LIGA
XORNADA 13 |
28/01/2012 ACADEMIA OCTAVIO 31 - IFECGÁS PEREIRA XIRIA 35 |
|
Academia Octavio: 31 (14+17): Chantada, Xacob (2), Victor (3), Ismael (7), Gonzalo (5), Pablo (3),Rodrigo -equipo inicial- Petar, Álex (1), Pablo (1), Correa (1), Barros (5), Bruno, Antón (3). |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 35 (15+20): Zúpez, Bouzas (5), Martín (2), Javi (2), Miguel (4), David (13), Rubén Gómez -equipo inicial- Edu (2), Mario (2), Calvete, Anes, Iván, Álex (4), José. |
|
Colexiados: Aarón Sestay e Iago García. |
|
Partido correspondente a segunda xornada da segunda volta da División de Honra en categoría xuvenil. Era un partido crucial para os intereses de un e outro conxunto. Os dous están chamados a competir polo título do campionato ao final da presente liga, pero os de Carballo acudían o envite con cinco puntos de vantaxe sobre os locais e comandando a clasificación. A importancia dos puntos notouse dende o principio, tanto pola intensidade que puxeron os equipos na pista como polo fervor que se estaba a vivir nas bancadas. A primeira parte foi moi igualada, un toma e daca por parte de cada un dos conxuntos que non deixaban nada para o final e por contra mostrábanse tremendamente xenerosos no esforzo de cada un dos seus xogadores. O escenario presentaba un espectáculo vibrante e intenso para todos os alí presentes. Os “golpes” sucedíanse indistintamente a favor duns e outros, pero os de Xiria, que entraran como un ciclón no encontro, poñendo terra de por medio, comandaban o electrónico con vantaxes curtas superado o meridiano do inicio. 14-15 no descanso e todo por decidir cara a reanudación. Pouco variou o contexto na segunda metade; o Xiria mandaba, pero o Octavio pelexaba ata a extenuación e conseguía poñerse por diante mediado este segundo acto. O xogo con dous pivotes que planearan os locais estaba a facer moito dano á retagarda do Ifecgás Pereira. Pero alí estaban os rapaces de Carballo para mostrar o seu bo facer. Non había presa, nin existían nervios, tan so madurez e concentración para xogar os minutos máis difíciles co marcador en contra. Pouco lle duraba a ledicia os olívicos, xa que os bergantiñáns non tardaron moito en adiantarse de novo para xa poñer tres goles de por medio que eran imposibles de superar nos últimos minutos do partido polo equipo local. Esta fin de semana dous encontros para os carballeses. O venres, ás 19.30 h no Vila de Noia, o Ifecgás Pereira Xiria recibe ao terceiro clasificado, o Teucro de Pontevedra, nun partido que foi aprazado no seu día polas goteiras que deixaban impracticable o parqué do Vila de Noia. Outro encontro de suma importancia contra un rival que está a seis puntos do carballeses, pero con un encontro menos que de gañalo deixaría unha distancia de tan só catro puntos. Na mañá do domingo, o Ifecgás Pereira volta a competición, neste caso contra o Bm. Porriño e tamén no Vila de Noia. Dous partidos transcendentais cara a clasificación final, contra dous estupendos rivais que xa lles complicaron as cousas os bergantiñáns en enfrontamentos anteriores. |
XORNADA 12 |
22/01/2012 IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30 – NCG O.A.R. CORUÑA 25 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 30 (12+18): Zúpez, Anes (1), Martín (5), Javi (5), Miguel (7), Álex (1), Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Edu (1), Ricardo, Calvete (1), Bouzas (5), Iván, David (3), José. |
|
NCG O.A.R. Coruña: 30 (12+13): García, Fernández (2), Sergio (4), César (5), Bárcia (1), Ángel (10), Lema (3) -equipo inicial- Alba, De La Torre, Manuel, Bemúdez, Martínez, Puga. |
|
Colexiados: Julio Villanueva e Sergio Vázquez. |
|
O Ifecgás Pereira Xiria comezaba a segunda volta desta liga no máis alto da táboa clasificatoria. O encontro que o equipo carballés ía disputar contra o O.A.R. da Coruña era vital para ampliar diferenzas con un rival directo e importantísimo para continuar co seu obxectivo de non baixarse da primeira posición. O equipo bergantiñán entrou de forma irregular no envite e alternaba momentos espléndidos con erros non forzados que mantiñan a igualdade no electrónico. A retagarda mostrábase a veces contundente, a veces despistada, feito que propiciaba que os locais non puideran despregar toda a súa rapidez no contraataque. No descanso o marcador reflectía un 12-12, resultado que non deixaba os xiriareiros gozar de certa tranquilidade. A reanudación moveuse polos mesmos derroteiros ata mediada esta segunda metade. Aquí foi onde os bergantiñáns apertaron os dentes en defensa para afastarse de forma definitiva no marcador e incluso disputar os últimos minutos de forma plácida e sen ningún risco. A próxima fin de semana, os de Ifecgas Pereira teñen outro difícil compromiso en Vigo contra o Octavio, outro rival directo por acadar o campionato. O encontro disputarase o sábado 28 no Frontón da cidade olívica ás 12:30 h. |
