rival e ás importantes baixas coas que contaba o equipo para este encontro, xa que tan só puideron viaxar 10 xogadores, 2 porteiros e 8 xogadores de campo o que significaba contar con tan só 2 únicos trocos. E o desgaste físico rematou pasando factura, nun partido no que, dende o primeiro minuto, o Teucro ía a ensinar as súas mellores armas, roubo de balón e contraataque directo, aproveitando as dúbidas e os despistes rivais. Tardou uns minutos o Xiria en meterse no encontro, pero así que o fixo non lle custou volver a igualar un marcador no que ía perdendo por ata 5 goles, baseándose nunha forte defensa e volvendo ao seu xogo de sempre en ataque, largas continuidades e traxectorias amplas. Luís Garcia deixou máis claro, se cabe, a súa polivalencia e capacidade de adaptación, asumiu con gran naturalidade o posto de central e ata marcou goles de gran factura dende longa distancia.

A primeira metade remataba con empate e nela púidose ver unha gran igualdade entre ambos equipos, o que facía pensar nunha segunda parte moi disputada. E así foi, o Xiria quería dar un golpe na mesa gañando como visitante ao líder virtual da liga; arrincou a segunda metade moi enchufado e meténdolle o medo no corpo a un Teucro ao que, por momentos, facíaselle imposible furar a portería do Xiria, defendida con gran acerto por Martín, quen brillou neste encontro. Co paso dos minutos o Xiria ía collendo vantaxe no marcador, ata os 4 goles, pero o Teucro cambiou a súa defensa avanzada a 6-0 e o ataque do Xiria comezáballe a custar moito máis facer goles. Pero pouco a pouco e movendo o balón con paciencia ía atopando ocos e ía mantendo a diferencia co Teucro.

Os últimos minutos do partido foron catastróficos, o equipo comezou a cometer erros en accións básicas por mor do cansazo ou da relaxación, todo un pouco; pero de repente o Teucro enganchou varias accións culminadas con goles fáciles e claros e veuse arriba, apretou en defensa e o Xiria non foi quen de reaccionar. Os de Pontevedra endosáronlle un parcial de 8-2 que condenaba aos de Carballo a outra dolorosa derrota nos últimos minutos. Pero aínda son xente nova e teñen moito tempo por diante, pero compre que se afagan canto antes a eses momentos de alto estres competitivo no que se deciden os partidos, cando consigan controlalo terán dado un paso importante como xogadores.

Neste partido estreábase Daniel como porteiro do Xiria, benvido e moita sorte no que resta de liga a ti e os teus compañeiros.


XORNADA 8

11/04/2010     PROCASA XIRIA 36 – BM ÁRTABRO 33

Procasa Xiria: 36 (17+19): Martín, Joaquín (4), Luis García (3), Julián (4), Calvete (1), Damián (7), Luis Iglesias (1), Mario (3), Jose A., Christian, Alberto, Rubén (4), Ricardo (5), Chouciño (4).

Bm Ártabro: 33 (19+14):  Álvaro N., Daniel (2), Jacobo (3), Manuel G. (5), Álvaro R. (1), Carlos (1), Miguel (3), Manuel B. (1), Pablo (14), Rubén, Iago (3).       

Colexiados: David Rodríguez.

O Procasa Xiria comezaba a 2ª volta da fase polo título, logo do parón da Semana Santa e facíao impoñéndose a un correoso  Bm Ártabro que loitou ata o final e vendeu cara a súa derrota ata os últimos minutos do encontro.

Voltaba o Xiria das vacacións de Semana Santa e notouse ben no arranque do partido, a falta de concentración e os erros derivados dela puxeron un 0–4 no marcador (min. 4’). Co paso dos minutos e tras varios trocos no equipo local, a actitude derrotista foi desaparecendo e o Xiria entraba, pouco a pouco, no partido. A a entrada en pista de Damián foi un revulsivo en ataque e o bo traballo de Rubén no avanzado axudaba a recuperar balóns importantes, aínda que Pablo, do equipo visitante, seguía a ser unha dor de cabeza para a defensa local. Un bo aceleirón no final da primeira metade meteu o medo no corpo aos do Ártabro, o Procasa chegaba ao descanso a só dous goles. Logo dun inicio de partido nefasto, o equipo carballés foi quen de reaccionar e encarar así a segunda metade cunhas sensacións moito máis positivas.

E así foi, o segundo tempo sería a continuación da melloría que viñan amosando. Grazas a unha defensa individual sobre Pablo o ataque do Ártabro atascábase, por certo, mixta levada moi ben a cabo por Joaquín e Damián que se convertéron en auténticas sombras do xogador visitante ata rematar exhaustos. Así o Xiria igualaba o partido a base de boas defensas 5 contra 5 e cun bo xogo en ataque, onde houbo continuidade e alto ritmo de balón. Os xogadores do Ártabro tentárono con moitísimas ganas e loitaron ata o último intre, pero o equipo acusou moito a mixta a Pablo que meteu 10 goles no primeiro tempo e 4 no segundo.

Na recta final do encontro, ante a avalancha local, o Ártabro probou defensas individuais, primeiro sobre o lateral esquerdo e logo sobre varios xogadores, pero os de Carballo souberon aproveitar ben os ocos creados tras as mixtas e, cunha boa mobilidade, acababan logrando lanzamentos claros.

Ao final o Xiria deixou quedar os puntos na casa nun partido no que foi de menos a máis, onde comezou facendo o peor arraque de partido dende hai tempo e acabou desplegando un bo xogo que fixo vibrar aos presentes no pavillón. Seguimos, pois, vendo en cada partido partes das dúas caras do equipo, a ver se comezamos a ver só a cara boa que tanto gusta e emociona á afición e esquecemos esa cara mala que é altamente contaxiosa e non gusta a ninguén. Noraboa e moita sorte na visita a Pontevedra da próxima fin de semana onde se enfrontará a un dos galos da liga, a SD Teucro.


XORNADA 7

27/03/2010     PROCASA XIRIA 30 – TIRSO DE MOLINA 33

Procasa Xiria: 30 (17+13): Martín, Joaquín (6), Iván, Luís García (3), Calvete (6), Damián (3), Mario, Jose A., Rubén (1), Ricardo (5), Chouciño (6).

Tirso de Molina: 33 (15+18): Nacho, Diego, Jose (1), Pablo (5), Rufino, Rafael (1), Adrián (1), Alejandro (4), Jaime (5), Carlos (7), Enrique (9).        

Colexiados: Rafael Iglesias y Francisco Coejo.

O Procasa Xiria afrontaba esta fin de semana a 7ª xornada do Campionato recibindo ao Tirso de Molina, que chegaba como 5º clasificado, xusto por debaixo do Xiria que era 4º. Os locais non contaron nesta ocasión con Luís Iglesias, de viaxe, nin con ningún dos infantís, que xogaban tamén pola mañá en Oleiros.

O partido comezaba ben para os intereses do Xiria, o ataque funcionaba moi eficazmente con circulacións largas de balón que abrían ocos na defensa e permitían finalizacións cómodas dende os 6 metros. No ámbito defensivo os erros de concentración e pequenos despistes nos apoios mantiñan ao Tirso dentro do partido que, aínda así, foi prácticamente toda a primeira parte por debaixo no marcador.

