| CLASIFICACION | ||
| 1 | BM. PORRIÑO | 25 |
| 2 | ULE ADEMAR | 23 |
| 3 | INZAMAC ZAMORA | 23 |
| 4 | PARAXE CONST. | 23 |
| 5 | BM. LALIN | 22 |
| 6 | SEIS DO NADAL | 22 |
| 7 | CALVO XIRIA | 19 |
| 8 | CISNE BM. | 18 |
| 9 | O.A.R. CORUÑA | 15 |
| 10 | CAFES TOSCAF | 14 |
| 11 | EMM BM. CANGAS | 13 |
| 12 | BM. CAMARIÑAS | 8 |
| 13 | LAVADORES | 8 |
| 14 | S.A.R. | 5 |
| Clasificacion Completa | ||

![]() |
|

![]() |
|
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL - XORNADA 17 |
||
|
04/02/12 |
CALVO XIRIA – LAS CINCO JOTAS LAVADORES |
25 - 26 |
|
LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL – XORNADAS 11 e 14 |
||
|
03/02/12 |
IFECGÁS PEREIRA XIRIA – S.D. TEUCRO MOLDES |
23 - 24 |
|
05/02/12 |
IFECGÁS PEREIRA XIRIA – BALONMANO PORRIÑO |
34 - 20 |
|
LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETE – XORNADA11 e 14 |
||
|
03/02/12 |
DECORACIONES J. BELLO XIRIA – S.D. TEUCRO NORBROK |
34 - 44 |
|
05/02/12 |
DECORACIONES J. BELLO XIRIA – BALONMANO PORRIÑO |
36 - 27 |
|
LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL - XORNADA 15 |
||
|
04/02/12 |
BALONMÁN CANGAS “A” – GARAYSA XIRIA |
41 - 32 |
|
LIGA PROVINCIAL INFANTIL - XORNADA 6 |
||
|
04/02/12 |
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA – BM. ÁRTABRO “B” |
12.30 h, P. C.E.I.P. Fogar |
|
04/02/12 |
ALCAMPO C.D. CONXO – E.B. XIRIA |
33 - 23 |
LIGA PROVINCIAL ALEVÍN – XORNADA 7 |
||
|
03/02/12 |
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA – C.E.I.P. FOGAR |
17.00 h, P. C.E.I.P. Fogar |
|
03/02/12 |
CONFIRO CONSTRUCCIONES XIRIA – C.E.I.P. FOGAR |
18.15 h, P. C.E.I.P. Fogar |
|
03/02/12 |
LK XIRIA – MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA |
18.15 h, P. C.E.I.P. Fogar |
LIGA PROVINCIAL BENXAMÍN – XORNADA 7 |
||
|
04/02/12 |
OAK ENGLISH CENTRE XIRIA – C.E.I.P. FOGAR |
11.00 h, P. C.E.I.P. Fogar |
|
04/02/12 |
PUNTA DEL ESTE XIRIA – AFRICLIBER XIRIA |
11.00 h, P. C.E.I.P. Fogar |
|
04/02/12 |
DIVERSOS PARTIDOS COS EQUIPOS MESTURADOS |
11.45 h, P. C.E.I.P. Fogar |
| ENTREVISTA A PABLO IGLESIAS | ||
|
FORZA XIRIA!! |
||
|
|
| QUE NON CHO CONTEN!! |
| AMORÉATEAMORÉATEAMORÉATEAMORÉATEAMORÉATEAMORÉATE |
03/02/2012PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATALO Calvo Xiria recibe na 17ª xornada de liga na 1ª División Estatal ao Las Cinco Jotas Lavadores. O encontro dispútase o sábado, ás 18.30 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo e será dirixido polos colexiados Juan Carlos González Mazorra e Alberto Ramos Mardones pertencentes a Federación Territorial de Cantabria.Oportunidade para o Calvo Xiria de volver á senda do trunfo logo de encadear un empate e unha derrota nos dous últimos partidos. Visita o parqué carballés o equipo vigués do Lavadores, penúltimo clasificado e que está tentado saír da zona de descenso logo de conseguir dúas vitorias nas tres xornadas que levamos da segunda volta.O equipo que prepara Juan Costa variou moito a súa situación respecto á pasada campaña na que loitou co Calvo Xiria ata a penúltima xornada polo subcampionato ligueiro e a clasificación para a fase de ascenso. A marcha de tres dos seus xogadores importantes unido a problemas de lesións que están a ter esta campaña están a motivar que o conxunto vigués se atope nunha das prazas de descenso. Pero non será doado para o Calvo Xiria coseguir os dous puntos en xogo posto que o conxunto olívico non se lle da nada ben ao Xiria e os de Vigo conseguiron doblegar aos carballeses nos tres últimos enfrontamentos que disputaron. No encontro da primeira volta o resultado foi de 30-28 a prol do Lavadores.O Calvo Xiria necesita imperiosamente obter os dous puntos en xogo se non quere ver como se escapan os equipos que o preceden na clasificación. A derrota da pasada xornada en Coia fixo que o equipo de Carballo baixase da cuarta á sétima posición na táboa, sendo sobrepasado polo Chapela, Lalín e Sedona. Así os carballeses atópanse a catro puntos dos liderato que comparten León, Porriño e Zamora. Marcos Rodríguez non poderá contar co extremo Jesús no que resta de tempada por motivos de estudos, tampouco poderá disputar este encontro Chimpo que continua co seu proceso de recuperación. A boa nova chega da man de Brais que xa puido disputar algúns minutos a pasada xornada. Unha vez máis será fundamental o apoio da fiel afección carballesa para obter un resultado positivo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENILDobre xornada para o Ifecgás Pereira Xiria que deberá disputar o venres o partido aprazado fronte ao Teucro pertencente á 11ª xornada. Importante partido para os carballeses, que son líderes, que reciben ao 2º clasificado e un dos máximos aspirantes ao título. O partido xógase no Pavillón Mpal. Vila de Noia ás 19.30 h.Xa o domingo, ás 12.15 h, no mesmo excenario, o Ifecgás Pereira Xiria recibe ao Balonmano Porriño.