XORNADA 11 |
14/01/2012 IFECGÁS PEREIRA XIRIA – S.D. TEUCRO S. MOLDES (SUSPENDIDO NO MIN. 12) |
O encontro que disputaban na mañá do pasado sábado os dous primeiros clasificados e dous dos principais candidatos ao título, Ifecgás Pereira Xiria e S.D. Teucro, foi suspendido polos colexiados no minuto 12 da priemeira metade, estando de acordo os dous clubs, debido ao mal estado, provocado pola humidade e a xiada cíada durante a noite, da pista do Vila de Noia que facía perigar a integridade física dos deportistas. No momento da suspensión o electrónico reflectía un resultado de 4 a 2 a prol dos carballeses.O vindeiro partido a disputar polos rapaces de Fernando Vázquez, que continuan ao mando da clasificación, será o domingo, ás 12.15 h, no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, nun derbi provincial, fronte ao Novacaixagalicia OAR Coruña, 5º clasificado e outro dos equipos que aspiran a ocupar os primeiros postos ao remate da liga. |
XORNADA 7 |
23/12/2011 IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 – HIDROMIÑO ATL. NOVÁS 24 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (15+18): Zúpez, Anes (1), Martín (9), Javi (5), Miguel (8), Alex (1), Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Mario García, Calvete (3), Bouzas (3), Iván, Mario Santiago, Edu (2). |
|
Hidromiño Atl. Novás: 24 (13+11): David, Mario (6), Jorge (4), Diego (3), Oscar (2), Xabier (1), Fabián (3) -equipo inicial- Dani (4), Pablo, Nathan, Sergio(1), Adrián. |
|
Colexiadas: Alba Currás e Soraya Abelenda. |
|
Partido sinxelo e sen historia para os locais o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Atlético Novás do Rosal no pavillón Vila de Noia. A data deste encontro cambiouse debido a un contratempo co autobús, que no seu día, tiveron os pontevedreses. Comezaron os carballeses despistados, con pouca intensidade defensiva e moi erráticos no ataque posicional. De calquera xeito, a superioridade do Ifecgás Pereira no día de hoxe é moita con respecto aos do Rosal e grazas a isto comandaron toda a primeira parte o marcador, aínda que con diferenzas moi curtas. No descanso o marcador reflectía un 15-13 a prol dos de casa. Na segunda parte o Ifecgas Pereira aumentou lixeiramente a súa intensidade e o partido tornouse cómodo para os locais. Todos os xogadores que foron convocados para este encontro tiveron minutos de xogo, agás Mario Santiago, aínda convalecente dunha doenza. As diferenzas foron aumentando pouco a pouco no marcador para chegar a ese 33-24 final que deixa os de Xiria como único imbatido ata o momento e líder da División de Honra en categoría xuvenil. |
XORNADA 3 |
22/12/2011 BALONMANO PORRIÑO 31 - IFECGÁS PEREIRA XIRIA 32 |
|
Balonmano Porriño: 31(15+16): Brais, Fabián (10), Manu (5), Jesús (3), Hugo (3), Samuel (3), Jorge (2) -equipo inicial- Xoan (2), Miguel, Docampo, Gonzalo, Sergio (3), Otero. |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 32 (17+15): Zúpez, David (3), Martín (8) ,Javi (2), Miguel (5), Rubén Gómez (2), Anes (3) -equipo inicial- Mario, Calvete (4), Edu (1), Iván, Bouzas (3), Álex (1). |
|
Colexiados: Alberto Fernández e Abel Velasco. |
|
