DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINA
|
XORNADA 26 |
24/04/2010 CISNE 24 - GARAYSA XIRIA 29 |
|
Cisne: 24 (10+14): Sergio, Vidal (7), Ricardo (1), Sergio (6), Javi (6), Iago (1), David (3) -equipo inicial- Andrés, Ángel, Torres, Edgar, Darío, Diego. |
|
Garaysa Xiria: 29 (15+14): Dani Buño, Julián (9), Enrique (5), Alberto (3), Dani García, Cristian, Diego (2) - equipo inicial - Jorge, Óscar, Raúl, Manuel (3), Gabriel, Iván (7). |
|
Colexiados: Inocencio Pérez. |
|
O Garaysa Xiria remata a campaña con unha vitoria. O equipo carballés conseguiu facerse cos dous puntos no derradeiro partido da tempada na División de Honra Infantil ao vencer a domicilio ao equipo pontevedrés do Cisne por 29-24. O Garaysa tivo un bo inicio de partido e mandou no marcador dende o principio. Os de Carballo facían dano á zaga pontevedresa, pero o problema para os visitantes era na súa defensa, xa que non estaban acertados nas axudas e na basculación. Aínda así, a maior calidade en ataque dos do Xiria facía posible unha diferenza cómoda ao descanso, 10-15. Na reanudación, o Garaysa Xiria tivo moitas imprecisións, a defensa seguía sen funcionar e o ataque non era tan fluido como no primeiro acto. Isto motivaba que os locais mantiveran unha igualdade no parcial nesta segunda metade, 14-14. Ao remate, un 24-29, dous puntos que fan que o Garaysa Xiria remate na 10ª posición, lonxe dos derradeiros postos. Sen embargo, ao ser o peor clasificados dos 3 representaes da provincia coruñesa deberá xogar, para manter a categoría, unha promoción no mes de setembro fronte ao campión da liga provincial. |
|
XORNADA 25 |
18/04/2010 GARAYSA XIRIA 26 – CAIXANOVA OCTAVIO 36 |
|
Garaysa Xiria 26 (15+11): Jorge, Julián (9), Enrique (2), Alberto (7), Dani, Iván (2), Manuel (5) -equipo inicial- Óscar, Raúl(1), Diego |
|
Colexiados: Juan Ben. |
|
Disputábase a penúltima xornada de liga na División de Honra Infantil e o Garaysasa Xiria recibía ao potente Caixanova Octavio de Vigo,lider e mázimo favorito para facerse co título. O equipo carballés, un conxunto formado na súa maioría por xogadores de primeiro aínda pouco formados fisicamente, tiña, polo tanto, unha dificil tarefa fronte a un dos mellores conxuntos da competición. O Garaysa tivo un excelente inicio de partido e conseguíu que os visitantes non se despegasen de máis de tres goles, ata os cinco minutos finais nos que algunhas imprecisións de pase facilitaron as cousas aos vigueses para marchar ao descanso cunha vantaxe de cinco goles, 15-20. Os de Carballo facían dano á zaga do Octavio, a pesar da súa menor antropometría, pero onde realmente radicaba o problema para os locais era na súa defensa, debido á maior forza e corpulencia dos seus rivais. Na reanudación, o Garaysa Xiria axustaba a súa defensa e os rapidos contaataques posibilitaban que se achegáse a tan só dous goles do Octavio. O ritmo e a intensidade era a adecuada, pero chegado ao meridiano desta segunda metade, o esgotamento físico facía que se notase máis a superioridade do Caixanova Octavio que, de novo, poñía terra de por medio ata o marcador final de 26-36. O partido foi, de calquera xeito, positivo para os carballeses, que lle plantaron cara a un dos mellores equipos da categoría facendo por momentos un gran balonmán que nada tiña que envidiar ao do cadro visitante. Na derradeira xornada o Garaysa Xiria recibirá a visita do Bm Cisne, equipo ao que os de Carballo xa dobregaran no encontro da primeira volta. |
|
XORNADA 24 |
11/04/2010 GARAYSA XIRIA 28 – BM CANGAS “A” 29 |
|
Garaysa Xiria: 28 (14+14): Jorge, Cristian (2), Daniel G. (1), Iván (2), Óscar, Julián (12), Alberto (6), Enrique (1), Raúl, Diego (3), Manuel, Buño, Miguel (1) |
|
BM. Cangas “A”: 29 (13+16): Xavier, Daniel C. (2), Xoel (2), André (2), Antonio (3), Marcos (1), Daniel G. (9), Pepe (3), Samuel, Roi (1), Mauro (1), Alberto, Xairo, Pablo (5). |
|
Colexiados: David Rodríguez. |
|
Encontro correspondente á 24ª e antepenúltima xornada de liga na División de Honra Cadete. O Garaysa Xiria deixaba escapar a ocasión perfecta para doblegar a un rival mellor clasificado como era o Balonmán Cangas. Foi un partido que estivo moi igualado durante os 50 minutos e ao final levou os puntos o equipo máis constante e que cometeu menos erros. Aínda así o Xiria gañaba por varios goles no ecuador da segunda metade, pero unha exclusión tonta de Cristian foi moi ben aproveitada polo Cangas que recurtou diferenzas ata empatar. Pero iso non foi todo, o equipo aínda tivo unha oportunidade de ouro para firmar a vitoria, a falta de 15 segundos o marcador ía 28-28, o Cangas perde o balón en ataque tras unha