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria disputa dous encontros esta fin de semana. O primeiro deles, o venres ás 17.45 h, no Pavillón Vila de Noia, enfronta ao equipo carballés co Teucro de Pontevedra, terceiro clasificado.O domingo o equipo carballés recibe, ás 10.20 h, de novo no Vila de Noia, ao Balonmano Porriño.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL16ª xornada de liga, na que o Garaysa Xiria, 5º clasificado, viaxa a Cangas para enfrontarse, o sábado ás 13.00 hno Pavillón do Gatañal, ao Balonmán Cangas, 4º clasificado con 5 puntos máis que os carballeses.CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL6ª xornada da liga provincial na categoría infantil. O Marmolería José Rey Xiria recibe, sábado ás 12.30 h, no Pavillón do C.E.I.P. Fogar, a visita do Balonmán Ártabro “B”, mentres que o E.B. Xiria viaxará a Compostela para medirse ao Alcampo C.D. Conxo, sábado ás 13.00 h no Pavillón Quiroga Palacios.CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍNA xornada dispútase na tarde do venres no Pavillón do C.E.I.P. Fogar cos seguintes enfrontamentos: Marmolería José Rey Xiria – C.E.I.P. Fogar (17.00 h), Confiro Construcciones Xiria – C.E.I.P. Fogar (18.15 h) e LK Xiria – Marmolería José Rey Xiria (18.15 h)CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍNXornada con 2 partidos o na mañá do sábado no Pavillón do C.E.I.P. Fogar:OAK English Centre Xiria – C.E.I.P. Fogar (11.00 h) e Punta del Este Xiria – Africliber XIRIA (11.00 h). A partir das 11.45 h levarase a cabo unha xornada con partidos mexturando aos compoñentes dos distintos equipos. |
||||||||
02/02/2012XORNADA DO VENRES 3 DE FEBREIROLIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENILDobre xornada esta fin de semana para o Ifecgás Pereira Xiria que deberá disputar o venres o partido aprazado fronte ao Teucro pertencente á 11ª xornada. Importante partido para os carballeses, que son líderes, que reciben ao 2º clasificado e un dos máximos aspirantes ao título. O partido xógase no Pavillón Mpal. Vila de Noia ás 19.30 h. Unha vitoria local reforzaría o liderato dos carballeses e colocaríaos nunha inmellorable situación para obter o título ao final de liga.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria disputa dous encontros esta fin de semana. O primeiro deles, o venres ás 17.45 h, no Pavillón Vila de Noia, enfronta ao equipo carballés co Teucro de Pontevedra, terceiro clasificado.CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍNA xornada dispútase na tarde do venres no Pavillón do C.E.I.P. Fogar cos seguintes enfrontamentos: Marmolería José Rey Xiria – C.E.I.P. Fogar (17.00 h), Confiro Construcciones Xiria – C.E.I.P. Fogar (18.15 h) e LK Xiria – Marmolería José Rey Xiria (18.15 h). |
||||||||
02/02/2012JESÚS CAIXA BAIXA NO CALVO XIRIAO extremo do Calvo Xiria Jesús Varela causa baixa no equipo polo que resta de campaña. O xogador carballés, que xa non estará ás ordes de Marcos Rodríguez no partido desta fin de semana fronte ao Lavadores, marcha varios meses para o extranxeiro para completar os seus estudos. Unha vez rematado o seu periodo no exterior, volverá a estar a disposición do club para realizar a próxima pretempada. |
||||||||
31/01/2012CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
30/01/2012
|
||||||||
27/01/2012PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL16ª xornada de liga na 1ª División Estatal na que o Calvo Xiria viaxa ata o barrio vigués de Coia para enfrontarse, sábado ás 18.30 h no Pavillón Mpal. de Coia, ao Magope Seis do Nadal-Coia. O partido será dirixido polos colexiados galegos Andrés Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez.Complicado desprazamento a Vigo para o Calvo Xiria fronte a un rival que se atopa na sétima posición con 18 puntos, a tan só un dos carballeses que son cuartos, logo de subir unha posición tras o empate fronte ao Bm. Zamora.O Seis do Nadal ven nunha liña ascedente de xogo e resultados que fixo que, pouco a pouco, se fose achegando á loita polas primeiras prazas. O equipo que prepara Jota Muñoz conta con unha das plantillas máis completas da categoría, con varios xogadores de calidade por posto. Podemos destacar aos veteranos Benaches, Escudero, Manu Rey e ao meta Soliño pero ademias contan con outros xogadores de calidade como Pablo Casal, Antón Rey, Pedro Chamorro, Piñeiro, Denís e con varios xoves valores da canteira de Coia que estiveron entre os mellores de España no pasado curso na categoría xuvenil.O Calvo Xiria terá o handicap, para este dificil desprazamento, da ausencia do pivote Álex García, un dos baluartes defensivos do equipo, que se perderá este choque por sanción logo de ser expulsado no derradeiro minuto do encontro ante o Bm. Zamora. Tampouco estarán, como ven sendo habitual, Chimpo e Brais que continuan coa recuperación das súas respectivas lesións. Será o derradeiro partido desta campaña para o extremo carballés Jesús, que deixa o equipo temporalmente por mor dos seus estudos que o levarán a pasar varios meses no extranxeiro. Os de Marcos Rodríguez deberán realizar un partido case perfecto en todas as facetas