Partido duro e complexo para os de Carballo o que se disputou o pasado xoves na localidade pontevedresa do Porriño. O encontro correspondía a terceira xornada de liga e foi aprazado naquel momento pola convocatoria do xogador carballés David García coa selección xuvenil nacional. Os de Carballo viaxaban a Porriño sabedores do difícil envite que ían afrontar, xa que os resultados acadados con anterioridade polo equipo local así o anunciaban. O encontro foi tremendamente igualado dende os primeiros compases e os dous equipos mostrábanse poderosos e plasmaban sobre o parqué do municipal porriñés o seu gusto polo bo balonmán. Aos dez minutos do inicio, lesionábase o carballés David García e o adestrador visitante non ía poder contar con el durante o resto do partido, feito preocupante para as aspiracións dos de Xiria. As alternativas sucedéronse no primeiro acto, aínda que as vantaxes non superaron os dous goles de diferenza, case sempre a favor do Ifecgás Pereira. Como mostra de esta igualdade, o electrónico reflectía un 15-17 no descanso. A segunda parte foi de dominio visitante, pero as vantaxes seguían a ser mínimas. Parecía que os de Carballo mataban o partido no minuto catorce da reanudación, xa que cun 0-3 de parcial, escapábanse no marcador con tres goles. A reacción non se facía esperar por parte dos locais, que lles devolvían o parcial aos seus contrincantes e poñían as táboas no electrónico en apenas tres minutos. Desta forma encarábanse os últimos minutos e foi cando David García saía para lanzar un golpe franco con aviso de pasivo e o convertía en gol a falta de vinte segundos, os de Xiria respiraban tranquilos sabedores de que os dous puntos marcharían para Carballo. Aínda houbo tempo para que os de Porriño meteran un gol de golpe franco directo, pero a vitoria xa era dos de Ifecgás Pereira que se poñían así á fronte da clasificación. |
XORNADA 10 |
17/12/2011 CLUB CISNE DE BALONMÁN 24 - IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27 |
|
Club Cisne de Balonmán: 24 (10+14): Juan, David (4), Gonzalo (4), Justo (3), Pablo (2), Javi (9), Piñón (2) -equipo inicial- Aaron, Hermida, Sergio, Santi, Yago, Eric. |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 27 (12+15): Zúpez, Bouzas (5), Martín (7), Javi (5), Miguel (5), Álex, Rubén Gómez -equipo inicial- José, Calvete(1), Anes(1), Iván, Edu(3). |
|
Colexiados: Manuel Currás e Francisco Soliño. |
|
Partido atractivo o que disputaron o Ifecgas Pereira Xiria e o Cisne de Pontevedra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva na cidade do Lérez e no que os visitantes foron por diante no electrónico durante todo o encontro. Cos bergantiñáns non viaxou o seu xogador David García, que quedou en Carballo para disputar pola tarde o derbi de primeira estatal entre o Calvo Xiria e o Bm. Camariñas. A pesar desta baixa e de contar só con tres primeiras liñas, os de Xiria comandaron o marcador con certa solvencia e autoridade no xogo. Comezaron os carballeses defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible acadar as primeiras diferenzas, que se mantiveron ao longo dos primeiros trinta minutos para chegar o descanso co marcador de 10-12. Na segunda parte, o Ifecgás Pereira dedicouse simplemente a controlar o marcador e facer un partido cómodo, con pouco desgaste para os xogadores. Quizais, o exceso de confianza ao ver o partido controlado, fixo posible que os locais nun último intento se achegaran ata un gol de diferenza, pero os de Xiria souberon xogar con madurez cando o encontro tocaba ao seu fin. O equipo de Carballo conta os seus partidos por vitorias salvo o empate contra o equipo de Lalín e xa se encontra nos postos máis altos da táboa clasificatoria. A competición paralízase tras a disputa desta xornada, sen embargo o Ifecgás Pereira Xiria deberá xogar dous encontros que ten pendentes os vindieros xoves e venres. O xoves os carballeses visitarán o Municipal de Porriño para medirse ao equipo desa localidade, ás 20.15 h, mentres que o venres recibirán, ás 18.00 h, no Vila de Noia ao Atl. Novás. Se os carballeses suman alomenos 3 dos 4 puntos en xogo colocaranse como líderes en solitario e sen coñecer a derrota, antes de afrontar un importantísimo choque tras o parón do Nadal fronte á S.D. Teucro, actual líder e outro dos principais candidatos ao título galego. |
XORNADA 9 |
11/12/2011 IFECGAS PEREIRA XIRIA 27 – RASOEIRO BM. 23 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 27 (11+16): Zúpez, Bouzas(2), Martín(2), Javi(8), Anes(4), Álex, Rubén Gómez (2) -equipo inicial- José, Mario, Calvete (2), David (7), Edu. |
|
Rasoeiro Bm.: 23 (11+12): David, Roberto (2), Adrián (6), Diego (7), Álex (3), Guille (4), Christian (1) -equipo inicial- Dani, Campos, Ángel, Prol, Iván, Cabaleiro. |
|
Colexiados: Abel Juncal e Farruco Soliño. |
|