A segunda metade xa comezou doutro xeito, os de Ferrol saíron claramente a polo partido e a base de carácter e orquestados polo seu lateral esquerdo, que foi literalmente imparable, fóronlle dando a volta ao marcador. En ataque os locais mantiveron, máis ou menos, a mesma liña que na primeira metade, cometeron algún erro de lanzamento claro e, por momentos, atascábanse en accións individuais que remataban en golpes francos e non facían máis que ralentizar o xogo. Pero onde estivo realmente o problema foi na defensa, o equipo deixouse ir, foi perdendo fol e non soubo reaccionar ante o acelerón que estaban a dar os ferroláns, as basculacións non eran suficientes, os apoios non eran intelixentes e os xogadores do Tirso acribillaban a Martín con lanzamientos dende 6 metros sen ningún tipo de oposición. Ao final, cando o Xiria quixo reaccionar, xa non quedaba tempo.

Partido que segue a mesma liña das últimas xornadas, cunha moi boa imaxe en ataque pero demasiado brandos e relaxados en defensa. Entre os destacados do encontro, Damián, foi o encargado de imprimirlle velocidade ao balón e distribuír o xogo, fartouse a dar pases de gol. Calvete, como xa nos ten acostumados, segue a ser o gran punto feble dos rivais, esta vez tamén axudou con algún bloqueo para facilitar a circulación de balón, quédalle mellorar no aspecto defensivo para seguir medrando. Chouciño estivo irrecoñecible na segunda metade, asumiu a responsabilidade en ataque e marcou 6 goles de gran factura. E Rubén, que foi o mellor en defensa, estivo máis que correcto no avanzado e mostrou un gran poderío físico.

Con este encontro remataba a primeira volta para o Procasa Xiria, agardamos que aproveite estas vacacións de Semana Santa para coller forzas e afrontar este último tramo da liga con moitas ganas.


XORNADA 6

20/03/2010     BM PORRIÑO 26 - PROCASA XIRIA 25

Bm Porriño: 26 (13+13): Romero (7), Manuel (3), Israel, Hugo, Lucas (1), Jorge (6), Brais (1), Miguel, Xoán, Sergio (1), Carlos (7), Gonzalo, Matthiou, Adrián.

Procasa Xiria: 25 (12+13): Martín, Chouciño, Joaquín (4), Iván, Luís García (1), Calvete (5), Damián (1), Mario (5), Jose A. (4), Rubén (3), Ricardo, Julián (2) e Christian.

Colexiados: Rafael Núñez y Jorge Martínez.

Partido, correspondente á 6ª xornada da 2ª fase na 2ª División Cadete, disputado no pavillón municipal do Porriño nun horario atípico para estas categorías, 19:45 h. O Procasa Xiria xogaba o seu segundo partido consecutivo como visitante tras a vitoria do día anterior en Cangas. O equipo recuperaba varios xogadores que non viaxaran a Cangas e afrontaba o encontro con moitos máis trocos. Ademais entraron tamén na convocatoria os intantís Julián e Christian.

O Xiria enfrontábase a un equipo descoñecido que pasou a esta segunda fase como 1º clasificado do outro grupo. O encontro comezou bastante igualado con altibaixos dos dous equipos. Salvo algúns lanzamentos precipitados na primeira metade, os de Carballo desenvolvían un bo xogo ofensivo, Calvete no pivote era un auténtico pesadelo para a defensa local e os extremos mantiñan unha boa porcentaxe de lanzamento nas finalizacións, pero pola contra non chegaban a axustar a súa defensa, que a base de pequenos despistes mantiña ao Porriño mandando no encontro, 13-12 ao descanso.

Tras a reanudación o Porriño saíu máis enchufado en defensa e o noso ataque atascábase por momentos, varios lanzamentos claros errados no inicio desta segunda metade poñían máis costa arriba o partido. Pero o Xiria non ía deixar de loitar, xogou de maneira intelixente e aproveitando as debilidades do rival recurtou distancia chegando a poñer en serios apretos aos locais. E así, chegou a empatar o partido a falta de 2 minutos e medio, pero unha rigurosa exclusión a Joaquín deixábanos con 5 xogadores de campo case ata o remate do partido. Estes últimos minutos foron de auténtico infarto, con goles rapidísimos de ambos equipos, a falta de 20’’ marcou Rubén para poñer o 26-25 e con 17’’ o Porriño sacaba de medio, o Xiria defendía individual todo o campo pero non puido recuperar a posesión.  Ao final unha derrota pola mínima nun partido que deixa mal sabor de boca pola oportunidade perdida de puntuar na casa dun grande, pero debemos felicitar ao equipo pola actitude amosada. Xornada tras xornada faise patente unha importante melloría en moitos aspectos.

Cabe destacar a actuación de Mario, que fixo un partido moi completo, onde anotou 5 tantos e estivo máis que acertado en tarefas defensivas, tamén salientar a Jose, que marcou 4 goles de gran factura e Calvete, que xa é un referente ofensivo no noso equipo e sempre supón un verdadeiro problema para ás defensas rivais.

Na seguinte xornada o Procasa Xiria recibe a visita do Tirso de Molina, vello coñecido da primeira fase nun partido co que remata a primeira volta deste campionato polo título. Moita sorte.


XORNADA 5

19/03/2010     JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 22 - PROCASA XIRIA 23

José Enseñat Cangas: 22 (14+08): Alberto, Brais, Cristian, J. Ángel, André, David, Fernando, César, Miguel, Héctor, Rubén, Darío, Abel.

Procasa Xiria: 23 (10+13): Martín, Chouciño (1), Joaquín (8), Iván (2), Calvete (4), Damián (2), Mario (1), Jose A. (1), Ricardo (4).

Colexiados: Rafael Núñez.

Este fin de semana e aproveitando o festivo do venres disputáronse dúas xornadas, a 5ª e 6ª, na fase polo título na 2ª División Cadete. A primeira delas enfrontaba aos de Carballo contra o Cangas, rival xa coñecido da primeira fase e que lle gañara os dous encontros ao Procasa. O Xiria visitaba O Gatañal con tan só 9 xogadores, non viaxaron Luís Iglesias nin Rubén Anes por motivos persoais, e Luís García estaba convocado co equipo de División de Honra, polo que o equipo carballés afrontaba o partido con só dous trocos. O encontro comezaba cos de Carballo demasiado relaxados, a actitude xeral do equipo non era a propia de competición e así foi que non lle costou ao Cangas coller vantaxe no marcador sen sequera ter que apretar demasiado o acelerador. E así foi a tónica da primeira metade, un equipo sen ganas de xogar e outro que sen xogar cun ritmo moi alto ía distanciándose no marcador, 14 -10 ó descanso que puido ser máis de non ser pola boa actuación de Martín, detendo varios lanzamentos claros do Cangas, e polo empuxe de Joaquín, que era dos poucos que amosaba algo de carácter.