do xogo se queren traer un resultado positivo de Coia para continuar nos primeiros postos e evitar que tanto Sedona, Lalín e Chapela o sobrepasen na clasificación. No encontro da primeira volta os carballeses impuxeronse por 34-25.LIGA DE 3ª DIVISIÓN AUTONÓMICA (VETERANOS)O Bm. Xiria Carballo disputa o seu terceiro encontro de liga. O debut do cadro carballés no seu feudo (os outros dous encontros xogáronos a domicilio) producirase o sábado, ás 19.00 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, enfrontándose ao ADC Descubirendo Lugo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL13ª xornada de liga. Outro complicado partido para un Ifecgás Pereira Xiria que continua invicto e liderando a táboa clasificatoria. O equipo carballés visita, sábado ás 12.30 h, a pista viguesa do Frontón para medirse ao Academia Octavio, 3º clasificado a 5 puntos do Xiria e outro dos aspirantes ao título.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase a domicilio, na 13ª xornada de liga, ao Academia Octavio, 2º clasifiacod e un dos aspirantes ao título. Os carballeses continuan nunha cómoda sexta posición. O partido xógase o sábado ás 11.00 h no Pavillón do Frontón en Vigo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL15ª xornada de liga, na que o Garaysa Xiria que, ven de gañar na pista do Octavio, recibe a visita do Bm. Moaña, décimo clasificado. Os carballeses son quintos con 17 puntos. O partido dispútase o domingo ás 12.00 h no Pavillón do C.E.I.P. Fogar.CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL5ª xornada da liga provincial na categoría infantil. O Marmolería José Rey Xiria desprázase a Santa Comba para medirse, o sábado ás 12.30 h no Pavillón da Fontenla, ao Balonmán Xallas mentres que o encontro que debía disputar o domingo o E.B. Xiria fronte á Escola Municipal de Camariñas quedou aprazado a petición dos camariñáns.CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍNO Marmolería José Rey Xiria e o Confiro Construcciones Xiria viaxan a Compostela para onde se enfrontarán ao Alcampo C.D. Conxo no Pavillón de Santa Isabel ás 10.00 h e ás 10.45 h, mentres que o LK Xiria e o C.E.I.P. Fogar xogarán no Pavillón da Fontenla en Santa Comba fronte ao Balonmán Xallas ás 10.45 h e 11.30 h.CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍNXornada con 4 partidos, 2 en Santa Comba e 2 en Compostela. Africliber Xiria e OAK English Centre Xiria xogan fronte ao Alcampo C.D. Conxo ás 10.00 h e ás 10.45 h respectivamente, no Pavillón de Santa Isabel, mentre que o LK Xiria e o C.E.I.P. Fogar farano fronte ao Balonmán Xallas ás 10.45 h e 11.30 h no Pavillón da Fontenla en Santa Comba. |
||||||||
24/01/2012
|
||||||||
24/01/2012CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
20/01/2012PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATALDispútase a 15ª xornada de liga na 1ª División Estatal na que o Calvo Xiria recibe a visita do Bm. Inzamac Zamora. O encontro dispútase, como ven sendo habirual, o sábado ás 18.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo e será dirixido polas colexiadas Carla Diz Sierpes e Ana Correa Araujo pertencentes á Federación Territorial de Galicia.Despois de máis dun mes (dende o 17 de decembro non se disputa un partido na cancha carballesa, debido ao parón do Nadal e a que o Calvo Xiria iniciou a segunda volta da competición a domicilio), regresa o balonmán á “Zona Escolar” e faino coa visita do Bm. Zamora, equipo que foi líder durante gran parte da primeira volta e que na actualidade se atopa na segunda posición da táboa.O equipo zamorano, que adestra Eduardo García Valiente, estase a amosar como un dos conxuntos con máis regularidade da competición. O Inzamac foi líder da categoría durante moitas xornadas realizando un inicio de competición moi forte. Nestes momentos atópase na segunda posición da táboa, ocupando praza de promoción de ascenso, a 3 puntos do líder Porriño e con 2 de vantaxe sobre o Calvo Xiria que é 5º. O Bm. Zamora é un conxunto moi compacto no que o seu principal perigo é o seu caudal ofensivo, soe marcar moitos goles sendo o 2º que máis tantos anota tras o Porriño, e onde destaca o central Octavio, 2º máximo goleador da categoría tras o carballés Pablo.Importantisimo encontro para o Calvo Xiria. Antóllase vital para os carballeses obter os dous puntos en xogo para continuar achegándose ás primeiras posicións. Ademais tamén está en xogo a golaveraxe particular ante un rival directo, no encontro da primeira volta os de Carballo caerón derrotados por 38-37.Os de Marcos Rodríguez veñen coa moral reforzada, logo de impoñerse nun durísimo derbi na pista do OAR, e tentarán obter unha nova vitoria diante dos seus fieis “xiriareiros” que volverán ateigar a zona escolar para animar ao cadro carballés.O técnico bergantiñán ten a todos os seus efectivos dispoñibles, agás as xa habituais ausencias de Chimpo e Brais que continuan evolucionando positivamente das súas respectivas doenzas. Os de carballo deberán sacar a relucir de novo todas as súas virtudes se queren conseguir un resultado positivo ante o bo cadro zamorano.Será o penúltimo partido desta campaña (o último diante dos seus afeccionados) para o extremo carballés Jesús, que a primeiros de febreiro marchará durante varios meses para o extranxeiro por motivos de estudos.LIGA DE 3ª DIVISIÓN AUTONÓMICA (VETERANOS)O Bm. Xiria Carballo disputa o seu segundo encontro de liga. O cadro carballés desprázase a Ourense para enfrontarse, domingo ás 12.00 h no Pavillón dos Remdios, ao Bm. Segarve Ourense.