O Ifecgás Pereira Xiria, que protagonizou o seu peor encontro no que vai de tempada, a punto estivo de tirar pola borda o obxectivo de ocupar os primeiros postos da clasificación ao remate da liga regular. O equipo de Carballo saíu o parqué do pavillón Vila de Noia excesivamente confiado, a sabendas que se enfrontaba a un rival moi inferior que ocupa os últimos postos da táboa clasificatoria e que acudía a Carballo tan só con sete efectivos. O exceso de relaxación e a falta de intensidade propiciaba que os visitantes iniciaran o partido con un 0-4 de parcial ao seu favor, impensable antes de que se iniciase o envite. Os carballeses perdían un balón tras outro e cando non, estrelábanse contra o porteiro visitante. Xa se levaban xogados en torno aos dez primeiros minutos cando o Ifecgás Pereira anotaba o seu primeiro gol. Máis pola diferenza de calidade entre un e outro equipo e polas accións individuais de David García, os de Xiria conseguían empatar o encontro (8-8), pero, a partir de aí, non foron capaces de distanciarse no electrónico, de aí o marcador no descanso, 11-11. A segunda parte foi máis do mesmo, imprecisións, erros, erros claros de lanzamento e, sobre todo, unha falta de intensidade que facía temer polo resultado final. Foi nos últimos cinco minutos cando de novo David García tomou a responsabilidade para salvar aos bergantiñáns do que parecía unha derrota case segura e establecer o resultado final nese 27-23. O Ifecgás Pereira Xiria deberá volver a mostrar a alta intensidade que caracteriza ao seu xogo, así como o alto nivel competitivo ao que nos ten acostumados se quere facer un pleno de vitorias nos tres partidos que lle quedan por disputar antes do parón de Nadal. A vindeira fin de semana os carballeses viaxarán a Pontevedra para enfrontarse ao Cisne |
XORNADA 4 |
04/12/2011 IFECGÁS PEREIRA XIRIA 39 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 30 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 39 (20+19): Zúpez, Anes (5), Martín (9), Javi (5), Miguel (4), Álex (2), Rubén Gómez(2) -equipo inicial- Edu(3), Mario, Calvete(3), Bouzas(4), Iván, David (2), José. |
|
Las Cinco Jotas Lavadores: 30 (14+16): Gonzalo, Óscar (14), Dani (6), Nico (6), Sergio(2), Borja (1), Adrián (1) -equipo inicial- Fernández, Raúl, Francisco, Iván, Estévez, Mario. |
|
Colexiadas: Ana Correa e Soraya Abelenda. |
|
Partido correspondente a cuarta xornada da División de Honra en categoría xuvenil e aprazado no seu día pola convocatoria por parte da selección nacional dun xogador do Lavadores. Era un encontro importantísimo para o Ifecgás Pereira Xiria na loita por acadar os postos máis altos da táboa clasificatoria a finais da tempada, xa que o Lavadores non tiña ningunha derrota no seu casilleiro na presente tempada e é outro dos candidatos a loitar polo campionato final. O equipo bergantiñán entrou mellor no envite, sabedor da súa condición de local e da importancia de non deixar escapar os dous puntos. A retagarda mostrábase contundente, concentrada e con moita intensidade, feito que propiciaba que os carballeses puideran despregar toda a súa rapidez no contraataque. A primeira oleada carballesa funcionaba coma un reloxo e nos primeiros dez minutos, as diferenzas xa eran moi cómodas para os de Xiria. Tampouco estaban a amosar excesivos problemas no ataque posicional, xa que o xogo sen balón e as amplas traxectorias dos nosos, desconcertaban aos de Vigo que se vían superados por todos os lados. No descanso o marcador xa reflectía un 20-14 a prol dos de Carballo. A segunda parte moveuse co mesmo rumbo que a primeira e a diferenza de tanteo fixo posible que o Ifecgás Pereira obrara con superioridade e madurez para non permitir en ningún momento que os visitantes tiveran nin a máis mínima posibilidade de achegarse no electrónico. No remate, o 39-30 deixa un resultado moi cómodo para os de Carballo e unha golaveraxe certamente interesante de cara a afrontar o moito que queda de campionato. A próxima fin de semana, o de Ifecgás Pereira volve a xogar no pavillón carballés Vila de Noia. Será fronte ao Balonmán Rasoeiro, o domingo 11 ás 12:15 h. |
XORNADA 8 |
26/11/2011 CLÍNICA DEZA BM. LALÍN 33 - IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 |
|