boa defensa dos locais e na contra do Xiria, con balón para levarse o partido, unha desafortunada acción de pase failles perder a posesión, o Cangas saca rápido e os locais non reaccionan a tempo. Gol no último segundo e derrota moi amarga tras un gran esforzo, pero que ten que servir para aprender a lección, facerse máis grandes como deportistas, aprender a manter a cabeza fría en certos momentos e xogar con máis sentido eses minutos finais tan tensos. Pese a todo hai que felicitar ao equipo polo esforzo amosado, a todo o equipo que foi unha auténtica piña, animándose e dándose apoio durante todo o encontro. Hai moitas cousas que mellorar pero vese que se traballa nunha boa liña. Sorte cos dous últimos encontros contra Octavio e Cisne, dous clásicos. |
|
XORNADA 23 |
27/03/2010 BM ÁRTABRO 29 - GARAYSA XIRIA 24 |
|
Bm Ártabro 29: Daniel, Jorge, David (3), Rubén (8), Alfredo (9), Favio (3), Daniel, Jesús (5), Adrián e Duarte (1). |
|
Garaysa Xiria 24: Jorge, Daniel García, Ivan (1), Oscar, Alberto (1), Julián (12), Enrique (2), Raúl, Diego (2), Daniel Buño, Gabriel, Manuel (2), Cristian (4), Miguel(1). |
|
Colexiados: |
|
O Garaysa Xiria desprázabase ata Oleiros para disputar un importante encontro fronte ao Bm Ártabro na 23ª xornada de liga na División de Honra Cadete. Importante porque, a pesar de que ambos conxuntos están alonxados dos derradeiros postos da táboa, o sistema de competición obriga a que o peor clasificado de cada provincia se teña que xogar a continuidade na categoría nunha promoción no mes de setembro. Esta derrota deixa ao Garaysa como o peor dos tres representantes da provincia da Coruña e deberá remontarlle 4 puntos (3 e a golaveraxe) ao Ártabro nas 3 xornadas que restan para o remate da competición se non quere verse inmerso nesa promoción. Respecto ao partido, a primeira metade foi moi competida e igualada, ben pelexada polo Garaysa, con tanteos moi igualados. O Bm Ártabro contaba con unha nova incorporación, un rapaz procedente do Pontedeume de 1,87 m, que lle puxo as cousa moi complicadas á defensa carballesa, aínda que Cristian e Diego conseguiron frealo en varias ocasións. Na segunda metade o esforzo fisico empezou a pasar factura aos carballeses que comezaron a cometer erros e perdas de balón así como precipitacións no ataque. Na portería Dani Buño e Jorge repartíronse os minutos xogando unha parte cada un con bosas porcentaxes. |
|
XORNADA 22 |
21/03/2010 GARAYSA XIRIA 53 – BM RASOEIRO 18 |
|
Garaysa Xiria (23+30): Jorge, Daniel García (9), Julián (9), Diego (7), Iván (5), Raul (6), Enrique (7) -equipo inicial- Daniel Buño, Manuel (4), Gabriel e Óscar (6). |
|
Bm. Rasoeiro (6+12): A Franco, Adrián (1), Miguel (5), Antonio (1), Pablo (2), Christian (1), Samuel (8) -equipo incial- Sergio, Rubén, Adrián M., Otero e Ángel. |
|
Colexiados: Sr González |
|
Cómodo partido para o Garaysa Xiria o que disputou o domingo 21 de marzo ante o colista da liga de División de Honra Infantil Masculina. Un parcial de inicio de 0-3 a prol dos visitantes foi todo o deu de si o encontro, a partir de ese intre e cun parcial de 12-1 quedaba o partido visto para sentenza, o conxunto carballés a partir de ese intre adicouse a repartir xogo entre todos os compoñentes mentres deixaba que os minutos pasasen de vagar. Tanto foi así que ata o colexiado se contaxiou anotanto goles na acta a xogadores que non chegaron a marcar. Foi unha boa inxección de moral para os carballeses xusto antes do derbi ante o Bm. Ártabro da vindeira xornada que se disputa no Pavillón do Colexio Valle Inclán e no que se xogan os dous conxuntos a súa permanencia de xeito directo na categoría, evitando desta forma o ter que xogar unha fase previa no mes de setembro. |
|
XORNADA 19 |
19/03/2010 CALFONCAL LAVADORES 36 - GARAYSA XIRIA 26 |
|
Calfoncal Lavadores (20+16): Marco, León (4), Fernández (3), Sergio (5), Pablo (3), Villar (6), Alves (4) -equipo incial- Iván (1), Carlos, Raul (5), Borja, Cristobal e A Fernández (5). |
|
Garaysa Xiria (14+12): Daniel Buño, Daniel García (3), Julián (3), Diego (6), Cristian (3), Raul, Iván (6) -equipo inicial- Jorge, Manuel (3), Óscar, Miguel e Gabriel (2). |
|
Colexiados: Srs. Pérez e Fernández. |
|