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL12ª xornada de liga. Importante encontro para o líder, un Ifecgás Pereira Xiria, que aínda non coñece a derrota, que recibe, na 1ª xornada da segunda volta, nun derbi provincial ao Novacaixagalicia OAR Coruña, outro dos conxuntos máis potentes da competición. O partido disputase no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo o domingo ás 12.15 h.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase, na 12ª xornada de liga que inicia a segunda volta da competición, ao Novacaixagalicia OAR Coruña, cuarto clasificado e un dos equipos que están a loitar polos postos de honor. O encontro xógase o domingo, ás 10.30 h, no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL14ª xornada de liga, primeira da segunda volta, para un Garaysa Xiria que, logo de caer na pista do Lavadores, volve viaxar ata Vigo, para, desta volta, enfrontarse ao Academia Octavio, equipo que está igualado a puntos cos carballeses na clasificación, ocupando os de Carballo a 5ª posición e os olívicos a 6ª. O partido dispútase o sábado ás 11.15 h na pista viguesa do Frontón.CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTILCuarta xornada de liga na fase de grupos da liga provincial na categoría infantil. Os dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria enfróntanse entre eles. O encontro entre o Marmolería José Rey Xiria e o E.B. Xiria dispútase o sábado ás 12.30 h no Pavillón do C.E.I.P. Fogar.* Nas categorías alevín e benxamín non haberá competición oficial esta fin de semana.
|
||||||||
18/01/2012CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
16/01/2012
|
||||||||
13/01/2012PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL14ª xornada de liga na 1ª División Estatal, primeira da segunda volta da competición. Segundo derbi provincial consecutivo para un Calvo Xiria que na anterior xornada derrotaba ao Bm. Camariñas. Nesta ocasión os de Carballo deben visitar a pista do Conslar O.A.R. Coruña no clásico do norte de Galicia. O encontro dispútase o sábado, a partir das 18.30 h, na pista herculina de San Francisco Xabier e será dirixido polos colexiados Lucas Crespo Gómez e Pablo Álvarez Vázquez.Partido de máxima rivalidade deportiva onde soe existir un plus extra de motivación por parte dos compoñentes de ambos conxuntos.O equipo herculino, que dirixe dende o banco Pablo Aguirregabiria, sufriu unha gran restructuración esta campaña e conta con xogadores experimentados e varios mozos xoves saídos das súas categorías de base. Podemos nomear xente como o meta Kaskón, Lozano, Salgado, o carballés Aitor, o tamén ex-Xiria Alfonso, o arxentino Pardales e Uxío. O equipo coruñés cun inicio de tempada espectacular, logo de perder con claridade na xornada inaugural na pista do Xiria, encadeou posteriormente sete xornadas invicto que o levou a loitar polas primeiras posicións da táboa para logo encadear varios resultados negativos nas últimas xornadas da primeira volta que o situan na actualidade na décima posición con trece puntos, a tres do Calvo Xiria que é quinto.No conxunto de Marcos Rodríguez, Chimpo continua a bo ritmo a súa recuperación do seu nocello mancado e as malas novas son para Brais que ten parcialmente rotos os ligamentos dos seu xeonllo e deberá permanecer no dique seco por un periodo que aínda non se pode cuantificar. A boa nova é a completa recuperación de Cuco dos seus problemas no xeonllo, así o pivote carballés volverá ás pistas logo de perderse os últimos cinco partidos. O traballo defensivo dos de Carballo, equipo menos goleado do grupo, volverá a ser clave para tentar traer da Coruña un resultado positivo que lles permita continuar na loita por estar nas primeiras posicións.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL11ª e derradeira xornada da primeira volta da liga. Importantísimo partido para o Ifecgás Pereira Xiria, líder invicto da competición, que recibe, sábado ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, a visita da S.D. Teucro Supermercados Moldes, segundo clasificado e un dos máximos favoritos a facerse co título ligueiro.