Clínica Deza Bm. Lalín: 33 (14+19): Alberto, Ramón (13), Adrián (5), David (4), Román (3), José (3), Santi (2) -equipo inicial- Pinales, Enrique (1), Iago, Novo, Manuel, Duarte (2). |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (14+19): Zúpez, Bouzas (9), Martín (8), Javi (4), Álex (2), Rubén Gómez (1), Anes (3) -equipo inicial- José, Mario (2), Calvete (3), Edu (1), Viñas. |
|
Colexiados: Antonio Canitrot e Ignacio Obenza. |
|
Unha magoa o punto que se lle escapou ao Ifecgas Pereira no último segundo do partido e que lle impediu seguir sendo o único equipo da categoría que contaría o seus partidos por vitorias. Os de Carballo viaxaban a Lalín a enfrontarse contra un dos galos da categoría e facíano sen dous dos seus homes máis importantes, David e Miguel, convocados co equipo de 1ª Estatal, que xogaba en Redondela. O encontro foi tremendamente igualado dende os primeiros compases, dous equipos poderosos que deixaban ver o seu gusto polo bo balonmán. As alternativas sucedéronse no primeiro acto, aínda que as vantaxes non superaban os dous goles de diferenza para calquera dos dous equipos. Como mostra de esta igualdade o electrónico reflectía un 14-14 no descanso. A segunda metade foi de dominio visitante no electrónico, pero as vantaxes seguían sendo mínimas. Desta forma encarábanse os últimos minutos do encontro e cando parecía que os dous puntos marcharían para Carballo, unha xenialidade dun dos xogadores dezanos, unha contrarrosca perfecta dende o extremo dereito, a falta de dous segundos para o remate, daba un punto ao equipo de casa que o celebraba con moita algarabía dadas as circunstancias. A vindeira fin de semana, os carballeses xogarán no Vila de Noia de Carballo fronte a un duro rival como é o equipo vigués do Lavadores. O encontro disputarase o domingo 4 ás 12:15 h. |
XORNADA 7 (Partido non disputado) |
20/11/2011 IFECGÁS PEREIRA XIRIA – HIDROMIÑO ATL. NOVÁS |
|
Ifecgás Pereira Xiria: Zúpez, Bouzas, Martín, Javi, Miguel, Álex, Rubén Gómez, José, Mario, Calvete, Anes, Dani, Edu. |
|
Hidromiño ATL.Novás |
|
Colexiadas: Alba Currás e Tania Rodríguez |
|
O Atl. Novás, non se presentou o encontro que o tiña que enfrontar co Ifecgás Pereira Xiria no pavillón Vila de Noia de Carballo alegando unha avaría do autobús no que viaxaban cara a localidade bergantiñán. As colexiadas levantaron acta do feito e agora haberá que esperar ao que dictamine o Comité de Competición da Federación Galega de Balonmán. A vindeira fin de semana os carballeses viaxarán a Lalín para enfrontarse no Lalín Arena a un duro rival como é o Balonmán Lalín. O encontro disputarase o sábado ás 20:00h. |
XORNADA 6 |
12/11/2011 BUEU ATL BALONMÁN 19 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 32 |
|
Bueu Atl. Bm: 19 (13+6): Otero, Vidal (3), Iglesias (5), Acuña (5), Novás (2), Piñeiro (1), De la Torre (1) -equipo inicial- Gallego (1), Villegas, Castro (1), Domínguez |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 32 (16+16): Zúpez, Álex (1), Miguel (3), Jorge Bouzas (6), Martín (8), Javi (3), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- José, Viñas, Dani, Mario (1), Calvete, David (5), Edu (1). |
|
Colexiados: Pérez Fernández e Fernández Costa. |
|
Partido sinxelo para os de Carballo o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Bueu Atl. no Municipal da localidade pontevedresa, no que os visitantes puxeron de manifesto a súa superioridade. Comezaron os carballeses defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas nos primeiros minutos, pero o Bueu, lonxe de darse por vencido, reaccionaba e acercábase no electrónico. Nada facía pensar que os de Xiria puideran temer pola vitoria final, xa que a superioridade no xogo era evidente e as diferenzas movíanse entre os tres e catro goles, aínda que isto último non daba posibilidade á relaxación. No descanso o marcador reflectía un 13-16 para o Ifecgás Pereira pero aínda quedaba moito que batallar para levarse os dous puntos en xogo. Na segunda metade o Ifecgás Pereira mantiña as diferenzas nos primeiros minutos, pero no meridiano da reanudación o equipo local acurtaba a distancia ata a mínima expresión, sobre todo pola boa actuación do porteiro Otero. Lonxe de poñerse nerviosos, os carballeses apretaron o acelerador e bastáronlles dez minutos para facer un parcial de escándalo que deixaba o marcador final en 19-32. O equipo de Carballo conta os seus partidos por vitorias e segue na súa senda de ambicionar os postos máis altos da táboa clasificatoria. A vindeira fin de semana, os carballeses xogarán no Vila de Noia de Carballo fronte ao Atl. Novás. O encontro disputarase o domingo 20 ás 12:15 h. |
