

XORNADA 1 |
03/12/2011 BM. ÁRTABRO “B” 15 – MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 23 |
|
Bm. Ártabro “B”: 15 (8+7): Silvia, Alicia, Mina, Elisa, Cristina, Rocío, Nerea, Paula, Olalla, Antía, María, Sabela. |
|
Marmolería José Rey Xiria: 23 (12+11): Antón, Andrés, Antonio, Alba, Manuel, Pablo, Tito, Paula, Dani, Alberto, Raquel. |
|
Colexiado: Fernando Vaquero. |
|
A acta do encontro non reflectía os goles anotados por cada xogador, de ahí que non estén apuntados nesta crónica. |
|
Primeiro partido de competición oficial da liga territorial infantil. O Marmolería José Rey Xiria, equipo mixto, visitaba o pavillón Novo Mesoiro para enfrontarse a un magnífico equipo, o Balonmán Ártabro feminino. Os de Carballo saíron a pista coruñesa cos nervios lóxicos do primeiro encontro de liga. Tras uns primeiros compases de igualdade no electrónico, os visitantes impuxeron o seu ritmo e conseguiron distanciarse no marcador ao filo do descanso (8-12). Na reanudación, os de Xiria non deron opción ao equipo ártabro e foron ampliando a súa vantaxe froito, en gran medida, do seu contragolpe, ata chegar a ese incontestable 15-23 que reflectía o marcador final. Primeiros dous puntos para un plantel ilusionado con facer cousas importantes este ano na categoría e sobre todo para seguir a mellora propia destas idades. Todos os xogadores/as, puideron disfrutar de minutos de xogo e demostrar a súas habilidades na goma da pista coruñesa. |