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase, na 11ª xornada de liga que pecha a primeira volta da competición, á S.D. Teucro Norbrok 21, terceiro clasificados e un dos equipos que están a loitar polo título. Os carballeses atopanse na zona tranquila da táboa. O encontro dispútase o sábado, ás 12.15 h, no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL13ª xornada de liga, derradeira da primeira volta, para un Garaysa Xiria que viaxa ata Vigo para enfrontarse, sábado ás 11.15 h no Pavillón de Lavadores, ao Las Cinco Jotas Lavadores. Os olívicos son 12º e están a loitar por evitar as últimas prazas mentres que os de Carballo situanse nunha cómoda quinta posición.CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTILTerceira xornada na fase de grupos da liga provincial na categoría infantil. Os dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria disputan o sábado os seus encontros. O E.B. Xiria recibe, no Pavillón do C.E.I.P. Fogar ás 12.15 h, ao Balonmán Xallas mentres que o Marmolería José Rey Xiria viaxará a Santiago para enfrontarse ao Alcampo C.D. Conxo, ás 12.30 h no Pavillón do C.E.I.P. Quiroga Palacios.CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍNQuinta xornada na competición provincial en categoría Alevín con tan só un encontro, Confiro Construcciones Xiria – Balonmán Xallas que se disputa o sábado ás 10.00 h no Pavillón do C.E.I.P Fogar. Os outros dous representantes do club, Marmolería José Rey Xiria e LK Xiria descansan nesta xornada.CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍNTamén se disputa a quinta xornada na competición provincial benxamín co partido que enfronta, sábado ás 10.45 h no Pavillón do C.E.I.P. Fogar, a Balonmán Xallas e OAK English Centre Xiria. Africliber Xiria e Punta del Este Xiria descansan. |
||||||||
08/01/2012CAMPIONATOS ESTATAIS DE SELECCIÓNS AUTONÓMICASBo papel dos catro rapaces pertencentes ás Escolas de Balonmán Xiria.Na categoría Infantil masculina o combinado galego,con Juanca Rodríguez, acadaba finalmente a sexta praza. Os galegos, logo de facer unha boa primeira fase, na que remataron primeiros do seu grupo, caían con claridade en cuartos ante Andalucía quedando relegados á loita polos postos do 5º ao 8º. Nesta lota conseguían vencer á Comunidade Valenciana e caían derrotados pola mínima na prorroga do derradeiro partido ante Asturias. Os postos de honor foron copados por Andalucía, Cataluña e Castilla y León.http://www.regiondemurciadeportes.es/Campeonatos/deportes/2012_balonmano/infantil_masculinoNa categoría cadete masculina, Galicia, co carballés Iván Campos nas súas ringleiras, plantánbase na gran final ante Cataluña. O excelente equipo catalán non deu opción algunha aos galegos, aos que xa derrotara con claridade no primeiro encontro da fase de grupos. Así pódese de calificar como excelente o traballo realizado polos rapaces de Geno López que fixeron unha excelente competición acadando o subcampionato. Para chegar á final Galicia remataba a primeira fase como segunda do seu grupo, tras Cataluña, e logo impoñíase de xeito claro a Castilla y León, en cuartos, e a Madrid, nas semifinais.http://www.regiondemurciadeportes.es/Campeonatos/deportes/2012_balonmano/cadete_masculinoNa categoría xuvenil masculina, na que formaban coa selección galega os carballeses David García e Miguel Suárez-Pumariega, Galicia tivose que conformar coa cuarta posición logo de caer en semifinais ante Cataluña e na final de consolación ante Andalucía. Na primeira fase do campionato os galegos foron segundos do seu grupo tras Castilla y León e derrotaban no cruce de cuartos a Aragón. O campión foi Castilla y León e subcampión Cataluña.http://balonmano2012.ideal.es/clasificaciones.htmlTamén debemos salientar o papel da selección infantil feminina, posto que a carballesa, adestradora do Balonmán Xallas, Jessica Posse exercía como segunda adestradora acadando finalmente a cuarta posición no campionato. |
||||||||
28/12/2011CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
|
||||||||
28/12/2011CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
23/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA XUVENILDavid García e Miguel Suárez-Pumariega foron covocados para formara parte da Selección Galega Xuvenil que disputará na localidade portuguesa de Fafe o "Torneo Internacional Cidade de Fafe" entre os días 28 e 30 de decembro. |
||||||||
22/12/2011DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL
|
||||||||
22/12/2011CADETE, INFANTIL E ALEVÍN. PARTIDOS AMIGABLES EN SANTA COMBA
|
||||||||
21/12/2011CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
21/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETEIván Campos foi seleccionado para formar parte da Selección Galega Cedete Masculino que realizará unha concentración de preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais do día 28 ata ao 30 de decembro na Residencia da ”Cidade Infantil Principe Felipe” en Pontevedra. |
||||||||
21/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTILJuan Carlos Rodríguez seleccionado para formar parte da Selección Galega Infantil Masculino que realizará unha concentración do 22 ao 24 de decembro na Residencia da ”Cidade Infantil Principe Felipe” en Pontevedra con vistas á preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais. |