No descanso o equipo entrou no vestiario abatido, cabizbaixo, pero foi quen de reaccionar, os xogadores cambiaron a mentalidade e o Cangas xogou a segunda metade contra outro rival que en nada se parecía ao da primeira. O Procasa Xiria saíu moitísimo máis enchufado, os compañeiros alentábanse uns ós outros, apareceu de novo ese xogo en equipo e esa continuidade que son as nosas señas de identidade, o que propiciou conexiones lateral - pivote moito máis claras, o equipo comezou a correr ao contrataque e, pouco a pouco, ía recortando distancia no marcador. O 6 -0 do Cangas deixou de ser un muro infranqueable e pola contra ós locais costáballes moito máis facer goles contra unha defensa que, agora si, realizaba apoios, basculacións e funcionaba de xeito colectivo.

Ao final vitoria pola mínima dos de Carballo como foráneos, con gol de Joaquín no último segundo, nun partido dos que fan crecer coma xogador, no que o equipo mostrou unha moi boa capacidade de reacción cunha segunda parte marabillosa. So me queda felicitar ao Xiria por ser quen de darlle a volta a un partido que se vía complicado tras o visto no primeiro tempo.


XORNADA 4

13/03/2010     PROCASA XIRIA 28 – BALONMÁN CHAPELA 24

Procasa Xiria: 28 (17+11): Martín, Joaquín (5), Iván (2), Luís García (2), Calvete (4), Damián (1), Mario (2), Jose A., Rubén (1), Ricardo (4), Luís Iglesias, Alberto, Julián (7) y Christian.

Balonmán Chapela: 24 (10+14): Jose Mª, Jesús, Andrés (11), Enrique (4), Rodrigo, Joel (1), Eric (3), Jonathan, David (1), Prado, Iván (1), Adriano (1), Víctor (2) y José.  

Colexiados: Víctor e José Pérez.

O Procasa Xiria disputaba a 4ª xornada ligueira na fase de loita polo título, contra o Bm Chapela, último clasificado, que chegaba a Carballo sen coñecer a victoria nestes 3 primeiros partidos.

O encontro comezou 10 minutos máis tarde da hora prevista debido ao retraso dos colexiados. O Chapela saíu dende o principio demasiado relaxado e os locais non tardaron en coller vantaxe no marcador, con rápidas subidas de balón e boa circulación en ataque, aínda que, o parcial destes primeiros intres puido ser maior de non ser polos erros defensivos claros, sobre todo nas marcaxes ao pivote, que acabou sendo un auténtico pesadelo para a defensa do Xiria durante todo o partido.

A primeira metade avanzaba sen moitas sorpresas, o Procasa Xiria dominaba o marcador e o Chapela tentábao a empurróns, centrándose no xogo co seu pivote, que soubo aproveitar a permisividade dos colexiados coas faltas en ataque, algunhas delas moi claras. E así chegaba o final da primeira parte, cun 17-10 a prol do Xiria, que, en principio, deixaba o partido bastante encamiñado para os intereses dos de Carballo.

Pero nada máis lonxe da realidade. Tras a reanudación o Chapela saíu apretando máis forte, provou con diferentes sistemas defensivos para ataxar os ataque dos carballeses, que seguías sen estar de todo finos na defensa, e, pouco a pouco, os visitantes foron recurtando a diferenza de goles, axudados polas numerosas exclusións que sufriu o Procasa na segunda metade, moitas delas moi rigurosas. O partido volvíase quentar cun Chapela máis metido que nunca, cuns árbitros con ansias de protagonismo e cun Xiria que necesitaba apretar de novo para non deixar escapar os dous puntos. Pero, ao final así foi, e os puntos quedaron na casa, nun partido case épico e que tivo de todo, unha expulsión inxusta (Joaquín con 2 exclusións foi expulsado), unha lesión (Rubén torceu o xeonllo e non puido continuar) e numerosas trifulcas de todo tipo.

Subliñar o debut de 3 xogadores infantís co equipo cadete, Alberto, Christian e Julián, este último con 7 goles foi ademáis o máximo anotador dos locais. Noraboa a todos eles por este premio tras o bo traballo que están a realizar.

A vindeira semana o Procasa Xiria desprázase á península do Morrazo onde disputará a 5ª xornada de liga contra un rival xa coñecido, o Bm Cangas. Moita sorte.


XORNADA 2

07/03/2010     PROCASA XIRIA 26 – SD TEUCRO CAIXANOVA 29

Procasa Xiria: 26 (16+10): Martín, Joaquín (6), Iván, Luís García (2), Calvete (8), Damián (2), Mario, Jose A., Rubén (2), Ricardo (5) e Luís Iglesias (1).

SD Teucro: 29 (14+15): Carmelo, Marcos (1), Rodrigo, Jose C. (6), Carlos (6), Miguel (4), Manuel, Santiago (8), Tomás, David C. (1), Jacobo (1), David T. (2).  

Colexiados: Alberto Picallo.

Partido correspondente á 2ª xornada de liga, que fora aprazado a fin de semana pasada polo temporal que ía azotar Galicia, no que o Procasa Xiria se enfrontaba a un rival descoñecido este ano, a SD Teucro que se clasificou para esta 2ª Fase como 2º do seu grupo.

O Xiria saíu con moitas ganas de esquecer a súa derrota de onte contra o Rasoeiro e dende o comezo do partido plasmou esas ganas no campo amosando carácter e saber facer. Os primeiros compases do partido estiveron marcados pola igualdade no marcador e polos vaivéns de ambos equipos que en poucos minutos pasaban de gañar a perder de 2 goles. O Xiria afinaba en ataque, pero non tiña a dureza defensiva necesaria e o Teucro, mediante accións individuais, conseguía gol con relativa facilidade. Tras unha primeira metade con moitos cambios tácticos por parte dos dous equipos o Procasa logrou impoñerse e levar ao descanso unha vantaxe de 2 goles, que poderían ser máis se non fora polos lanzamentos errados 1x1 contra o porteiro, pivote, 7 metros...

Tras a reanudación o Teucro ía atacar con toda a súa artillería e non tardaría en colocar un empate no marcador.  A partir de aí os visitantes dominaron a segunda metade sen chegar tampouco a acadar unha diferenza clara. Os locais empurraban en ataque pero non afinaban en defensa e ao Teucro seguíalle sen custar demasiado anotar. Xa dende a primeira metade do encontro víase que o trunfo íao levar o equipo que se mantivera máis constante de cara ao final do partido, e así foi. Aínda que o Xiria dominou no marcador durante gran parte do duelo, na recta final perdeu fuelle e non foi quen de frear as accións individuais dos xogadores do Teucro que mantiñan vivo ao seu equipo.

Ao remate un 26-29, unha derrota dolorosa pero que debe servir para aprender que é tan importante ou máis dominar en defensa que en ataque, e traballaremos para que así sexa.


XORNADA 3

06/03/2010     RASOEIRO BM 36 - PROCASA XIRIA 21

Rasoeiro Bm: 36 (21+15): Daniel Prol, Aarón (4), Daniel G. (3), David (13), Guillermo (6), Alejandro (3), Jose L., Ernesto, Diego (5), Adrián B., Ángel (1),  Adrián M. (1).