Pouco puido facer o Garaysa Xiria no partido aprazado por mor do temporal do 27 de febreiro ante un Lavadores que se amosou moi superior dende o pitido inicial, acadando nos primeiros dez minutos de partido unha cómoda vantaxe de cinco goles, que presaxiaban o devir do encontro. En ningún momento inquetou no marcador o conxunto carballés ao cadro olívico. A diferenza de presenza física entre un e outro equipo resultou un escollo insalvable para os xogadores do Garaysa, que vían como, unha e outra vez, non eran que de deter os ataques encabezados por Borja, que ainda que na acta non se lle anotaron goles si que os conseguiu sendo un pesadelo para os carballeses que non encontraron a fórmula para paralo. Ainda así e todo non se lle pode negar as gañas que puxeron durantes os cincuenta minutos os xogadores do Xiria que trataron de sacar algo positivo dun encontro tremendamente complicado. |
|
XORNADA 21 |
14/03/2010 BALONMÁN TUI 36 - GARAYSA XIRIA 32 |
|
Balonmán Tui 36 (16+20): Yoel, Álvaro, Martín (3), Adrián (1), Aarón (1), Alejandro, Diego (13), Carlos (1), Lois (1), Ignacio, Javier (2), Carlos (14). Preparador: Ricardo Carballo. |
|
Garaysa Xiria 32 (14+18): Jorge, Daniel García (2), Iván (6), Óscar, Alberto (2), Julián (9), Enrique (5), Raúl (2), Diego (4), Daniel Buño (1), Gabriel, Miguel (1), Fran. Preparador:Alberto Salgado. |
|
Colexiados: Juan Andres Casaleiro |
Mal día, non polo xogo despregado pero si polo resultado, para un Garaysa Xiriaque afrontaba un longo desprazamento a localidade pontevedresa de Tui. Tamén mal día para o colexiado do encontro que tivo unha actuación para esquecer.O Garaysa iniciaba o choque coa esperanza de acadar os dous puntos en xogo ante un rival que se atopa por debaixo na táboa clasificatoria. O equipo carballés comezaba con un bo xogo de balón en ataque, aínda que cometendo algún erro de desprazamentos cara a zona centro da defensa tudense, que era un muro. Os de carballo movían ben a bola con finalizacións por zonas exteriores por parte dos extremos e laterais. No plano defensivo os carballeses practicaban unha defensa 3:3, sen facer mixta, aspecto prohibido polo regulamento nestas categoría pero que o equipo rival si utilizou ante a permisividade arbitral. Diego vixiaba ao pivote de Tui e Dani presionaba ao central conseguindo roubos de balón. Ao descanso o marcador era de 16-14 a prol dos locais.Na segunda metade o Garaysa saíu moito máis forte en defensa, recuperando o balón e propiciando contras que remataban en gol. Así, os de Carballo conseguían recurtar a desvantaxe do descanso e poñerse con 4 goles de renda ao seu prol. Pero neste punto comezaron as accións extrañas e todas na mesmo sentido: dúas faltas en ataque en oito metros que foron sinaladas como penaltis a prol dos locais, un lanzamento á madeira dado como gol. As protestas do ténico carballes a estas accións supuxéronlle un sete metros en contra e posesión a prol do Tui. Os rapaces do Garaysa xa vían que era imposible sacar algo positivo e Alberto era excluido catro minutos por protestar. Ao final o Tui conseguía os dous puntos.O vindeiro compromiso para o Garaysa Xiria será o próximo venres en Vigo ante o Lavadores. |
|
XORNADA 18 |
|
21/02/2010 GARAYSA XIRIA 29 - SD.TEUCRO NORBROK 38 |
|
Garaysa Xiria 29 (15+14):Jorge, Daniel Garcia, Iván (4), Óscar, Alberto (6), Julián (9), Enrique (4), Raúl , Diego (4), Manuel (2), Daniel Buño e Miguel. |
|
S.D. Teucro Norbrok 38 (18+20): Arosa(1), Martin, Felipe, Aser (3), Jose C. (7), Ruben (10),Matías (4), Aarón (6), Santiago, Andrés (3), Dominguez, Diego, Miguel (4). |
|
Colexiados: |
|
Partido duro e dificil o que debía disputar o Garaysa fronte ao Teucro, un dos equipos que está a loita polas prazas de honra da categoría. Os de Carballo amosaron unha mellor imaxe e mellor xogo que o que nos ofreceran fronte ao Lalí o pasado luns. A primeira metade foi bastante igualada, cun bo xogo en ataque e unha defensa bastante contundente. O Teucro, con xogadores máis corpulentos e fortes movían ben a bola, amosando un xogo fluido e buscando ao seu pivote de 1’80 m de estatura. O Xiria moveu ben a bola con Alberto buscando penetracións, xogando co pivote e con Julián lanzando en carreira, pero a defensa pontevedresa era un muro dificil de derrumbar, ao contrario da defensa carballesa que era feble nos contactos. Ao descanso chegábase cunha vantaxe de 3 tantos a prol dos visitantes, 15-18. Na segunda metade o Garaysa perdeu fluidez no xogo e cometeu algúns erros no pase o que propiciu os contragolpes do Teucro que así abriu brecha ata os 9 goles de renda final, 29-38. En resumo, faltou contacto defensivo e paciencia en ataque, algo no que deben mellorar os rapaces de Alberto Salgado cara o vindeiro compromiso que será a domicilio fronte a outro dos equipos que loitan polas primeira prazas, o Calfoncal lavadores de Vigo. |
|
XORNADA 16 |
15/02/2010 GARAYSA XIRIA 29 - BALONMÁN LALÍN 41 |
|
Non dispomos de datos, posto que non se presentaron os colexiados ao enganarse coa data do encontro. Dirixiron o partido dous xogadores cadetes do Xiria.