XORNADA 5 |
06/11/2011 IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27 – SEIS DO NADAL-COIA 20 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 27 (14+13): Zúpez, Bouzas (3), Martín (6), Javi (5), Miguel (3), Álex (5), Rubén Gómez(1) -equipo inicial- José(2), Mario (1), Calvete, Anes, Iván, Viñas (1), David. |
|
Seis Do Nadal: 20 (8+12): Carlos, Jacobo (6), Manuel (4), Xabier (3), Diego (2), Javi (1), Andrés (2) -equipo inicial- Dani (1), Xoel, Ezequiel, Oscar (1), Alfredo, Alex, Angel. |
|
Colexiados: Daniel Portela e Daniel Rodríguez. |
|
Partido sinxelo e sen historia o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Seis Do Nadal vigués no Polideportivo Carballo Calero de Carballo e no que os locais puxeron de manifesto a súa absoluta superioridade. Os bergantiñáns puideron dar descanso durante todo o partido o seu xogador David García, xa que resolveron a papeleta con moita contundencia xa nos primeiros trinta minutos. Comezaron os locais defendendo forte, con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas e incluso avultadas dende os primeiros minutos, e xa no remate do primeiro tempo o partido concluíra a prol dos de Xiria (14-8). Na segunda parte o Ifecgás Pereira dedicouse simplemente a controlar o marcador e facer un partido cómodo, con pouco desgaste para o equipo. Todos os xogadores que estaban convocados para este encontro tiveron minutos de xogo agás o antes citado, David García. O equipo de Carballo conta os seus partidos por vitorias e segue na súa senda de ambicionar os postos máis altos da táboa clasificatoria. A semana que ven, os carballeses viaxarán a Bueu para enfrontarse ao equipo desta localidade. O encontro disputarase o sábado día 12 ás 12:30 no municipal bueuense. |
XORNADA 2 |
01/11/2011 IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34 – ACADEMIA OCTAVIO 27 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 34 (15+19): Zúpez, Bouzas (5), Martín (2), Javi (2), Miguel (4), David (13), Rubén Gómez -equipo inicial- Edu(2), Mario (2), Calvete, Anes, Iván, Alex (4), José. |
|
Academia Octavio: 27 (11+16): Chantada, Xacob (8), José L. (4), Ismael (5), Gonzalo(3), Pablo (2), Rodrigo (2) -equipo inicial- Petar, Alex, Víctor (2), Correa (1), López, Alberto,Pedro. |
|
Colexiados: Lucas Crespo e Pablo Álvarez. |
|
Partido correspondente a segunda xornada da División de Honra en categoría xuvenil e aprazado no seu día pola convocatoria por parte da selección nacional do xogador carballés David García. Era un encontro importantísimo para o Ifecgás Pereira Xiria na loita por acadar os postos máis altos da táboa clasificatoria a final da tempada, xa que o Academia Octavio é outro dos candidatos a loitar polo título final. O equipo bergantiñán entrou mellor no envite, sabedor da súa condición de local e da importancia de non deixar escapar os dous puntos. A retagarda mostrábase contundente, concentrada e con moita intensidade, feito que propiciaba que os da casa puideran desplegar toda a súa rapidez no contraataque. Tampouco estaban a amosar excesivos problemas os de Carballo no ataque posicional, xa que o xogo sen balón e as amplas traxectorias dos nosos desconcertaban aos de Vigo que se vían superados por todos os lados. No descanso o marcador xa reflectía un 15-11 a prol do Ifecgás. A segunda parte tivo o mesmo cariz que a primeira metade e a diferenza no marcador fixo posible que o Ifecgás Pereira obrara con superioridade e madurez para non permitir en ningún momento que os visitantes tiveran nin a máis mínima posibilidade de achegarse no electrónico. O marcador acadado 34-27 deixa na casa un resultado moi cómodo para os bergantiñáns e un “gol average” certamente interesante de cara a afrontar o moito que queda de campionato. |
XORNADA 1 |
9/10/2011 NOVACAIXAGALICIA OAR 24 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 26 |
|