Procasa Xiria: 21 (7+14): Martín, Chouciño (4), Joaquín (2), Iván, Luís García (1), Calvete (6), Damián (1), Mario (1), Jose A. (1), Rubén (1), Ricardo (4) e Luís Iglesias.

Colexiados: Francisco Coejo.

Primeiro dos dous partidos que o Xiria xogaba esta fin de semana, correspondente á 3ª xornada da 2ª fase da liga.  O Procasa Xiria viaxaba ao Grove para enfrontarse ao líder, o Rasoeiro, equipo que en todo o que vai de tempada aínda non deixou escapar ningún punto. Os de Carballo, aínda que conscientes da dificultade do encontro, saíron a por todas dende o primeiro minuto, e así foi que ata ben entrada a primeira metade, minuto 10-12, a igualdade entre ambos equipos reflectíaase tanto no marcador como no xogo. Pero varias accións precipitadas en ataque propiciaron goles fáciles dos mecos, que empezaban a coller algo de vantaxe no marcador. As presas apoderáronse dos xogadores visitantes e foi aí cando a diferenza comezou a ser clara ao aumentar os erros e diminuir a efectividade dos carballeses. Todo isto unido á lesión de nocello de Luís García, peza moi importante, sobre todo en tarefas defensivas, que xa viña causándolle molestias durante os entrenamentos da semana.

Na segunda parte o equipo foi quen de cambiar o chip, botaron as presas fóra e comezaron a desenvolver o seu xogo, realizando ataques moito máis longos e enlazando xogadas que xeralmente remataban con lanzamentos claros polos extremos ou dende a posición de pivote, cun Calvete que, xornada tras xornada, amosa unha melloría importante e está pasando a converterse nun referente ofensivo para o equipo. Collendo o parcial da segunda metade, 15-14, vemos que cando o equipo amosa a súa cara boa pode ganarlle a calquera, pero para iso debe de ser máis constante e non ter eses altibaixos tan drásticos durante o partido.

Ao final 36-21, un resultado claro para o equipo local, pero que non debe desanimar aos nosos xogadores. A mellora do equipo é patente partido tras partido e así debe continuar sendo.


XORNADA 1

21/02/2010     BALONMÁN ÁRTABRO 29 - PROCASA XIRIA 35

Bm Ártabro 29 (14+15): Manuel A., Alex, Jacobo (3), Álvaro, Carlos, Manuel G. (1), Daniel, Pablo G. (15), Rubén (2), Iago, Pablo V., Daniel C. (4), Jesús (4).

Procasa Xiria 35 (21+14): Martín, Chouciño (1), Joaquín (2), Luís García (5), Calvete (9), Damián (2), Mario, Jose A. (2), Rubén (5), Ricardo (9) e Luís Iglesias.

Colexiados: Alberto Pícallo.

Primeiro partido da 2ª Fase do campionato no que o Procasa Xiria visitaba a cancha do Bm. Ártabro coa intención de estrear o seu cadro de puntos.

Xa dende o comezo do encontro os de Carballo demostraron a súa superioridade e nos primeiros compases do partido foron quen de coller distancia no marcador, grazas a unha boa defensa e xogando con continuidade en ataque. O Ártabro xogaba cun referente ofensivo Pablo G., que aínda que acabou con 15 goles foi ben freado pola defensa do Xiria, na que cabe destacar a boa labor de Luís García como central.

O Procasa dominou o encontro durante os 60 minutos, tan só durante uns intres da segunda metade o Ártabro logrou meterse no partido, reduciu a súa desvantaxe a 3 goles e meteulle os nervios no corpo aos visitantes, pero estes non ían deixar escapar os dous puntos e apretando un pouco máis volveron a coller distancia no electrónico que reflectiu un 29 -35 ao final do partido. Debemos destacar a capacidade goleadora de Calvete, que encontro tras encontro amosa unha boa progresión, e de Ricardo, cunha alta efectividade no extremo dereito, con 9 tantos cada un.

En resumo, partido relativamente cómodo para o Xiria, que aínda que contaba coa baixa de Iván e con Joaquín e Mario sen adestrar durante toda a semana soubo levarse o encontro e os puntos para Carballo.

A seguinte xornada traerá a terras carballesas ao Teucro, rival que se clasificou para esta 2ª fase como segundo do seu grupo, por debaixo do Bm. Porriño.


 
SEGUNDA DIVISIÓN CADETE MASCULINA
 

1ª FASE

 


XORNADA 14

07/02/2010     PROCASA XIRIA 30 - RASOEIRO BM 40

Procasa Xiria 30 (15+15): Martín, Iván, Chouciño, Joaquín (7), Luís García (2), Calvete (7), Ricardo (2), Damián (1), Mario (1), Jose A., Rubén (8) e Luís Iglesias (2).

Rasoeiro Bm 40 (24+16): Daniel Prol, Daniel G. (4), David (3), Guillermo, Alejandro (3), Adrián (2), Jose L. (15), Diego (7), Ernesto, Aarón (6).

Colexiado:  Julio López.

Partido correspondente á última xornada da 1ª Fase do Campionato ligueiro da categoría cadete de 2ª División. O Procasa recibía no seu feudo ao Rasoeiro Bm, 1º clasificado do Grupo I, que chegaba a Carballo logo de sumar 13 vitorias noutras tantas xornadas disputadas. Os locais estaban obrigados a gañar para acadar a 4ª posición, o que lles daría o pase á seguinte fase sen depender de ningún outro resultado.

O partido comezou algo espeso para os locais, quizás os nervios lles pasaban factura, e así, con varias pérdas de balón non forzadas, o Rasoeiro collía a primeira vantaxe no electrónico. Pasados os primeiros minutos do partido o Xiria deixou os nervios atrás e comezou a elaborar o seu xogo, culminando con acerto as segundas oleadas e en ataque posicional movendo o balón con circulacións rápidas e con boa continuidade, aínda que algúns despistes, sobretodo en defensa,  facían moi complicado volver a igualar o marcador, que chegaba 15-24 ao descanso.

Na segunda parte os de Carballo saían convencidos da posibilidade da darlle a volta ao partido e cunha actitude moi diferente á da primeira metade, aplicándose duro e alentándose uns aos outros en defensa e xogando con moito criterio en ataque, conseguían colocarse a tan só 4 goles do Rasoeiro, que comezaba a ver perigar a súa condición de invicto. O entrenador dos do Grove viuse obrigado a pedir un tempo morto e os seus pupilos reaccionaron, dando mostras da súa gran calidade individual, e volveron a distanciarse ata os 10 goles de renda ao final do partido.

Polo equipo do Rasoeiro destacar a calidade e a capacidade goleadora de Jose e Diego (22 goles entre os 2) e por parte do Procasa Xiria subliñar o bo xogo realizado, con ataques moi intelixentes e elaborados que culminaban á perfección Rubén dende o extremo (8 goles), Calvete dende a posición de pivote (7 goles) ou Joaquín dende a primeira línea (7 goles).  En defensa destacar a perfecta dirección de Luís García e a boa aportación, por momentos, de Martín baixo os paos.