|
|
Partido aprazado pertencente á 16ª xornada de liga na División do Honra Infantil. O encontro comezou con retraso agardando polos colexiados. Estes tiveron unha confusión coa data e finalmente optouse por que dirixiran o partido dous xogadores cadetes do Xiria. Dificil tarefa a que tiña o equipo carballés fronte ao segundo clasificado, un equipo moi forte e con xogadores moi corpulentos. Comezou mandando o equipo dezano que obtivo unha importante renda de 5 goles nos primeiros 10 minutos do encontro. O Garaysa Xiria amosaba carencias no control do balón cando os contrincantes presionaban e o xogo ofensivo dos de Carballo foi moi estático, sen movementos sen balón para apoiar aos compañeiros. Non se pode poñer como disculpa a maior corpulencia dos lalineneses posto que o maior lastre dos carballeses foi esa falta de mobilidade. |
|
XORNADA 17 |
13/02/2010 BM. MOAÑA A 26 – GARAYSA XIRIA 22 |
|
Bm Moaña A 26 (10+16): Ángel, Borja (1), Raúl (9), Sergio (2), Karl, Carlos Meira, Carlos Piñeiro, Xesús, Abel (5), Hector (1), Víctor e Alejandro (7). |
|
Garaysa Xiria 22 (11+11): Jorge, Cristian (5), Daniel García, Iván (1), Óscar, Julián (11) Enrique, Raúl (3), Diego (1), Manuel (1), Daniel Buño, Gabriel, Fran e Miguel. |
|
Colexiados: Gonzalo Piñeiro e Alba Currás. |
Partido pertencente á 17 xornada de liga no que o Garaysa Xiria perdeu unha boa ocasión de puntuar fóra da casa ante un rival mellor clasficado, o BM Moaña, nun encontro que só se lles ía escapar aos carballeses nos intres finais.Os de Carballo plantexaron un partido moi serio, con sede de vinganza tras a derrota sufrida na casa no partido de ida, e así comezou a primeira metade mandando no marcador. Con boas accións defensivas e con moito criterio en ataque, movendo o balón con continuidade e acertando a maior parte das veces na selección de lanzamento con Julián como máximo artilleiro.Pero tras o descanso os do Morrazo reaccionaron e da man de Raúl e Alejandro, con 16 goles entre os dous, deron a volta ao partido. Pero ao Xiria aínda lle quedaba unha úlitma baza que xogar, Cristian con 3 goles consecutivos dende o extremo puxo en apretos ao Moaña, que a falta de 4 minutos viu perigar a vitoria, pero un despiste en defensa e as presas en ataque botaron por terra todas as opcións de levar os 2 puntos. Ao final 26 – 22, nun partido moi intenso que o Garaysa non deixou escapar e pelexou ata o remate. Noraboa polo esforzo realizado que aínda que nesta ocasión non tivo recompensa non será así para outra vez. |
|
XORNADA 15 |
31/01/2010 CAIXANOVA OAR 30 - GARAYSA XIRIA 29 |
|
Caixanova OAR 30
(15+15):
Adrian,
Francisco, Jairo
(6), Iago,
Manuel (2),
Carlos (1),
Ángel (5),
Aitor, Gonzalo,
Daniel (2),
Jorge (9),
Ignacio (3),
Miguel (1).
|
|
Garaysa Xiria 29 (15+14): Jorge, Cristian (4), Daniel Garcia, Ivan (3), Óscar, Alberto (5), Julián (12), Enrique (2), Raul (1), Diego(2), Manuel, Daniel Buño, Gabriel, Miguel. |
|
Colexiados: Alfonso Canitrot e Ignacio Obenza. |
|
Disputado e bonito derbi provincial o que se puido presenciar na pista coruñesa de San Francisco Xabier e que puido decantarse para calquera dos dous bandos. O Garaysa Xiria comezou mandando nos primeiros intres, con dous goles de vantaxe, pero a partir do minuto 5 a tónica xeral da primeira metade foi a igualdade. No intermedio o electrónico sinalaba un 15-15 que intuía un segundo acto, alomenos, tan disputado e intenso como o primeiro. Na reanudación continuou a igualdade absoluta, ata que unha exclusión do visitante Cristian e as precipitacións por parte dos carballeses permitiu que o OAR conseguise dous goles de renda. Tras unhas boas defensas o Xiria consegue entrar outra vez no partido e incluso dipuxo da derradeira posesión para tentar conseguir o empate. O vindeiro partido do Garaysa Xiria será dentro de dúas fins de seman, posto que o encontro que debía disputar o equipo carballés fronte ao Bm Lalín a vindeira fin de semana quedou aprazado. |
|
XORNADA 14 |
16/01/2010 GARAYSA XIRIA 28 – BM OURENSE IES AS LAGOAS 21 |
|
Non dispoñemos dos datos do acta do partido.
|
|
Primeiro partido da segunda volta da competición e importante trunfo do Garaysa Xiria. O partido comezaba con retraso por mor da viaxe do equipo visitante, pero isto non descentrou ao equipo local que saíu moi concentrado á cancha, practicando unha forte defensa 3:3 presionante que impedía a fluídez no xogo do Ourensáns e propiciaba os contragolpes tras as recuperacións de balón. Ademais o local Cristian, moi motivado, defendía, a pesar da diferenza de corpo, con sobriedade ao xogador máis importante do cadro de Ourense. No xogo ofensivo, o Garaysa cometío certos erros de precipitación, pero conseguían a brir a defensa rival e finalizar os ataques en multiples ocasións polo centro e despistando con desdobramentos dos extremos e pases ao pivote. Na segunda metade comezou a pesar o cansancio, o técnico carballés deixou no banco a Julián e deu entrada a Iván, que soubo cumplir cou súa labor. O Xiria continuou, a pesar de que a frescura ía desaparecendo e se notaban os altibaixo no xogo, coa mesma dinámica, chegándose ao remate co resultado de 28-21. Debemos destacar tamén a Raúl, no extremo dereiro, que amosou unha grande coraxe tanto en defensa como en ataque e a Jorge, na meta, que tivo unha moi boa porcentaxe de paradas. Unha vitoria que motiva aos rapaces de Alberto Salgado para tentar facer unha boa segunda volta de campionato. O próximo partido a disputar polo Garaysa Xiria terá lugar na pista coruñesa de San Francisco Xabier o vindeiro domingo ás 10.15 h, fronte ao OAR, nun dos derbis provinvciais. |