||||||||
20/12/2011
|
||||||||
16/12/2011PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATALDécimo terceira xornada de liga na 1ª División Estatal, derradeira da primeira volta da competición. Partido histórico o que se disputará o sábado a partir das 18.30 h no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo entre o Calvo Xiria e o Bm. Camariñas Conservas Boya. Impartirán xustiza os colexiados Fernando e Pedro Eiras Abalde, pertencentes á Federación Territorial de Galicia.Está de noraboa o balonmán de Bergantiños e Costa da Morte coa disputa do primeiro derbi entre Calvo Xiria e Bm. Camariñas na 1ª División Estatal, 3ª categoría en importancia do balonmán español. Máis aínda tendo en conta que entre os dous planteis tan só hai un xogador que non é da zona. A plantilla do Xiria está integramente formada por xogadores carballeses saídos das súas categorías de base, mentres que no cadro camariñán agás os carballeses Pombo e Victor, o pontecesán José Ramón (os tres formados na base do Xiria) e o dezano Salva, o resto dos seus compoñentes son orixinarios da localidade palilleira.No cadro que adestra José Juan Estévez “Jota”, ademais dos xogadores citados anteriormente podemos destacar a xogadores como Cristian, Fabián, Felipe, Catalán, Xabi e o ex-Xiria Borja. O equipo camariñán situase na 12ª posición da táboa, con un punto de vantaxe sobre a S.A.R. que ocupa posto de descenso, polo que puntuar en Carballo sería importantísimo para irse ao parón do Nadal con unha pequena marxe de vantaxe sobre o perigo.Pero non menos importante é este encontro para o equipo carballés. O Calvo Xiria, 5º clasificado, precisa obter a vitoria se non quere ver como se lle escapan os catro primeiros clasificados. No cadro carballés é dúbida o concurso de Jesús e Marcos Rodríguez non poderá contar cos mancados Chimpo, Brais e Cuco. As boas novas chegan por parte deste último xa que a súa lesión de xeonllo quedouse nunha escordadura e estará dispoñible para o comezo da segunda volta.Agárdase unha excelente presenza de afeccionados na Zona Escolar, na que os Xiriareiros volverán a ser unha parte fundamental para tentar acadar un novo trunfo por parte dos de Carballo.No último precedente entre estes dous equipos, o pasado 20 de agosto en partido pertencente á 1ª eliminatoria da Copa Galicia, o Calvo Xiria conseguía a vitoria por 36-26.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria viaxa a Pontevedra para enfrontarse, en partido pertencente á décima xornada, ao Club Cisne de Balonmán. Os carballeses, que aínda non coñecen a derrota son terceiros na táboa a dous puntos do liderato, pero con dous encontros menos disputados que os dous primeiros clasificados, mentras que os do Lérez están na novena posición. O encontro dispútase o sábado ás 12.30 h no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase a domicilio, na décima xornada de liga, sábado ás 11.15 h no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia, ao Club Cisne de Balonmán. Os carballeses son quintos na clasificación, aínda que a bastante distancia de puntos dos catro primeiros, e os pontevedreses, que aínda non puntuaron, pechan a táboa.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTILDécimo segunda xornada de liga para un Garaysa Xiria que recibe nun derbi provincial, domingo ás 12.00 h no Polideportivo Mpal. Carballo Calero, a visita do Novacaixagalicia O.A.R. Coruña. Os de Carballo marchan na sexta posición mentres que os herculinos son penúltimos.CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTILSegunda xornada na fase de grupos da liga provincial na categoría infantil. Os dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria diputan o sábado os seus encontros como locatarios. O Marmolería José Rey Xiria xoga ás 10.30 h no Polideportivo Mpal. Carballo Calero fronte á Escola Mpal. De Camariñas mentres que o E.B. Xiria enfróntase, ás 12.30 h no Pavillón do C.E.I.P. Fogar, ao Balonmán Ártabro “B”.CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍNCuarta xornada na competición provincial en categoría Alevín. Dispútanse tres partidos na mañá do sábado, todos eles no Pavillón do C.E.I.P. Fogar: LK XIRIA – CONFIRO CONSTRUCCIONES XIRIA, MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA – C.E.I.P. FOGAR e LK XIRIA – C.E.I.P. FOGAR.CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍNTamén se disputa, na mañá do sábado no Pavillón do CE.I.P. Fogar, a cuarta xornada na competición provincial benxamín cos seguintes partidos: AFRICLIBER XIRIA – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA, PUNTA DEL ESTE XIRIA – C.E.I.P. FOGAR e C.E.I.P. FOGAR – AFRICLIBER XIRIA. |
||||||||
15/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA XUVENILDavid García e Miguel Suárez-Pumariega convocados para unha sesión de adestramento o domingo 18 no Pavillón Mpal. de Chapela. |
||||||||
15/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETEIván Campos convocado para unha sesión de adestramento o domingo 18 no Pavillón Lalín Arena. |