Novacaixagalicia OAR: 24 (12+12): Ismael, Angel (7), Sergio (4), César, Jaime, Rodrigo (4), Miguel(2) –equipo inicial- García (4), Manuel (3). |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 26 (14+12): Zúpez, Anes (1), Martín (3), Javi (2), Miguel (3), David (9), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- Edu, Mario (2), Calvete (2), Bouzas, Iván, Alex (1), Mario Santiago. |
|
Colexiados: Fernando Eiras e Andrés Rosendo. |
|
Partido vibrante o que se disputou o pasado domingo no pavillón de San Francisco Xabier da Coruña entre dous dos equipos chamados a pelexar polo titulo da liga regular 2011-12 en categoría xuvenil. Derbi provincial que ao mesmo tempo servía para dar o pistoletazo de saída a competición. Dende o inicio, os xogadores bergantiñáns saíron moi decididos a polos dous puntos, pero con un xogo espeso e pouco dinámico, as defensas superaban de forma clara aos ataques de cada equipo, feito propio deste momento da competición. A igualdade prevalecía no marcador, aínda que os carballeses mandaban a maior parte do tempo, sen xogar un bo balonmán, pero si con moita madurez e traballo. Ao remate da primeira parte, o electrónico reflectía un importante e esperanzador 12-14 a prol dos visitantes. A tónica foi a mesma na reanudación, ambos equipos estaban moi igualados, transmitindo un partido vibrante para todos os expectadores que se deron cita nas bancadas. Aínda así, os carballeses disfrutaban agora de rendas máis cómodas (3-4 goles), pero ningunha que dera a posibilidade de baixar a garda e relaxarse. O entrenador local, Abel, tentouno todo e organizou unha defensa con especial atención ao xogador internacional carballés, David. Por sorte, os de Xiria souberon xogar con tranquilidade e madurez nos instantes precisos e sacar partido da vantaxe que se tiña no electrónico. Grazas a isto, puideron incluso chegar aos últimos dous minutos co partido practicamente sentenciado e sen pasar apuros. Finalmente o marcador foi 24-26 para o Ifecgás Pereira que, desta forma, anótase unha importantísima vitoria na súa carreira por acadar os postos máis altos da clasificación ao remate do curso ligueiro. Queda moito traballo por facer para mellorar o balonmán deste magnífico equipo que debe de voltar a mostrarnos ese xogo intenso e dinámico ao que nos ten afeitos. Só queda desexarlle ao noso David moita sorte no seu desprazamento coa selección nacional xuvenil a Guadalaxara e posteriormente a terras danesa, motivo polo cal o Ifecgás Pereira Xiria verá aprazados os seus encontros das próximas dúas xornadas. |
COPA FEDERACIÓN
|
XORNADA 3 |
01/10/2011 BUEU ATL. 37 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 28 |
|
Bueu Atl. : 37 (15+22): Yeray, André (10), Simón (9), David (8), Alejo (2), Anxo (4), Alberto (1) -equipo inicial- Dario, Villegas, Manuel(3). |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 27 (16+12): Zúpez, Álex (4), Miguel (2), Jorge Bouzas (7), Mario (1), Edu (2), Calvete (2) -equipo inicial- Ricardo (1), José (1), Mario Santiago (1), Javi (3), Anes (2), Viñas (2), Dani. |
|
Colexiado: Francisco Soliño. |
|
Xogaba o Ifecgás Pereira Xiria a derradeira xornada da Copa medíndose ao Bueu a domicilio. As ausencias dos de Carballo eran moi notables, xa que casi non contaba con ningún dos xogadores da primeira liña e con outros xogadores importantes, úns por lesión ou enfermidade, como Martín e Rubén, e outros por estar convocados co equipo senior, David. Ata Miguel, que tan só aguantou en pista primeiros dez minutos do encontro, debido a un golpe que tivo antes do inicio do encontro. Aínda e todo, prevíase un partido sinxelo para os de Xiria, xa que na pista estaban dous equipos chamados a loitar este ano por obxectivos totalmente opostos,,os de Bueu por non descender e os de Carballo por conquistar o campionato galego. Pero no día de hoxe, o equipo que deu unha lección de intensidade, loita, coraxe e competitividade foi o bueuense e simplemente con iso chegoulle para impoñerse, e de que forma a un Xiria falto de todos eses valores que nomeamos. A primeira metade foi tremendamente igualada e, aínda que o balonmán deixaba moito que desexar nos dous equipos, a maior calidade dos bergantiñáns chegaba para retirarse ao descanso cun marcador a favor de 15-16. A reanudación foi de loucura e o Ifecgás Pereira baixaba os brazos de maneira sorprendente para deixarse levar pola inercia dun equipo sempre combativo, o de Bueu. As defensas non existian, os goles sucedíanse un tras outro e os erros non forzados falaban ben ás claras da falta de concentración que presentaba hoxe o equipo visitante. Un parcial escandaloso levaba aos locais a apuntarse un tanteo de 22-12 na reanudación que á postre deixaría un resultado de 37-28 a prol do Bueu. A semana que ven, comenza a liga regular de División de Honra e o Ifecgás Pereira xogara na Coruña fronte ao OAR. Agora xa empeza o verdadeiramente importante e os de Carballo terán que cambiar de forma rotunda a sua imáxe se queren impoñerse ao equipo oarista. |