|
XORNADA 13 |
16/01/2010 GARAYSA XIRIA 34 – CISNE GRUPO PIRSA 23 |
|
Garaysa Xiria 34 (16+18): Jorge, Cristian (8), Daniel Garcia (2), Iván (2), Óscar, Alberto (5), Julián (7), Enrique (2), Raúl, Daniel Buño, Gabriel, Francisco. |
|
Cisne Grupo Pirsa 23 (11+12): Sergio Vilagelin, Ricardo (1), Javier (4), David (2), Pablo, Yago (3), Iago (1), Diego (2), César, Jaime (4), Sergio Doval (6), Mario. |
|
Colexiado: Pablo Gomez. |
|
O Garaysa Xiria derrotou ao Bm Cisne por 34-23 en encontro pertencente á 13ª xornada de liga, derradeira da primeira volta, na División de Honra Infantil. Gran volta do Garaysa Xiria á competición logo do parón do Nadal. O equipo saíu moi centrado á pista da Zona Escolar e mantivo esa concentración e intensidade ao longo do partido, a pesar de que a pista non se atopaba nas mellores condicións por mor da condensación. O Garysa soubo definir en ataque, mandando no xogo ofensivo, o que fixo que os equipos se retirasen aos vestiarios cunha diferenza de 5 tantos, 16-11, a prol dos locais. No reinicio a pista xa comezaba a estar en mellores condicións e os xogadores empezaban a ter máis confianza. Os de Carballo seguiron a mandar no marcador durante toda a segunda metade. No lado positivo hai que destacar a labor de Daniel no central, mandando no xogo de equipo, pero tamen debemos destacar, no lado negativo, os erros defensivos que se produciron durante todo o partido. Con esta vitoria o Garysa Xiria situase na 8ª posición da clasificación e sobrepasa ao Bm Ártabro, o seu rival na loita por evitar a praza de promoción que lle corresponde á provincia coruñesa. O próximo rival dos carballeses será o Bm ourense IES As Lagoas, 12º clasificado, o sábado ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños de Carballo. |
|
XORNADA 12 |
20/12/2009 CAIXANOVA OCTAVIO 29 – GARAYSA XIRIA 17 |
|
XORNADA 11 |
13/12/2009 BALONMÁN CANGAS 27 - GARAYSA XIRIA 27 |
|
Balonmán
Cangas 27
(12+15):
Xavier, Daniel
Cáceres (2),
Xoel (6),
Antonio (2),
Xurxo, Marcos,
Daniel García
(10), Pedro,
Pepe (2),
Samuel, Roi,
Mauro (2),
Alberto (2),
Xairo (1).
|
|
Garaysa Xiria 27 (15+12): Jorge, Cristian, Daniel Garcia(1), Iván, Óscar (5), Alberto (4), Julián (14), Enrique, Raúl, Diego (1), Manuel (2), Daniel Buño, Gabriel, Francisco. |
|
Colexiados: |
|
O Garaysa Xiria
conseguiu un
importante
empate na pista
canguesa
do Gatañal
na.11ª xornada
de liga na
División de
Honra Infantil.
Os rapaces
do Garaysa saí
moi centrados á
cancha, xogando,
durante a
primeira
metade, con
calma e movendo
ben o balón, sen
cometer moitos
erros de pase.
Os de Cangas
atacaban ben á
defensa
carballesa o que
impedía que o
Garaysa puidese
escaparse no
marcador. No
descanso o
electrónico
sinalaba un
12-15 a prol dos
de Alberto
Salgado.
Na segunda
matade o equipo
carballés
comezou a comter
moitos erro no
ataque, sobre
todo pisando a
liña de 6 m e
perdas de balón
por non
encarar a
portería o que
motivou a
remontada do
Cangas,
chegándose
igualados aos
minutos finais
do encontro.
A falta de
corenta segundos
para o remate, o
choque atopábase
igualado a 27, a
posesión era do
Garaysa,
pero Julián non
chega ao balón e
é arrollado polo
porteiro Cangués
nunha mala
saída. Tarxeta
vermella para o
porteiro e
posesión para
Cangas pero sen
tempo para nada
máis. Final de
partido moi
intenso e bo
punto o acadado
polos
carballeses
lonxe do seu
feudo.
Destacar as
prestacións
ofensivas do
lateral
carballés Julian
así como o bo
facer dos dous
gardametas do
Xiria ao longo
de todo o
partido.
Na vindeira
xornada, o
Garaysa Xiria
desprázase a
Vigo para
medirse, sábado
ás 10.30 h no
Pavillón de
Balaidos 1, ao
Caixanova
Octavio.
|
|
XORNADA 1 |
05/12/2009 BALOMAN OURENSE 27 – GARAYSA XIRIA 35 |
|
Balonmán Ourense 27 (13+14): José, Rubén, Jorge, Ángel, Alberto (7), Daniel (20), Arturo -equipo inicial- Roque, Martín e Iván. |
|
Garaysa Xiria 35 (18+17): Jorge, Cristian (3), Enrique (3), Daniel García (2), Julián (11), Alberto (5), Raúl (1) -equipo inicial- Daniel Buño, Manuel (4), Óscar (1), Gabriel, Iván (3) e Diego (2) |
|
Colexiados: Srs. Álvarez e Breant. |
|