||||||||
15/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTILJuan Carlos Rodríguez convocado para unha sesión de adestramento o domingo 18 no Pavillón Municipal de Chapela. |
||||||||
14/12/2011CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
10/12/2011
|
||||||||
09/12/2011PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATALDispútase a décimo segunda xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria viaxa a Asturias para medirse ao Café Toscaf de Avilés, sábado ás 18.00 h no Pavillón Mpal. de La Magdalena. O partido será dirixido polos colexiados Jesús Álvarez Menéndez e Jesús García Gavilán pertencentes á Federación Territorial do Principado de Asturias.Visita o Calvo Xiria a pista dun histórico na categoría, unha cancha que historicamente non se lles deu especialmente ben aos de Carballo, pero que nas dúas últimas campañas parece que hai un cambio de tendencia, cun empate hai dúas tempadas e unha vitoria do Xiria o curso pasado.O conxunto de Avilés, décimo clasificado con 10 puntos, 4 menos que o Xiria, é un equipo moi potente no plano defensivo, actualmente a cuarta mellor defensa do campionato, tan só superada polas do Calvo Xiria, Chapela e O.A.R.. O cadro avilesino, con varias baixas importantes respecto á pasada campaña e varios dos seus efectivos lesionados nas primeiras xornadas, tivo un comezo titubeante da competición pero parece que lle vai tomando o pulso segúndo avanzan as xornadas. O plantel que dirixe Juanín García, está formado por unha mestura entre xogadores veteranos e con experiencia en categorías superiores e os xoves valores da prolífica canteira asturiana. Podemos destacar nomes como o de Avelino Solís, Israel, Camilo, David Prieto, Jorge García, Veleda, Conlledo ou os xoves Adrián, Rubén e Abel.O técnico da Avilesina declaraba o seguinte sobre o cadro carballés o pasado xoves no diario asturiano “El Comercio”: «Personalmente es uno de los equipos en el que creo que deberíamos de mirarnos un poco todos los clubes. La temporada que hicieron el año pasado fue excepcional, todos los años pierden jugadores, pero siempre están ahí peleando por meterse arriba. Es un equipo digno de elogio que mima la cantera. Saben perfectamente lo que tienen que hacer y es muy complicado vencerles»..Pola súa banda, o equipo de Carballo continua coas importantes baixas de Chimpo, Brais e Cuco e o xuvenil Miguel, tras o excelente partido que realizou ante o Ademar, é dúbida por motivos de estudos. Marcos Rodríguez recupera para este encontro ao xuvenil David e ao meta Kike, que non diputaron o choque fronte aos leoneses. O Calvo Xiria deberá sacar a relucir as súa virtudes se quere traer un resultado positivo da dificil pista asturiana. Para os carballeses sería un paso moi importante sumar dúas vitorias nas dúas xornadas que quedan da primeira volta, fronte a dous rivais que non llo porán nada doado, primeiro en Avilés e despois na zona escolar no derbi fronte ao Camariñas, para marcharse ao parón navideño coa satisfacción de ter realizada unha excelente primeira metade da competición, a pesar das continxencias en forma de lesións, e continuar enganchados aos primeiros postos da táboa clasificatoria.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria recibe, en partido pertencente á novena xornada, ao Balonmán Rasoeiro, penúltimo clasificado, co obxectivo de conseguir unha nova vitoria que os manteña imbatidos na competición. O partido dispútase o domingo ás 12.15 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETENa novena xornada de liga, O Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase, domingo ás 10.45 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo, ao Balonmán Pabellón Ourense. Os carballeses situánse na zona media da táboa mentres que os ourensáns marchan na penúltima posición. |
||||||||
08/12/2011CRÓNICAS CATEGORÍAS DE BASE |
||||||||
07/12/2011CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETEIván Campos convocado para disputar coa Selección Galega Cadete o "XI Torneo de Seleccións Territoriais Comunidad de Madird" que se disputa entre os días 8 e 10 de decembro. Os rivais do combinado galego serán as seleccións de Asturias, Valencia e Madrid. |
||||||||
07/12/2011CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTILJuan Carlos Rodríguez convocado para disputar coa Selección Galega Infantil o "XI Torneo de Seleccións Territoriais Comunidad de Madird" que se disputa entre os días 8 e 10 de decembro. Os rivais de Galicia serán as seleccións de Asturias, Valencia e Madrid. |
||||||||
05/12/2011
|
||||||||