A pesar de non lograr puntuar neste encontro o resultado do SAR – Cangas favoreceu os nosos intereses, a SAR de Redondela perdeu 20-22. Deste xeito acabamos a 1ª fase con 14 puntos os dous equipos pero grazas á golaveraxe particular o Procasa Xiria obtén a 4ª posición. Noraboa a todo o equipo pola súa clasificación, desexándolles moita sorte para a segunda fase.


XORNADA 13

30/01/2010    TIRSO DE MOLINA 31 - PROCASA XIRIA 28

Tirso de Molina 31 (17+14): Ignacio, Diego, José (1), Pablo (7), Rufino, Rafael, Adrián (5), Alejandro (4), Jaime (5), Enrique (6) e Carlos (3).

Procasa Xiria 28 (17+11): Martín, Luís Iglesias (1), Damián (3), Jose A., Iván, Joaquín (5), Rubén (5), Mario (2), Calvete (1), Chouciño (1), Luís García (4) e Ricardo (6).

Colexiado: Alberto Picallo.

Partido correspondente á 13ª e penúltima xornada da primeira fase, disputado no Pavillón do colexio Tirso de Molina en Ferrol contra o 2º clasificado.

O encontro comezou con vantaxe para os visitantes que dominaron no marcador durante gran parte do 1º tempo grazas, sobre todo, a unha boa defensa 5-1, que provocaba erros e precipitacións no equipo local e que facilitaba as subidas rápidas de balón, algo que deu moitos problemas á defensa 6-0 do Tirso.

A falta de 10 minutos para o remate da primeira metade o Tirso cambiou a defensa a 5-1, cun avanzado moi plano que apenas superaba os 9m nas súas saídas. O Xiria non foi quen de manter os 3 goles de vantaxe e en apenas 5 minutos, os últimos antes do descanso, o Tirso colocou un empate no marcador e incluso tivo a ocasión de por diante antes do intermedio.

Na segunda metade os ferroláns saíron coa moral alta logo da remontada no último treito da primeira parte. Tras algunhas accións precipitadas do Procasa Xiria lograron unha vantaxe de ata 4 goles, pero os de Carballo non ían deixar escapar o partido tan fácilmente e foron quen de reaccionar ata colocarse a un só gol a falta de 3 minutos, pero o Tirso non errou.

Ao final, 31-28, unha derrota con sabor agridoce xa que, a pesar de deixar escapar a oportunidade de estar matemáticamente clasificados para a segunda fase, o equipo deu unha boa imaxe e mostrou unha mellora importante dende o partido de ida contra o Tirso en Carballo.

Na derradeira xornada desta primeira fase enfrontarase ao Rasoeiro, primeiro clasificado, que chegará a Carballo coa etiqueta de invicto nos 13 partidos disputados ata agora. O obxectivo dos locais será quitarlle ese mérito, lograr a revancha do partido no Grove e asegurar a clasificación para a segunda fase do campionato cunha vitoria sobre o líder e non depender así de outros resultados. Moita sorte.


XORNADA 12

23/01/2010     PROCASA XIRIA 46 – A. C. RIBEIRO 17

Procasa Xiria 46 (25+21): Martín, Iván (2), Chouciño (7), Joaquín (11), Luís García (3), Calvete (4), Ricardo (1) -equipo inicial- Damián (8), Mario (2), José A. (1), Rubén (2), Luís Iglesias (4).

A. C. Ribeiro 17 (9+8): Xián, Alejandro (3), Miguel F. (3), Miguel D., Ayrton (8), Ricardo, Joel, Diego, Anxo (1), Claudio, Mauro (2), Iago.

Colexiados: Jorge Martínez e Agustín Álvarez.

Partido pertencente á 12ª xornada de liga na 2ª División Cadete que enfrontaba ao A.C. Ribeiro de Ribadavia co Procasa Xiria. Os de Carballo xogaban na casa e partían como favoritos para obter os dous puntos, pese a que o Ribeiro viña motivado tras gañar, a pasada xornada, o seu primeiro partido contra o Bm Moaña. Pese a todo o Xiria xogou un bo encontro e non deixou marchar os puntos do seu feudo.

Os rapaces do Procasa sairon ao campo moi enchufados, convencidos da importancia de non errarr para ir asegurando a clasificación cara á segunda fase do campionato. Xa dende o comezo do encontro íaselle poñer moi costa arriba aos do Ribeiro; os carballeses practicaban unha boa defensa 5-1, con Joaquín de avanzado roubando balóns e culminando con goles rápidos de contragolpe, que acabaría por desesperar ao equipo visitante.

A diferenza facíase, pouco a pouco, insalvable, o Procasa estaba moi serio en defensa e ao Ribeiro custáballe moito traballo conseguir ocasións claras de gol e cando o facían aí estaba Martín baixo os paos para desbaratalas. Así se chegaba ao descanso cunha diferenza de 16 goles, 25-9.

A segunda parte non ía ter moita máis historia, o Procasa seguía aumentando a renda baseándose nunha forte defensa e aproveitando, con moito criterio, as subidas en contraataque en primeira e segunda oleada.

Na faceta goleadora cabe destacar os 11 tantos de Joaquín, seguido por un serio Damián con 8 e un inspirado Chouciño con 7 balóns á rede, moitos deles de gran factura. Salientar tamén o traballo escuro de Luís García en defensa quen, como sempre, foi un director magnífico, e o traballo de Calvete en ataque a prol dos seus compañeiros con bloqueos, arrastrando e creando espazos.

Ao final do encontro o marcador reflectía un 46-17, resultado xusto tras o visto no terreo de xogo. Así que só nos queda darlle a noraboa aos nosos xogadores e desexarlles moita sorte neste último tramo da 1ª fase, na que tan só restan dous dificilísimos partidos, ante o  Tirso, 2º clasificado, e ante o Rasoeiro, 1º clasificado.


XORNADA 11

17/01/2010     PROCASA XIRIA 32 – SEIS DO NADAL COIA 23 

Procasa Xiria: 32 (15+17): Martín, Rubén (4), Chouciño, Joaquín (8), Luís García, Calvete (7), Mario, Damián (2), Iván (1), Ricardo (8) y Luís Iglesias (2).

Seis do Nadal “B”: 23 (9+14):  Manuel, Xoel (6), Pablo (3), Miguel, Samuel, David Glez. (4), Jerson (2), Andrés (1), Óscar, Borja, David M., Martín (3), Diego (4) 

Colexiado: Julio López.

Partido correspondente á 11ª xornada de liga do Grupo 1 da 2ª División Cadete Masculina, disputado no Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo contra o penúltimo clasificado da táboa, o Seis do Nadal de Coia ,que chegaba a Carballo con dúas victorias no seu casilleiro.

Reanudábase a liga despois do longo parón navideño que serviu para esquecer a mala racha de resultados do mes de decembro e tomar un aire novo de cara a estes últimos partidos da fase. O Procasa Xiria chegaba moi mentalizado da importancia deste encontro e así o demostrou dende o pitido inicial, xa que cunha boa defensa e unha boa efectividade en ataque rápidamente se ía distanciar no marcador. O equipo vigués seguiría tentándoo durante boa parte do partido pero o Xiria non se despistou e soubo manter a diferenza de goles.