Partido aprazado da primeira xornada da liga de División de Honra Infantil masculina que se disputou no Pavillón do I.E.S. As Lagoas de Ourense e que enfrontou ao Balonmán Ourense co Garaysa Xiria, ou máis ben a Daniel co equipo carballés. Dende o primeiro intre viuse ben ás claras a diferencia de concepción de un e doutro equipo, xa que ben por baixas ou por acerto dos carballeses o partido foi unha demostración de forza física por parte de Daniel -coa axuda puntual de Alberto- contra a intención –acadada en numerosas ocasións- de xogar en equipo por parte do Garaysa. O xogo colectivo e no que participaron de maneira positiva todos os compoñentes do cadro carballés superou claramente un partido no que necesitaba os dous puntos para tratar de subir postos na táboa clasificatoria. Pouco a pouco, van os xoves xogadores do Xiria collendo o pulso ao balonmán a sete e a esta liga tan esixente. As accións individuais van desaparecendo en favor do compañeiro, tanto a nivel defensivo como ofensivo. As tentativas dos ourensáns de achegarse no marcador ca variación de defensas non tivo froito xa que os carballeses mantiveron a concentración e a serenidade durante todo o encontro. So algunha perda de balón no contraataque nos minutos finais ,cando o marcador sinalaba unha vantaxe de 11 goles a prol do Garaysa, permitiu aos de Ourense maquillar o resultado. |
|
XORNADA 10 |
28/11/2009 GARAYSA XIRIA 22 – BALONMÁN ÁRTABRO 26 |
|
Garaysa Xiria 22 (11+11): Daniel Buño, Enrique, Cristian (4), Daniel Garcia (3), Julián (5), Alberto (2), Diego (3) -equipo inicial- Jorge, Manuel (1), Iván (1), Óscar, Raúl (2), Gabriel, Francisco. |
|
Balonmán Ártabro 26 (14+12): Jorge Longuera, David (5), Rubén (2), Iago (4), Daniel (6), Jesús, Pablo (2), España (5), Adrián, Jorge (2), Ángel. |
|
Colexiados: |
|
Importante partido para ambos conxuntos para salvar a fase de promoción, pero os xogadores da casa non tiveron o seu mellor día. O Garaysa comezou o partido durmido, o que unido os erros en ataque propiciaban que o Ártabro recuperase bolas que convertían en tantos con facilidade. Julián daba algo de vida no plano ofensivo aos de Carballo pero a primeira liña herculina facía estragos na defensa carballesa. O Xiria, íase aos vestiarios no intermedio con tres goles por debaixo no electrónico, 11-14. Na segunda metade os dous equipos aumentaron o ritmo e a intensidade pero os de Crabllo seguían a caer nos mesmos erros. Unha exclusión de Cristian propiciabe que o Ártabro abrise un oco no marcador que xa foi insalvable para o Xiria, aínda que conseguiu achegarse nos momentos finais. A vindeira fin de semana no haberá liga por mor dos compromisos da selección autonómica, sen embargo o garaysa Xiria si competirá posto que xogará un encontro aprazado, pertencente á 1ª xornada, fronte ao Bm Ourense, sábado ás 12.00 h no Pavillón do IES As Lagoas, Ourense. |
|
XORNADA 9 |
21/11/2009 RASOEIRO BM 26 - GARAYSA XIRIA 29 |
|
Rasoeiro Bm 26 (13+13): Rubén, Sergio, Ernesto, Adrián Nimo, Miguel (8), Amir, Pablo (2), Cristian Álvarez (1), Antonio (4), Adrián Mouco (9), Cristian Otero, Ángel (2). |
|
Garaysa Xiria 29 (18+11): Jorge, Cristian (5), Daniel Garcia (1), Iván (2), Óscar, Alberto (3), Julián (10), Enrique (4), Raúl (2), Diego, Manuel (2), Daniel Buño, Gabriel, Francisco Javier. |
|
Colexiados: |
Importante vitoria do Garaysa Xiria na cancha do Rasoeiro que permite aos de Carballo sumar dous novos puntos, e xa van seis de xeito consecutivo, e continuar escalando postos na clasificación.A pesar da vitoria, os carballeses non comezaron ben o partido, sen mostrar ansias por romper o encontro dende o inicio, xa que o xogo do Rasoeiro era o máis lento posible. Os xogadoresdo Garaysa contaxiáronse do ritmo de xogo do ritmo de xogo dos locais. Nas tarefas defensivas os xogadores carballeses amosábanse moi estáticos, permitindo o xogo cómodo por parte dos primeiras liñas e do pivote dos do Grove. No plano ofensivo os rapaces do Garaysa pecaron de demaisado xogo individual tomando decisión erróneas en moitas ocasións. Destacar a aportación ofensiva de Julián, con dez tantos, e o traballo de Daniel García, no centro, cortando moitos balóns en defensa e xenerando bo xogo en ataque, a pesar de que non puido actuar na segunda metade por un problema nas costas.O seguinte partido para o Garaysa Xiria será o vindeiro sábado, ás 12.15 h, no Pavillón Bergantiños, fronte ao Balonmán Ártabro. Importante partido para ambos conxuntos xa que o sistema desta competición obriga ao peor clasificado de cada provincia a xogar unha fase pola permanencia.¡¡Ánimo aos xogadores e a facerse fortes na casa!! |
|
XORNADA 8 |
14/11/2009 GARAYSA XIRIA 42 – BALONMÁN TUI 37 |
|
Garaysa Xiria 42 (22+20): Julián López (15), Alberto Pereira (8), Enrique Pena (5), Cristian Gómez (4), Ivan Campos (3), Óscar Esmorís (2), Raúl García (2), Manuel Rial (2), Daniel García, Gabriel Nogales, Daniel Buño, Jorge Brandón. |
|
Balonmán Tui 37 (18+19): Carlos Fernández (9), Martin (6), Ignacio (6), Javier (2), Aarón (1), Alejandro (1), Yoel, Fabián, Carlos Iglesias, Jesús, Lois. |
|
Colexiados: |
|
Segunda vitoria da campaña para o Garaysa Xiria que parece que pouco a pouco se vai adaptando á categoría. Tras estas dúa vitorias consecutivas, os carballeses ascenden ata a 10º posición e igualan a puntos co Balonmán Ártabro, rival do Xiria na loita por evitar o descenso. Lembremos que nesta categoría o peor clasificado de cada provincia deberá xogar unha promoción co campión provincial correspondente, que determinará a súa continuidade na categoría. Sufrido partido dos carballeses ante un Balonmán Tui que se amosou moi rápido durante todo o encontro. Na primeira o xogo dos tudense foi moi veloz, sacando rápido de centro e xogando moito co seu pivote, mentres que o Garaysa mantiña unha defensa 3:3 que lle permitía roubar e provocar perdas de balón. Os carballeses non cometeron erros no ataque pero en defensa permitiron moitos pases ao pivote e penetracións claras dos primeiras liñas do Tui. Na segunda metade os tudenses continuaron co seu xogo rápido en ataque pero os carballeses seguían apretando. Ao Bm Tui non lle era fácil frear o xogo ofensivo dos de Carballo e comezaron a variar a defensa, cambiando a 6:0 e 5:1. Sen embargo o Garaysa conseguía facerse con dous importantes puntos que reforzan a moral do equipo. A vindeira fin de semana o Garaysa Xiria desprázase ao Grove para medirse ao Rasoeiro Bm. |