|
XORNADA 2 |
30/09/2011 IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 – SD. TEUCRO 36 |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (18+15): Zúpez, Mario (4), David (11), Edu (5), Calvete, Álex (1), Miguel (6) -equipo inicial- Jorge (1), Anes (3), Iván, Mario Santiago, José, Javi (2), Viñas. |
|
S.D. Teucro: 36 (18+18): Martín, Pombo (8), Álex (6), Dani (4), Santi (4), Luís (3), Julio (3), López (2) -equipo inicial- Marcos, Rodrigo (4), Tomás, Montesinos, Aaron (1), Iván (1). |
|
Colexiado: José María García. |
|
O Ifecgás Pereira Xiria xogou, o venres pasado, o partido da segunda xornada de Copa, que fora aprazado no seu día a petición do Teucro. O envite prometía moito, xa que, en teoría, enfrontábanse dous dos mellores equipos galegos da categoría e aspirantes ao campionato galego. O encontro foi vibrante e non defraudou as expectativas. A primeira metade comezou igualada e foi un toma e daca durante os trinta minutos por parte dos dous equipos. O xogo era intenso, con ritmo e cheo de mostras de alta calidade, tanto a nivel técnico como táctico. As defensas flaqueaban ante os potentes ataques e o marcador no descanso falaba por si só de todo isto (18-18). Na segunda parte as cousas seguían moi igualadas, tanto no xogo como no marcador, pero eran os visitantes os que se amosaban máis soltos no xogo de ataque e máis duros en tarefas defensivas. Foi definitiva, dada a igualdade que se demostrou no día de hoxe, a pequena vantaxe coa que chegou o Teucro aos minutos finais, pequena pero suficiente para que este equipo soubera xogar con madurez os instantes finais e levarse a victoria cara a cidade do Lerez por 33-36. O Ifecgas Pereira demostrou un excelente nivel competitivo para comenzar o próximo fin de semana o verdadeiramente importante, a liga de División de Honra, ante outro dos aspiranrtes ao título final como é o OAR da Coruña. O encontro disputarase na cancha herculina do San Francisco Xabier. |
|
XORNADA 1 |
18/09/2011 ACADEMIA OCTAVIO 26 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34 |
|
Academia Octavio: 26 (12+14): Pedro, Pablo (2), José L. (4), Alex (5), Bruno (5), Pablo (2), Gonzalo -equipo inicial- Petar, Rodrigo (2), Víctor, Ismael (2), Chantada, Xacob, López (4). |
|
Ifecgás Pereira Xiria: 34 (14+20): Zúpez, Miguel (4), Martín (1), David (10), Anes (3), Rúbén (4), Javi (3) - equipo inicial- Edu (1), Jorge (4), Ricardo (1), Calvete (2), Alex (1), Mario, Santiago, Iván. |
|
Colexiados: Alberto Fdez e Fernando Eiras. |
|
Bo comezo de competición oficial para o Ifecgás Pereira Xiria que lograba impoñerse ao equipo vigués do Octavio na primeira xornada da Copa Federación. Partido propio de inicio de tempada, onde os dous equipos, aínda inmersos no periodo de preparación, amosaron un ritmo lento e un balonmán falto de intensidade. A primeira parte foi igualada, aínda que sempre cos visitantes comandando o marcador con vantaxes curtas. Os erros e as imprecisións foron a tónica xeral durante todo este periodo. No descanso o marcador reflectía un 12-14 prol dos de Carballo. A segunda parte moveuse polos mesmos derroteiros, só que os locais acusaron aínda máis o cansancio e isto fixo posible que o Ifecgás Pereira, con pouca cousa, fose superándose no electrónico e aumentando a vantaxe a medida que foron transcurrindo os minutos. En definitiva, un resultado moi cómodo para os bergantiñáns, pero que seguramente non fale do que vai a ser o partido de liga que enfronte a estes dous equipos en Carballo dentro de un mes. Encontro pouco vistoso para o espectador, con un ritmo certamente lento e un balomán pouco dinámico, propio dista parte da tempada donde os rapaces teñen moita carga física e notase a pesadez das pernas. |