Cabe salientar o bo partido de Calvete que logrou arrincar varias faltas en ataque ao longo do encontro e en tarefas ofensivas empregouse a fondo na posición de pivote, buscando espazos e traballando para os seus compañeiros. Tamén sinalar a capacidade goleadora de Joaquín e Ricardo con 8 goles cada un.

A seguinte xornada enfrontará ao Procasa Xiria co AC Ribeiro de Rivadavia último clasificado. Trátase dun partido moi importante, xa que de gañar e dándose outros resultados no grupo, podería ser que o Procasa Xiria quedase clasificado para a segunda fase a falta de dous partidos por disputarse, así que noraboa por estes dous puntos e moita sorte na vindeira xornada.


XORNADA 10

20/12/2009     S.A.R. 27 - PROCASA XIRIA: 25

S.A.R. 27 (15+12): Martín, Santiago (2), Andre (3), Jose (1), Pablo (5), Jose A. (3), Khalid, Xurxo, Iago, Imanol (5), Guillermo (4), Miguel, Diego (4).

Procasa Xiria 25 (12+13): Martín, Iván, Chouciño (1), Joaquín (4), Luís García (5), Calvete (5), Damián (1), Mario, Jose A., Rubén (4) y Luís Iglesias, Ricardo (5).

Colexiados: Juan Álvarez e Pablo León.

Partido correspondente á 10ª xornada de liga de 2ª División Cadete disputado no pavillón da Bombonera, Redondela, contra a S.A.R. O Procasa Xiria xogaba o seu segundo partido en dous días e tras a derrota sufrida en casa fronte o Cangas era de gran importancia sacar algún punto desta visita.

O encontro comezaba espeso, con erros por parte dos dous equipos, probablemente debido ás baixas temperaturas rexistradas.  O Xiria non defendía coa intensidade necesaria e os laterais da S.A.R., a través de accións individuais de 1x1, conseguían manter ao seu equipo por diante. En ataque os de Carballo facían moito dano na segunda oleada e en xogo posicional movían o balón con bastante criterio, pero cometían erros claros en lanzamentos cómodos, que non farían se non darlle ás aos de Redondela, que chegaban ao descanso cunha vantaxe de 3 goles.

O Procasa saía con ganas ao inicio do 2º tempo; con un 5-1 moi plano, con Rubén no avanzado, lograba por en serios apretos ao ataque da S.A.R., pero o noso ataque non funcionaba de todo ben, ás presas e as ganas de igualar o partido inmediatamente provocaban precipitación nos lanzamentos. Por outro lado as exclusións sufridas, algunha máis que discutible, botaban por terra os intentos por igualar o marcador que chegaría ó final con un 27-25. Poucos froitos despois do gran esforzo dos nosos neste encontro.

Agora temos por diante unhas longas vacacións que esperamos sirvan para esquecer esta mala racha de resultados e afrontar o seguinte partido o día 16 de Xaneiro en perfecto estado físico e mental.


XORNADA 9

19/12/2009     PROCASA XIRIA 21 – JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 24 

 Procasa Xiria 21 (11+10): Martín, Rubén (6), Chouciño (1), Joaquín (4), Luís García (5), Calvete, Mario, Damián (2), Jose A., Iván, Ricardo (2) e Luís Iglesias (1).

José Enseñat Cangas 24 (10+14): Alberto, Cristian, Abel (1), J. Ángel (1), Rubén (4), Andrés (2), David, Fernández, Manuel, Miguel, Rubén (9), Aitor (7), Darío García e Darío Nerga.

Colexiados:  Agustín Álvarez e Andrés Sanjurjo.

Primeiro dos dous encontros disputados esta fin de semana polo equipo cadete de 2ª División correspondente á 9ª xornada de liga contra o Cangas, no Pavillón da Zona Escolar.

O Procasa Xiria chegaba a este partido con moitas ganas de resarcirse das últimas derrotas sufridas e así o demostrou nos primeiros compases do encontro, defendendo bastante ben aos fortes laterais do Cangas­ e aproveitando as oportunidades en ataque. Así chegaría o final da primeira metade con un gol de vantaxe a prol dos de Carballo.

Os visitantes saían máis enchufados na segunda metade e aos nosos íalles costar manter o marcador a favor. Con varios erros non forzados e lanzamentos mal elixidos por parte dos locais o Cangas conseguía poñerse por diante, o Xiria comezaba a ter presa por reducir a desvantaxe e cometía máis erros, que, unidos a varias decisións discutibles por parte dos colexiados, porían o partido moi costa arriba nos últimos minutos.

Ao final dous puntos para o Cangas nun partido con moitos erros por parte dos dous equipos e que acabou por gañar o equipo que se amosou máis regular ao longo do partido.


XORNADA 8

12/12/2009     BALONMÁN MOAÑA 29 - PROCASA XIRIA 26

Balonmán Moaña 29 (15+14): David, Borja, Raúl (4), Sergio (8), Miguel, Simón, Joel (9), Jefferson, Ángel, José M. (1), Andrés (1), Víctor (1), Alejandro (5).

Procasa Xiria 26 (11+15): Martín, Iván, Chouciño (1), Joaquín (5), Luís García (2), Calvete (5), Damián (2), Mario (3), Jose A., Rubén (5) y Luís Iglesias (3).

Colexiados: Abel Juncal y Andrés Bacelar.

Despois de unha xornada de descanso, o Procasa Xiria viaxaba ata a península do Morrazo para enfrontarse aó Balonmán Moaña, 5º clasificado da táboa, en partido da 8ª xornada, 1ª da segundo volta, na 2ª División Cadete.

O Procasa Xiria presentouse no Pavillón do Rosal de Moaña coa única baixa de Ricardo. O partido comezaba de cara para os de Carballo, que no min. 5 xa gañaban por 0-4. Pero os locais non tardarían en reaccionar e con unha defensa moi adiantada, case en 3-3, aproveitáronse de varios erros de lanzamento do Xiria e conseguían igualar o encontro, 8-8. O Procasa perdeu o bo xogo dos primeiros minutos e o Moaña poñíase por diante no marcador, chegando ao descanso cunha vantaxe de 4 goles, 15-11.

Na segunda metade o Xiria saía coa premisa de asegurar os lanzamentos claros e xogar con máis mobilidade en ataque posicional, pero o Moaña non ía regalar nada. Os numerosos lanzamentos errados, paos e perdas de balón nos pases, poñíanlle costa arriba o partido a un Procasa que, sen embargo, non deixaría de loitar.

Unha dobre mixta defensiva sobre o central e o lateral esquerdo do Moaña porían en apuros o ataque dos locais que comezaron a precipitarse e a perder balóns, que se convertían en contraataques para o Xiria.  Así os de Carballo lograban reducir a súa desvantaxe de 9 a 3 goles, pero pese a todo o esforzo e o caracter loitador mostrado no último cuarto de hora de partido non ía ser suficiente para alcanzar a vitoria.

Ao final caían os de Carballo por 29-26, tras un partido no que puidemos ver as dúas caras do Procasa, a derrotista do final do primeiro tempo e o principio do segundo, e a cara positiva e de loitador amosada nos últimos 15 minutos do encontro.

A vindeira xornada visítanos o Bm. Cangas  nun partido moi importante cara á clasificación para a segunda fase do campionato. Así que moito ánimo, a recuperarse do tropezo sufrido e pensar que nunca hai un fracaso senón unha lección.