|
XORNADA 7 |
07/11/2009 BALONMÁN PABELLÓN 23 - GARAYSA XIRIA 28 |
|
Balonmán Pabellón 23 (13+10): Guillermo (7), Mateo (6), Luís (3), Daniel (3), Roberto (2), Diego (1), Iván, Carlos, Brais Gálvez, Brais Giráldez, Francisco. |
|
Garaysa Xiria 28 (15+13): Alberto Pereira (11), Enrique Pena (6), Julián López (5), Raul Garcia (2), Manuel Rial (2), Daniel Garcia (1), Diego Gago (1), Iván Campos, Óscar Esmorís, Gabriel Nogales, Jorge Brandon, Daniel Buño. |
|
Colexiados: |
Primeiros dous puntos que consigue o Garaysa Xiria. Houbo que agardar ata a sétima xornada, aínda que os carballeses teñen un encontro aprazado, para que o equipo carballés sumase a súa primeira vitoria.Á parte dos dous puntos conseguidos, tamén se gañou ilusión e confianza nos xogadores carballeses cara vindeiros compromisos. Na primeira metade os de Carballo foron sempre por diante no marcador, practicando unha forte defensa e xogando con rapidez en ataque, a pesar de ter enfronte unha defesnsa 6:0 con xogadores máis corpulentos. O Garaysa, ademais, non puido contar para este partido con Cristian que se atopaba lesionado.Na segunda metade o Bm Pabellón saíu de xeito máis forte, defendendo moi duro coa permisibilidade arbitral, pero o Garaysa respondeu moi ben en defensa. Nas tarefas ofensivas hai que destacar a un Alberto Pereira, con 11 tantos, que se amosou moi efectivo nos lanzamentos e penetracións, provocando sitacións de sete metros. Esta vitoria permite aos carballeses situarse na décima posición.Na vindeira xornada os rapaces de Alberto Salgado reciben ao Bm Tui, o sábado ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños. |
|
XORNADA 6 |
31/10/2008 GARAYSA XIRIA 25 – CALFONCAL LAVADORES 31 |
|
Garaysa Xiria 25 (11+14): Raul Garcia (1), Diego Gago, Enrique Pena (3), Iván Campos (2), Manuel Rial (6), Julián López (13), Daniel Buño -equipo inicial- Jorge Brandón, Gabriel Nogales, Francisco Javier. |
|
Calfoncal Lavadores 31 (15+16): Mario Martinez, Víctor León (8), Adrián Villar (2), Sergio Fernández, Carlos Iglesias (1), Noel Alves (1), Aarón Fernández, Iván Núñez, Cristobal Covelo, Raúl Pérez, Borja Méndez (19), David Fernández, Pablo. |
|
Colexiados: Pablo Gonzalez. |
Sexta xornada de liga na División de Honra infantil que se saldou con unha nova derrota do Garaysa Xiria, nesta ocasión ante o Lavadores, líder da competición.O Garaysa, que afrontaba o partido coas baixas de Alberto Pereira, Óscar Esmorís, Daniel García e Cristian Gómes (todos eles por enfermidade), comezou o encontro máis forte que nunca, mantendo a igualdade no electrónico ata a metade da primeira parte. Pese á ausencia deses catro xogadores, o Xiria controlou bastante ben a dinámica do partido sen ter posibilidade de moitos cambios. Ao descanso o marcador sinalaba un 11-15 a prol dos olívicos.Gran partido por parte dos locais fronte a un Lavadores moi serio no seu xogo, e que contan con dous xogadores na selección galega e un Borja Méndez que se amosou imparable acadando 19 dianas. O Garaysa estivo forte en defensa, facendo boas axudas, e en ataque moveu ben a bola aínda que cometou erros en pases e pecou de precipitacións nalgunhas accións, sobre todo motivado polo cansancio ao contar con poucos trocos.O Garaysa Xiria está comezando a coller experencia nesta liga e con traballo e esforzo seguramente nos dean unha grata sorpresa nas vindeiras xornadas. |
|
XORNADA 5 |
24/10/2009 SD TEUCRO NORBROK 44 - GARAYSA XIRIA 26 |
|
SD Teucro Norbrok 44 (19+25): Santiago, Aser (7), Rubén (7), José (9), Aarón (7), Miguel (5), Andrés (3) –equipo inicial- Arosa (3), Felipe (1), Matias (2), Diego, Domínguez, Martín. |
|
Garaysa Xiria 26 (11+15): Jorge, Julián (9), Enrique (2), Alberto (7), Dani, Iván (2), Manuel (5) -equipo inicial- Óscar, Raúl (1), Diego, Gabriel, Fran. |
|
Colexiados: Pablo Goitia e Andrés Silsanz. |
|