02/12/2011PREVIA DA XORNADALIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATALDécimo primeira xornada de liga na 1ª División Estatal. O Calvo Xiria recibe a visita do Universidad de León Ademar. O partido xógase o sábado ás 18.30 h, no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo e será dirixido polos colexiados Andrés Rosendo López e Sergio Rodríguez Estévez.Chega á “Zona Escolar” un dos máximos aspirantes ao título ligueiro. Un Universidad de León Ademar que a pasada campaña militou na División de Honra Prata e que é filial de un dos mellores equipos do país.O conxunto leonés, que prepara Diego Dorado, conta con un plantel moi xoven no que a maioría dos seus compoñentes foron e son internacionais coas seleccións españolas de categoría de base. Varios deles son habituais do primeiro equipo polo que é posible que algún deles non sexa convocado e viaxe a Belgrado para disputar o domingo o encontro de Liga da Campións entre o RK Partizan Beograd e o Reale Ademar.Lembremos a boa relación que manteñen os dous clubs e que desembocou na sinatura dun convenio colaboración para a promoción dos xoves talentos no balonmán.Dentro dun plantel con unha gran calidade en todos os seus compoñentes podemos destacar a xogadores como Iosu Goñi, Jaime, Cabanas, Molina e ao galego Piñeiro, habitual xunto co carballés David García nos combinados nacionais promesas e xuvenil. O conxunto ademarista chega a Carballo como terceiro clasificado, a un punto do líder Zamora e con tres máis que os carballeses que son quintos. A bagaxe dos leoneses é de seis vitorias, tres empates e tan só unha derrota, na pista do Cangas na sexta xornada.Complicado partido para un Calvo Xiria, quinto clasificado con 12 puntos, que de facerse cos dous puntos daría un paso importante na loita polos primeiros postos xa que vencería ao terceiro clasificado e ademais a xornada tamén depara un choque entre os dous primeiros, Zamora e Porriño.No equipo de Marcos Rodríguez continuan sendo baixas Chimpo, a quen xa lle retiraron as muletas, Brais, que deberá alomenos gardar repouso outras dúas semanas, e Cuco, a quen lle realizaron o xoves unha resonancia no seu xeonllo mancado e está á espera de coñecer o diagnóstico definitivo. O meta Kike tamén causa baixa para este encontro ao atoparse de viaxe. Jesús e Dubra arrastran molestias de tipo muscular que non lles impedirán ser da partida. O resto do plantel atópase en óptimas condicións.De novo volverá a xogar un papel importantisimo a fiel hinchada carballesa que a bo seguro encherá de novo a “Zona Escolar”.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA XUVENILO Ifecgás Pereira Xiria recibe, en partido aprazado pertencente á cuarta xornada, ao Las Cinco Jotas Lavadores, outro dos conxuntos chamados a pelexar polo título de liga. Os carballeses, que levan catro vitorias e un empate, aínda non coñecen a derrota e tentarán minimizar o punto perdido no derradeiro segundo do partido ante o Lalín da pasada xornada. Ochoque dispútase o domingo ás 12.15 no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA CADETEO Decoraciones J. Bello Xiria enfróntase ao Las Cinco Jotas Lavadores, en encontro aprazado da cuarta xornada de liga. O partido xógase o domingo ás 10.30 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia de Carballo.LIGA DE DIVISIÓN DE HONRA INFANTILDécimo primeira xornada de liga para un Garaysa Xiria que volve a xogar a domicilio. Nesta ocasión os carballeses visitan Ourense para enfrontarse, o sábado ás 13.00 h no Pavillón dos Remedios, penúltimo clasificado, o sábado ás 13.00 h.CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTILComeza a liga provincial na categoría infantil, na que as Escolas de Balonmán Xiria contarán con dous equipos. Nesta primeira xornada o E.B. Xiria recibe ao Alcampo C.D. Conxo, sábado ás 11.30 h no Vila de Noia, e o Marmolería José Rey Xiria visita a pista do Bm. Ártabro “B”, sábado ás 12.30 h no Pavillón Novo Mesoiro.CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍNTerceira xornada na competición provincial en categoría Alevín. Dispútanse catro partidos na mañá do sábado, todos eles no Pavillón do C.E.I.P. Fogar: BALONMÁN XALLAS – MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA, LK XIRIA – ALCAMPO C.D. CONXO, ALCAMPO C.D. CONXO – BALONMÁN XALLAS, C.E.I.P. FOGAR – CONFIRO CONSTRUCCIONES XIRIACAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍNTamén se disputa, na mañá do sábado no Pavillón do CE.I.P. Fogar, a terceira xornada na competición provincial benxamín cos seguintes partidos: ALCAMPO C.D. CONXO – PUNTA DEL ESTE XIRIA, AFRICLIBER XIRIA – BALONMÁN XALLAS, BALONMÁN XALLAS – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA, ALCAMPO C.D. CONXO – C.E.I.P. FOGAR. |
||||||||
01/12/2011CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA XUVENILDavid García e Miguel Suárez-Pumariega convocados para unha sesión de adestramento o domingo 4 no Pavillón Municipal de Chapela. |
||||||||
01/12/2011CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETEEnrique Pena e Iván Campos convocados para unha sesión de adestramento o domingo 4 no Pavillón Restollal (Santiago de Compostela). |
||||||||
01/12/2011CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTILJuan Carlos Rodríguez convocado para unha sesión de adestramento o domingo 4 no Pavillón Municipal de Chapela. |
![]() |
![]() |