XORNADA 7

28/11/2009     RASOEIRO BM 44 - PROCASA XIRIA 26

Rasoeiro Bm 44 (20+24): Aarón, Daniel Prol, Daniel G. (10), David (3), Guillermo (4), Alejandro (6), Adrián (11), Jose L. (6), Diego (4), Ernesto.

Procasa Xiria: 26 (12+14): Martín, Iván, Chouciño (3), Joaquín (4), Luís García (6), Calvete (3), Ricardo (2), Damián, Mario (2), Jose A. (1), Rubén (2), Luís Iglesias (3).

Colexiados: Francisco Coejo.

O Procasa Xiria viaxaba ata O Grove para enfrontarse ao primeiro clasificado da táboa, o ata agora invicto e intratable Rasoeiro Bm, que se presentaba no encontro con tan só 8 xogadores.

O partido comezaba con case media hora de retraso no pabellón do colexio Conminiño. O Xiria chegaba coa idea de resarcirse tras a derrota sufrida a xornada pasada fronte o Tirso, pero os locais non tardaron en coller vantaxe no marcador. Varias pérdidas de balón non forzadas eran ben aproveitadas polo Rasoeiro, que non perdoaba á contra. Os de Carballo poñíanlle moito corazón pero pouca cabeza e as presas por recurtar diferenzas provocaban máis erros que acertos, co que se chegou ó descanso cun resultado de (20-12).

A segunda parte foi un calco da primeira. O Rasoeiro moito máis relaxado e cunha boa renda esmerábase en defender forte e saír ao contraataque mentres que o Xiria comezaba a perder os nervios, o que se materializaba con precipitacións en ataque e erros defensivos claros.

O encontro remataba 44-26 tras un bo partido dos do Grove que demostraron a súa calidade pese a contar con tan só un efectivo de refresco.

Agora solo queda seguir traballando e aprender dos erros cometidos. Aproveitaremos o parón ligueiro desta fin de semana para preparar o seguinte encontro contra o Bm Moaña o día 12 de decembro.


XORNADA 6

21/11/2009     PROCASA XIRIA 29 – TIRSO DE MOLINA 43 

Procasa Xiria 29 (14+15): Martín, Rubén (10), Chouciño (3), Joaquín (4), Luís García (6), Calvete (2), Mario (3) -equipo inicial- Damián (2), José (2), Iván (2), Luís Iglesias.

Tirso de Molina 43 (21+22):  Ignacio, Diego, Jose (10), Pablo (5), Rufino, Rafael (3), Adrián (3), Álex (6), Jaime (5), Enrique (7), Carlos (4).

Colexiados: Juan Ben.

Partido correspondente á 6ª xornada de liga, disputado no Pavillón Municipal da Zona Escolar de Carballo, e no que se enfontaban o 2º e 3º clasificado.

Importante tropezo do Procasa Xiria, que aínda que mantén a 2ª posición, perde dous puntos de vantaxe co seu perseguidor directo que está agora dous puntos pero con un partido menos disputado e permite así que o Rasoeiro se faga co liderato en solitario.

O partido aguantou igualado os primeiros minutos, pero as múltiples perdas de balón e os rápidos contragolpes do Tirso foron abrindo unha importante brecha no marcador que chegou ao descanso cun 14-21 a favor dos ferroláns.

Tras a reanudación o Xiria saíu un pouco máis enchufado e con varias accións defensivas boas e cun xogo máis tranquilo e pausado en ataque conseguía recurtar ata 2 goles no marcador. Pero varios lanzamentos consecutivos aos paus facían desaparecer a ocasión de reducir a desvantaxe ante un Tirso que non ía deixar escapar este partido e volvía a impoñer o seu ritmo de xogo con subidas moi rápidas de balón. Pese a que en líñas xerais non o Procasa non fixo un bo partido, debemos destacar o carácter loitador que amosou o equipo na segunda metade e a boa aportación de Martín na portería, que atallou numerosos lanzamentos de 6 m e impediu que a diferenta de goles fora maior. Ao final 29-43, nun partido claramente ofensivo que lle deu os puntos ós de Ferrol.

Esperemos que o noso equipo traballe duro esta semana, sobre todo en defensa, para afrontar o duro partido que nos agarda a vindeira xornada, onde visitaremos O Grove para enfrentarnos ao primeiro clasificado, o Rasoeiro.

“O home que se levanta é aínda máis grande que o que nunca caeu”


XORNADA 5

14/11/2009     PROCASA XIRIA 31 – A. C. RIBEIRO 16 

A. C. Ribeiro 16 (9+7): Xián (9), Alejandro, Miguel Fernández (2), Miguel Domínguez, Ayrton, Ricardo (1), Joel, Diego, Anxo, Claudio, Mauro (4), Iago, Pablo.

Procasa Xiria 31 (18+13): Martín, Iván (1), Chouciño (3), Joaquín (2), Luís García (2), Calvete (2), Ricardo (11) -equipo inicial- Damián (4), Mario (1), José (1), Rubén (3), Luís Iglesias (1).

Colexiados: Roberto López Pitera.

Moi bo partido o disputado polo Procasa Xiria na pista do A.C. Ribeiro de Ribadavia. Os carballeses facíanse cunha vitoria que lles permite seguir invictos e compartindo o liderato co Rasoeiro do Grove.

Xa dende o comezo do encontro e grazas a un acertadísimo Ricardo, que mandaba á rede todas as finalizacións polo extremo, os de Carballo poñíanse por diante no marcador. Un entonado Miguel, que aínda que lle costou espertar e malia que recibiu un golpe nun dedo, firmou unha boa actuación na portería, e unido a unha boa defensa, con Luís facendo de director na posición de central, propiciaba a salida ao contraataque, tanto en primeira como en segunda oleada, cousa que o equipo soubo aproveitar ás mil marabillas. Joaquín desenvolvía as tarefas de central ofensivo con moito criterio e a renda non faría se non aumentar ata á conclusión do primeiro tempo (9-18).

A segunda metade sería unha continuación do primeiro acto, Damián e Calvete seguían traballando moi ben na posición de pivote entre os grandes defensores centrais do Ribeiro que mantiñan a súa defensa 6-0. Chouciño tiña á defensa do Ribeiro continuamente alerta cos seus lanzamentos a distancia e en tarefas defensivas Iván e Rubén desgastábanse na posición de avanzado intentando ralentizar o xogo do Ribeiro.

O partido remataba cunha renta de 15 goles (16 - 31), resultado xusto tralo bo traballo desempeñado polos nosos xogadores que seguen mantendo a cara á competición. A próxima xornada disputarase en Carballo ante o Tirso de Molina de Ferrol.        


XORNADA 4

07/11/2009    SEIS DO NADAL COIA  19 -  PROCASA XIRIA 28

Seis do Nadal Coia: (10+9): Samuel, Pablo (6), Pedro (4), Xoel (4), Andrés (3), Adrián (2), Antón -equipo inicial- Miguel, Martín, José, Jerson, Sergio, Branco, Óscar. 