O Garaysa Xiria visitaba a pista do potente Teucro de Pontevedra. O equipo carballés, que está formado nasúa maioría por xogadores de 1º ano, aínda pouco formados fisicamente, colleitaba unha nova derrota. O Xiria terá que pasar por esta etapa de aprendizaxe e loitar ata o último partido de liga para conseguir manter a categoría na División de Honra. Augurábase polo tanto un partido sinxelo para os da casa, con unha altura e forza impropias da sua idade. O Garaysa, de calquera xeito, tivo un excelente inicio de partido e mandou no marcador ata o 7-6, no que o Teucro tomou a dianteira no electrónico. Os de Carballo facían dano á zaga pontevedresa, a pesar da súa menor antropometría, pero onde realmente radicaba o problema para os visitantes era na súa defensa, debido a maior forza e corpulencia dos seus rivais. O 19-11 do descanso falaba da diferenza dos dous equipos, pero tamén das cousas interesantes que estaban a facer na pista os carballeses. Na reanudación, o Garaysa Xiria todavía melloraba no seu ataque, pero o esgotamento físico facía que se notase máis a superioridade do Teucro nesta faceta e de aí a cifra encaixada de 25 goles nesta segunda metade. O partido foi, de calquera xeito, positivo para os carballeses, que seguen a acumular experiencia e minutos de xogo. Víronse cousas moi interesantes e de calidade que fan pensar que co traballo diario, moitos momentos gratos nos poden deparar estes rapaces no futuro, así que as estaturas e a forza,un aspecto tan importante neste deporte, se igualen coas dos seus contrincantes. |
|
XORNADA 4 |
17/10/2009 GARAYSA XIRIA 31 – BM MOAÑA 36 |
|
Garaysa Xiria 31 (16+15): Daniel Buño, Óscar, Julián (11), Manuel (4), Iván (3), Enrique (3), Daniel García (1) -equipo inicial- Alberto (9), Gabriel, Jorge, Francisco, Raúl. |
|
Bm Moaña 36 (18+18): Borja (3), Sergio (2), Carlos José (4), Raúl (5), Brais, Carlos, Carlos Poñeiro (1), Ángel, Xesús, Abel (4), Héctor, Víctos (8), Alejandro (9) |
|
Colexiado: |
Os equipo infantil do Garaysa Xiria continua sen coñecer a vitoria e nesta xornada caeu derrotado no seu feudo por 31-36 fronte ao Balonmán Moaña.Partido igualado, con unha primeira metade axustada, que deixaba o electrónico en 16-18 no intermedio. Os carballeses tiveron problemas en ataque con indecisións e algúns erros ao non decidirse a atacar. No plano defensivo o Garaysa utilizou unha defensa 3:3 presionante, que lle deu un bo resultado, cortando ´liñas de pase e provocando erros no equipo contrario.Na segunda metade os de Carballo tiveron unha maior estabilidade ofensiva, con un Alberto Pereira moi acertado con nove goles e un Xulian Lopez decisivo con once. Os locais comezaron a ter máis confianza no seu xogo, aínda que o cansancio nos ultimos minutos e o físico do equipo rival provocaron desaxustes defensivos que impediron ao Garaysa conseguir os seus primeiros puntos.Na vindeira xornada o Garaysa Xiria enfóntase a domicilio ao Teucro. |
|
XORNADA 3 |
12/10/2009 BM LALIN 40 - GARAYSA XIRIA 25 |
|
Bm Lalín 40 (17+23): Daniel, Arón (9), Marcos (6), Fabián (8), Duarte (4), Antonio (3), Manuel (1) -equipo inicial- Xoán (2), Jorge (2), Román (3), David (2). |
|
Garaysa Xiria 22 (8+14): Daniel Buño, Iván (2), Julián (7), Raúl (1), Manuel (6), Enrique, Cristian (1) -equipo inicial- Jorge, Daniel García (1), Alberto (3) Gabriel, Óscar (2), Diego (2). |
|
Colexiado: Srs. López e Rosende. |
Segunda derrota do Garaysa Xiria na liga de División de Honra infantil masculina. O Balonmán Lalín, actual campión de liga, foi netamente superior ao un equipo carballés que mantivo o tipo durante corenta minutos, pero os dez minutos finais foron moi costa arriba con continuas perdas de balón.O conxunto de Carballo, composto case na súa totalidade por xogadores de 1º ano, está a sufrir para amoldarse a unha nova categoría con moitas máis esixencias e presenza física dos rivais. Pouco a pouco vai mellorando en diversos aspectos pero queda aínda moito traballo por diante nunha tempada que ten que ser de aprendizaxe tanto no xogo coma na competición.No partido do luns os rapaces do Garaysa foron superados por un conxunto moito máis acostumado a este tipo de partidos e con moita máis experiencia no balonmán a sete. A falta de consistencia defensiva e de frescura nos derradeiros dez minutos foron determinantes para que a diferenza que, ata ese momento non foi nunca superior aos cinco tantos, se disparase con moitos contraataques por parte dos locais que non tiñan resposta polo lado carballés.A vindeira fin de semana o Garaysa Xiria recibe ao Balonmán Moaña, partido que se disputará o sábado ás 12.15 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. |
|
XORNADA 2 |
10/10/2009 GARAYSA XIRIA 22 – CAIXANOVA OAR 28 |
|
Garaysa Xiria 22 (8+14): Jorge, Iván (2), Julián (9), Alberto (2), Manuel (3), Enrique (1), Cristian (2) -equipo inicial- Daniel Buño, Daniel García (2), Raúl (1), Gabriel, Óscar e Diego. |
|
Caixanova OAR 28 (15+13): Adrián, Francisco (5), Iago (5), Carlos (5), Gonzalo (5), Jorge (4), Diego (4) -equipo inicial- Jairo, Manuel, Ángel, Daniel, Ignacio. |
|
Colexiado: Sr. Martínez. |
Mal comezo da competición do Garaysa Xiria na División de Honra Infantil. os de Carballo debutaban na 2ª xornada, posto que o partido que debían disputar na 1ª quedara aparzado, e facíano colleitando unha derrota no seu feudo ante o Caixanova OAR por 22-28.O conxunto carballes tivo moitos altibaixos e despistes defensivos, provocando asi, que o OAR se distanciase no marcador. Ao descanso xa gañaban os herculinos por 8-15Na segunda metade, as cousas cambiaron algo en ataque, o Garaysa comezou a aproveitar os erros en ataque do OAR, correndo moi ben as contras e estando mais acertado na finalizacion. Dúas exclusións de Cristian Gomez deixaron marcadas as posibilidades de remontada pese as boas actuacions de Julián López, con 9 goles, e de Manuel Rial, con 3 tantos, nas contras. |