Procasa Xiria 28 (13+15): Martín, Luís García (4), Chouciño (4), Ricardo (5), Mario, Calvete (2), Rubén (5) –equipo inicial- José, Nogales(4), Joaquín(4).

Colexiados: Srs. Pablo León e Victor Riera.

Cuarta xornada de liga na 2ª División Cadete á que o Procasa Xiria chegaba como colíder, xunto co Rasoeiro, e na que volveu a conseguir unha nova vitoria que permite ao equipo de Carballo continuar nesa privilexiada posición.

O partido fronte ao Seis do Nadal non tivo apenas historia, xa que os carballeses se amosaron moi superiores en todas as facetas do xogo, e, aínda sen facer un bo encontro, marcharon sempre por diante no marcador. No descanso o Procasa xa gañaba por 10-13.

Na reanudación, o Procasa Xiria seguíu aumentanado a sua renda e a única incertidume era saber de canto ia ser a diferenza final a prol dos visitantes. A boa labor defensiva dos carballeses deixou ao Sedona con tan só nove tantos nesta segunda metade, mentres os carballeses acadaban quince goles, o que deixaba unha comoda diferenza que daba a súa cuarta victoria consecutiva ao Procasa Xiria, (19-28). 

A vindeira fin de semana o Procasa Xiria desprazase á localidade ourensá de Ribadavia para medirse ao AC Ribeiro.


XORNADA 3

01/11/2009     PROCASA XIRIA 21 - S. A. R. 14

Procasa Xiria21 (7+14): Martín, LuísGarcía (2), Chouciño (4), Ricardo (3), Mario, Calvete, Rubén (4) -equipoinicial- Luís Iglésias, Damián (3), José (1), Nogales, Joaquín (4)

S. A. R. 14 (7+7): Martín, Xurxo (5), Miguel (2), André (2), Pablo (1), José (1), Guillermo (2) -equipo inicial- Diego (1), Imanol, Iago, Khalia, José, Santiago 

Colexiados: Alfonso Canitrot e Ignacio Obenza.

3ª xornada de liga na 2ª División Cadete e nova vitoria para o Procasa Xiria que, deste xeito, se mantén no máis alto da clasificación compartindo o liderato co Rasoeiro, aínda que os do Grove  ocupan a 1ª praza pola golaveraxe.

Os de Redondela chegaban a Carballo con duas vitorias ao igual que o Procasa e durante a primeira metade púxolle as cousas dificiles aos locais.  O Procasa Xiria non xogou o seu mellor encontro, sobre todo na primeira parte, onde xa puido poñer terra de por medio de non ser polas moitas imprecisións no pase e na recepción e varios lanzamentos errados dende os seis metros. De todos os xeitos os carballeses nunca temeron polo resultado final, víase de forma clara que era cuestión de tempo que o Xiria impuxera a súa intensidade e o bo ritmo defensivo que viña amosando nos partidos anteriores. Os locais conseguían igualar o encontro ao borde do descanso e retirábanse aos vestiarios con un esperanzador 7-7, nunha primeira metade na que as defensas impuxéronse estiveron aos ataques

Na reanudación, os locais aumentaron un pouco máis a súa intensidade defensiva o que propiciou que os de Redondela estiveran moitos minutos sen marcar. A atención e concentración tamén foron mellores nas tarefas atacantes e na transicción do contraataque. Polo tanto os erros cometidos na primeira parte solventáronse e facilitaron que o Procasa Xiria fora aumentando de forma paulatina a diferenza ao seu prol no marcador ata o 21-14 final.

O próximo partido do Procasa Xiria será o Sábado, 07/11/09, ás 12.00 h, na pista viguesa de Coia, onde sen enfronta ao Seis do Nadal, sexto clasificado con dous puntos.


XORNADA 2

17/10/2009      JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 30 - PROCASA XIRIA 34

José Enseñat Cangas 30 (13+17): Alberto, Abel (7), José (4), Aitor (9), Alejandro (6), César (2), Miguel (1)  -equipo inicial- David, Rubén, Dario (1), Fernando, Manuel e Nerga.

Procasa Xiria 34 (17+17): Martín, Luis García (2), Alejandro Chouciño (2), Ricardo (6), Ruben (15), Damián, Mario -equipo inicial- Luis Iglesias, Alejandro Calvete (4), Antonio (2), Joaquín (3) e Iván.

Colexiado: Srs. Juncal e Currás

Primeiro desprazamento do Procasa Xiria na liga de 2ª autonómica cadete masculina que deparou unha nova vitoria do equipo carballés, desta volta ante o José Enseñat Cangas.

Partido controlado dende o inicio polos carballeses que tiveron nos seus o erros o principal inimigo durante os sesenta minutos, xa que no ecuador da primeira metade xa tiña unha diferenza de sete goles e só os erros de lanzamento, aos paus e fora, e as perdas de balón permitiron ao conxunto local achegarse no marcador ata o 13-17 que sinalaba no descanso.

A segunda metade foi un calco dos primeiros trinta minutos con un Cangas moi voluntarioso que con accións individuais de 1x1 conseguiu achegarse ata os dous goles e un Procasa que non acabou de romper o partido polas numerosas perdas de balón. Destacar a boa actuación de Rubén cun alto porcentaxe de acertos no lanzamento e que foi o xogador buscado polos seus compañeiros no momento no que o Cangas se achegaba no marcador.

Pouco a pouco van os xogadores aproveitando as súas oportunidades e collendo máis confianza e responsabilidade no xogo do conxunto que pasa por ser o principal obxectivo deste equipo.


XORNADA 1

17/10/2009      PROCASA XIRIA 30 – BALONMÁN MOAÑA 26

Procasa Xiria 30 (14+16): Martín, Luis García, Alejandro Chouciño (3), Ricardo (6), Rubén (9), Alejandro Calvete, Joaquín (4) –equipo inicial- Luis Iglesias (1), Damián (4), José, Antonio (1), Mario (2) e Iván.

Balonmán Moaña 26 (11+15): David, Raul (1), Sergio (9), Simón (2), Joel (8), José (3), Alejandro (3) –equipo inicial- Miguel, Jefferson, Angel, Andrés, Borja.

Colexiado: Sr. Carballo

Primeira xornada da liga cadete de 2ª división autonómica que enfrontou no Pavillón Vila de Noia ao Procasa Xiria e Balonmán Moaña, partido que se saldou ca victoria dos locais por 30 goles a 26.

Moitas imprecisións por parte dos dous equipos no inicio do encontro, as defensas non foron capaces de impoñerse aos ataques durante os sesenta minutos de xogo a pesar das boas intervencións por parte dos porteiros de ambos equipos que, conxuntamente coas perdas de balón, impediron que a colleita de goles fose moito máis alta por parte dos dous conxuntos.

Tirou bo proveito o Procasa dos balóns recuperados para convertelos en goles sinxelos de contraataque e marcar dende o inicio unha diferenza de catro goles que practicamente mantivo ao longo do partido.

Co paso dos encontros e aumentando a confianza nas súas opcións de seguro veremos a progresión dos xogadores deste equipo na presente tempada.

Na vindeira xornada o Procasa Xiria enfróntase a domicilio ao actual líder, o José Enseñat Cangas.